O ESPERTAR DO FURACÁN

 

imagen

Os últimos estudos demostran que ao longo deste século diminuirá considerablemente o número de furacáns, pero os que se produzan serán moito máis destructivos (superiores á categoría 3 na escala de Saffir-Simpson) debido ao cambio climático. O proceso explícase do seguinte modo: o CO2 dos océanos retén a radiación infravermella, que intenta saír  da superficie da Terra, facendo que a auga destes se quente; cando isto ten lugar fórmase sobre os océanos unha gran capa de vapor de auga que se condensa ao tempo que é arrastrada polo vento cara a costa, dando lugar así aos furacáns; polo que canto maior sexa o efecto invernadoiro e o conseguinte cambio climático, máis fortes serán os furacáns.

Os lugares do mundo que se verán máis afectados  serán os da costa atlántica occidental, especialmente a costa sureste dos Estados Unidos, a illa da Española e as Bahamas; aínda que se non se consige diminuír o cambio climático, estes furacáns  poderían chegar a España.


Autora: Sabina Casalderrey

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Catastrofes naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to O ESPERTAR DO FURACÁN

  1. andrea.aso.1a di:

    As consecuencias do cambio climático refléxanse en moitos factores da natureza, como este dos furacáns, que polo cambio climático e si sigue o aumento do efecto invernadorio, os furacáns seran máis destrutivos, superiores á categoría 3 na escala de Saffir-Simpson que é unha escala que clasifica os ciclóns tropicais segúndo a intensidade do vento, desarrollada en 1969 polo enxeñeiro civil Herbert Saffir e o director do Centro Nacional dos Furacáns de Estados Unidos, Bob Simpson.

  2. santibras.aso.1a di:

    Este post é moi interesante, devido a que nos esta explicar unha das consecuencias do cambio clímantico.
    Que os furacáns se volvan tn bruscos é unha sinal moi mala para os países, xa que ahora é difícil loitar cun furacán será peor si é máis potente.

  3. maria.aso.1a di:

    Parece perigoso..xa que aínda que disminuisen a cantidade de furacan..ao seren máis fortes causarían máis danos; é da un pouco de medo pensar en que dentro duns poucos anos poidamos sufrir nas nosas carnes un furancan realmente perigoso debido á suba da temperatura do mar!….dan ganas de ir correndo á prai e empezar a tirar cubiños de xeo na auga…

  4. vanesa.aso.1b di:

    Tratando este tema penso que se debería reducir os gases de CO2 para evitar casos coma os ocorridos en España e Francia hai pouco tempo:o furacán Klaus.
    Este furacán,de 200 km/h, deixou 12 persoas mortas,catro nenos entre 9 e 12 anos e tres adultos ao derrubarse un pabellón preto dun campo de beisbol.

  5. victor di:

    Existe algunha diferencia ente unha borrasca, unha zona de baixa presión e un furacán?

  6. angel.aso.1a di:

    Non, borrasca,zona de baixa presión e furacán son o mesmo(o furacán con máis forza).Ambos son o contrario a un Anticiclón onde a presión atmosférica é alta.Nos tres primeiros a presión é máis baixa que o aire circundante.

  7. raqueltrigo.aso.1b di:

    Unha borrasca ou zona de baixa presión son sinonimos posto que as duas son asociadas con fortes ventos e elevación atmosferica.
    Un furacan é o producido por istas.

  8. adrian.aso.1a di:

    Según busquei borrasca e zona de baixa presión e o mesmo, e diferencianse do furacan en que a borrasca é unha rexión donde a presión atmosférica e mási baixa que o aire circundante e un furacán formase alredor dunha borrasca polo que para formarse un furacan ten que haber unha borrasca.

  9. raquel.aso.1b di:

    Os furacáns, tamén coñecidos como tifóns ou ciclóns tropicais, son o centro dunha borrasca circular caracterizada por unha diminución da presión atmosférica no seu interior, circunstancia que causa a aparición de fortes ventos que xiran a velocidades moi elevadas de 120 a 200 km/h. ou máis, e de precipitacións moi intensas.

