CHEGOU PARA QUEDARSE

imagen

 

Os países en vías de desenvolvemento son máis vulnerables ca os ricos fronte aos cambios do clima e están máis expostos a fenómenos climáticos severos, como inundacións, sequías e tormentas. Prevese que o cambio climático xerado polas actividades humanas aumente a variabilidade climática e teña un impacto negativo na productividade agrícola das rexións tropicais e subtropicais, reducindo aínda máis a cantidade e a calidade da auga na maioría das rexións áridas e semiáridas, aumentando a incidencia da malaria, o dengue e outras enfermidades e  tamén pode degradar os sistemas ecolóxicos e reducir  a súa  biodiversidade.

Ademáis o aumento do nivel do mar, a causa da alza esperada nas temperaturas, podería provocar o desprazamento de deceas de millóns de personas que viven en zonas baixas, como os deltas dos ríos Ganges e Nilo, e poñer así en perigo a propia existencia dos pequenos estados insulares.

O nivel de acidez das aguas dos mares subíu como consecuencia do aumento do CO2 atmosférico, o que se observa claramente no Océano Antártico e no do Polo Sur,  poñendo en risco a cadea alimentaria, os arrecifes coralinos  e as comunidades costeiras que dependen do mar para o seu  sustento.


Autor: Manuel Otero

 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , , , , , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to CHEGOU PARA QUEDARSE

  1. victor di:

    AVISO: NOVO FORO ABERTO

  2. belinda.aso.1a di:

    A malaria é un problema que afecta a máis de 100 países os cales aumentan debido ó aumento das temperaturas que proboca o cambio climático.
    Cada minuto, de 3 a 5 nenos morren de malaria. Entre 300 e 500 millóns de persoas enferman de malaria o ano. Pero os países ricos non recoñecen esta enfermidade como unha catástrofe de saúde pública, como por exemplo o sida ou o ebola.
    A malaria transmítese pola picadura de mosquitos infectados con plasmodium. As femias son as responsables da transmisión da enfermidade.
    Cando un mosquito pica a unha persoa que está infectada, os parásitos multiplícanse no seu tubo dixestivo, e desarrollanse nas glándulas salibares. Despois o mosquito transmite o plasmodium a outra persoa, primeiro o plasmodium coloniza o fígado pada despois invadir os glóbulos roxos, e provoca debilidade nas persoas podendo chegar a morrer.

  3. laura.aso.1a di:

    Pareceme terrible, que os países pobres ou en vías de desenvolvemento sexan os primeiros en sufrir tan graves consecuencias a causa do cambio climático provocado principalmente por os países desenvolvidos.
    Nesta entrada sorprendeume a mención a acidez do mar, non oira falar nada sobre iso antes, é algo preocupante xa que os oceános absorben parte de CO2, o que quere decir que as augas dos oceános sufren un incremeto de CO2 na súa composición. Se a acidez dos oceános segue aumentando a este ritmo (o maior nivel de CO2 rexistrado nos pasados 500.000 anos) provocaría unha extinción masiva da vida mariña.
    Este tema tamen foi tratado na cumbre de Copenhague.

  4. sabina.aso.1a di:

    Neste post temos outro exemplo claro dos devastadores cambios e desarreglos que produce o cámbio climático,pero como ben di o post non so os países desenvolvidos, como é o caso do noso, se ven afectados por ditos cambios, senón que os países pobres tamén os sofren, feito que me parece totalmente inxusto dado que son os que menos CO2 emiten á atmosfera pero sen envargo son os que peor o pasan co cambio climático.Para diminuír o impacto que pode ter o novo clima neses países, penso que os gobernos dos países desenvolvidos terían que tomar cartas no asunto e axudar tanto economicamente como intelectualmente(informando do que verdadeiramente representa o cambio climático) a eses pobres habitantes que verdadeiramente non teñen culpa algunha dos sucesos que están a sufrir e que pouco a pouco os irá arrinconando na máis infinita miseria.

  5. marcelina.aso.1a di:

    Estou de acordo con laura no de que os máis necesitados e os menos protexidos sexan os primeiros en sufrir as consecuencias do cambio climático que causamos os países desenvolvidos.
    Tamén como sempre que se fala de destes temas de cambio climático por desgracia hai que falar de extinción da biodiversidade,risco de enfermidades,etc. E por outra banda os gobernos,que na recente cumbre de copenhague, non chegaron a ningunha solución.

