E TI, CANTOS ANOS TES?

imagen

Na vida cotiá, sempre confiamos no aspecto externo dunha persoa para calcular a súa idade, sen embargo o paso dos anos se lle nota máis a unhas persoas ca outras, polo que a ciencia forense necesita recorrer a rangos dos seres humanos que cambian de forma constante coa idade, é dicir, os dentes e os ósos.

Nun principio realízanse análises das radiografías da articulación do pulso, clavícula e dentes, ademais dun estudo dos órganos sexuais. Todas estas probas son informativas da idade dunha persoa máis non exactas. Dependendo de cada proba pode existir un marxe de erro de meses e incluso de anos. A chave para saber a idade con certeza é realizar o estudo complementario de toda unha variada cantidade de probas.

Os ósos evolucionan gradualmente coa idade a través de dous procesos: a osificación e o desgaste óseo. Desde o nacemento, os nosos ósos non están completamente formados, senón que se encontran nun proceso de desenvolvemento continuado. Conforme van pasando os anos van a aparecer puntos de osificación a partir dos cales se forma óso novo, o que provoca un aumento do grosor e da lonxitude co tempo.

Os dentes sérvennos de guía a través do estudo da súa mineralización e do seu desgaste. Mediante as ortopantomografías podemos coñecer a maioría de idade dunha persoa, xa que con elas se estudan a mineralización e maduración dos terceiros molares. De observar a presenza dun terceiro molar completamente desenvolvido  indicarianos claramente que a persoa ten un mínimo de 18 anos.

Cabe destacar que hai diversos factores que poden alterar os resultados desas probas, como por exemplo enfermidades  como a desnutrición, trastornos xenéticos, hipotiroidismo


Autora: Karina Salgueiro

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

41 Responses to E TI, CANTOS ANOS TES?

  1. andrea.aso.1a di:

    É moi increible pensar que por ese tipo de procesos poidamos recoñecer a idade dunha persoa,grazas o proceso osificación mediante se forma un óso, e no caso dos dentes mediante as ortopantomografías.
    A ortopantomografía ou radiografía panorámica é unha técnica radiolóxica que representa unha imaxen xeneral dos maxilares, a mandíbula e os dentes, polo tanto, é de primordial utilidad na área dentomaxilomandibular.

  2. santigonzalez.aso.1a di:

    Na miña opinión a idade dunha persoa non depende só dos rasgos fisiolóxicos (ósos, musculatura…) senón que depende en gran parte dos xenes de cada individuo; xa que unha persoa que ten 12 anos pode aparentar menos que outra da mesma idade ou viceversa.

  3. paula.aso.1b di:

    Xa están investigando outras formas para identificar a idade das persoas, como os
    nformáticos da Universidade de Illionis, E.E.U.U, que idearon un programa que é capaz de determinar a idade dunha persoa. Só necesita estudar a fotografía do rosto. Nas primeiras probas, analizáronse rostos dunha base de datos de 1.600 fotografías e os resultados foron moi exactos. Según os seus creadores, a ferramenta todavía se pode mellorar, pero xa ten un nivel de precisión considerado.

  4. ruben.aso.1a di:

    Pois eu pensaba que estas técnicas non eran tan precisas , xa que podían ter erros. Pero aínda que teñen erros son moi precisas. O que máis me chamou a atención foi a ortopantomografía que é unha técnica moi eficaz para determinar a idade exacta dun ser humano a través dunha radiografía a mandiíbula.

  5. sara.aso.2a di:

    Os cambios físicos que unha persoa pode ter ao longo da súa vida son moi numerosos, debido principalmente ao estilo de vida que leve, a alimentación, se realiza deporte ou non… polo que hai persoas que con corenta anos parecen moito máis xoves que outras ao mellor de trinta, polo que estas probas son moi positivas.
    De feito probas xa citadas como a osificación ou ortopantomografías serven aos forenses para adiviñar co minimo marxe de erro a idade dunha persoa.

  6. rubenlois.aso.1a di:

    Estou dacordo coa compañeira de 2º de bacharelato, Sara, en que a apariencia externa ven dad máis polo ritmo de vida e o modo desta que pola idade mesma. É un gran avance para os forenses para determinar a idade dos finados, pero tamén se podería saber, máis ou menos cun marxe de erro, que tipo de vida levaba a persoa á que se lle realicen as probas.

