UNHA ILLA DE XEO!!

imagen

Un “iceberg” xigante, de 140 kilómetros cadrados, encóntrase á deriva cara ao sur de Australia. Mide 19 kilómetros de ancho por 8 de longo e trátase  do maior “iceberg” que se veu preto de Australia.

Desprendeuse no ano 2000 e ata o 2005 non comezou a moverse. Os expertos din que é un misterioso fenómeno pero non inusual e que algo así vese unha soa vez na vida. Bautizárono como B17B e prevese que se rompa antes de se acheguar ás costas australianas. Nos últimos meses os barcos que pasan preto de Nova Zelandia están en alerta por causa do desprendemento de bloques de xeo, para evitar o posible  afundimento destes buques. O desprendemento destes bloques de xeo dos polos provocan un claro aumento no nivel do mar e isto provoca a inundación de algunhas zonas costeiras de pouca altura.


Autor: Santiago González

 

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

35 Responses to UNHA ILLA DE XEO!!

  1. santibras.aso.1a di:

    Aínda se descoñece a súa profundidade pero pensase que podría ser de mais de 500 metros.
    As súas imaxes foron captadas por medios da NASA e da Axencia Espacial.
    Pas grandes potencias mundiais isto é un claro indinio de quentamento global.

  2. victor di:

    Como se pode calcular a profundidade dun iceberg?

  3. santibras.aso.1a di:

    Apartir de aparellos mariños, coma o sonar que emite sonidos e através do eco podese ver as profundidades de fondos mariños ou as cousas que flotan sobre el.

  4. roberto.aso.1a di:

    Segundo atopei uns expertos calcularon que un choque contra terra firme provocaria un temblor de forza 3 a 4,ainda que isto xa foi desestimado porque dado os parametros metereolóxicos e a direccion do iceberg e moi pouco probable que suceda

  5. veronica.aso.1a di:

    Podemos coñecer a profundidade dun iceberg mediante ecosondas, o funcionamento deste aparello consiste en transmitir fortes impulsos sonoros para logo captar e clasificar os ecos.

  6. juanjose.aso.1a di:

    A información que atopei di que a sua extensión é de casi dous veces a extensión de Hong Kong e que a sua altura equivale á dun piso de 100 plantas.
    Tamén se di que estes icebergs poden ter unha gran papeleta na loita contra o cambio climático, xa os pequenos ecosistemas que se forman arredor dos icebergs (xeo derretido mezclado con auga do mar) poden servir para absorber o CO2 da atmosfera e sumerxilo nas augas dos océanos, dado que as algas absorben o carbono, liberando o osíxeno, a través da fotosíntese.

  7. vanesa.aso.1b di:

    Para poder previrse e evitar choques de buques cos icebergs para saber con exactitude o seu percorrido utilízase un innovador programa que alerta dun iceberg ameazante avisa ao CIS do seu tamaño e localización.
    A través deste programa calcúlase o movemento e simulan o tamaño o vento e as correntes para así poder ver a súa dirección.
    Unha curiosidade:soamente funciona nun ordenador portátil e xa foi validado pois é de fácil uso por parte dos capitáns dos barcos e dos pilotos.

  8. victor di:

    Cando vedes un cacho de xeo flotando, canto queda por riba da auga e canto por baixo?

  9. angel.aso.1a di:

    Dun iceberg a parte que sobresae da auga constitúe só unha octava parte do volume total e por esta razón son un gran perigo para a nevegación, xa qeu poden acadar dimensión enormes sen aparentalo.

  10. veronica.aso.1a di:

    Por riba da auga vemos unha pequena proporción desa masa de xeo, que é a que presenta unha menor densidade que a auga que está no recipiente.

  11. tania.aso.1b di:

    polo que lin un iceberg e un bloque grande de xeo aparte como di angel e un perigo enorme para a navegacion, un pequeno despiste tropezamos e a navegacion vai a piques.

  12. ruben.aso.1b di:

    Está claro que un iceberg é mais grande pola parte que se encontra somerxida. Paréceme alucinante que existan icebergs tan xigantes.

