Reducir un 40% as emisións de gases efecto invernadoiro e, polo tanto, frear o Cambio Climático, entre os anos 2010 e 2020, costaríanos 110 millóns de € aos cidadáns europeos. Estes son os datos que se poñen de manifesto nunha investigación da UE e que conclúe dicindo que as emisións poderían recortarse nun 90% no ano 2050.
O estudio describe a ruta a seguir para acadar estes obxectivos por medio da combinación de melloras na eficiencia enerxética, dunha retirada paulatina dos combustibles fósiles parella a un cambio cara ás enerxías renovables e cambios no estilo de vida (transporte público, coches eléctricos…). Os sectores que máis deben contribuír ao descenso das emisións son o transporte (-30%), a electricidade (-25%) e a calefacción (10%).
Acéptase que os recortes severos das emisións son asequibles economicamente de aquí ao ano 2.050, aínda sen que se produciran grandes melloras tecnolóxicas. Pola contra, de non actuar neste tema o futuro custo natural e polo tanto socio-económico sería tan grande que non o poderiamos asumir.
Ademais sería xusto que a UE asuma o financiamento para combater o cambio climático dos países do terceiro mundo, o que lle costaría entre 150 e 450 billóns de € anuais ata o 2.020 (entre o 1% e o 3% do PIB), o que suporía unha aportación de entre 1 e 3 € diarios por cidadán europeo.
A cantidade citada, que deben pagar os cidadáns europeos é moi elevada, pero si é posible que con esa cantidade se poida combatir eficazmente o cambio climático sería unha boa inversión. Pero habría que esperar ao 2050 para ver reducidas considerablemente as emisións, na miña opinión ese é un periodo de tempo moi grande.
Este post debe permitir o debate sobre dúas cuestións:
Primeiro é que cada un de nos (países desenvolvidos), co noso estilo de vida, somos responsables do cambio climático.
Segundo é que arranxar o problema ten un custo que debemos pagar entre todos (todos os que o provocamos e temos cartos para solucionalo).
Na recente Conferencia de Copenhague amosáronse basicamente tres posturas: as dos países ricos, os emerxentes e os subdesenvovlidos. Que países están en cada grupo e cales son os seus posicionamentos?
Como ben sabemos os países máis ricos e que ademais son os que contaminan máis son China e Estados Unidos,Europa estaría no medio e logo estarían os paises subdesenvolvidos que son os que case non contaminan, principalmente por falta de medios. Respecto a pregunta inicial considero que os países que máis contaminan deben ser os que paguen xa que é necesario frear as consecuencias do cambio climático, e asi como hai cartos para contaminar tamén ten que haber para solucionalo. Respeto o periodo no que se espera o cambio si é un pouco grande pero é do pouco que se vai a poder facer polo que canto antes se empece antes se van a notar as mellorias.
Sara, China non é un país “rico”, senón que se considera, xunto con outros, un país emerxente.
Os países ricos son os correspondentes ao norte de América (EE.UU e Cánada), a UE, Australia e Xapón. Os emerxentes serían por exemplo China e Brasil e os pobres África, suramérica,o sur de Asia,etc.
Con respecto a este post Sara di que os países ricos somos os que temos que pagar os custos do cambio climático xa que somos os que o propiciamos en certo modo ten razón pero non estou de todo de acordo posto que China non é un país “rico” ou sexa desenvolvido sen embargo está na cabeza con EE.UU en múmero de emisións de CO2.
A min parécenme demasiados cartos,pero si realmente se frea o cambio climático é un precio moi asequible, xa que non sempre se poden arranxar os problemas con cartos.
Eu creo que cada un de nós somos responsables do cambio climático xa que cada persoa emite sobre 24.6 toneladas en China , 19.8 en EEUU… , polo tanto deberíamos reducir bastante as nosas emisións xa que son excesivas nestes países e noutros apenas chegan o 2 – 3 toneladas por persoa.
Por outro lado , eu persoalmente creo que este custo o terían que levar a cabo todas as persoas que teñan poder económico para levar a cabo este proceso pero terían que ser máis esixentes coas persoas dos paises que máis emisións por persoa teñen como por exemplo EEUU entre outros.