  10. patricia.aso.1b di:

    Este é un post moi interesante, que nos mostra outro dos factores nos que influye o efecto invernadoiro e polo que debemos empezar a reducir as emisións de CO2.
    Unha area de baixa presión ou unha borrasca é una rexión donde a presión atmosférica é a máis baixa co aire circulante.As tormentas tropicais, ciclóns extratropicais, e os ciclóns polares ártico, reciben o nome de células de baixa. As borrascas asócianse normalmente con ventos fortes e elevación atmosférica.
    Un furacán é un termino metereolóxico usado para referirse a un sistema de tormentas caracterizado por una circulación cerrada o redor de un centro de baixa presión e que se producen fortes ventos e abundantes chuvias.
    En conclusión podemos decir que as borrascas son areas de baixa presión, polo tanto estas asocianse con ventos fortes que poden chegar a formar furacáns.

  11. carlos.aso.1a di:

    Eu penso que estes termos teñen moita relación xa que unha borrasca tamen se denomina zona de baixa presión ao igual que un furacán, algunha diferencia pode ser a intensidade dos ventos entre a borrasca e o furacán e as consecuencias que esto trae.

  12. paula.aso.1b di:

    Unha borrasca e unha zona de baixa presión son o mesmo. Asocianse normalmente con ventos fortes e unha elevación atmosférica.
    En cambio, un furacán é un sistema de tormentas caracterizado por unha circulación cerrada arredor dun centro de baixa presión e que produce fortes ventos de choiva en abundancia.

  13. ruben.aso.1a di:

    Con respecto o post os furacans diminuirán no futuro pero en cambio serán máis debastadores e máis fortes. Esta é unha das moitas consecuencias que traerá o cambio climático , xa que aumentará a radiación infravermella nos océanos e polo tanto maiores furacans.

  14. ruben.aso.1a di:

    Respondendo a pregunta de Víctor :

    Entre estes tres fenómenos atmosféricos non existe ningunha diferenza xa que son procesos de formación dun furacán.
    Primeiro , crease unha borrasca , que é unha zona de baixa presión atmosférica e esta presión baixa provoca fortes ventos , é decir , furacans. Estes furacans prodúcense na zona de baixa presión ou borrasca , na que se contrastan duas correntes de aire: unha masa de aire fría e unha masa de aire quente. No interior do furacán o vento xira en sentido contrario das agullas do reloxo.

  15. victor di:

    E cal é a causa de que o aire xire nun furacán? Sempre xira no mesmo sentido?

  16. juanjose.aso.1a di:

    O aire quente expándese e empeza a elevarse, o aire frío reemplaza ese aire e asi seguido o mesmo proceso. No hemisferio norte o furacan xira no sentido contrario ás agullas do reloxo e no hemisferio sur no sentido das agullas do reloxo.

  17. santigonzalez.aso.1a di:

    As baixas presións nun punto e a condensación da auga no mesmo producen unha diferencia de temperatura no aire, a cal mezclada coa temperatura do mar e coa calor do sol aumenta máis a temperatura e o aire sube. A causa de que xire é que no punto no que se sitúa o furacán hai menos presión atmosférica que ó seu redor, por iso tende a xirar nese punto, que vai variando co movemento rotatorio da terra.

  18. paula.aso.1b di:

    Hay seis factores que interveñen na formación dun furacán :

    – A temperatura da auga de o menos 26.5ºC ata unha profundidade de o menos 50 m. As augas a esta temperatura provocan que a atmósfera sea inestable.

    – Enfriamento rapido coa altura. Isto permite a expulsión da calor latente, que é a fonte de enerxía dun furacán.

    – Alta humidade. Especialmente nas alturas, baixa a media da troposfera.

    – Baixa a cizalladura vertical. ( é a diferenza na velocidade do vento)

    – A distancia ó ecuador terrestre.

    – Un sistema de perturbación atmosférica preexistente.

    Os furacáns xiran en sentido contrario ás agullas dun reloxo no Hemisferio Norte, e no sentido das agullas do reloxo no Hemisferio Sur.

