CAMALEÓN DE MAGOMBERA

Un grupo de científicos descobren unha nova especie de camaleón. O primeiro en ver o camaleón foi o  doutor Andrew Marshall que o encontrou por casualidade  no bosque de Magombera realizando un estudo sobre simios. O investigador sorprendeu a unha serpe comendo a un destes camaleóns; sen embargo pouco tempo despois atopou outro exemplar vivo da mesma especie. O camaleón foi recollido, analizado e comparado con outros exemplares semellantes encontrados por científicos na mesma zona e ao comprobar que se trataba dunha nova especie,  foi bautizado como “Kinyongia magombeare” (camaleón de Magombera). O estraño exemplar, duns 15 centímetros de longo, diferenciase dos demais camaleóns, entre outras cousas, pola distribución das escamas da súa cabeza e pola característica forma dun apéndice nasal.

Está claro que a diminución de biodiversiadade que se está a producir na actualidade por diferentes causas, pode levar a que moitas especies se estean a extinguir antes de ser descubertas e catalogadas polo ser humano, co cal non podemos estar seguros do ritmo de extinción que se está tendo lugar no noso planeta.

imagen

AutorAdrián Oubiña

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to CAMALEÓN DE MAGOMBERA

  1. santibras.aso.1a di:

    Este camaleón ten a súa orixe en Tanzania, descuberto por un grupo de biólogos da Universidade de Nova York.
    O malo desta especie é que no bosque onde está non é considerado como área protexida e os investigadores creen que esta especie e a diversidade de especies dese ecosistema corren perigo devido ao desenrolo urbanístico e industrial que hai nesa zona.

  2. marcelina.aso.1a di:

    Que ben que se descubran novas especies, paréceme interesante este post de christian xa que non estou moi ao día das especies novas… Por outro lado saímos do tópico de falar sobre a extinción dos animais.

    Acerca deste camaleón busquei e atopei o mesmo ca Christian e que Magombera está en Tanzania, é unha zona moi rica en diversidade aínda que non sexa unha zona protexida polo goberno tanzano así que os especialistas temen polas especies de alí polo crecemento industrial e urbanístico da zona.

  3. sabina.aso.1a di:

    Paréceme moi interesante este novo descubriminto.Visto o visto poderíase asegurar sen lugar a dúbidas que no mundo aínda existen numerosas especies sen descubrir, por ese motivo penso que os naturalistas deberían organizarse entre eles e facer un plan de búsqueda de novas especies, así polo menos poderiase compensar a pérdida de especies que se está dando no planeta ultimamente.

  4. andrea.aso.1a di:

    É moi interesante que se descubran novas especies,como este camaleón encontrado en Tanzania no bosque de Magombera, este bosque é un dos lugares con maior diversidade biolóxica da Terra.
    O bosque, sen embargo, non está considerado como «área protexida» polo goberno tanzano e os investigadores consideran que esta en grave risco de desaparición a causa do desenvolvemento urbanístico e industrial da zona.

  5. santigonzalez.aso.1a di:

    Descubrimentos como este demostran que no mundo ainda hai moitas cousas por explorar e descubrir e que o mundo é máis grande do que parece. Se os exploradores seguen descubrindo especies aclararase máis o tema da evolución de especies e veranse os cambios, mutacions e adaptación ó medio das diversas especies; coma este camaleón.

  6. victor di:

    Estou dacordo con vos pero quero puntualizar unha cuestión que toca Marcelina. Que unha especie sexa descuberta o único que quere dicir é que se nos dou a coñecer pero leva tempo formando parte do ecosistema. Pero unha especie que se extingue é unha especie menos.

    Centremos os comentarios no seguinte: cantas especies se coñecen? Cantas quedan sen coñecer?

  7. andrea.aso.1a di:

    Na miña opinión coñécense miles de especies distintas,pero pode haber moitas máis que descoñezcamos.
    Cada vez descubrense máis especies cousa que é de moito beneficio para o noso mundo.

