CAIXÓN DESASTRE

Un grupo de científicos desenvolveu unha rede de observación que permite precisar a cantidade de CO2 absorvida polo océano, pois é capaz de capturar e almacenar gran parte deste gas, aínda que a súa capacidade é limitada. Os resultados permitirán identificar as principais rexións mariñas que actúan de sumidoiros de carbono e revelan que a cantidade de CO2 varía cada ano e é sensible aos cambios de climáticos.

imagen

O método permite medir de forma precisa a cantidade de carbono que difunde da atmosfera cara ao océano e ademais permite saber que medidas se deben tomar para paliar o incremento de CO2 na atmósfera.O océano captura e almacena gran parte do CO2 xerado pola actividade humana, mitigando desta maneira os efectos do cambio climático; mais a capacidade non é ilimitada e ata o momento non era posible estimala con precisión.  Algúns científicos alertaron que o descenso na captación de CO2 por parte do océano pode ocorrer a medida que o cambio climático sexa máis pronunciado o que provocará una maior acumulación de CO2 na atmosfera, incrementando o efecto invernadoiro.

Os humanos emiten cada ano unas 8,5 gigatoneladas de CO2 debidas ao uso de combustibles fósiles e á producción cementeira. A nivel global, o océano capta de forma neta máis CO2 do que emite.

imagen

Autor: Carlos Trigo

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

42 Responses to CAIXÓN DESASTRE

  1. rubenlois.aso.1a di:

    Que o oéano capte máis CO2 do que produce é algo negativo para a vida animal, e vexetal mariña. Outros perxudicados por esta causa somos os humanos, xa que se os animais estás en mal estado poden producir enfermidades, e se morren é peor.
    Como poderíamos contribuír a que isto non sucedese?

  2. adrian.aso.1a di:

    Descoñecía que emitísemos tanta cantidade de C02 algo que é moi perxudicial para todas as especies que ó habitan.
    Penso que non nos damos de conta do que estamos a facer inconsientemente e debemos poñer solución xa.

  3. raquel.aso.1b di:

    Realmente chamatiba esa cifra tan elevada da emisión de CO2 que emitimos os humanos.
    A superficie do océano absorbe na actualidade aproximadamente unha cuarta parte do CO2 emitido á atmosfera procedente de actividades humanas, concretamente a combustión dos combustibles fósiles, a deforestación e a produción de cemento. Ó disolverse este CO2 na auga do mar, fórmase ácido carbónico, que eleva a acidez do océano que é realmente perxudicial tanto para a vida mariña como para a humana.

  4. ruben.aso.1a di:

    Segundo me informei os océanos absorben o 25 % das emisións de CO2 que producen as persoas.
    Esta capacidades de absorver CO2 dos océanos esta chegando ó seu límite xa que leva moitos anos aproximadamente dende a Revolución Industrial absorbendo CO2. O CO2 produce que suba o PH da auga , é decir , súbelle a acidez a auga.

  5. paula.aso.1b di:

    As emisións do dióxido de carbono pola queima de combustibles fósiles, desencadean un progresivo aumento nos seus niveis. O ser absorbido polo océano, este gas convirtese nun ácido e a medida que as emisións aumentan, a concentración de ácido no océano faise maior, xerando un fenómeno que se coñece como acidificación oceánica, que afecta a numerosas especies mariñas.

  6. alicia.aso.1b di:

    Non sabia que o mar poidese recoller tanto CO2.
    Como dixo Rubén, esto fará que moitos dos animais e vexetais mariños contraigan enfermidades, e como consecuencia, a maioria dos animais terrestres que se alimenten deles tamén as contraerán.
    O peor de todo e que esto segue sen ter unha solución, seguimos sen estar o suficientemente concienzados para parar esto.

  7. laura.aso.1a di:

    O oceáno está contribuindo, dalgunha forma a ralentizar o cambio climático grazas a que absorve parte do CO2 que emitimos, pero todo isto ten un límite e unhas consecuencias que poden ser perxudiciais, ata o de agora non sabemos hasta que punto chega o límite pero o que si está claro é que se o oceáno segue absorvendo CO2 esto afectaría a vida mariña.

  8. victor di:

    Os comentarios 1 e 2 son bastante desacertados (por que?).
    Tampouco me parece axeitado o termo “enfermidades” que utiliza Alicia. Póñede algún exemplo de como afecta concretamente aos seres vivos a acidificación do océano.
    E por certo; a onde vai o CO2 que absorbe o océano?