Unha gráfica que reflexa moi ben estas emisions é esta :
http://www.expoknews.com/wp-content/uploads/2009/09/ranking.jpg
Tendes no post anterior sobre a conferencia de Copenhaghe unha gráfica das emisións de dióxido de carbono totais e por persoa do ano 2006.
É certo que China é o segundo país emisor, pero tamén o é que son máis de 1.200 millóns de persoas.
Por outra banda non debemos pensar que todo se resolve con cartos, neste caso quen o debe asumir é quen teña cartos, senón que tamén haberá que asumir renuncias no nosa calidade de vida, evidentemente quen as disfrute.
Non o mencionastes, pero nos somos un país desenvolvido. Estades dispostos a pagar e a renunciar a certas comodidades? Ata que punto?
Estas medidas son un pouco duras pero tamén é un problema moi serio que tense que arranxar xa.
Ademaís na situacíon de crise que estamos ou estivemos non todo o mundo poderia axudar e non a todo o mundo lle supoñeria o mesmo,ademaís que pasaría se non se arregla ? a xente deu cartos para que outros se fixeran máis ricos?
A cantidade que se debería abonar é demasiado grande, pero se a relacionamos có problema que podrá resolver é moi pouco, xa que está en xogo o noso futuro.
Na miña opinión todos teriamos que aportar diñeiro para intentar resolver o cambio climático, pero como di Roberto no anterior comentario, aínda que seamos un país desenvolvido, non todos os habitantes poden permitirse facer unha aportación económica.
Creo que os cartos que habería que aportar cada mes por persoa é demasiado escesivo, xa que, por exemplo, nunha familia que conste de catro membros tería que pagar ó mes entre 120 ou 360 euros. Pero isto xunto con tódolos gastos que se teñen mensualmente nunha familia, no lle permitiría sobrevivir á maioría das familias mileuristas que por exemplo hai en España. Ademáis coincido cos meus compañeiros cando din que non todo o mundo podería pagar esta cuota, xa que hai persoas que non teñen cartos nin para comer.
Eu creo que os habitantes deberían pagar según a súa renta e según o país onde viva. Os científicos que estudaron esta loita contra o cambio climático estarán seguros de que isto si que vai a funcionar, polo que di antes Roberto. Se se empezara a abonar dende agora os cartos se reuniría moito antes esa cantidade.
O cámbio climático que se está a producir na Terra tivo a súa orixe nos excesos de todos os habitantes dos países desenvolvidos, e na ambición das grandes empresas ao querer gañar máis cartos aumentando a producción e polo tanto as emisións de gases á atmosfera.
Actualmente a maioría das persoas que anteriormente non lle importaban o máis mínimo as emisións de CO2 queren rematar con ditas emisións que eles mesmos crearon e non teñen inconvinte en gastalos cartos necesarios para poder erradicalas, pero nesta realidade hai outra cara completamente distinta:os países pobres.Aínda que estes países pobres non contaminaran vense afectados polos efectos da contaminación dos países ricos e tamén teñen que contribuir con cartos para normalizar o clima, cartos que escasamente posúen.
Segundo un artigo que lin hai países como España que estarían dispostos a aportar o 0,7%do PIB a tecnoloxía e investigación para combatelo;EEUU axudará a conseguir 100 millóns anuais para axudar aos países pobres a combatilos.Non hai que olvidar tampouco que este cume do Clima non foi máis ca unha pantomima pois non se chegou a formalizar posturas.
Gustaríame destacar a noticia que apareceu fai dous días máis uo menos acerca do cumio de Copenhage, na que se fala da diminución do prezo do carbón a raiz de dito cumio.Esta baixada deu pe a que as grandes empresas non loiten por diminuír as súas propias emisións de CO2,polo que é probable que regresemos ao punto de partida.
Todo o mundo ten algo que ver co cambio climántico, pero uns máis que outros, devido a que hai países (desenvolvidos ou os máis ricos) producen máis CO2 que outros (os menos desenvolvidos) devido a que os países ricos utilizan máis enerxías que os países pobres, co conseguinte que crea mais CO2
Eu creo que compensa facer a inversión en enerxías renovables. Os 110 millóns de euros non serían unha inversión a fondo perdido, supónse que tamén lle sacaríamos un rendemento. Debemos pensar que se todas as empresas utilizan enerxías fósiles, estas enerxías fósiles vánse agotando, e polo tanto chegarán a acadar un prezo moi elevado e difícil de asumir.