  13. belinda.aso.1a di:

    O xeo que orixina os icebergs está orixinado nos flaciares continentais. O xeo é máis denso que a auga por eso flota.
    O 10% da Terra está cuberto de glaciares que almacenan uns 33 millóns de km3 de auga doce.
    Os glaciares clasificanse de acordo co seu tamaño e a relación coa xeografía. Exemplo: en glaciares alpinos, de meseta, de piedemonte,etc.
    Os máis grandes son os continentais.

  14. belinda.aso.1a di:

    Como consecuencias do aumento do nivel do mar; perderánse pantanos e illas barreira nas costas e aumenta o risco de inundación nas comunidades costeiras. As areas baixas como a rexión costeira do Golfo de México e os Estuarios como a Bahía Chesapeake son moi vulnerables.
    ESTUARIO: é a parte máis ancha e fonda da desembocadura dun río no mar aberto ou no océano, xeralmente en zonas donde as mareas teñan amplitude.

  15. victor di:

    Tania, comeza os textos con maiúsculas e elabora máis os teus comentarios.
    Rubén, estamos a falar de ciencia e o teu comentario non é nada científico.
    Belinda, se o xeo fose como dis, máis denso ca auga, non flotaría. O teu comentario semella que non se refire a este post.
    Belinda, por que dis que vai a aumentar o nivel do mar?

  16. laura.aso.1b di:

    Na miña opinión esta claro que vai a subir o nivel do mar xa que como este iceberg habrá moitos mais pero ainda non estan localizados.
    Esto amosa a ser un perigo xa que os barcos mercantes poden ter accidentes mariños por todo este tipo de obstáculos que son os icebergs.

  17. emilio.aso.1a di:

    Aquí temos outra proba do quentamento global, que aínda que nos estea a dar multitude de sinais dicindo que hai ago que non estamos a facer ben, as grandes civilizacións seguen a a facer caso omiso a todos os avisos de greenpeace e demais organizacion nos dan. O problema de estas noticias e que pronto se esquecen, hoxe aparcen nas noticias e maña xa ninguén se acorda. O ano pasado, na antártida desprendérase unha plataforma de xeo inmensa, durante os primeiros dias tivo bastante repercusion pero os poucos días xa foi esquecido.

  18. victor.aso.1a di:

    Eu estou de acordo con Emilio en que debemos concienciarnos mais co medio ambiente e intentar evitar o quentamento global xa que este ten granbes consecuencias como a subida do nibel do mar entre outras que se ven refexadas nun video de greenpeace qu esta na rede que para quen lle interese velo deixo un enlace a continuación.
    http://videos.lanacion.com.ar/video1349-el-polemico-video-de-greenpeace

  19. jose.aso.1b di:

    Con respecto a este fenómeno, os científicos do instituto Antarctic Division, señalaron que este fenómeno era raro e pouco común, xa que normalmente estes enormes bloques quebrantan e flotan hacia o Norte.Neste caso desfanse en pedazos e derritense, por estas razóns os expertos considerárono como un fenómeno raro e pouco común.
    Este fenómeno foi detectado por satélites da Axencia Espacial Estadounidense e da Axencia Espacial Europea.Por outra parte, os expertos informaron que é parte dunha plataforma de xeo duns 400 kilómetros cadrados.
    Na miña opinión, ainda que e un fnómeno bonito de observar, débense tamor moitas precaucións pola sua posible ruptura, xa que se rompe e un barco ten a mala sorte de pasar nese intre pode haber una gran desgracia, por esta razon deben de estar moi alerta.

  20. silvia.aso.1b di:

    Creo que Belinda se refire a que o mar aumentará o seu nivel por culpa do quentamento global, que está a derretir os polos.

  21. victor di:

    Emilio, eres o primeiro neste post que fala do tema que realmente importa: quentamento global = cambio climático.
    A formación destes grandes iceberg non é casual.
    Aínda non contestachedes como se coñece a profundidade dun iceberg.

  22. belinda.aso.1a di:

    O desprendemento destes bloques de xeo dos polos provocan un claro aumento no nivel do mar e isto provoca a inundación de algunhas zonas costeiras de pouca altura.
    Esta e a última frase do texto do post e a iso me refiro.

