A GRIPE CHEGA AOS YANOMAMI

os yanomami

Tamén os “yanomami“, pobo indíxena amazónico formado por uns 32.000 habitantes, estanse a ver afectados pola gripe A. Isto dedúcese dun informe elaborado pola organización  Suvirval Internacional e dado o perigo que supón esta epidemia, ponse en alerta ao goberno de Venezuela o cal mandou illar a zona e enviar médicos para atender aos “yanomami”.

Hai 20 anos que este pobo indíxena  sufríu a morte de moitos habitantes a causa da malaria e a gripe común transmitida polos mineiros que explotaba as riquezas minerais da Amazonia. Cando nos anos 80 os mineiros invadiran as  terras yanomami en busca de ouro, algunhas personalidades públicas, coma Sting, reclamáranlle ao Goberno Brasileño que defenderan os seus dereitos.

Nas últimas semanas levan mortos 7 yanomami y centos deles poden estar contaxiados pola gripe A. Os yanomami non posúen ningunha nacionalidade polo que se plantexa a incertidume de como deberían actuar, neste caso,  Venezuela e Brasil. Deben facilitarlle os medios sanitarios necesarios para loitar contra a gripe ou pola contra deben deixalos vivir libres e independentes como é a seu costume?


Autora: Laura Rodil

Esta entrada foi publicada en Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

39 Responses to A GRIPE CHEGA AOS YANOMAMI

  1. raquel.aso.1b di:

    A gripe estase estendendo por todo o mundo ata o punto de contaxiar a persoas que viven aisladas dos grandes núcleos de poboación onde é moito máis sinxelo contaxiarse. Penso que tanto Brasil coma Venezuela teñen que poñer algo da súa parte é facilitarlle a esta xente medicamentos e non esperar a que se produzan máis mortes.

  2. alexandre.aso.1b di:

    Bueno a verdade choca un pouco que un pobo que apenas se desenvolve, (que non quere decir que non obteñan a felicidade), estean a pagar os nosos malos actos, creo que todos os países veciños deverían actuar e poñer fin con esto, porque como seguramente verán moitos esto de momento non nos afecta pero creo que esta visión preocuparnos solo cando nos conven sería mellor apartala, xa que todo o que suceda nos involucra directa ou indirectamente.
    Espero que tomen medidas de forma conxunta xa que o final todos procedemos do mismo, e o da nacionalidade e meramente un rasgo de distinción, e se poñan en marcha as suficientes medidas de sanidade.

  3. ero.aso.1b di:

    Respondendo á pregunta plantexada, considero que a solución mais acertada sería informar ós “Yanomami” de que están en contacto cun virus que os pode levar á morte, e decirlle que se dispoñen dos medios necesarios para remediar este problema, e que se lle ofrecen no caso de que asi sexa.
    E a partir de ahí respetar a súa bontade, xa que teñen dereito a tomar libremente as decisións que eles consideren apropiadas, xa que son seres humanos ó igual que nós.
    Non considero apropiada a decisión de suministrarlle a medicación sin o seu consentimento ou en contra da súa bontade xa que isto sería algo parecido a tratalos como animais ou ignorantes.

  4. raqueltrigo.aso.1b di:

    Nestas zonas menos desenvolvidas non hai medios suficentes para para poder obter as mediciñas para poder curar estes pobos indixenas nin as comunicacións suficientes para poder telos informados e comunicados co resto dos pobos e paises.
    Antes de nada teñense que aclarar quen lles ten que aportar as mediciñas porque para nada,lles teñen que deixar vivir sen axuda porque se non extinguirianse todos estes pobos indixenas.

  5. rubenlois.aso.1a di:

    Na miña opinión, o peor que pode suceder é que estas enfermidades lle afecten a persoas que teñen pouco avance na medicina, xa que son máis vulnerables a calquera enfermidade.
    Brasil e Venezuela deben traballar xuntos para o ben desta tribu, xa que ao fin e ao cabo son persoas coma nós, e teñen o mesmo dereito á vida que nós.

  6. angel.aso.1a di:

    A min de todo isto o que máis me sorprende e que un pobo que está aislado a 900km da civilización se contaxie dun virus tan recente, moitos medios deron a posibilidade de que sexa unha cepa máis evolucionada da gripe aviar, outros que foi cousa do goberno, pero fora quen fora o que hay que facer e axudalos sen ter en conta a nacionalidade.