  6. raqueltrigo.aso.1b di:

    Preceme moi inxusto que os paises en vias de desenvolvemento teñan que pagar os cambios climaticos producidos polos paises desenvolvidos que son os que os producen é son os que teñen un porcentaxe de contaminación maior.Neste caso estan pagando xustos por pecadores.
    Dado que os paises en vias de desenvolvemento viven do mar e da terra e son os factores máis afectados polo cambio climatico non terian de que vivir e iso produciria un aumento na taxa de mortalidade.

  7. raquel.aso.1b di:

    Sempre me chamou moito a atención este tema xa que coma sempre pagan xustos por pecadores. Penso que sendo os países máis desenvolvidos os maiores causantes do cambio climático non debería de pagalo os países máis pobres onde por desgracia ocorren todas as catastrofes naturais. Sen ir máis lonxe onte producíuse un terremoto en Haití que provocou a morte e desaparición de centos de persoas. Según os expertos dito terremoto foi equivalente a 200.000 kilos de dinamita o que resulta realmente impactante e escalofriante.

  8. ruben.aso.1a di:

    Os países máis pobres son os que máis danos sofren polo cambio climático xa que estes son moito máis vulnerables que os países desenvolvidos, creo eu .
    O aumento do mar é un factor determinante para a xente destes países xa que moita poboación vive cerca dos mares, e ríos e terían que desprazarse a outros lugares do interior.
    Con respecto a ácidez do mar se sube moito máis o CO2 ,todas as especies que viven no mar chegarán a desaparecer.

  9. ero.aso.1b di:

    Todos os paises están a sufrir as consecuencias do cambio climático; primeiro as consecuencias nótanse nos mais pobres xa que son os que mais dependen do sector primario de produción. E sofren esas sequias, e inundacións con consecuencias mais nefastas xa que afectan á sua base económica de cheo. En cambio os paises mais desenvolvidos económicamente non sofrimos tan gravemente estas consecuencias, non sendo por un lixeiro aumento de prezos que raro sería non poder subsanar por unha familia media.

  10. ero.aso.1b di:

    En canto as consecuencias medioambientais; incrementarase a desertificación nas zonas tropicais e aumentarán as inundacións, isto último en plano xeral, asi como as tormentas e fenómenos atmosféricos como vendavais ou ciclóns. Subirá as temperaturas, tal e como se di aqui, e subirá o nivel do mar.

  11. sara.aso.2a di:

    A verdade é que unha pena, ademais de ser os paises con menos recursos o peor tócalles a eles.Ademais de non teren os suficientes medios sanitarios esta xente vai a quedar sen practicamente o seu único recurso de vida o mar, xa que se vera afectado gravemente.
    E o peor é que non se da atopado unha solución, de feito como xa se sabe na cumbre de Copenhague pouco de fixo para atopar solucións a este problema tan grave, o cambio climático.

  12. andrea.aso.1a di:

    É moi triste ver como estos paises con poucos recursos son os maiores afectados polo cambio climático, e como son paises con poucos recursos de todo tipo non poden facer moito por luchar contra ese problema.
    Por “cambio climático” enténdese un cambio de clima atribuido directa ou indirectamente a actividade humana que altera a composición da atmósfera mundial e que se suma a variabilidade natural do clima observada durante periodos de tempo comparables.

  13. paula.aso.1b di:

    É moi inxusto que os países máis afectados polo cambio climático sexan os países menos desenvolvidos.
    Non só porque non dispoñan dunha economía que poida tratar medianamente ben este tipo de catástrofes, senon porque 50 dos países máis pobres do mundo, aportaron menos do dous por cento dos gases máis contaminates. E que os que menos contaminan, sexan os máis afectados polo cambio climántico, é unha gran pena.

  14. santibras.aso.1a di:

    Os países menos desenvolvidos moitas veces teñen que pagar por cousas que non fan, e isto é unha inxustiza.
    O estar menos desenvolvidos teñen menos avances como para frear estas catastrofes ”naturais”.

  15. roberto.aso.1a di:

    É un claro ejemplo da inxusta desproporcion que hai entre as consecuencias do cambio climatico nun pais pouco desenvolvido coas súas emisións.
    Como xa se dixo noutros posts o minimo que teñen que facer os paises con máis emisiós seria ofrecer axuda a estes paises que van a sufrir máis o cambio climatico.Axuda economica nalguns casos e noutras un compromiso de acollida como ten Nova Zelanda para os habitantes de illas como as do Pacifico que quedaran soterradas baixo o oceano cando suba o nivel do mar.

