“O GRAN BURATO”

imagen

Recibe este nome un cráter submariño que se encontra a uns 250 Km da Ría de Muros e Noia, moi próximo a onde se afundíu o “Prestige”, e a unha profundidade de entre 2.500 e 2.800 metros . Ten un diámetro aproximado de 3 Km e uns 350 metros de profundidade. Trátase do maior cráter de gas que se descubríu ata o de agora no mundo . Este descubrimento realizouse por casualidade facendo unha campaña denominada Ergap entre xullo e agosto do 2007.

Este enorme cráter foi provocado por unha explosión de gas , probablemente metano.  Actualmente os científicos están a traballar para descubrir se  o hidrocarburo que agocha é enerxético. Se así fose, sería unha fonte de riqueza para Galicia. O gran inconveniente deste descubrimento e que non favorecerá para nada a redución das emisións de CO2, xa que non se trata dunha enerxía renovable.


Autor : Rubén Barreiro

 

 

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to “O GRAN BURATO”

  1. ana.aso.1a di:

    Creo que é un gran descubrimento, pero que nos vai perxudicar mais porque ao estar liberando hidrocarburo continuamente a reduccion de CO2 vai ser imposible e isto perxudicara ainda mais ó cambio climatico.
    Pero por outro lado se se descubre que o hidrocarburo é enerxetico sera una gran fonte de enerxia para Galicia.

  2. ero.aso.1b di:

    Este descubrimento é de gran importancia para Galicia, ou mais ben para a empresa que explote o xacemento. Mentras non exista unha aplicación práctica e eficiente das enerxías limpas e ou renovables, habera que seguir explotando os xacementos de gas e petróleo, o que seguirá mantendo as tasas de emisións de CO2 altas.

  3. andrea.aso.1a di:

    Este post infórmanos de que Galicia podería sair perxudicada ou beneficiada, dependendo do punto de mira,xa que a fonte de enerxía non seria renovable e non axudaria a redución do CO2 que é o que se pretende na actualidade.
    O gran burato foi descuberto en 2007 nunha expidición que tiña por obxectivo analizar os riscos geoambientais asociados a zona do Prestige e determinar si habia actividade sísmica,estructuras tectónicas e sedimentación.

  4. rubenlois.aso.1a di:

    Este é un bo descubrimento porque podería haber algunha maneira de explotar a emisión do gas metano. A parte, podería producir un retraso no avance cara a reducción do CO2 da atmosfera.
    Creo que habería que buscar algunha maneira de explotar o gas metano e aproveitalo para producir enerxía.

  5. santiguillan.aso.1a di:

    Este descubrimento se é enerxético fevorecerá a un avance e será un respiro á hora de seguir intentando experimentar con enerxía renovable, pero deben darse presa xa que as emisións aumentarían e poderían ser perxudicial. Se hai máis ocos coma este se podería intentar evitar as emisións de CO2 a atmosfera. Tamén se podería encontrar petróleo xa que moita necesidade del.

  6. laura.aso.1b di:

    Coma todo ten un por e un contra.
    Aunque eu penso que con esto sairía ben parada Galicia en certo sentido, xa que a reducción de CO2 non se conseguería.
    E como ben dixo Ero a empresa que explote este xacemento sairá gañando.

  7. jose.aso.1b di:

    Eu opino que este sería un gran descubrimento para Galicia, xa que poderiamos sacar moito proveito e podería subir o nivel de riqueza en Galicia, pero aínda que con este descubrimento Galicia podería gañar moito diñeiro, eu opino que se con isto se van a incrementar as emisións de CO2 case sería preferible estar como estamos e non contaminar máis, aínda que ben e certo que o que é bo para unha cousa é malo para outra.

  8. alexandre.aso.1b di:

    A verdade non sabía desta noticia, se o hidrocarburo que se agocha é enerxético claro está que será unha gran axuda para o desenvolvemento de Galicia, teoricamente, porque no momento da práctica esto pode acarrear un aumento do CO2, tamén haique ver como actúan os supostos extractores deste cráter.
    Porque encontremos outro pozo non quere decir que xa podemos aprazar todos os cambios que estar a vir en canto as enerxías renovables, bueno tampouco podemos facer prediccións xa que non está confirmado o que hai dentro do cráter.

  9. laura.aso.1a di:

    A noticia que nos conta Rubén neste post, pon a Galicia nunha situaciñon paradóxica, por un lado, si se explota o hidrocarburo do cráter, traería moitos beneficios, pero por outra banda, non contribuiría a loita contra o cambio climático xa que suporía un aumento das emisións de CO2.

  10. paula.aso.1b di:

    A aparación de estre carter é un gran descubrimento. Os cientñificos están convencidos de que debaixo do burato, hai unha gran bolsa de gas. Non só é un gran descubrimento por ser o maior crater de orixe gasista do mundo, senon porque se o hidrocarburo que conten é enerxético, Galicia verase moi favorecida económicamente, ainda que non axude a redución das emisións de CO2.

