O GRAN ANEL

imagen

 

En Asia e África viuse, o 15 de Xaneiro, o eclipse anular de sol de maior duración que se poderá contemplar na Terra ata o 23 de decembro do 3043. O anel de luz durou  11 minutos e 8 segundos no Océano Índico, lugar onde tivo maior duración.

Estes fenómenos ocorren cando a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol. A sombra da Lúa non tapa por completo o Sol e o astro vese coma un anel luminoso.

Nalgunhas ciudades importantes de China que se atopan en zonas cercanas ó norte e ó sur da franxa foi onde tivo o momento de maior ocultación e a lúa formou casi un anel completo que tapou ata o 80% do disco solar.

Asia, China e a Índia foron os países nos que houbo máis expectación, onde centos de miles de persoas saíron ás rúas para observar o fenómeno.

 

Autora: Raquel González

Esta entrada foi publicada en Universo e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to O GRAN ANEL

  1. andrea.aso.1a di:

    Que chege a pasar isto é increible.
    Os eclipses solares son uns fenómenos que se producen cando a Lúa oculta o Sol, dende a perspectiva da Terra pero esto só pode pasar durante a Lua nova(Sol e Lúa en conxunción).

  2. sara.aso.2a di:

    Un eclipse anular é un fenómeno pouco corrente, aínda que o último que se puido observar foi o 26 de enero do 2009( antes deste) e que foi visible dende Sudáfrica, a Antártida, Australia e parte do Sudeste Asiático.
    Este fenómeno sucede cando a lúa se interpón entre a terra e o sol sen cubrir por completo ao astro o que fai que este tipo de eclipses non sexan tan chamativos como un total, pero pero si que presenta unha gran beleza porque a lúa ao colocarse en medio do sol, deixa ver tan só dende a Terra un espectacular anel de fogo.

  3. santigonzalez.aso.1a di:

    Tamén se considera unha efeméride cando por exemplo no 8 de xuño de 2004 se interpuxo Venus entre a Terra e o Sol, provocando un eclipse; aínda que este non se divisou dende Galicia e case non hai diferencia de luminosidade debido á diferencia de tamaño entre Venus e o Sol e á composición gaseosa de Venus.

  4. paula.aso.1b di:

    Foi o eclipse anular mais longo do milenio. Sucede cuando a lúa interponse entre a Terra e o sol sen cubrir por completo ó astro. Este tipo de fenómenos teñen lugar da mesma forma que os eclipses totales, .
    O eclipse trazou unha ruta de 300 kilometros de ancho a través de África central, o Océano Índico e o sur de Ásia
    En zonas cercanas ó norte e sur da franxa, atopouse o momento de maior ocultación. A lua formou un anel completo que tapou ata o 80% do disco solar. Foi o eclipse anular mais longo do milenio

  5. ruben.aso.1a di:

    Pois estes eclipses anulares son fenómenos que nós da de moito en moito tempo a natureza. Esto sucede cando a lúa se pon no camiño do Sol cara a Terra cubrindo case toda a súa superficie deixando só un pequeno anel de luz.
    É un fenómeno natural de grande beleza porque parece que no ceo hai un anel de lume.

  6. rubenlois.aso.1a di:

    Estos fenómenos son espectaculares e moi bonitos. A xente aprobeitou o momento para observar o eclipse, aínda que mirar directamente a eles sen ningunha protección pode danar a vista.

  7. rodrigo.aso.2a di:

    Parece que ser en xullo deste ano 2010 producirase un eclipse total na Illa de Pascua. Exactamente será o 11 de xullo e poderase ver no Pacífico Sur. Ademais parece ser que este novo eclipse conseguirá a Lúa cubrir por completo o Sol (4-5min). O máis sorprendente é que todas as camas, habitacións, voos… con destino a esa Illa nese día están reservados dende mediados do ano pasado. É impresionante a tremenda espectación que nos produce a todos nós estes fenómenos que son tan descoñecidos para aqueles que non estamos en contacto con esta materia.

  8. victor di:

    Andrea, porque te parece incrible un eclipse?
    Estrictamente a interposición de Venus, como di Santi, debe considerarse un eclipse?
    Que tipo de obsevacións físicas nos permite facer un eclipse?

  9. isaac di:

    Chámame moitisimo a atención que mencionedes eclipses anulares que se produciron recentemente en outros lugares do mundo, como Asia ou África, e non recordedes aquel do que vos mesmos pudestes ser testemuñas, e desde este propio centro moitos de vos, o 3 de outubro de 2005, hai pouco máis de 4 anos. Nesa ocasión, desde toda Galicia pudemos ver un anel perfecto, do que incluso pudemos sacar fotografías.