  16. jose.aso.1b di:

    Dende o meu punto de vista creo que agora nós, non nos podemos queixar do cambio climático, xa que os verdadeiros culpables destes cambios climáticos somos nos mesmos e maioritariamente os dos paises máis desenvolvidos, estas consecuencias agora vanas a pagar e xa as estan pagando os que menos culpa tiveron, que son os dos países menos desenvolvidos, por iso nunca e tarde para concienciarnos que debemos de contaminar o menos posible polo noso ben e polo dos demais.

  17. vanesa.aso.1b di:

    Ante isto soamente hai que dicir que ,como se ten dito noutros posts, os países pobres son os que máis o sofren e que tarde ou temperán nós tamén o sufriremos e afectaranos tanto ou igual pois o noso país tamén ten costa e illas e tamén pode,ao subir o nivel do mar ,pasarlle o mesmo .
    O que sí que hai que facer é ofrecerlle axuda a eses países que o necesitan por deficiencias económicas.

  18. ruben.aso.1a di:

    As ondas de calor e sequías provocaran moitos efectos negativos , un deles e na agricultura. Os alimentos non se poderán cultivar por mor da calor excesiva e da falta de auga, haberá escaseza deles e polo tanto o seu prezo incrementarase. Un caso claro deste proceso esta empezando a suceder en México onde moita xente pobre está morrendo a causa disto.

  19. leticia.aso.1a di:

    Este post mostranos claramente o mal que podemos chegar a facer cos nosos actos. Dende logo o refrán “pagan xustos por pecadores” cumprese ao pé da letra! É incrible que os afectados sexan precisamente os que menos emisións de CO2 envían a atmosfera, e que os países desenvolvidos, como é o caso do noso, que son os que realmente contaminamos, non se inmuten ante este tipo de feitos e non fagan nada para remedialo! Definitivamente todos estamos sendo uns irresponsables ao non intentar facer nada por acabar difinitivamente co cambio climático.

  20. alicia.aso.1b di:

    Coma de costume, os que menos contribuiron ó cambio climático, serán os que teñan que pagar as consecuencias.
    E ainda por riba os paises que están causando isto seguen sen darse conta , ou non queren darse conta, da gravidade do asunto.
    Ademáis os paises desenrolados, que son os que teñen o poder para cambiar isto, non fan nada para remedialo, mentres que os paises subdesenrolados teñen que seguir soportando todas estas catastrofes naturais sen poder facer nada.

  21. adrian.aso.1a di:

    Pagan xustos por pecadores, xa que estes países son os que primeiro que estan a notar as consecuencias do cambio climático, e pouco poden facer para remedialo xa que quen o ten que facer que son os países ricos, entre eles o noso, quen teñen que intentar solucionar este problema que cada vez e maior e afecta de moitos xeitos, xa sexa en enfermidades,na agricultura, no mar, no clima etc.

  22. isaac di:

    É certo que os países pobres son os primeiros en pagar os efectos do cambio climático, ademais sen ser responsables do mesmo, pero máis pronto que tarde as consecuencias nos chegarán aos países ricos, por exemplo desde xa con crecentes oleadas de inmigrantes.

    Paréceme axeitado o exemplo da malaria, enfermidade que na práctica só afecta a países pobres. Por que? Pode o cambio climático afectar a distribución xeográfica desta enfermidade?

  23. raqueltrigo.aso.1b di:

    Nos paises desenvolvidos hai os recursos suficentes par poder ter unha boa hixiene e unha alta proprción de vacinas contra moitas enfemidades, e nos paises non desenvolvidos hai unha grande carencia deles.

  24. maria.aso.1a di:

    Porque a malaria desenvolves principalmente en paises da zona tropical e subtropicais, e estas franxas “casualmente” coinciden cos paises máis pobres; ademais o mosquito anofeles encargado de transmitila ten que habitar ambientes humidos e pantanosos; que obviamente son máis faciles de atopar na India ou en Kenya que na 5ª avenida…

  25. laura.aso.1a di:

    Os últimos estudios din que nos últimos 50 anos produceuse un aumento de medio grado na temperatura, o que pode haber feito que se s duplicase o número de mosquitos portadores de malaria.

  26. rubenlois.aso.1a di:

    A malaria pode afectar soamente aos países pobres debido a que non teñen os suficientes avances na medicina nacesarios e tamén porque, como ben dixo Maria, os países pobres son países tropicais ou subtropicais,polo que se dan as condicións adecuadas para o seu desenvolvemento como animais.
    Outro dos motivos polos que é máis perxudicial nestes países pode ser debido á escaseza de auga, e polo tanto unha escasa hidratación.