  8. noelia.aso.1b di:

    As especies que se coñecen son moitisimas dende logo,e seguro que as descoñecidas tamen,o que a min me preocupa e un tema que Cristian tamen toca no seu post… Se a biodiversidade segue diminuindo,pode haber moitas especies que se extingan antes de coñecelas,e iso é algo realmente preocupante

  9. victor di:

    Noelia, a resposta que me das non é aceptable (consulta fontes antes de responder).

  10. laura.aso.1a di:

    Eu creo que coñecemos e temos catalogadas moitas espcies, pero aínda así non as coñecemos todas, por exemplo, nas selvas hai unha gran biodiversidade, é decir, na selva, conviven moitas especies de animais, páxaros, plantas, insectos….
    O ser human só coñece unha parte deles, na miña opinión, descubrir especies novas significa un descubrimento fabuloso, xa que podemos coñecer máis especies e a súa forma de vida e tamen, podemos investigar que é o que as diferenza das outras especies, por exemplo, sería moi interesante investigar por que o camaleón de Magombera ten as escamas dispostas dunha forma distinta o resto, ou o seu peculiar apéndice. Poderiamos comparar a distinta evolución das especies de camaleón.

  11. laura.aso.1a di:

    O número de especies coñecidas ronda os 1.5 ou 2 millóns.

  12. ruben.aso.1a di:

    O número de especies coñecedidas ata o de agora é de 1.75 millons aproximadamente , e aínda quedan moitas especies por descubrir pero non se sabe con exactitude o número aproximado.

  13. ivan.aso.1a di:

    O número de especies catalogadas actualmente ronda arredor de 1.9 millóns.Descubrimentos coma este demostran que na Terra ainda quedan moitísimas especies sen coñecer.Por exemplo, selvas como o amazonas e tamén nos océanos, debido a súa biodiversidade.Os océanos debido a que son moi amplos e profundos e están nun medio no que non nos desenvolvemos, creo que é donde quedan a meirande parte de especies por descubrir.
    Creo que se deberían facer máis investigacións para descubrir especies novas, porque se non estanse extinguindo especies que nin sequera chegamos a coñecer.

  14. barbara.aso.1b di:

    Desde o meu punto de vista ten que ser algo increíble e excepcional poder descubrir unha nova especie.
    Según explica o seu descubridor, Marshall, os camaleóns concentranse en pequenas áreas, asi que, probablemente, esta nova especie solo viva ahí, no bosque de Magombera.
    O extraño exemplar mide uns 15cm, foi recollido, analizado e comparado con outros dous exemplares encontrados previamente na misma zona. Pero non só descubriron esta nova especie de camaleón, de feito, xa descubriron un gran número de novas especies na zona, desde ranas e musarañas a moluscos e cempés.

  15. victor di:

    NOTA PARA JOSE (1º b).
    O LUNS NA CLASE DIXEN QUE SO SE PODÍA COMENTAR NOS TRES ÚLTIMOS POST PUBLICADOS

  16. victor di:

    Iván, a túa proposta de facer investigacións está moi ben pero é un pouco inxenua: investigar ten un custo; de onde deben salir estes recursos?
    E por certo, que mecanismo utilizan os camaleóns para cambiar de cor?
    Coñecedes outros animais que teñan esta mesma capacidade?

  17. paula.aso.1b di:

    A selva de Magombera é un dos lugares con mayor diversidade biolóxica da terra. Marshall e o seu equipo descubriron un gran numero de especies na zona, a parte do camaleón de Magombera, dende ranas e musarañas, a molusculos e cempés.

    O descubrimento de novas especias sempre é unha boa noticia, xa que se descubren exemplares extraordinarios. Ainda que seguramente queden moitas especies ainda por descubrir, e moitas estinganse antes de ser descubertas.