  23. sabina.aso.1a di:

    Como dixo Emilio, estes desprendementos de masas de xeo son provocados polos efectos do cambio climático,como decenas de científicos tamén corrovoran.Estes científicos están verdadeiramente preocupados por estes desprendementos de icebergs e considéranos feitos totalmente anómalos para a época do ano na que nos atopamos.Tempo atrás as augas que se atopan na Antártida,e de donde parten ditos icebergs, atopábanse totalmente conxeladas nesta época do ano, pero hoxe en día gran parte dela atópase en estado fluído, e dende logo non é normal.
    Así de boas a primeiras non lle facemos moito caso a estes desprendementos, pero segundo estudos realizados por espertos na materia sábese que estes poderían ser moi perxudiciais, incluso provocarían que o nivel do mar aumentase un metro neste século, o que non é unha broma.

  24. sabina.aso.1a di:

    Antigamente os navegantes utilizaban como método para medir a profundidade dun iceberg o lanzamento de escandallo(cable de máis de 6 km de lonxitude cun contrapeso nun extremo),máis tarde apareceron os ecosondas(que permitian determinar a posición, o tamaño e a profundidade de ditos obstáculos).
    Na actualidade utilízase o análise por computadora o que permite obter unha imaxe instantánea do que se atopa baixo a quilla.

  25. paula.aso.1b di:

    Eu creo que, como sobresae unha octaba por riba do nivel do mar, o que habería que calcular é o tamaño da parte que sobresae, e multiplicala por oito, asi saberiamos a sua profundidade, e as suas dimensións.

  26. victor di:

    Moi ben Sabina polos dous comentarios e moi ben Paula polo simple da medición.
    Se os iceberg procedesen do océano Ártico tamén falaríades de ascenso do nivel do mar?

  27. ruben.aso.1a di:

    Para coñecer a profundidade dun iceberg utilízanse as sondas de pesca. Estes aparellos transmíten fortes ondas e logo interpretan o seu eco. Este porcedemento coñecese por unha fórmula , onde a velocidade da onda é de 1500 m/s.
    O desprendemento destas masas de xeo estanos a indicar que o quentamento global estase incrementando e seguro que traerá consecuencias moi negativas para todos.

  28. diego.aso.1b di:

    Deberíase intentar saber da súa procedencia;si é natural que haxa estes desprendementos ou son orixe do cambio climático.Xa que si son orixe do cambio climático quizáis aperzcan máis amenudo estes icerbergs.

  29. martin.aso.1a di:

    Eu non creo que o mar ascenda proveña de onde proveña o iceberg sempre que este estivera en contacto coa auga. Aínda que se traslade dun océano a outro, o seu volume non aumenta. O volume do mar so aumenta cando o xeo se desprende da terra ó mar

  30. susana.aso.1b di:

    Na miña opinión,creo que sí ascendería o nivel do mar porque Oceanía é máis quente ca o Ártico e polo tanto o iceberg empezaría a derretirse e ao afundirse subiría o nivel do mar.

  31. ivanabal.aso.1a di:

    Eu creo que no porque seria como o caso dos cubitos de xeo nun vaso. Candoo se derriten O nivel de vaso non ascende. Ademais algunhas cidades como Londres estan pensando en remolcar Iceberbs desde o Ártico para asi apaliar a sequuia.

  32. marcelina.aso.1a di:

    Creo que non subiría xa que o xeo é máis denso e pesa máis que a auga líquida polo que a veces incluso podería descender o nivel do mar se o iceberg se desconxelase.

  33. ivan.aso.1a di:

    Eu creo que non aumentaría o nivel do mar ainda que o iceberg proveña doutra parte do mundo, pero si que puidese arrefriar as correntes mariñas da zona onde se derretise, xa que que se berterían augas glacias.

  34. andrea.aso.1a di:

    Eu estou de acordo cos meus compañeiros,o xeo é máis denso e pesa máis ca auga líquida, e polo tanto podése dar a situación de que descenda o nivel do mar, e neste caso se o iceberg se desconxelase poderia descender o nivel de dito sitio.

  35. emilio.aso.1a di:

    Creo que estou en desacordo contigo Marcelina, xa que o nivel do mar non creo que descendese coa formacion de glaciares. E un termo que é imposible que se volvan a formar outra vez estes glaciares e en conseguinte reducir o nivel do mar, algo imposible sobretodo por mor do quentamento global que estamos e vamos a sufrir inevitablemente se non cambian as cousas.