  7. victor di:

    Andrea, non te debería parecer incrible que os osos ou os dentes sexan utilizados para o claculo da idade das persoas porque experimentan cambios ao longo do noso desenvolvemento que indican moi ben a nosa idade.
    Tratade de aclarar que diferencias habería entre os ósos dun neno, dun adulto e dun ancián.

  8. victor di:

    A imaxe do rostro pode levarnos a engano porque existen diferentes tratamentos, entre eles a ciruxía, que transforman completamente a imaxe das persoas.

  9. isaac di:

    En xeral, a forma máis precisa de determinar a idade dunha persoa é, evidentemente, coñecer a súa data de nacemento. Por iso eu preguntaría cál credes que é a utilidade práctica destas técnicas.

  10. laura.aso.1a di:

    A utilidade práctica destas técnicas é adiviñar a idade apróximada dos restos humanos, non só cadáveres da actualidade se non tamen de outra época, como por exemplo momias, ou restos aínda máis antigos, como por exemplo o recente descubrimento de Ardi.
    Respondendo a pregunta de Victor, solo encontrei a principal diferencia en tre un neno recen nacido e un adulto; e diferencia é que o recen nacido posue un maior número de osos, nace con algúns osos separados para facilitar o parto.

  11. angel.aso.1a di:

    A principal diferencia entre os osos dun neno,adulto e ancián é o tamaño loxicamente,pero tamén se produce un desgaste no calcio polo que é máis sinxelo que se rompan ou fracturen a medida que aumenta a idade.

  12. victor di:

    Como se forman os ósos?

  13. jose.aso.1b di:

    Estas técnicas de coñecer a idade dunha persoa sen que che diga a data de nacemento e verdadeiramente asombrosa, pero como ven din noutros comentarios ainda que che fagan estas probas poden ter un erro de varios anos xa que todalas persoas levan ritmos de vida diferentes, por iso e verdadeiramente complicado saber os anos dunha certa persoa seguindo estas técnicas.

  14. paula.aso.1b di:

    Dende que nacemos, iniciase a proceso da formación dos ósos. O principio, estes son brandos e están formados por un texido que recibe o nome de cartílago. Dentro do núcleo materno, este cartílago encargase de soster ó noso corpo. Máis tarde, vaise depositando sobre este calcio e outros sales que lle dan consistencia, tranformando o cartílago en óso. Este proceso denomínase osificación.

  15. jose.aso.1b di:

    Os osos vanse formando co paso dos anos, o sistema oseo iníciase no embrión, pero non son osos como os coñecemos senon que son cartílagos e a traves do proceso de osificación o cartílago vaise volvendo máis duro.
    Este proceso de osificación, detense cando chegamos os 20 anos de idade.

  16. raquel.aso.1b di:

    Dende que nacemos iníciase o proceso de formación de ósos. Ó principio, estos son blandos e están formados por un texido moi especial que recibe o nome de cartílago. Cando somos apenas uns embrións dentro do útero materno, este cartílago encárgase de soster o noso corpo. Posteriormente, sobre este vaise depositando calcio e outros sales que lle dan consistencia, transformando o cartílago en óso.

  17. raquel.aso.1b di:

    A osteoloxía, estudo da estrutura dos ósos, divide a estrutura do esqueleto en ósos do cráneo, da columna vertebral e das extremidades. Ó referirse á forma dos ósos clasifícaos en largos, curtos e platos. Tamén existen os ósos irregulares os sesamoides ou redondeados.

  18. ivan.aso.1a di:

    Os ósos formánse pola substitución de un texido conxuntivo xa existente (cartílago) por outro óseo.A este procéso chámaselle osificación que pode ser de dous tipos: intramenbranosa (directa) e endocondral (indirecta).
    A osificación intermembranosa, ten lugar de forma directa no tecido conxuntivo e forma os ósos do carneo (óso frontal,óso temporal,etc) e a osificación endocondral, substitúe o cartílago por óso e forma a maioria dos ósos do corpo.

  19. angel.aso.1a di:

    Ao principio os ósos están formados por un texido chamado cartílago.
    Cando somos uns embrións este cartílago encargase de soster o noso corpo.
    Máis tarde sobre estes vaise depositando calcio e formando os ósos, pero despois de nacer o cartilago soamente está presente nos extremos do óso,o que permite que o óso vaia medrando e alongándose.
    Finalmente cando deixamos de medrar ese cartílago desaparece quedando totalmente osificado.