  19. andrea.aso.1a di:

    Para que se formen estos fenómenos requírense tres condicións básicas: humidade, calor e circulación de ventos hacia un mesmo centro. Un furacán non se forma en terra firme, porque a humidade que necesita solo consíguese sobre os mares e océanos.A temperatura debe ser moi alta para que se logre formar o sistema, do contrario non alcanzaría a desenvolverse a zona de baixa presión.Na chamada zona confluencia intertropical favorécese a formación de estos fenómenos pola reunión dos ventos alisios noroccidentales do hemisferio norte, ademáis das altas temperaturas e a humedade que se produce na zona.
    O producirse a colisión dos ventos alisios, a rotación terrestre fai que o aire desplázase en dirección contraria as agullas do reloxo.No hemisferio sur este movemento segue a dirección das agullas do reloxo.
    Dadas as tres condicións a formación dos furacáns iníciase cando o aire húmedo quentado elévase dende a superficie dos mares tropicais quentes, a maneira de corrente ascendente natural.
    Os ventos xiran en espiral arredor dun eixe o cal é unha zona de calma e de chuvia lixeira que pode ter un diámetro que alcanza kilómetros.O furacán pode ter un diámetro entre 200 e 600 kms. E unha profundidade vertical de 11 a 15 kms.

  20. ana.aso.1a di:

    Os furacáns segen a rotación da Terra,polo chamado efecto Coriolis. A Terra ten dous hemisferios, norte e sur, enton para seguir o movemento da terra (que é de esquerda a dereita) un furacán sobre o hemisferio norte debe moverse encontra do sentido horario, mentres que no hemisferio sur movese no sentido das agullas do relo, iso pasa porque a Terra xira en unha dirección e os hemisferios son opostos.

  21. ruben.aso.1a di:

    A causa de que o aire xire nun furacán son as diferenzas de temperatura do aire, as correntes quentes elevanse e as correntes frías baixan repetindose este proceso continuamente.Como dixo Juan no hemisferio norte xira no sentido contrario as agullas do reloxo e no hemisferio sur no sentido das agullas do reloxo.

  22. victor di:

    Poderían orixinarse furacáns que afectaran ás costas galegas?

  23. rubenlois.aso.1a di:

    É moi difícil que se formen furacáns cerca das costas galegas, pero é certo que si que houbo pequenos furacáns que afecctaron a Galicia. Isto debeuse a que os furacáns xa estaban formados, e mentras se foron acercando ás costas galegas, a medida que se van movendo, ven perdendo forza e velocidade dos ventos, por iso non nos afecctan con tanta forza coma noutros sitios.

  24. angel.aso.1a di:

    Orixinarse nas costas galegas é moi dificil pero furacáns que afecten á costa galega son posibles, un dos máis coñecidos foi o furacán Gordon que no 2006 chegou a Galicia, procedente das Illas Azores, con velocidades de 120km/h( un ciclón tropical considérase furacán á partir dos 117km/h)

  25. paula.aso.1b di:

    Un furacán non podería afectar a Galicia, xa que ocorren nas áreas oceánicas tropicales expecto o Atlántico Sur e o Pacífico sur.

  26. ruben.aso.1a di:

    Si o cambio climático sigue a este ritmo probablemente os furacáns que agora se estan a producir nas costa atlántica das costas de América poderían chegar as costas galegas pola influencia das correntes de aire.

  27. emilio.aso.1a di:

    Como di Rubén, se o cambio climático continúa asi, debido ao aumento dos graos da auga do mar poderiase dar un furacán nas costas galegas.
    No documental “Unha verdade incómoda” fálanos de que na zona de América do Sur non se deran nunca furacáns nin nigun tipo de tormenta tropical, pero nos últimos anos esto cambio e aumentou moito debido ao cambio climática.

  28. susana.aso.1b di:

    Sería difícil pero se xa houbo pequenos furacans,si se chegara a producir un calentamento moi forte nas costas galegas,eu penso que si podería ser posible que se orixinase un furacán que afectaran as nosas costas.