  7. maria.aso.1a di:

    Sería unha p***** se Brasil e Venezuela (e non só eles…tamen as organizacion que se vanaglorian de meter as napias en todo), non quixesen axudar aos yanomami; eles son posiblemente máis vulnerables que nos a ese tipo de epidemias e non teñen anticorpos de ningun tipo…Se durante a colonización a gripe que levaban os españois foi para eles case ou máis mortal que as armas..non quero pensar como podera ser a gripe A.O de non ter nazionalidade é unha parvada, eles son yanomamis e posiblemente leven moito mais tempo vivindo nese recuncho do que leva existindo calquera dos paises que teñen ese “dilema moral”.
    Outra cousa: podenselle levar vacunas(ou o que sexa necesario) deixándoos vivir “libres e independentes como é a seu costume”…hai moitas maneiras de proporcinar axuda..á forza non é productivo..pero tamen se pode axudar respetando o modo de vida de cada quen.

  8. victor di:

    Penso que non debedes esquecer que esta enfermidade foi contaxiada por traballadores dos países sudamericanos e polo tanto estes países deberían ser tamén responsables da súa curación.
    En función do que pasou neste caso que opinión vos merece a seguinte cuestión: o contacto dos yanomami con poboacións máis “desenvolvidas” lles resultará beneficioso ou prexudicial?

  9. maria.aso.1a di:

    Poderiase decir que tanto beneficioso como perxudicial.
    Seria perxudial porque lles transmitimos enfemidades para ele moi perigosas, poruque ao non comprendelos poderíamos terminar por arruinar o seu modo de vida e convertilos en peóns das grandes compañias madereiras.
    Seria beneficioso porque podemos proporcionarlles vacunas para paliar os efectos desa epidemia e porque poderíamos tratar de axudalos a preservar a sua identidade cultural(aínda que dende logo non confinandoos nunha reserva como lles fixeron aoso indos en Noreamerica)

  10. juanjose.aso.1a di:

    Eu creo que pode tan perxudicial como beneficioso.
    Pode ser perxudicial porque, como di María, podemos transmitirlles enfermidades, graves ou non tan graves, pero dado o seu aislamento do mundo e a súa ignorancia frente a estes males, pode provocarlles a morte por moi simple que sea esa enfermidade e ademáis pode ser perxudicial porque os países desenvolvidos poderían aproveitarse de eles e quitarlles as riquezas do seu entorno, como os mineiros que explotaban os recursos da Amazonia.
    Pero este contacto tamén pode ser beneficioso porque poderían aprender moitas cousas dos paises desenvolvidos aparte do que lle poderían aportar os países desenvolvidos a estas tribus.
    Eu creo que este problema debe ser arranxado entre os paises nos que se ubican estes indíxenas antes de que se estenda a máis zonas.

  11. barbara.aso.1b di:

    Na miña opinión é perxudicial xa que si non se mantivera ningún contacto con eles probablemente non terían as enfermidades que nos lles contaxiamos e non necesitarían axuda de ningún país o que tamen resolvería o problema da nacionalidade.

  12. santibras.aso.1a di:

    Para min que en cuestións de sanidade viríalles mellor, devido a que terían cousas que non usan ou non saben acerca deste tema, tamen lle viría mellor en cuestions de avance devido a que sabrían máis cousas acerca de todo e os demais países podíanos axudar.
    Pero como algúns dos meus compañeiros dicen podría ser perxudicial devido a que os recursos que teñen podrían ser explotados ou podrianse transmitir enfermidades que non podrían curar.

  13. victor di:

    Santi fala de que os yanomami poderían recibir diferentes “avances” que lles poderían facilitar a vida. Que tipos de avances lles virían ben?

  14. victor di:

    AVISO: NOVO FORO ABERTO(recordade que ten data de caducidade)

  15. angel.aso.1a di:

    Os yanomami desprázanse continuamente polo curto período da produtividade dos seus cultivos(plátano,ñame,batata,malanga).
    Un avance sería dotalos de cultivos que non os obrigue a moverse cada 2 ou 3 anos.

  16. laura.aso.1a di:

    Por suposto viríalles ben, ter certo avance no campo da mediciña, por exemplo vacunas, ou un grupo de médicos que lles axudase, e lles ensinase primeiros aunxilios.

  17. sabina.aso.1a di:

    Xa era de supoñer que a gripe A afectaría a persoas de diferentes partes do mundo estean ou nos desenvolvidas.Por outra vanda, tamén hai que ter en conta que os habitantes de zonas pouco evolucionadas e ailladas do mundo moderno,como poden ser os yanomami dos que fala o post,non teñen coñecemento do que lles sucede cando teñen a gripe, e polo tanto non poden paliar os seus efectos e rematan morrendo;pero aínda que souberan o que lles está a suceder tampouco poderian conbatilo por falta de medios.
    Na miña opinión, deberiamos axudar máis a os pobos indíxenas que todabía quedan na Terra, aportándolles infraestructuras, avances médicos e tecnolóxicos e sobre todo aportándolles cultura;pero eso si pouco a pouco xa que tantos cambios xuntos os poderían desconcertar e facer que os rexeitasen.

