UNHA VIDA EN ESCURIDADE

 

Un equipo internacional de científicos catalogou por primeira vez miles de especies que viven nas profundidades de mares e océanos (moitas delas descoñecidas ata o de agora). Os científicos do CVM, un proxecto internacional que presentará no 2.010 o primer listado da vida oceánica, xa registraron 17.650 especies que viven a máis de 200 metros de profundidade e 5.722 que habitan a máis de 1 km de profundidade, onde non chega a luz do sol. Os investigadores expresaron a súa sorpresa pola diversidade da vida existente nas profundidades abisais.

imagen

Autora: Ana Méndez

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to UNHA VIDA EN ESCURIDADE

  1. rubenlois.aso.1a di:

    O descubrimento de novas especies mariñas é bo xa que poden contribuír ao desenvolvemento humano aportando algunhas das súas características que se poden estudar.
    É realmente estraño que haxa animais que poidan sobrevivir sen que lles chegue o sol, xa que pola contra, nos dependemos en gran parte del.
    Poderían aparecer moitas especies na superficie terrestre que se descoñezan polo de agora?

  2. laura.aso.1b di:

    Parece mentira que nas profundidades do mar donde non hay luz,nin case alimento existan especies tan extrañas.

  3. susana.aso.1b di:

    Segundo parece en Australia tamén foron atopadas novas especies mariñas como:Ascidias arañas marinas ou corais que segundo puideron observar estan desaparecendo pola acidez do océano.

  4. karina.aso.1b di:

    A zona abisal é un área de profundidades maiores a 2.000m na que hai presións de máis de 200 atmosferas (> 200 kg/cm2), en escuridade total e cunha marxe de temperaturas de -1 a 5 ºC. Xa que non hai luz por debaixo de aproximadamente 600m, a fonte de enerxía primaria é unha chuvia de materia orgánica das augas menos profundas, incluíndo cadáveres de peixes ou outros animais mariños mortos.

    Asombrosamente, os animais que viven na zona avisal son membros dos mesmos grupos que os que encontramos nas capas superiores. Así podemos atopar pulpos, calamares, peixes, moluscos, equinoides e gusanos. A diferencia é que estas formas abisais foron desenvolvendo sistemas adaptados ó seu entorno e non lles afectan as presións tan enormes porque desde que naceron os seus órganos internos xa se atopaban sometidos a tales presións, é dicir, estaban en contacto co medio e non experimentaron unha diferencia de presión.

  5. karina.aso.1b di:

    Carecterísticas dos peixes abisais:

    -A maioría dos peixes abisais son pequenos e teñen corpos brandos e osos pequenos, debido en parte á ausencia de calcio, necesario para a formación de espiñas, e de vitamina D, necesaria para uns osos consistentes.
    -As criaturas abisais tenden a ter bocas grandes, dentes longos e estómagos alargables. Estos peixes deben inxerir comida e tragala, incluso si é máis grande ca eles. Nunca se sabe canto tardará en chegar a próxima comida.
    -Teñen un metabolismo moito máis pausado que os seus irmáns de auga pouco profunda, por iso tenden a vivir moito tempo e a reproducirse lentamente.
    -Xeralmente estas especies son bioluminiscentes, é dicir, producen a súa propia luz. Ésta é de utilidade para atraer ás súas presas, recoñecer a outros peixes da súa especie ou ben escapar dalgún perigo.

  6. raqueltrigo.aso.1b di:

    Chamame moito a atención que axa especies animais a tanta profundidade mais que nada porque sempre se dixo que todolos seres vivos necesitan a lúz solar para sobrevivir.
    Ademais non hai unha especie senon miles de especies.

  7. ivan.aso.1a di:

    A abundancia de vida na profundidade dos mares e océanos, ríxese polo alimento disponible nestas zonas e que diminue rápidamente a medida que aumenta a profundidade.Esto é debido a que a moita profudidade non chega a luz solar e as plantas non poden realizar a fotosístesis, o que fai que haxa menos especies.En estas situacións é donde se mostra a adaptación destas especies.A abundancia de vida nas profundidades prodúcese cando hai correntes rápidas que incrementan as posibilidades destas especies de encontrar comida, cando hai animais cunha vida longa, ou cando hai especies que se desenvolven de maneira rápida ainda cunha dieta pobre en alimentos.

  8. carlos.aso.1a di:

    Este post na miña opinión e moi interesante xa que persoalmente a min gustanme bastante este tipo de investigacións de animais que case non se saben si existen e que viven nas profundidades do mar, porque estes animais teñen que ter unhas características especiais para vivir ai.

  9. vanesa.aso.1b di:

    O descubrimento non só se queda aí senón que tamén en Colombia foron descubertas novas especies de anfibios que poden estar en perigo de extinción como ras transparentes,salamandras,etc entre outras

  10. leticia.aso.1a di:

    Neste post estase falando dun tema pouco coñecido pola sociedade, polo que considero interesante para falalo nesta asignatura.
    Creo que a existencia de novos seres no fondo oceánico pode atraer a curiosidade de moita xente, polo que será un tema de actualidade nos próximos anos.
    É extraño pensar que poida haber tanta diversidade de vida no planeta Terra, pero co avanzada que está a ciencia non me extraña que se estean dando a coñecer tantas cousas novas dende o punto de vista da humanidade.