  9. ruben.aso.1a di:

    O CO2 afectalle ós cetáceos xa que estes necesitan carbonato calcico para facer as súas conchas. O CO2 disolvese coa auga do océano formando ácido carbónico, este ácido é corrosivo para as cunchas dos cetáceos e estes cétaceos morrerán e afectaralle a cadea alimentaria.

  10. ruben.aso.1a di:

    O CO2 do océano queda disolto no océano e non vai a ningún lado , queda disolto formando ácido carbónico.

  11. raquel.aso.1b di:

    A alta concentración na atmosfera de bióxido de carbono derivado das actividades humanas , ademais de quentamento global , fan que os océanos o absorban e a química da auga do mar está cambiando e gradualmente podríanse transformar os ecosistemas do océano. A composición química do océano cambia ó absorber a superficie do mar o CO2 xerado polos humanos.

  12. angel.aso.1a di:

    A acidificación do océano afectará aos animais que forman a súa corteza de calcio carbonatado.
    Esta adificación podería reducir estos químicos ,o que fai máis difícil para os animais secretar as súas cubertas, e incluso en concetracións moi altas podería disolver as caracolas.

  13. paula.aso.1b di:

    Este problema está provocando un 30 % menos de especies, como corales, moluscos ou estreas de mar, e podia ter tamén consecuencias negativas para outras especies xa que, tanto peixes como baleas alimentanse de criaturas moi pequenas que estan desaparecendo, ademais de aves que teñen una dieta mariña, e que ven afectada a sua cadea alimenticia.

  14. andrea.aso.1a di:

    Os océanos absorben o dióxido de carbono transformando unha pequena fración en ácido carbónico, o que se traduce nun aumento da acidez do mar (un 30% nos últimos 150 anos), que provocaría unha disolución parcial dos arrecifes coralinos formados por caliza, amenazando a sua supervivencia a largo plazo.

    Cada día, os océanos absorben 30 millóns de toneladas de dióxido de carbono, aumentando gradual e inevitablemente a súa acidez e deixando menos carbonato de calcio na auga para que corales e outras especies, como o fitoplancton, crezan ou manteñan os seus esqueletos.

  15. marcelina.aso.1a di:

    A acidificación do oceáno afecta ós seres vivos de tal xeito que os corais poderían desaparecer a finais de século e afectaría gravemente ós organismos que usan calcio como moluscos e mariscos.Tamén afecta ao fitoplancton e ao zooplancton mariño que é o alimento de moitos peixes e esto traería consigo problemas para éstes de superviviencia e reprodución.
    O CO2 absorbido é levado á profundidade polas augas frías dos polos despois cando esas augas chegan a zonas cálidas volven á atmosfera.O CO2 que non é levado ás profundidades fai a fotosíntese, é consumido polos seres vivos e cando estes morren os seus restos van cara á superficie e o CO2 evaporase e volve á atmosfera.

  16. manuel.aso.1a di:

    A acidificación do oceano debido a unhas invetigacións anterios indican que organismos con esqueletos calcáreos tales como os corales ou os moluscos crecen con mais lentitude debido a este proceso.

  17. santibras.aso.1a di:

    O CO2 no océano faille dano os animais pero as plantas non porque o necesitan.

  18. sabina.aso.1a di:

    En primeiro lugar gustaríame responder ás preguntas plantexadas por Víctor:o CO2 que é absorbido polos océanos vai dar principalmente ao fondo oceánico, onde o carbono se atopa como carbonato disolto e como ions de idrato de carbono.En ocasións este dióxido de carbono absorbido polos océanos pode tamén acumularse nos sedimentos que constitúen o fondo mariño en forma de carbonato cálcico.
    A crecente acidificación dos océanos afecta principalmente aos organismos calcáreos,como ben dixo Manuel,pero tamén pode afectar á fisioloxía e á reproducción dos seres vivos acuáticos, e incluso r aos recursos alimentarios.
    Para min, a información que se dá neste post paréceme alentadora en certo modo, xa que si lográsemos diminuír notablemente as emisións dende a superficie, e gracias á axuda dos oceános poderíamos chegar a unha situacion estable con respecto ó cambio climático.Pero se non poñemos un pouco da nosa parte por diminuír ditas emisións a situación vaise poñer moi cruda tanto en superficie como no fondo dos océanos.