  10. laura.aso.1a di:

    Eu creo que a interposición de Venus se pode considerar un eclipse, xa que este se interpon entre a lúa e o sol, como un eclipse lunar.
    Un eclipse permitenos saber as orbitas que realizan os planetas, desta forma predecir un eclipse.

  11. angel.aso.1a di:

    A interposición de Venus é un eclipse, xa que un eclipse é a desaparición total ou parcial dun astro pola interposición dun corpo celeste,sen a necesidade de que sexa a Lúa.

  12. santigonzalez.aso.1a di:

    O fenómeno que mencionei arriba de cando Venus se interpuxo entre a Terra e o Sol está considerado unha efeméride. É dicir, un acontecemento celestial puntual coma un cometa ou un eclipse. Aínda que teña a mesma base ca un eclipse non é considerado coma tal, xa que eclipses só suceden cando a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol.

  13. jose.aso.1b di:

    Para min un eclipse de sol e un dos fenómenos máis bonitos que podemos contemplar, xa que o ser algo que pasa cada certos anos, e decir que non o podemos observar todolos días, e un fenómeno que atrae moita espectación na xente, e a xente de Asia e Africa non vai a contemplar un similar ata o ano 3043.

  14. victor di:

    Que datos poden obter os astrónomos coa observación dos eclipses?

  15. paula.aso.1b di:

    Estiven investigando en diferentes páxinas, e todas indican que os eclipses solares producense cando a Lúa interponse entre o Sol e a Terra. En ningunha páxina das que entrei mencionaba algo doutros astros. Mencionaban que os eclipses podense formar por distintos astros, pero os solares só se forman coa Lúa.

  16. santibras.aso.1a di:

    Podese saber como son as orbitas dos planetas ou en que lugar están ou se dirixen.

  17. martin.aso.1a di:

    Nun eclipse os astrónomos poden observar a corona da cromosfera solar, da que poden obter datos sobre a estrutura e composición do Sol. Observando a lua poden chegar a conclusións sobre a superficie luar. Tamén coa escaseza de luz, poden observar estrelas, cometas, asteroides e outros corpos cercanos ó disco solar que normalmente non poden ser vistos.

  18. josebenito.aso.1b di:

    Non estou moi seguro, pero creo que ó observar un eclipse lunar podemos averiguar, tendo as ferramentas precisas, a que distancia se atopa a lúa da terra. Para poder saber iso antes teríamos que saber canto mide a lúa tamén, pero iso xa se sabe.
    Pero eu teño oído que a lúa vaise alexando pouco a pouco da Terra, así que dentro de un século, cando se di que se pode volver ver un eclipse como o que acaba de ocorrer pregúntome se será igual e producirá unha sombra na Terra do mesmo tamaño.

  19. fatima.aso.1b di:

    Os datos que se poden observar nun eclipse deste tipo creo que poden ser: o tamaño da Lúa, a distancia que separa a esta da Terra e do Sol e á vez a que separa ó Sol da Terra, xa que calculando a sombra que produce no noso planeta podemos facer eses outros calculos.

  20. ivanabal.aso.1a di:

    Nos eclipse totales, podese apreciar con mais claridade as capas externas do sol, que a forman a cronosfera solar e a corona solar. Tamen se poden apreciar as pretuberancias solares, que son erupcions brillantes que se observan na marxe do sol.

  21. ruben.aso.1a di:

    Coa observación dun eclipse, os astrónomos poideron descrubir a distancia entre a Terra e a Lúa mediante un eclipse total de Lúa. Tamén descubriron a Precision dos equinoccios, que é o movemento do polo norte.
    Tamén utilizaron un eclipse de Lúa para medir a lonxitude dun lugar a outro na Terra, e tamén descubriron o helio no Sol.

  22. victor di:

    José Benito di que a lúa, co tempo, estase a alonxar da Terra; é iso certo?

  23. maria.aso.1a di:

    A lúa alonxe sobre 4 cm ao ano; devido a que ela exerce unha forza de atraccion sobre a terra; e que afecta en maior medida as zonas da Terra que se atopan máis preto da Lüa.Esta forza provoca as mareas.As mareas altas formanse nos lugares máis achegados e alonxados da Terra.Ao rotar a terra a maior velocidade ca Lüa e no mesmo sentido, a marea alta é atraida lixeiramente diante da Lua, provocando unha especie de tirón gravitacional que fai que a lua se vaia en espiral.

    http://samuraiquark.wordpress.com/2007/09/30/la-luna-se-aleja-de-nosotros/

  24. paula.aso.1b di:

    Segundo me informei, a Lúa alonxase da Terra catro centímetros cada ano, a mesma vez que vai freando a rotación da Terra.

