ALBARIÑO E CAMBIO CLIMÁTICO

imagen

 

Estes últimos días estamos vendo en prensa e televisión que se esta a celebrar en Copenhague a Conferencia Mundial sobre o Cambio Climático na que todos os países están intentando chegar a un acordo para deter o cambio climático, pois de seguir nesta liña tamén nos afectaría.

Nun aspecto no que influiría bastante sería nos ciclos vitais dos seres vivos. Por exemplo as bolboretas inician o seu vó pola metade de marzo, pero por mor do cambio climático, en Galiza, estase a adiantar unhas seis semanas. Outro caso e o das anduriñas que  nalgúns lugares nacen ata corenta dias antes do normal.

O cambio climático traeranos consecuencias moi prexudiciais; unha delas será a da subida da temperatura arredor de 1,5 ºC. Pero un aspecto que me pareceu moi curioso e como afectará á viticultura, pois segundo lin nunha noticia, este aumento de temperatura sera moi perxudicial para o albariño, aínda que os viños tintos, como por exemplo o que se cultiva na Ribeira Sacra, saería beneficiado en certo modo polas altas temperaturas. Digo en certo modo, porque esta subida de temperatura traerá consigo o nacemento e desenvolvemento de novas enfermidades que afectarán gravemente aos cultivos vitivinícolas xa que estas se desenvolven mellor nun ambiente cálido que frío.

 


Autor: Emilio Paz 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.