  19. santigonzalez.aso.1a di:

    Si a temperatura do mar aumenta por causa do cambio climático, produciría un cambio de presión do CO2 na atmosfera con respecto ó da superficie da auga, esto disminúiría a concentración de CO2 na auga e pasaría a aumentar a concentración do CO2 na atmosfera a cal produciría máis efecto invernadoiro e aumentaría máis a temperatura en menos tempo. Esto debería terse moi en conta nos cumios como o de Copenhage e tomar unha decisión para disminuir as emisións de CO2 xa.

  20. alicia.aso.1b di:

    A acidificación do océano afectará moito máis ós animais mariños que forman a súa corteza de calcio carbonato e doutras partes duras de substancias químicas, xa que a acidificación podería recidur a cantidade destos químicos e ós animais serialles máis dificil crear as súas cubertas, e nun futuro, se esto seguise así, incluso poderia disolver as caracolas.

  21. laura.aso.1a di:

    O CO2 absorvido reacciona cos ións da carbonato e convirtese en ácido carbónico, se a auga que contén ese ácido está na superficie, ese CO2 vai, pouco a pouco volvendo á atmosfera, se polo contrario esa auga non se encontra na superficie ese CO2 pode permaneceralmacenado máis de mil anos.

  22. melania.aso.2a di:

    Un bo comezo para coñecer máis o noso océano!
    Este intercambio de CO2 co medio encóntrase dentro do que se coñece como o ciclo do carbono.
    Os seres vivos que poblan o océano están acostumados a vivir nunhas condicións determinadas, que fan que eses seres se desenvolvan correctamente. Se a acidez do océano varía, algunhas das especies non soportarían o cambio e poderían morrer.
    O CO2 que absorbe o océano, certa parte é absorvida por algas no proceso de respiración e bacterias e outra parte está en disolución.

  23. juanjose.aso.1a di:

    O CO2 é absorbido polo fitoplacto mediante a fotosíntese. Cando estos organismos morren, afúndese cara as profundidades do océano, depositándose alí todo o CO2.

  24. victor di:

    Comentario 9; que son os cetáceos?

  25. juanjose.aso.1a di:

    Creo que ningún de nos decatouse de ese error comentido por Ruben. Os cetáceos non teñen concha dado que os cetáceos son mamíferos como o delfín e as baleas. Os animais que quere designar son os moluscos, que como ben dixo necesitan carbonato calcio para poder formar a súa concha.

  26. angel.aso.1a di:

    Os cetaceos son un grupo de mamíferos, ao grupo que lle afecta é ao dos organismos calcáreos(cocolitofóridos,corais,foraminíferos, equinodermos,crustaceos e moluscos)

  27. isaac di:

    Eu daríalle a volta a cuestión que propón esta entrada. Que ocorrería se o oceano non absorbera ese CO2?

  28. laura.aso.1a di:

    Se o oceáno non absorvese parte do CO2, como fixo ata o de agora, o cambio climático sería moito máis pronunciado, notaríamos moito máis as suas consecuencias. Acabo de ver nun artigo, que o oceáno está perdendo a súa capacidade de absorción, que diminueu nun 50% no que vai de 1996 a 2005, asique dentro de pouco non podremos contar con que o oceáno nos siga ¨axudando¨a combater o exceso de CO2 na atmosfera.

  29. carlos.aso.1a di:

    Os cetáceos son un orden de mamíferos de vida mariña, como as baleas,delfíns, cachalotes…Teñen extremidades anteriores en forma de aletas, mentres que carecen de extremidades posteriores.Teñen as aberturas nasales no alto da cabeza, tamén teñen pelo, aunque moi vestixial(pouco desarrollado), algún pode vivir a grandes profundidades(2500m)e o cachalote, por exemplo, pode chegar a estar 2 horas debaixo da auga sen respirar.

  30. sara.aso.2a di:

    Laura ten moita razón nun periodo moi curto de tempo a capacidade de absorción do mar do CO2 baixou moi notablemente, dato que deve preocupar moito xa que ata agora esa absorción por parte do mar axudaba a que o cambio climático fose máis suave e que a súa velocidade foise un pouco máis lenta.