  20. andrea.aso.1a di:

    Desde que nacemos iníciase o proceso de formación dos ósos. O comezo, estos son blandos e están formados por un tecido moi especial que recibe o nome de cartílaxe. Cando somos apenas uns embrions dentro do útero materno, este cartílaxe encárgase de soster o noso corpo. Posteriormente, sobre este vanse depositando calcio e outras sales que lle dan consistencia, transformando o cartílaxe en óso. Este proceso chámase osificación.

  21. josebenito.aso.1b di:

    Os ósos fórmanse mediante un proceso que se denomina osificación. Isto é, cando só somos un embrión dentro do útero materno o noso corpo está suxeto por cartílagos nos que, co paso do tempo,se vai depositando o calcio e outros sales que provocan o endurecemento e a formación ósea.

  22. roberto.aso.1a di:

    Segun atopei,os osos formanse no feto a partir dun molde previo de texido cartilaxinoso, que ten una forma similar á que terá o oso final, e que esta recuberta de pericondrio, una capa de texido conectivo denso que envolve o cartílago excepto na superficie das articulacions

  23. marinha.aso.1b di:

    Os osos formanse cando somos un feto. O principio os cartilagos son os que sosteñen o noso corpo, pero a medida que pasan as semanas o calcio vaise depositando xunto con outras sales que lle dan consistencia. Non todos os cartilagos se transforman en osos, no final das articulacións donde os osos teñen mais rozamento o cartilago mantense.

  24. ruben.aso.1a di:

    O desenvolvemento do sistema óseo iniciase de forma moi temperá no embrión, á sexta semana de vida xa se poden identificar formas de ósos no embrión. O inicio, estes ósos no son realmente ósos duros como os coñecemos. Realmente son cartílagos, e a medida que se vai depositando calcio e outros sales nestes, realizase o proceso de osidificación. O cartilago vaise volvendo duro e tomando a forma de óso duro.

  25. juanjose.aso.1a di:

    Ao comezo, os osos son moi blandos e están formados por un tecido. Esto recibe o nome de cartílago. A medida que o feto evoluciona, vaise depositando calcio e sales nos osos que lle dan consistencia e transforman ese cartílago en oso.

  26. marcelina.aso.1a di:

    Primeiramente os ósos son cartilagos e mediente a osidificación transformanse en ósos duros e resistentes. Os ósos están formados por tecido óseo principelmente, a súa composición química é 25% auga, 45% de carbonato de calcio e 30% materia orgánica principalmente coláxeno. O seu mantemento está regulado polas hormonas e os alimentos inxeridos. Os ósos son resistentes pero tamén son elásticos xa que protexen ós órganos como pulmóns,corazón,etc.

  27. victor di:

    Como moitos de vos dicides, os ósos comezan como cartílago e co crecemento rematarán por transformarse en óso. Como consecuencia os nenos terán máis proporción de cartílaco caos adultos, razón pola que nas radiografías os ósos vense máis separados.
    Ademais cando nos facemos anciáns perdemos masa ósea (explicade isto) e tamén aparecen certas enfermidades óseas (coñecedes algunha?).

  28. roberto.aso.1a di:

    unha das tipicas enfermidades oseas pode ser a osteoporosis,os minerais dos osos disminuen o que fai que este perda forza o que os volve quebredizos e suscecpitibles a fracturas. A partir dos 35 anos comeza a pérdida de pequenas cantidades de oso. Múltiples enfermidades ou hábitos de vida sedentarios poden incrementar a pérdida de oso ocasionando osteoporosis a unha nemor idade.

  29. paula.aso.1b di:

    A masea ósea é a cantidade de ósos de boa calidade que ten o corpo. Esta masa vaise perdendo paulatinamente a partir dos 30 anos.
    Esta perdida de masa ósea trae varias enfermidades como a Osteoporosis
    (devilitación dos óso). Tamén provoca a menopausia nas mulleres,

    fractura de cadera

  30. andrea.aso.1a di:

    A osteoporosis é unha enfermidade causada polo aumento da reabsorción dos ósos sen un aumento compensatorio da formación dos ósos, produce disminución da masa ósea unha alteración na microarquitectura do óso. A densidade ósea aumenta ata os 30 anos e logo comeza a caer. Co a osteoporosis, auméntase o risco de fractura da cadeira, columna..
    A enfermidade de Paget é unha enfermidade ósea local caracterizada pola reabsorción ósea esaxerada co aumento da vascularización e do tecido fibroso da médula ósea adxacente.