  18. anadia.aso.1b di:

    O coordinador de saúde indíxena da Fundación Nacional de Saúde de Brasil, expresou que no seu país “ estanse a preparar os tratamentos no caso de que membros da comunidade yanomami aparezan con síntomas e intensificou as medidas para previr e controlar unha epidemia de gripe”. E añadeu que “de momento non se habían reportado casos”. As autoridades sanitarias venezolanas dixeron que o brote foi detectado fai unhas tres semanas e desde entonces tomárose precaucións para evitar que se propague. Tanto uns coma outros están dispostos a colaborar e a axudalos sempre que esta sexa a súa vontade.

  19. manuel.aso.1a di:

    Segundo me informei o goberno venezolano xa illou a zona e enviou equipos médicos para que traten os yanomami. O corpo de profesionais duplicouse chegando ata os 100 médicos. Mentres que o ministerio de saude de brasil aínda non ten informacións sobre o contaxio entre os indíxenas que viven no territorio brasileño.

  20. marcelina.aso.1a di:

    Primeiramente decir que o que máis me sorprendeu foi que un pobo que está tan lexos da civilización (900km) chegue a gripe A.
    O que atopei foi que de momento morreron sete persoas, unha muller embarazada e seis bebés dun ano, a gripe complicouse con pneumonía. Un dos médicos relataba a un periódico que estaban analizando a 110 persoas pero que crían que a maioría dos infectados teñen gripe estacional.

  21. rubenlois.aso.1a di:

    Os avances que poidan acadar sobre a medicina serán os avances que máis lles fai falta. Estos avances poderían evitar que non morran indíxenas por enfermidades que agora xa son de pouca importancia porque se poden tratar con facilidade.
    O caso da gripe A é moito máis complicado,xa que morreu moita xente en países con moi bos avances na medicina e en pobos indíxenas pode ter peores resultados.

  22. rubenlois.aso.1a di:

    Penso que o tema da gripe A foi moi alarmante ao comenzo, e agora xa non se lle da moita importancia. É certo que é unha gripe que se contaxia moito máis rápido cás demáis, pero segue a ser unha gripe.
    Estes dous gobernos deberían poñerse dacordo e decidir que cousas pon cada un para o ben da tribu.

  23. raquel.aso.1b di:

    Eu penso que sería beneficioso o contacto con poboacións máis desenvolvidas, xa que estes pobos poderían axudalos dandolles información e mediciñas. Pola contra se non mantivesen contacto non poderían recibir esa información que na maioría dos casos resultaríalles moi útil. Con respecto ós avances que lles virían ben sería de tipo médico, por exemplo vacinas e outro tipo de medicamentos, e tamén de tipo hixiénico, xa que si tivesen mellores condicións hixiénicas probablemente tivesen houbese menos contaxios e mesmo mortes.

  24. raqueltrigo.aso.1b di:

    Eu creo que con respecto os avances sobre todo poderian obter mediciñas,ademais de obter unha mellora na súa hixene,e avances tecnoloxicos para poder explotar mellor a súa materia prima e sopbre todo a súa elaboración e non que estean sometidos(explotados) ós paises ricos.
    Tamén obeterian información dos demais paises e estarian máis comunicados cos restos dos paises.

  25. ruben.aso.1a di:

    O goberno venezolano envioulle a esta tribo certas axudas como : vacunas, mediciñas , equipos médicos.., creo que esta axuda lle vai a valer de moito xa que deixarán de morrer yanomami , e a tribo non desaparecerá.

  26. ruben.aso.1a di:

    Con respecto a gripe A , foi unha situación moi alarmante ó principio polas mortes que causaron , pero agora xa non ten tanta importancia porque xa tomamos as medidas pertinentes . Esta gripe matou a moita xente porque esta xente estaba baixa de defensas , é decir , estaba enferma ou era xente maior.