  11. andrea.aso.1a di:

    En efecto este post danos a coñecer novas especies que estan ocultas, ainda que quedan moitas máis por identificar é moi fascinante o traballo que fan os científicos para descubrir estas novas criaturas.
    As especies das profundidades mariñas son as únicas que evitaron o contacto directo co ser humano.
    Moitas desaparecerán pola acción humana sin ser descubertas.

  12. ana.aso.1a di:

    Pareceme un tema moi interesante xa que a dibersidade das profundidaddes do mar e moitisimo mallor do esperado. Por exemplo as costas Españolas son especialmente interesantes pola gran profundidade a que se situa o fondo mariño.
    Outro exemplo e que nas augas de Guam descubriron un Gubio de manchas doradas e rayas rojas, que vive en simbiosis con un camaron pegado a su cola.O peixe vixila e o camaron caba a sua madrigeira.

  13. aliciaromero.aso.1b di:

    Pareceme increíble que haxa tantos seres que poidan vivir se luz.
    O ano pasado no telediario apareceu unha reportaxe duns extraños tiburóns que apareceron mortos na costa de Galicia, os científicos dixeran que eses extraños e espectaculares animais vivian nas profundidades a miles de metros de profundidade e que seguramente había moitas máis especies raras que aínda non coñecíamos e que descoñecíase a causa da morte destes xa que é un misterio que aparecesen tan preto da costa.

    http://www.youtube.com/watch?v=N4funScRrno
    Este video é de un tiburón prehistórico das profundidades atopado nas costas de Xapón.

  14. marcelina.aso.1a di:

    Sobre este post atopei que neste proxecto participaron mais de 2000 cientificos de 80 países diferentes. A maioría aliméntase sobre todo de excrementos de animais que viven a menos de 200 metros de profundidade. Outros nutrense de bacterias que descompoñen os hidrocarburos,o xofre e o metano, así como de esqueletos de balea que xacen no fondo dos océanos.Para a investigación, os científicos usaron cámaras, sonares, minisubmarinos robotizados ou controlados por expertos, capaces de descender ata 5 mil metros de profundidade.

  15. patricia.aso.1b di:

    Paréceme incrible que a tanta profundidade de auga sen que lle chegue a luz, poidan sobrevivir diferentes especies de animais, animais que ainda se estan por descubrir, ainda que como di Karina, son da mesma especia cos que viven nas capas superiores.

  16. paula.aso.1b di:

    As noticias do descubrimento de novas especies sempre son boas, e mais se descubren especies tan raras como estas. Parece mentira que haia especies mariña que poidan vivir a tanta profundidade con tan pouca luz, que pode chegar a ser inexistente.

    Para sobrevivir a estas profundidas, os animais deben encontrar e explotar os escasos recursos e, a sua gran diversidade nas profundidades demostran a sua gran capacidade para adaptarse.

  17. silvia.aso.1b di:

    Son casi todos animais raros, absortos na escuridade total jasta 5.000 metros de profundidade nas chairas abisais dos océanos, dos que o próximo ano se publicará un inventario completo e que van desde gusanos que se alimentan de petróleo hasta octópodos de dous metros de lonxitude que teñen unhas aletas tan grandes que recibiron o apodo de Dumbo, polo elefante.

  18. victor di:

    A PARTIR DESTE MOMENTO, OS COMENTARIOS QUE FAGADES SERÁN VALORADOS NA SEGUNDA AVALIACIÓN.

  19. ruben.aso.1a di:

    Estas novas especies son especias descoñecidas para a maioría de nos que moita xente diría que non existen . Pero na profundidade tamén existen moitas clases de especies coma estas.Estas especies viven na oscuridade e sen ningunha luz.
    Por este motivo , estes animais , teñen uns funcións para que se adapten a ese medio.

  20. victor di:

    Como algo do máis natural e intuitivo estamos acostumados a asociar a presencia de seres vivos coa luz. Sabemos que os ecosistemas dependen dos productores (que son e como os asocias coa luz?) que son o inicio da cadea trófica. Nestes abismos escuros de que se alimentan os seres vivos?

  21. angel.aso.1a di:

    A falla de luz solar nos grandes fondos fai que a vida dos vexetais non sexa posible, coa excepción das bacterias, polo cal a elaboración de materia orgánica é mínima, efectuándoa só as bacterias a través da quimiosíntesis(usan como fonte de carbono o CO2).
    Por isto os animais que habitan os fondos oceánicos non teñen outra posibilidade que depredarse os uns aos outros ou esperar a que caian da superficie restos dos animais e plantas que viven nas capas superiores,polo tanto as bacterias que efectuan a quimisíntesis son os primeros na cadea trófica.