  11. juanjose.aso.1a di:

    Sempre é bo encontrar explotacións que poidan beneficiar económicamente a Galicia, pero o malo deste asunto é que se trata dunha enerxía non renovable que contribuirá a aumentar o CO2.

  12. victor di:

    Todos compartides , máis ou menos, as mesmas argumentacións. Por unha banda este gas poderá ser utilizado como un combustible fósil e, polo tanto, producirá un aumento de CO2 na atmosfera e, consecuentemente o incremento do quetamento global. Por outra banda pode ser unha fonte de ingresos (pero para que?).
    Non vos parece que plantexar isto como un gran descubrimento é síntoma de que a sociedade aínda non é consciente do perigo que está a supor o cambio climático?

  13. sabina.aso.1a di:

    A noticia que nos mostra este post pareceume importante por dúas cousas fundamentalmente:
    Primeiro, porque o feito de que aínda se poidan atopor novas fontes de enerxía aprobeitables é verdadeiramente significativo, principalmente se se tratan de enerxías renovables, que non é o caso.Nesta situación que nos mostra o post non sería adecuado tomalo como un gran descubrimento, senón como un novo golpe en contra do planeta e a favor do cambio climático.
    E segundo, permitiume darme conta que, como efectivamente se plantexa Víctor, a poboación aínda non é verdadeiramente consciente do que supón o cambio climático, e maioritariamente considera a estes descubrimentos unicamente como fontes de ingresos, sen preocuparse polos efectos naturais que poden causar.

  14. andrea.aso.1a di:

    Pode ser que conteña hidrocarburo enerxético que son os tamén chamados combustibles fósiles, son aqueles enerxéticos que se presentan naturalmente no medio ambiente.
    Gran parte dos enerxéticos de orixe orgánico son os hidrocarburos naturais.
    Algúns dos enerxéticos orgánicos son:
    * Carbón
    * Gas natural
    * Hidrocarburos sólidos
    * Petróleo
    * Bomba
    E por suposto que a xente non se da conta do que pode implicar o hidrocarburo enerxético xa que estaria encontra do que intentamos solucionar na actualidade, e seria un factor negativo para reducir as emisións de CO2.

  15. antia.aso.2a di:

    Este plantexamento que propós é moi interesante, todavía non existe unha conciencia global sobre o que lle está pasando ó noso planeta! Tamén coincidos ca maioría da xente, que sería unha boa fonte de ingresos, pero eses ingresos so servirían para crear un bucle de retroalimentación que traería consigo un retroceso importante na moderación do cambio climático.

  16. maria.aso.1a di:

    Estou de acordo con que en realidade, en xeral non somos consientes do CC…vese como algo a longa distancia, algo que soa de pasada..ou algo que din os cativos que lles explicaron no cole cando están a comer coas suas familias; pero non o tomamos en serio porque preferimos non velo…e a aqueles que lle din á xente que todos os desastres que hai agora son polo CC..chamanlles catastrofistas:non digo que sexa eso…pero ignoralo e non tomalo en serio..non nos vai dar nada bon.

  17. juanjose.aso.1a di:

    Non creo iso, creo que sabemos a que nos enfrontamos pero non o tomamos enserio e antepoñemos o diñeiro fronte ao noso futuro. Creo que non deberíamos de deixar a un lado esa fonte de enerxía, pero tampouco nos deberiamos olvidar que explotala demasiado aumentará as emisións de CO2 á atmósfera.

  18. raquel.aso.1b di:

    Os hidrocarburos poden ser unha fonte de ingresos bastante importante, xa que, con eles podemos obter moitas cousas útiles para a nosa vida diaria. Por exemplo para fabricar plasticos, cosméticos, pinturas, solventes, mediciñas, roupa, fibras, tinta, etc. O gran problema de todo isto é q son moi contaminantes.

  19. carlos.aso.1a di:

    Eu penso o mesmo que Juan, xa que creo que somos conscientes do cambio que se está a producir no clima pero o diñeiro ten maior peso que contribuir a reducir os efectos do cambio climático.

  20. ruben.aso.1a di:

    Plantexámolo como un gran descubrimento porque que o maior burato de gas do mundo atópese preto de nos, e unha noticia que chama a atención. Tamén creemos que é un gran descubrimento porque xenerará unha determinada riqueza para Galicia. É un gran descubrimento pero ten inconvintes para o noso planeta como a emisión de CO2 que produce a combustión deste hidrocarburo, e a sociedade non é consciente do cambio climático, xa que tiñamos que descubrir ou investigar enerxias renovables e limpas.

  21. victor di:

    Este descobremento fronte ás costas galegas sería realmente rentable para os galegos e galegas?

