EU SÓ PASABA POR AQUÍ


 

A Pablito, polo seu cumpreanos, agasallárono cunha iguana porque lle facía moita ilusión. O pai comproulle este animal pensando que adquiría algo semelllante a unha videoconsola, pero Pablito logo cansouse dela e abandoouna no monte. Esta é unha historia  real e a proba delo son as moitas especies de animais invasoras que viven nos nosos ecosistemas.

Un dos mellores exemplos é o das tartarugas de Florida (Trachemys elegans) que están perfectamente adaptadass aos nosos medios. A propagación de especies animais exóticas é un serio problema para a flora e fauna dos nosos ecosistemas. As súa presencia supón unha ameaza tan grande para a supervivencia da biodiversiade autóctona que xustifican sobradamente a cualificación de especies invasoras.

A libre proliferación de animais é cada vez máis difícil de controlar e se trata dunha situación inevitable, nacida da liberalización do mercado e do “boom” do transporte, polo que debe porse coto a esta  tendencia irresponsable mediante unha lexislación máis dura e unha labor de concienciación social. A xente debe tomar conciencia do que realmente supón o que está adquirindo e do grave que pode resultar desfacerse dun animal foráneo.

O ritmo de introducción de especies en Europa é maior do que os nosos ecosistemas poden soportar. A mestura de especies autóctonas e foráneas está crecendo aun ritmo inimaxinable e a UCNI afirma que é a segunda causa de extinción de fauna e flora por detrás da destrución de hábitat causada pola construción de urbanizacións.

imagen

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.