  31. carlos.aso.1a di:

    Entre as moitas enfermidades óseas que hai, destacan a osteoporosis,enfermidade na cal disminúe a cantidade de minerais no oso, o que provoca pérdida de forza, a artritis, inflamacion das articulacións, caracterízase por dolor, movementos limitados…, a artosis, enfermidade producida polo desgaste do cartilago entre un oso e outro.
    Como xa dixeron a partir dunha edade, perdemos masa ósea porque penso que o ser máis anciáns movémonos menos e os osos vanse gastando e tamén que o rozamento dun oso contra outro pode provocar esto.

  32. juanjose.aso.1a di:

    Na vellez, os osos perden a súa densidade. Esto é o principal causante da osteoporosis. Para o diagnóstico da osteoporosis existe unha proba denominada densiometría ósea, que determina a a densidade mineral dos osos.

  33. victor di:

    Como vedes os ósos presentan características propias das diferentes idades e, polo tanto, do seu estudo podemos obter información da idade, aproximada, dunha persoa.
    Tamén se afirma neste post que os dentes poden darnos unha boa información sobre a idade nos humanos. Que criteios son os utilizados para coñecer a idade a partir das dentaduras?

  34. veronica.aso.1a di:

    A osteoporosis, como dixeron os meus compañeiros, é unha enfermidade caracterizada pola redución da masa ósea. Cando ocorre isto, a estructura ósea corre o perigo de sufrir algunha especie de fractura. Esta enfermidade presentase sobre todo en persoas posmenopáusicas e en persoas de idade, tanto homes coma mulleres.
    As dietas pobres en calcio e altas en fósforo producen unha disminución da masa ósea. Algunhas das indicacións para prevenir a osteoporosis son: tomar suficiente calcio, suficiente vitamina D, non facer dietas, facer ejercicio, non fumar, moderar o consumo de alcohol…

  35. karina.aso.1b di:

    Mediante as ortopantomografías, podese ver ata que punto están os terceiros molares madurados, o que nos indicara si a persoa e maior ou menor de idade. A parte o desgaste do dente e a sua mineralización xogan un papel importante neste tipo de proceso.

  36. adrian_hernandez.sau di:

    Penso que o video e moi impactante porque se pode observar en apenas 1 minuto a evolución do rostro de unha persoa en toda unha vida

  37. gabriel_solleiro.sau di:

    Resulta bastante interesante saber que se poden saber as idades das persoas mediante a analise dos osos destas para poder chegar a saber se tivo algún tipo de enfermidade nun pasado ou para os rasgos físicos aos que será proprenso a ter no futuro.

  38. gerardo_rodrigue.sau di:

    É un feito increible que a idade teña ese efecto sobre nos, isto fainos pensar que durante toda a nosa vida estamos sometidos a un longo proceso de desgaste que incluso pode verse acelerado por enfermidades, como o caso da progeria, que fai enveenjecer a nenos.
    http://www.asteriscos.tv/noticia-5100.html

  39. varenkow_rodrigu.sau di:

    A ancianidade ou vellez é descrita como “un estado do espíritu”, polo cal é difícil afirmar cando comenza.
    Según a OMS, o envellecimento non é simplemente un proceso físico, senon máis ben un estado mental.
    A idade a partir da cal se considera que unha persoa entrou na vellez, elevárase a través dos siglos, e marcadamente no que va do actual.
    Os órganos e partes máis afectadas pola vellez son a pel, os sentidos e o sistema nervioso.

  40. manuel_alvarez.sau di:

    É impresionante que mediante os osos se poida saber ata que punto estan os molares. Ademais eu penso que nunha persoa tamben é importante, ademais do aspecto fisiolóxico, os xenes de cada un, xa que podes aparentar mais ou menos idade.

  41. rafael_arjones.sau di:

    A apariencia non é sempre un metodo adecuado para saber a idade con esactitude porque pode haber cambios na apariencia mediante a ciruxía