ATMOSFERA ALIEN

imagen

Semella que os gases que compoñen a atmosfera terrestre e, posiblemente, tamén os do océano chegaron dende o espacio exterior e non proceden, como se pensaba, do interior da Terra a partir dos gases de volcáns. Utilizando unha serie de técnicas de análise encontráronse pequenas cantidades dos gases criptón e xenón; gases nobres que semella proceden do espacio e, ademais, os científicos localizaron partículas de meteoritos nos gases volcánicos. Seguramente os gases da actual atmosfera e océano proceden de corpos extraterrestres semellantes aos cometas. A fotosíntese e a actividade biolóxica foron cambiando posteriormente a composición orixinal da atmosfera e, polo tanto, do océano.


Autor: Santiago Guillán

Esta entrada foi publicada en General e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to ATMOSFERA ALIEN

  1. victor di:

    AVISO: LUNS ÁS NOVE PECHARASE O FORO

  2. raquel.aso.1b di:

    O criptón é un elemento químico gaseoso. É un dos gases nobres. É un gas incoloro, inodoro e insípido. A súa principal aplicación é encher as lámpadas eléctricas e aparatos electrónicos de varios tipos. Utilízanse mezclas de criptón –argón para encher lámpadas fluorescentes. A única fonte comercial de criptón estable é o aire, aínda que se atopan trazas en minerais e meteoritos.

    O xenón é un gas nobre inodoro, moi pesado, incoloro. Está presente na atmosfera terrestre só en trazas e foi parte do primero composto de gas nobre sintetizado. O uso principal deste gas é a fabricación de dispositivos emisores de luz , como poden ser, lámpadas bactericidas, tubos electrónicos, lámpadas estroboscópicas e flashes fotográficos, así como en lámpadas usadas para exitar láseres de rubí, que xeran de esta forma luz coherente.

  3. santigonzalez.aso.1a di:

    Fáiseme extraño que os gases da nosa atmosfera como o osíxeno e o nitróxeno procedan do espacio, isto quere decir que posíblemente existan tamén noutros planetas cercanos. Penso que se debería investigar máis en planetas próximos sobre o que podemos atopar neles.

  4. paula.aso.1b di:

    A maioria dos gases do aire que respiramos orixinaronse na nébula solar, a nuve de gas e polvo que formou o Sol e os planetas.
    Os gases confinaronse gravitacionalmente á Terra recén formada e despois foron transportados ó interior de ésta colándose mediante ións a través de exhalacións volcánicas e grietas na corteza terrestre.
    Sigue sendo certo que os volcáns “vomitaron” algúns gases, pero esa contribución foi insignificante para a creaciónda atmósfera terrestre.

  5. ruben.aso.1a di:

    A aparición destes gases nobres na nosa atmósfera débese a que na formación do noso planeta chocaron meteoritos con outros gases entre os que contiñan xenón e criptón.Estes chocaron contra unha bola de fogo. Esta, foise enfriando e os materiais mais densos quedaron no fondo e os mais lixeiros subiron . Estes gases xunto co vapor de auga formaron unha capa gaseosa a que oxe lle chamamos atmósfera, debido a este motivo creo que na atmósfera aparecen estes materiais máis frecuentes doutros planetas como Marte..

  6. andrea.aso.1a di:

    A atmosfera é unha mezcla de gases. Está constituida principalmente por nitróxeno e oxígeno.
    Dívidese en varias capas concéntricas sucesivas. Estas son, dende a superficie cara o espazo exterior: troposfera, tropopausa, estratosfera, estratopausa, mesosfera e termosfera.
    A atmosfera é un dos compoñentes máis importantes do clima terrestre.O seu balance enerxético é quen determina o clima global, por isto é esencial comprender a súa composición e estructura. Os gases ca constituen están ben mezclados na atmosfera pero non é físicamente uniforme pois a súa composición ten variacións significativas coa altura sobre o nivel do mar.

  7. sabina.aso.1a di:

    A noticia que nos mostra este post pareceume verdadeiramente impactante e incluso algo surrealista, xa que sempre se creeu que a atmosfera terrestre debe a súa formación aos gases procedentes do interior da Terra e emitidos polos volcáns durante a formación da Terra, e agora que xa se tiña completamente asumido e crido(polo menos no meu caso)resulta chocante esta nova.
    Pero de todos os xeitos tamén resulta unha noticia importante e esperanzadora xa que pouco a pouco vaise coñecendo máis o espacio e os diferentes fenómenos que teñen lugar alí e que resultan fundamentais para estudar o que hai máis aló do planeta Terra.

