AMPLIANDO FRONTEIRAS

imagen

O próximo mes de marzo unha comisión da ONU decidirá sobre a petición por parte do goberno español de ampliar a súa xurisdicción sobre as costas galegas máis ala das 200 millas nauticas. Isto suporía un aumento duns 50.000 km2  da zona económica exclusiva (ZEE) de España nesta área e os dereitos de explotación dos seus recursos. Esta reclamación, que tamén inclúe outras áreas, forma parte dunha imagensolicitude conxunta de España, Francia, Reino Unido e Irlanda sobre o Golfo de Biscaia.

Esta reclamación faise ó abeiro da Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar (UNCLOS, nas súas siglas en inglés) que permite aos países firmantes solicitar a ampliación da súa xurisdicción nos mares máis ala das tradicionais 200 millas desde a súa costa, sempre e cando demostren cientificamente que esas areas son en realidade prolongacións naturais da súa plataforma continental. Neste sentido, os catro países citados alegan que esta área inclúe fragmentos da antigua plataforma continental que se foron desgaxando conforme a península Ibérica foi separándose da costa francesa, abrindo así o Golfo de Biscaia e, por outra banda, formando a cordilleira dos Pirineos.

Resulta novedoso que unha reclamación territorial se faga en base a uns criterios científicos, e non históricos ou con motivacións nacionalistas, se ben todo obedece a un interés económico. O equipo científico español que elaborou o informe pertence ao Instituto Geológico Minero de España (IGME) baixo a coordinación de Luis Somoza e a participación do buque oceanográfico Hespérides.

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais, Tectónica de Placas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to AMPLIANDO FRONTEIRAS

  1. santigonzalez.aso.1a di:

    Penso que se tódolos países reclamaran o aumento das súas augas xurisdicionais produciríanse máis conflictos entre países fronteirizos, o cal podría derivar en guerras non desexadas.

  2. laura.aso.1a di:

    É unha noticia moi ineteresante, oque máis me chamou a atención é que solo pediran como requisito que se demostrase a continuidade da plataforma continenetal, e non outro tipo de esixencias.

  3. sara.aso.2a di:

    Persoalmente pareceme ben que os criterios a ter en conta para esta ampliación sexan científicos e non históricos xa que aínda que ten un fin económico a verdadeira forma de desmostrar ata donde chega ou non chega unha plataforma continental é un criterio puramente científico.
    Aínda así pareceme un pouco difícil que se acepte xa que a Convección das Nacións Unidas sobre o dereito do mar é bastante estricto ante o máximo de 200 millas e nesta convección non existe unha cláusula na que se espedifique que facer nestes casos, polo que supoño que para evitar problemas obtarán por non deixar que se aumente.

  4. roberto.aso.1a di:

    É certo que é novedoso que este tipo de reclamacions se fagan en base a un criterio cientifico,pero é claramente por interese economico.Se o puideran reclamar de calquera outra forma en vez de por esa farianno igual.

  5. ivan.aso.1a di:

    Estou totalmente dacordo con Roberto de que este tipo de reclamacións son soamente por interese económico.Creo que este tipo de reclamacións fanas en base a un criterio científico porque non teñen forma de reclamar en base a un criterio histórico.

  6. victor di:

    Por certo; que é iso da plataforma continental?

  7. maria.aso.1a di:

    Ë a superficie do fondo mariño que se atopa preto da costa, comprendinda entre o litoral e as profundidades de non máis de 200m. E coma a rampa que une a plataforma continental coa chaira abisal.

  8. paula.aso.1b di:

    A plataforma continental é ó perímetro de cada continente donde o fondo mariño descende dende os 0 m ós 300 m de profundidade. O 8% dós océanos encontranse nesta zona de fondos poucos profundos. O límite da plataforma coas zonas oceánicas máis profundas denominase borde continental.

  9. veronica.aso.1a di:

    A plataforma continental é a prolongación do continente baixo o fondo mariño. O que di María desa rampa que une a llanura abisal coa plataforma continental chámase noiro continental.

    Wegener foi o primeiro en presentar unha demostración da deriva continental. El nun principio plantexou a idea de que todos os continentes puideron estar unidos algunha vez pola semellanza entre a costa do sur de América e África. O problema era que daquela criase que o fondo mariño non tiña relevo algún e que a plataforma continental non se prolongaba baixo os océanos, por iso el non podía explicar como América do norte puido estar unida co continente Europeo.

  10. andrea.aso.1a di:

    A plataforma continental é o perímetro extendido de cada continente, que queda cuberto durante os periodos interglaciais como a época actual por mares relativamente pouco profundos e golfos. A plataforma nace, entón, na costa, e case sempre remata nun punto da comarca pendente crecente (chamado barreira continental).
    O fondo mariño tras esta barreira é o talud continental. Tras o talud está a elevación continental, que remata por unirse co fondo mariño profundo, a llanura abisal.

  11. emilio.aso.1a di:

    Pero aparte do que di María tamen temos que ter en conta o noiro continental, que é a zona que nos limita a plataforma continental da chaira abisal. E o que nos limita as zonas terrestres das zonas abisais.