  27. andrea.aso.1a di:

    Con unha población de 32.000 individuos, os yanomami son un pobo indíxena relativamente aislado máis grande da Amazonia. Viven nunha zona remota da selva, no límite fronterizo entre Venezuela e Brasil e debido a causa do seu aislamiento teñen moi pouca resistencia ante enfermedades introducidas como a gripe.
    Xa se rexistraron epidemias pasadas que afectaron a os yanomami e que demostraron a gran velocidade a que se pode extender a gripe e con qué rapidez pode debilitar un sistema inmune xa de por sí debilitado e causar enfermidades derivadas peligrosas e potencialmente mortales como a neumonía, pos iso necesitarina avances nas mediciñas para poder luchar contra a gripe A ou calquera enfermidade que se lles poda presentar.

  28. roberto.aso.1a di:

    Claro que se lles deberia axudar ainda que non vaya cos seus costumes ,teñenlle que polomenos afrecer axuda sanitaria.En canto a quen teriase que ocupar deles eu penso que nin Venezuela nin Brasil deberian responder unicamente por eles xa que o ser independentes non pertencen directamente a ningun destes paises

  29. adrian.aso.1a di:

    Os países como España envian axuda cando se produce unha catástrofe, xa sexa un terremoto, inundacións etc. e creo que nestes casos tamén se debería facer, pero o que vexo máis difícil é que os yanomami acepten estas axudas xa que a súa cultura e moi diferente e probablemnte teñen medo e duden da eficacia das menciñas e doutro tipo de axuda.

  30. veronica.aso.1a di:

    Os avances que lles virían ben está claro que deberían ser sobre todo avances sanitarios. E tanto Brasil como Venezuela son os que deben proporcionarlle estos avances.
    Outros avances que se lles poderían proporcionar serían de tipo tecnolóxico; aínda que non sei si os yanomami lles interesarían moito algunhas das aportacións que lles pudiésemos ofrecer xa que eles teñen os seus propios costumes e a súa forma de vida.

  31. isaac di:

    Se falamos de poboacións indíxenas tanto en Sudamérica como no resto do mundo, non credes que a gripe A pode ser un problema menor comparado con outros que lles afectan desde hai máis tempo?

  32. raqueltrigo.aso.1b di:

    A verdade é que si é un problema menor máis que nada porque levan sufrindo moitas outras enfermidades dende hai moito tempo sobre todo cancro e malaria que é unha das que máis mortes produciu.
    Xa non só enfermidades se non a falta de recursos que teñen e que ninguen lles bota unha man.

  33. maria.aso.1a di:

    Depende de a que outros nos refiramos; se “outros” teñen acceso ás vacines, a gripe A causaría un efecto menor neles; se “outros” non tivesen vacinas atopariamonos no mesmo caso destes indixenas, só que ao levar máis tempo a epidemia activa entre eles haberia máis mortos

  34. laura.aso.1a di:

    Nas poboación indixenas non hai unha atención sanitaria boa, polo tanto están expostos a moitas enfermidades, que teñen cura, pero que eles non poden acceder a ela,isto fai que se produzan moitas mortes que se podría evitar, se a gripe A chega a estas poboacións sería unha causa máis de morte, que se podría evitar.

  35. rubenlois.aso.1a di:

    Outro dos problemas que lle afecta aos pobos indíxenas é tala incontrolada de árbores ou a queima destes.
    Penso que habería que controlar máis os espazos naturais xa que a parte de facernos ben a todos é o territorio e o hábitat dos indíxenas e de moitos máis animais.

  36. rubenlois.aso.1a di:

    Por outra banda, estou dacordo con Laura porque estas poboacións non teñen coñecemento dos avances, e si os tivesen poderían vivir máis cómodamente, aínda que non sexa mellor, pero si máis cómodos.
    Os avances na medicina e nas novas tecnoloxías para estes pobos sería moi bo.

  37. raquel.aso.1b di:

    En certo modo é un problema menor xa que teñen outro tipo de preocupacións e enfermidades moito máis importantes e perigosas como por exemplo a malaria e o cancro, como xa mencionou Raquel anteriormente. Tamén teñen outros problemas como a escaseza de auga e alimentos que son relamente importantes. Si tiveran máis auga e alimentos probablemente houbese menos contaxios e mortes, por iso todo está tan relacionado.

  38. karina.aso.1b di:

    A miña opinión e que si se lles debería prestar axuda, despois de todo todos somos seres humanos e temos dereito a vivir, e a que os demais nos axuden cando temos algún tipo de problema tanto de saúde como de calquera outro tipo de cuestión.

  39. andrea.aso.1a di:

    Os avances para este tipo de tribus iríanlle moi ben, poderian salvarse moitas mortes,curar enfermidades ou simplemente evitalas,pero para isto necesitaríanse grandes avances, que estos pobos descoñecen totalmente.