  22. ruben.aso.1a di:

    Estes peixes para superar a falta de alimentos que hai nesas profundidades, presentan grandes bocas , estómagos deformables , órganos bioluminiscentes , dentes desproporcionados …
    Estes peixes esperan inmóbiles a que os seus detectores de movemento perciban a chegada de algo comestible.

  23. laura.aso.1a di:

    Os ecosistemas dependen esencialmente dos producotres,que proporcionan a enerxía e a materia prima que o resto dos organismos (consumidores)necesitan para a súa supervivencia e crecemento.
    Os productores están asociados á luz, xa que a principal produción primaria é a través da fotosintese, o que implica que ten que haber presencia de luz.
    Nestes abismos, os peixes soense alimentar de outros peixes, alguns teñen un mecanismo moi curioso, posuen un apéndice preto da boca, que produce luz, o que atrae, a outros peixes.

  24. victor di:

    Moi ben as respostas dos tres.

  25. josebenito.aso.1b di:

    Está claro que nos queda aínda moito por coñecer do mundo no que vivimos. Está moi ben explorar o espacio exterior e intentar descubrir de onde ven a vida, pero penso que queda tamén moito por aprender do mundo. A min non me sorprende personalmente o descubrimento de tantas especies submarinas. Os animáis e os seres vivos todos evolucionan co paso do tempo e se adaptan ás condicións do seu entorno. Por exemplo, hai algúns animais que viven nas profundidades do mar que teñen uns ollos enormes para aproveitar a pouca luz do sol que lles chega o tamén os hai que teñen a cabeza transparente para poder usar mellor o sentido da vista.

  26. victor di:

    Ata que profundidade chega a luz do sol?
    A quimiosíntese permite crear ecosistemas en lugares onde non chega a luz?
    Que modalidades de nutrición presentan os animais abisais?

  27. angel.aso.1a di:

    Con base a profundidade de penetración da luz os océanos divídense en catro rexións principais: na parte superior encóntrase a chamada zona eufótica que chega, máis ou menos, ata os 100 metros de profundidade,e nela penetran as radiacións vermellas e ultravioletas, que son aproveitadas polos vexetais verdes para producir alimento na función chamada fotosíntese, por isto, nesta zona encóntranse a maioría dos organismos productores, así como animais consumidores.
    Por debaixo da zona eufótica localízase a chamada disfótica, na que as profundidades se extenden ata os 1 000 metros. Esta recibe moi pouca e débil iluminación para que se realice unha fotosíntese efectiva e soamente penetran as radiacións azuis do espectro da luz. Despois dos 1 000 metros de profundidade, a luz xa non alcanza a penetrar, encontrándose na zona afótica, que se extende ata os 4 000 metros.

    Exiten ecosistemas mariños nos que as bacterias quimiosintéticas constitúen os productores primarios, sendo este proceso o “creador do ecosistema”

  28. laura.aso.1a di:

    A luz solar chega aproximadamente ata uns 300m.
    A resposta a pregunta sobre a quimiosíntese é sí, a quimiosíntese ao contrario que a fotosintese non precisa da luz para producir enerxía, o que permite que as bacterias dos abismos creen enerxía sen a necesidade da luz.

  29. ivan.aso.1a di:

    A luz solar pode chegar a alcanzar unha profundidade aproximada de 200m no fondo do mar.
    A quimiosíntese consiste na síntese de ATP (trifosfato de adenosina ou adenosin trifosfato) a partir da enerxía que se libera en reaccións de oxidación de compostos inorgánicos.Os organismos que realizan a quimiosíntese son bacterias que usan como fonte o dióxido de carbono, nun proceso similar a fotosíntese das plantas.A quimiosíntese diferenciase da fotosíntese en que non precisa luz para producir enerxía.

  30. sabina.aso.1a di:

    En relación a este tema tiña coñecemento da existencia dalgunha destas criaturas abisais pero dende logo non pensei que abería tantas e tan variadas.
    Informándome un pouco acerca destes organismos chamoume a atención os impresionantes cambios evolutivos que presentan a maioría deles e que lles axuda a superar a falta de alimento, por exemplo a maioría destes seres teñen entre outros factores estómagos deformables, e unha característica impresionante órganos bioluminiscentes.Esta falta de alimentos á que se ven espostos obrigaos a permanecer inmóbiles esperando a chegada da comida que lle será comunicade polos seus detectores de movemento.
    Algúns dos seres abisais máis destacados son:o grimpoteuthis, o peixe pelícano, o anoplogaster cornuta, o phronima, o calamar xigante, o saccopharynx…

  31. juanjose.aso.1a di:

    En relación ó comentado por Sabina respecto ós estómagos detes animais abisais, encotrei que, por exemplo, o chiasmodón, é un peixe cun estómago extensible, desta forma pode capturar animais dun maior tamaño que el dado que non sabe cando volverá a comer. Para extender o estómago apartan a un la do o corazón e sacan as branquias a fora, deixando máis sitio ó estómago.