  27. raquel.aso.1b di:

    Penso que o cambio climático si que pode afectar a distribución xeográfica da malaria porque este cambio produce o quentamento global e como xa dixeron os meus compañeiros a malaria desenvolvese na zona tropical e subtropical, nas cales fai máis calor e que á vez son climas humidos onde se atopa un maior número de mosquitos.

  28. andrea.aso.1a di:

    A malaria é unha enfermidade producida por protozoos que se transmite pola picadura do mosquito Anopheles (femia) infectado.
    É a enfermidade parasitaria máis importante do ser humano,na miña opinión só se poderia desenvolver en paises pobres, ou como dixeron os meus compañeiros en paises tropicais ou subtropicais,ainda que o quentamento global poderia influir moito.

  29. marcelina.aso.1a di:

    Penso que si que pode chegar pero a nós por exemplo creo que tería que pasar bastante tempo xa que esa enfermidade propágase nos países de clima tropical ou subtropical e nós temos un clima oceánico e o cambio de clima levaría o seu tempo. Pero si chegase non nos afectaría tanto como aos dos países pobres xa que temos uns avances médicos e técnicos moi superiores.

  30. juanjose.aso.1a di:

    A malaria distribúese pola zonas cercanas á zona tropical. Este cambio climático pode estar alterando esa zona tropical e facendo que abarque máis extensión do que lle corresponde e así a malaria pode desenvolverse noutros lugares.

  31. maria.aso.1a di:

    Estou de acordo co que di Juan; pero ainda que se estendese..ata Europa, por poñer un supoñen non chegaria a ser algo tan devastador coma pode selo noutos paises que carecen de tratamentos…

  32. isaac di:

    Ben contestado por María, a zona de afectación da malaria está asociada a distribución xeográfica do mosquito anófeles, arredor da franxa tropical, onde se concentra a maior parte dos países pobres. Nos últimos anos hai investigadores que afirman que a área de distribución do anófeles está desprazándose a latitudes máis altas a consecuencia do cambio climático. Esta circunstancia pode afectar do mesmo xeito a outras enfermidades que incluímos actualmente no grupo das tropicais.

    Credes que está circunstancia da localización da enfermidade está relacionada co feito de que aínda non se conte con unha vacina efectiva contra esta enfermidade? Inverten moitos cartos as empresas farmacéuticas nesta liña de investigación?

  33. laura.aso.1a di:

    Claro que ten que ver con que aínda non se atopase unha vacina efectiva contra esta enfermidade, se no caso de que se logras unha vacina efectiva e se puidese suministrar a estos países, o porcentaxe das mortes por esta enfermidade reduciríase notablemente.
    Na miña opinión as empresas farmacéuticas non están intersadas na investigación dest vacina, xa que non van obter un beneficio económico dado que os países afectados por esta enfermidade son pobres e non teñen o suficiente diñeiro para compralas.

  34. raquel.aso.1b di:

    Por suposto que a localización desta enfermidade está relacionada con que a día de hoxe non se atopase unha vacina efectiva contra dita enfermidade. Se se atopara una vacina que tivera algún efecto, por moi pequeno que fose, contra a malaria e os países máis ricos axudasen ós máis pobres que desgraciadamente sofren esta enfermidade, lograrían que se reducisen moito as mortes.
    Por outra banda penso que as empresas farmacéuticas non inverten os cartos necesarios para a enfermidade, xa que, non lles é rentable económicamente porque á maioría dos países que sofren a enfermidade son pobres, e tampocou reciben moita axuda doutros países que teñen máis nivel económico.

  35. andrea.aso.1a di:

    Loxicamente a localización desta enfermidade ten que ver con que non se atope unha vacina contra esta enfermidade,respecto as empresas farmacéuticas penso que non se molestan demasiado polo asunto, xa que sairian perdendo poque lamentablemente os paises que sofren estas enfermidades son pobres,posiblemente con axuda doutros paises con máis economia sairíalles moito máis rentable levar a cabo o proxecto e así poder salvar moitos menbros da tribo.

  36. juanjose.aso.1a di:

    Eu creo que as empresas farmacéuticas non invirten o que se debería destinar para investigar sobre a malaria dado que onde máis afecta son nos países Tercer Mundistas, que ao non ter cartos non ven un negocio que se poida manter.