  31. ivanabal.aso.1a di:

    Os cetaceos son mamiferos que se caracterizan por vivir na auga. Dependendo da especie de cetaceo pode aguantar mais ou menos debaixo da auga, pero de media entre 30 e 40 minutos. Dormen flotando na auga ou sumerxidos na auga a pouca profundida salindo cada pouco tempo a respirar de maneira totalmente automatica.

  32. victor di:

    A cuestión importante deste post e que o océano ao captar CO2 da atmosfera reduce a cantidade gaseosa deste e polo tanto diminúe o efecto invernadoiro.
    Como ben di Isaac se o océano captase menos CO2, este quedaría na atmosfera incrementándose o efecto invernadoiro. Por esta razón o océano xoga un importante papel no quetamento global.
    Que ocorre cando a temperatura do océano aumenta (como está a ocorrer), captará máis ou menos CO2?

  33. ruben.aso.1b di:

    Eu creo que é casi imposible que nós poidamos contribuir a reducir as emisión de CO2, porque a gran maioría da xente pasa do tema e non lle presta a importancia que se merece.

  34. victor di:

    A cuestión de importancia Rubén, non é como ves á xente, senón se ti estarías disposto a facer todo o posible por loitar contra este problema.

  35. andrea.aso.1a di:

    Si o océano ao captar o CO2 diminúe o efecto invernadoiro,penso que si aumenta a temperatura do océano captara menos CO2 e como esta pasando na actualidade o efecto invernadoiro aumenta.

  36. raqueltrigo.aso.1b di:

    Según os cálculos dos especialistas os océanos absorveron durante os ultimos 200 anos 118.000 millon de toneladas metricass de CO2.Isto supon unha terceira parte do seu potencial a longo prazo.
    O CO2 é un acido moi forte e esta afectando o pH da superficie do mar e esta semdo garvemente afectado.
    De seguir coa emisión actual de CO2 poderiase chegar a una niveis mínimos de pH que resultarian altamente perigosos.
    Se atemperatura do mar aumenta capturaria menos CO2,nalguns sitios como alemaña queren fertilizar o mar cunha especie de placton para que ese placton axude a absorber máis CO2posto que na súa fotosintese utiliazao moito.

  37. alexandre.aso.1b di:

    Según teño leído se a temperatura sigue en aumento nos océanos, estes captarán menos CO2, xa que o océano funciona coma unha especie de receptáculo xigantesco de CO2 e a auga salada do océano fai que o gas se disolva no sal, nos últimos anos descenderon os niveis de absorción dos océanos, algúns científicos afirman que e debido o aumento das temperaturas e eso fai que a auga perda salinidade, pero non o confirman en informes xa que non esta completamente seguros.

  38. victor di:

    Ben apuntado nestes tres últimos comentarios. O océano é un sumidoiro de CO2, axudando a que non se acumule en tanta cantidade na atmosfera. De aumentar o temperatura oceánica, o gases en xeral (tamén o CO2) difundirán con máis dificultade no océano aumentando o efcto invernadoiro que, a súa vez, aumentará a temperatura oceánica.
    E outra cousa: que é o pH? , que relación hai entre pH e acidez?

  39. juanjose.aso.1a di:

    Canto máis sube a temperatura, menos poder de absorción teñen os océanos, aumentando o efecto invernadoiro. Un claro exemplo de este problema é o océano Antártico. O océano Antártico está considerado o maior filtro da Terra, xa que absorvía máis do 15% destos gases. Según un estudio internacional, o océano Antártico perdeu entre o 5% eo 30% da súa capacidade de absorción. O aumento da temperatura fai que o océano Antártico quede completamente saturado.

  40. andrea.aso.1a di:

    O pH é unha medida da acidez ou alcalinidad de unha solución.O pH indica a concentración de iones hidronio [H3O+] presentes en determinadas susbtancias.
    A acidez dunha susbtancia é o grado no que é ácida.A escala máis común para cuantificar a acidez ou a basicidade é o pH, que só é aplicable para disolucións acuosas.

  41. carolina.aso.1b di:

    Incrible,que o oceano sexa capaz de absorver mais cantidade de CO2 da que emite,pero parece ser que por mopito que absorva o oceano o ser humano segue dañando o medio perxudicandoo cada vez mais,creo que deberiamos de concienciarnos neste aspecto, e mindo o futuro seria unha boa maneira de facelo.

  42. manuel.aso.1a di:

    O pH determina moitas características notables da estructura e actividade das biomacromoléculas e, polo tanto, do comportamento de células e organismos.