  22. maria.aso.1a di:

    A longo plazo posiblenmente non, pero produciria postos de traballo cando se construise unha planta para explotalo..ainda que ao mello tamen afectava ao funcionamento do ecosistema de forma negativa

  23. ivanabal.aso.1a di:

    Eu creo que este descubrimento seria rentable si non afectara os pescadores de baixura, xa que moitos pobos costeiros dependen deste traballo. Si esto non afecta os pobos claro que vendria moi ben para Galicia xa que asi podriamos sacar partido a este gas.

  24. angel.aso.1a di:

    Eu opino que sería rentable para unha minoría, a que obteña beneficios directos deste descubrimento, creo que as demais persoas seguirán como agora ou incluso afectadas polas cousas negativas que pode traer un descubrimento de tal envergadura(contaminación,ocupar un espazo de pesca,danos no ecosistema…)

  25. raqueltrigo.aso.1b di:

    Eu creo que seria moy rentable,asi gañariase máis cartos e sobre todo aumentarian os postos de traballo.
    Pero todo ten o seu contra pois pederiamos moito en vida mariña e xa non en vida senon no habitat diste.

  26. adrian.aso.1a di:

    Creo que a distancia a que se encontra o cráter non debería supeñer ningun problema para a paisaxe pero teríamos un grande perigo xa que sería continua a presenza de petroleiros polo que pode pasar calquera desgraza como a do Pretige. Por outra banda tamén creo que os beneficios serían para unha minoría.

  27. adrian.aso.1a di:

    Tamén penso que é importante para todos este descubrimento xa que de momento o petróleo é imprescindible, sobre todo para o transporte, e non esta de máis contar con este recurso nun determinado momento.

  28. paula.aso.1b di:

    Eu opino que si seria rentable. Sé o hidrocarburo é enerxético, xerará postos de traballo para moitos galegos e galegas, e a comercialización de este producirá beneficios para Galicia.

  29. laura.aso.1a di:

    A miña opinión é similar a de Maria, este decubrimente, produciría beneficos a curto plazo para toda a pboación galega. Pero as consecuencias,que acarrearía o uso de esa fonte de enerxía;teríanos que facer pensar si é unha boa idea explotalo.

  30. ruben.aso.1a di:

    Eu creo que económicamente sería rentable para os galegos e galegas porque deixaría moito diñeiro na zona.
    Pero nas súas formas de vida , na calidade destas , creo que sería moi prexudicial para eles xa que deixaría moita contaminación na zona , xa que as costas galegas estan fundamentalmente adicadas a pesca.

  31. juanjose.aso.1a di:

    Eu creo que este descubrimento sería unha boa fonte de ingresos para Galicia, melloraría moito a economía e axudaría a crear postos de traballo, en resumen, melloraría todo o referente á economía galega. O malo é que o medio ambiente sufriria o efectos desta emisión de gases, agravando o problema do Cambio Climático. Ó final nos encontramos na mesma situación de sempre: os cartos ou o medio ambiente? Creo que deberíamos compensar esta situación, así se apostamos por esta enerxía non renovable tamén apostar polas renovables para intentar estabilizar a situación, aínda que os gases seguirían emitíndose á atmósfera. É unha situación que necesita ser ben estudada.

  32. santigonzalez.aso.1a di:

    Eu penso que de atopar un pozo petrolífero nas costas galegas daría moitos beneficios pero produciría un cambio no ecosistema mariño, xa que os peixes que estaban preto da central de extracción cambiarían de zona e isto provocaría perdas no ámbito pesqueiro galego.
    No caso de instalala podería desencadear un enfrontamento entre os galegos que a queiran ter e os que non, dividíndoos como pasa co tema do cementerio radioactivo no centro da península.

  33. andrea.aso.1a di:

    Penso que poderíamos mellorar moito con este descubrimento xa que económicamente seria moi rentable para Galicia.
    Pero ten o seu contra, os problemas do cambio climático, e perxudicaria moito o medio ambiente.
    A situación e moi complicada xa que o que ten unha de boa teno de malo.

  34. susana.aso.1b di:

    Penso que este descubrimento sí podería traer consecuencias para nos e para os seres mariños xa que si vai a producir un aumento de CO2 contaminará máis a atmosfera e acabaremos por ter un problema máis co cambio climático

  35. isaac di:

    O certo é que aínda non está claro que o gas que brota deste burato poida ser empregado como un recurso enerxético viable. Evidentemente a súa utilización produciría emisións de CO2, pero en menor proporción que os combustibles fósiles convencionais, isto podería ser interpretado como positivo se o emprego deste gas substitúe a outros máis contaminantes? Pensade que aínda hoxe descúbrense novos xacementos petrolíferos, como o atopado recentemente nas costas de Brasil.

  36. juanjose.aso.1a di:

    Sería positivo, pero tamén sería negativo.
    Positivo porque as emisións reduciríanse algo máis. E negativo porque seguiriámos a emitir CO2 a atomsfera.