  12. manuel.aso.1a di:

    Referindome o comentario de emilio as zonas abisais son os niveis nos que está dividido o océano según a súa profundidadecorresponde a un espacio oceánico entre 3.000 e 6.000 metros de profundidade.Ë unha zona escura onde non chega a luz solar.

  13. isaac di:

    Ante os vosos comentarios é necesario facer algunha aclaración:
    Primeiro, a Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar, no seu artigo 76 si que considera esta posibilidade de ampliar a xurisdicción de cada estado máis alá das 200 millas, ata un máximo de 350, dentro das condicións que se explican no post. Insisto en que para a súa aprobación ten que pasar por unha comisión de expertos que valoren os argumentos de cada reclamación, e que non se poderán facer reclamacións unha vez transcorridos 10 anos desde que cada estado firmase este a citada Convención.

    Segundo, algunhas serán admitidas e outras non. No caso de España, xa lle foi admitida unha petición na zona do Cantábrico, e a da plataforma galega ten moitas posibilidades.

    Terceiro, a plataforma continental non se define por unha determinada profundidade, senón polo feito de ser unha continuación da codia continental baixo o mar, e remata, independentemente da profundidade, onde comeza a codia oceánica, como ben di Emilio no noiro continental.

    O procedente agora sería preguntarse cáles son os beneficios que se poden obter destas reclamacións.

  14. laura.aso.1a di:

    A ampliación da zona de xurisdicción permitiría a o Estado explotar os recursos naturales de esa zona; tamén aproveitar os recursos do subsol. No tocante a pesca, poderíanse pescar as especies de fondo.

  15. sabina.aso.1a di:

    Con respecto a este post gustaríame dicir que estou completamente de acordo co feito de que lle concedan a ampliación das augas xurisdiccionais ao país,e sobre todo que esta ampliación se leve a cabo ao redor das costas galegas.
    Extrañoume moito que para conseguir dita ampliación tivesen que alegar algo que se procduciu fai tanto tempo como foi a separación da Península Ibérica da costa de Francia e a formación dos Pirineos, pero isto non quere dicir que non estea de acordo con esta alegación, todo o contrario, o que pasa e que me parece bastante extraño que nun tema que lle incunve ao estado se lle bote man a probas científicas cando para outos temas non lles fagan nin caso.Con isto quero dicir que nos deberiamos fiar moito máis da ciencia, xa que esta pode explicar a maioría das cousas reais sin lugar a dubidas.

  16. jose.aso.1b di:

    Eu penso que os beneficios que se poden obter destas reclamacións, e máis que nada para aclarar que lle pertence a cada rexión para non ter que andar metidos en discusións.
    Por outra parte opino, que se deberían facer as cousas como se estan facendo neste caso, e decir, estas cousas deberíanse facer en base a uns criterios científicos.

  17. ruben.aso.1a di:

    Na miña opinión os beneficios que se poden obter é que a cada rexión costeira lle pertenecen certas millas destas augas para poder gobernar sobre elas. As cousas deberíanse facer , sobre criterios científicos polo é decir , fiandonos moito máis da ciencia.

  18. angel.aso.1a di:

    Eu estou de acordo con esta “reclamación”, os países aumentaran o seu ” campo de explotación” marítima e obterán máis beneficio, pero tamén como di Santiago pode que algúns países colindantes teñan roces entre eles.

  19. marcelina.aso.1a di:

    A adxudicación destas 150 millas máis, penso que beneficiaría ós pescadores porque así poderían aumentar o seu número de capturas e quizais, non o sei, pero pode que haxa especies diferentes na profundidade desas augas. Ademais de poder ao noso goberno desas augas.

  20. belinda.aso.1a di:

    Os beneficios de ampliar a xurisdicción son:
    recoñecemento dos dereitos de soberanía para explotar os recursos naturais,e ter xurisdicción para investigar e protexer o medio mariño.

  21. belinda.aso.1a di:

    Para aclarar un pouco o contido do meu comentario, tentei definir os seguintes termos:
    Soberanía; autoridade suprema do poder público.
    Xurisdicción; poder ou autoridade que ten alguén para gobernar. En xeral, xurisdicción utilízase para designar o territorio sobre o cal un Estado exerce a súa soberanía.

  22. carolina.aso.1b di:

    Pois eu estou de acordo cos meus compañeiros xa que con este aumento do campo de expolacion non habera tantos problemas co tema da pesca,e barcos mariñeiros que teñen que conseguir un minimo as veces inalcanzable pola escaseza de peixe,poderan ir mais lexos da costa para conseguir mellores capturas e sen problemas de estar ou non no seu territorio.

  23. ana.aso.1a di:

    A ampliacion da zona de xurisdiccion penso que nos vai beneficiar porque asi vamos poder explorar mais a fondo o subsolo mariñoe e tamen beneficiará os mariñeiros que terán mais expansión mariña para pescar.

  24. vanesa.aso.1b di:

    A ampliación da zona de xurisdicción ,na miña opinión,non só fará que os nosos mariñeiros teñan que marchar a outros océanos para obter máis peixe, senón que tamén evitará exporse a perigos como pode ser a piratería no mar,se ben se está reforzando a vixilancia.

  25. juanjose.aso.1a di:

    A ampliación desta xurisdicción daría ó Estado o dereito exclusivo de explotar os recursos naturais da zona, ademáis do poder necesario para investigar e protexer o medio mariño.