  25. andrea.aso.1a di:

    A lúa, reguladora das mareas e da duración dos días no noso planeta, aléxase de nós a razón de 4cm por ano. Este feito, ocasionará que no futuro, os días sexan máis longos e as mareas máis suaves. Ademáis, o eixe da terra perderá a súa estabilidade oscilando catastróficamente entre 0º e 90º o que provocará drásticos cambios climáticos que perxudicarán seriamente o ser humano. Todo esto ocurrirá dentro de millóns de anos, pero tal vez habería que ir planteándose unha solución.

  26. manuel.aso.1a di:

    O feito de que a lúa continue alonxandose de nós provocara que os nosos días sexan cada vez máis longos, as mareas sexan máis suaves e o eixo da Terra perda a súa estabilidade chegando a oscilar caóticamnete entre 0º e 90ºo que implicaría drásticos cambios climáticos.

  27. sabina.aso.1a di:

    Cando a sombra dun satélite toca a superficie dun planeta, cando un satélite pasa pola sombra dun planeta ou cuando un satélite proxecta a súa sombra sobre outro satélite tamén se poden producir eclípses.Polo que a interposición de Venus diante do sol non se pode considerar un eclipse, debido a que Venus carece de satélites.
    Os eclipses poden predecirse de dúas formas diferentes: a primeira,consiste en calcular con gran precisión as órbitas da Terra e a Lúa, calculando así as posicións exactas das súas sombras en cada momento, e rexistrando os momentos nos que as sombras se proxectan sobre o outro astro. A segunda forma, consiste en anotar as repeticións cíclicas de estos fenómenos. O ciclo máis notable con que se repiten é o chamado ciclo Saros. Un Saros contén 6585,3 días (18 anos, 10 u 11 días e unhas 8 horas), y tras este período repítense circunstancias orbitais casi idénticas, polo que se produce un eclipse moi similar, aínda que desplazado uns 120º ao oeste (polas 8 horas de diferencia, que fan que a Terra xirara 1/3 de revolución).

  28. victor di:

    Como sigades traballando así, ídesme obrigar a poñervos boa nota.

  29. marcelina.aso.1a di:

    A lúa estase a alexar da Terra pero nun futuro – moi lonxano- parará de alexarse para iniciar un acercamento para chocar contra a Terra ou estoupar a certa distancia. A Terra estase alexando 35mm, esto está demostrado por uns espellos que foron colocados na lúa e que reficten un láser que mide con exactitude a distancia.

  30. carolina.aso.1b di:

    Entón eu hai algo que non entendo,segun escoitei e creo que o ano pasado hubo unha entrada con este tema,o sol esta aumentando o seu volume e nuns cantos millons de anos absorvera os tres primeiros planetas entre eles a terra,ben enton iso non ten nada que ver co que comenta marcelina de que a lua chocara contra a terra non?a lua chocara pero vai afectar a vida ou perxudicala?

  31. ana.aso.1b di:

    Dise que a lúa estase alonxando da terra catro centímetros ó ano.
    A o que se refire Marcelina é a teoria do gran impacto,aínda que non está demostrado se a Lúa segue aproximandose así podería algún dia colosionar contra a Terra.
    Non entendo porque carolina di se nos vai a prexudicar,máis que nada porque calquera colisión que axa contra a Terra sería mala porque sería un gran impacto que destruiría parte da terra.

  32. angela.aso.1b di:

    Eu penso igual que ana calquera colisión pode facer un gran dano contra a Terra porque destruira parte dela.
    Pareceme impresionante que se producise un eclipse tan longo, xa que os eclipses normalmente non duran moito mais de 4 ou 5 minutos.

  33. jorge_guel.sau di:

    Son estos pequenos momentos os que nos demostran a grandeza e belleza do noso universo. É sen dúbida un feito singular que debido á súa rareza apreciamos con maior detalle, disfrutando así de cada segundo deste espectáculo. Cando miras algo así te preguntas qué máis misterios nos oculta o universo.

  34. carlos_rodriguez.sau di:

    Na miña vida so vin dous éclipses e parecenme uns sucesos extraordinarios.