  29. veronica.aso.1a di:

    A comezos do ano pasado, en Galicia, non se formou un furacán pero si se deu unha cicloxénesis explosiva con ráfagas de ata 140 km/h. Este fenómeno recibe o nome de cicloxénesis porque se denominan así os procesos atmosféricos que xeran centros de baixa presión, e decimos que é explosiva debido a súa rapidez de formación.
    Neste caso formárase nunha borrasca no Atlántico, preto de Galicia, polo choque de dúas masas de aire diferentes.

  30. isaac di:

    Empregando unha terminoloxía correcta, ao que se refire Sabina no seu post é aos ciclóns tropicais, denominados en inglés “hurricane” e incorrectamente traducidos ao galego como furacáns e ao castelán como huracanes. O Termo furacán se refire en realidade a ventos de máis de 100 km/h. Tampouco e correcto considerar o Klaus, que arrasou Galicia hai agora xusto un ano, ou o máis recente Flora, que entre outras cousas levouse por diante o tellado da escola da Pastora, como ciclón tropicais, senon que son ciclón extratropicais. Por outra banda, é certo que restos do ciclón tropical Gordon ou o Hortensia chegaron ata Galicia, pero en forma de borrascas moi fortes.

    Cales son as diferenzas entre ambos tipos de ciclóns?

  31. vanesa.aso.1b di:

    Os ciclóns tropicais son un sistema de tormentas cun centro de baixa presión e produce ventos fortes e abundantes chuvias,sen embargo os ciclóns extratropicais son sistemas de tempo de baixa presión nas latitudes medias da Terra(entre os Trópicos e os Polos)e prodicen nubosidade e tormentas.

  32. aliciaromero.aso.1b di:

    Os ciclóns tropicais son ciclón que se forman xeralmente nos océanos quentes (xeralmente tropicais) e de haí maman a enerxía da evaporación e a condensación. Son característicos por ter nunha forte área de baixa presión na superficie e unha alta presión no alto.Os ciclóns tropicais estan asociados a miudo con tormentas eléctricas e fortes ventos.
    Os ciclóns extratropicais son ciclóns que normalmente se forman en latitudes maiores a 30° e se compoñen de dous o mais frentes fríos e quentes.

  33. marcelina.aso.1a di:

    Os ciclóns extratropicais son os que se moven cos anticiclóns orixinando nubosidade e tormentas, desplázanse nas zonas templadas en varios sitios á vez.
    Os ciclóns tropicais son sistemas de tormentas caracterizados por unha circulación cerrada ó redor dun centro de baixa presión dando lugar a fortes ventos e abundantes chuvias, a súa enerxía sacana da condensación de aire húmido. Poden chamarse de diferentes formas dependendo da súa forza e localización: furacán, tormenta tropical, tifón ou depresión tropical.

  34. noelia.aso.1b di:

    Coñecese como ciclón tropical a un fenómeno meteorolóxico que ten ventos en forma de espiral e que se desplaza sobre a superficie terrestre, formando baixas presions en latitudes tropicais (cerca do Ecuador) que teñen unha circulacion na superficie definida e organizada, xirando no hemisferio norte no sentido contrario as mancillas do reloxo.
    Ademáis, correspondese cun centro de baixa présion atmosférica e de temperatura máis alta que a que hai ó arredor.

    E os ciclóns extratropicais son fenómenos case diarios como nubosidades ou tormentas e formanse en latitudes maiores a 30º.

  35. juanjose.aso.1a di:

    Os ciclóns tropicais son propios das latitudes baixas e os ciclóns extratropicais son propios das latitudes medias.

  36. leticia.aso.1b di:

    Este post mostranos o qu estamos a probocar con tanto CO2 que estamos a producir, sen medir as consecuencias as que pode chegar.
    Os ciclóns extratropicales, as veces chamados ciclóns de media latitude, son un grupo de ciclóns definidos como sistemas do tempoen escala sinóptica de baixa presión en latidutes medias da Terra.
    Os ciclóns tropicais son un termino metereolóxico usado para referirse a un sistema de tormentas caracterizado por unha
    circulación cerrada a redor de un centrode baixa presión e que produce fortes ventos e abuntantes chuvias.