  8. victor di:

    Que alguén nos conte como, tradicionalmente, se supón que se formou a atmosfera e o océano terrestres e en que momento.

  9. ruben.aso.1a di:

    Pois a atmósfera formouse pola fai moitos millons de anos cando a Terra arrefriou e os gases ,e vapor de auga evaporaronse. Este vapor de auga cae de volta a Terra en forma de precipitacións , inundando así as partes máis baixas.
    Estes 2 procesos formaronse fai aproximadamente 4.500 millons de anos.Pero esta atmosfera non tiña osixeeno. Foi evolucionando ata que fai 400 millons de anos a atmosfera tiña osixeno suficiente para que os seres vivos poiderán vivir.

  10. veronica.aso.1a di:

    Tradicionalmente, e como eu pensei que así era, decíase que a atmosfera e os océanos se crearon da seguinte maneira:
    A atmosfera é unha masa de gases que rodean a Terra; estos, quedaron atrapados pola súa atracción gravitatoria. Esta, orixinouse a partir das emanacións gaseosas producidas en erupcións volcánicas moi abundantes durante as primeiras etapas da historia da Terra. Gran parte destas emanacións gaseosas eran vapor de auga; que por unhas circunstancias dadas, este vapor de auga precipitou en forma de chuvia sobre a superficie da Terra dando lugar aos océanos.

  11. jose.aso.1b di:

    A atmosfera formouse retendo os gases que se procedían do interior da terra, como consecuencia da actividade volcánica. Nela retúbose vapor de auga, anhidrido carbónico e nitróxeno procedentes da fusión do núcleo terrestre e do fundimento do compoñente ferro-niquel a través do magma.

  12. angel.aso.1a di:

    Hai uns 4650 millóns de anos formouse a Terra, despois de condensarse a partir de polvo cósmico e gas a través de atracción gravitacional a Terra era case homoxenea e bastante fría.
    Pola contracción de materiais e pola radiactividade de algúns elementos calentouse, fundíndose baixo a influencia de gravidade e dividíndose en codia,manto e núcleo.
    Ao mesmo tempo a erupción de numerosos volcáns provocou a saída de vapores e gases volátiles e lixeiros.
    Algúns eran atrapados pola gravidade da Terra e formaron a atmosfera,mentres que o vapor de auga condensado formou os océanos.

  13. silvia.aso.1b di:

    A atmosfera terrestre comezou a formarse fai uns 4600 millóns de anos, co nacemento da Terra. Formouse a partir de novos gases e auga que desprendían as rochas do noso planeta.

    Os océanos terrestres formáronse pola condensación do vapor de auga, hai 4000 millóns de anos.

  14. victor di:

    Cal é a diferencia entre a formación da atmosfera que propodes nos anteriores comentarios e a que propón o post?

  15. juanjose.aso.1a di:

    Supónse que o orixen da atmosfera primitiva foi propiciado pola intensa actividade volcánica e polos gases emanados nestas erupcións.

  16. angel.aso.1a di:

    A diferencia é que os gases non son propios da terra, senón que foron producto das colisións dos cometas e o “depósito” posterior dos gases na terra, pero supoño que os océanos se formaron igual por condensación e a atmosfera pola gravidade.

  17. ana.aso.1a di:

    A diferendia que hai entre a formacion primitiva e a que espon o post, é que os gases foron producto da colisión dos cometas e despois foronse sedimentando na terra

  18. andrea.aso.1a di:

    A diferenza entre a formación da atmosfera dos anteriores comentarios co que propón o post é que os gases que nomea o post non son procedentes da terra xa que posiblemente os gases da atmosfera e o océano proceden de corpos extraterrestres como os cometas.

  19. laura.aso.1a di:

    A principal diferencia entre as dúas propostas, é que na primeira, os gases sairon do interior da Terra mediante violentas erupcións, mentras esta se estaba formando, en cambio, na segunda proposta, a exposta no post, os gases proveñen de compoñentes extraterrstres, como os cometas, que impactaroncontra a Terra hai millóns de anos.

  20. victor di:

    Creedes que ámbalas propostas son excluíntes?

  21. maria.aso.1a di:

    Si…non poden vir volcans pegados nun meteorito!..ainda que ao mellor poderian coincidir erupcions cun meteorito..

  22. raqueltrigo.aso.1b di:

    Eu creo que as propostas non son excluintes,pois pudo haber gases que se formaron pola impactación dos cometas e demais contra a terra e tamen polos gases que sairon plas eripcions dos volcans.para min as duas propostas son validas.