  18. ruben.aso.1a di:

    O mecanismo que utilizan os camaleóns para cambiar de cor son as células que teñen debaixo da pel que reflicten as cores.As células están divididas en capas e así poden reflexar as cores dependendo das capas , xa que cada capa ten unha cor.

  19. raquel.aso.1b di:

    Os camaleóns teñen células pigmentarias especializadas en varias capas da dermis. Cada capa ten cores diferentes o que produce o cambio das cores do camaleón.
    Hai moitos animais que teñen esta característica de cambiar de cor, como anfibios, peixes, crustáceos e algún cefalópodos. A rá venenosa de flecha tamén ten a mesma capacidade que os camaleóns.

  20. santigonzalez.aso.1a di:

    O cambio de cor dos camaleóns serve para expresar o seu humor, serve como comunicación entre os da súa especie, varía segundo a temperatura… A camuflaxe só é ocasional, non porque o animal se queira confundir co medio.

  21. andrea.aso.1a di:

    É moi interesante saber que estos animais cambian o seu color según a luz, o estado de ánimo,os cambios de temperatura, medo, fame ou por algún tipo de conducta sexual.
    O color oscuro débese o cambio da temperatura, este cambio facilitalle a absorción de luz e o aumento de calor. Pero si o camaleón toma un color claro é por que necesita enfriarse e reflexar a luz.
    Mentres que si opta por tomar algún color chamativo, vivo, é por que ese animal esta bastante enfadado.
    Estos animais tamén poden chegar a cambiar de color para repeler e atraer as suas parexas durante a temporada do celo. Por exemplo durante esta etapa a femia tende a tomar o color anaranxado, este é un indicador que mostra aos machos que xa están listas para o apareamiento. Ademais mezclan o anaranxado co negro para facerlles ver os outros machos que non esta disponible para eles.
    Pero todos estos cambios debense a que a pel dos camaleons están formadas por células de tipo cromatóforas,e cada unha destas esta formada por diferentes tipos de pigmentacións,e van a alterar o balance, e producen o cambio de color entre estas capas.

  22. victor di:

    E como funciona un cromatóforo?

  23. vanesa.aso.1b di:

    Un cromatóforo é unha célula con pigmentos que se encontran en peixes,anfibios,crustáceos e algúns cefalópodos.Hai especies que poden cambiar de cor a través da camuflaxe.Os pulpos ,por exemplo,fano a través duns órganos,realmente complexos,que se encontran controlados por uns músculos; e outros coma os camaleóns fano por unhas hormonas que son introducidas por efectos físicos e psicolóxicos.

  24. angel.aso.1a di:

    Algunhas especies cambian de cor mediante mecanismos que cambian un pigmento por outro e reorientan a superficie reflectora dos cromatóforos, os cales reflicten a luz e poden dividirse segundo o color que reflicten baixo luz blanca en xantóforos(amarillo), eritróforos(vermello),iridóforos(iridiscente), leucóforos(blanco),melanóforos(negro ou marrón) ou cianóforos(azul)

    O camaleón produce efectos similares mediante vías de señalización celular, como poden ser hormonas ou neurotransmisores que son inducidos por cambios de humor,temperatura,estrés…

  25. manuel.aso.1a di:

    Os cromatóforos son células con pigmentos no seu interior que reflexan a luz. Algunhas especies poden cambiar de cor rápidamente por medio de mecanismos que cambian un pigmento por outro e reorientan a superficie reflectora dos cromatóforos. Este proceso, a miudo utilizado como mecanismo de camuflaxe, é chamado mimetismo ou cambio fisiolóxico de cor.

  26. tania.aso.1b di:

    saber que se non fora polo doutor andrew marshall este animal podria extenguirse é nunca ninguén sabria da súa existencia.

    A verdade é que por culpa da biodiversidade moitos animais extinguironse e seguiran sen ninguen saber da súa existencia.

  27. laura.aso.1a di:

    Como xa apuntaron Angel e Manuel no seu comentario, os cromatóforos, son células que cambian a pigmentación da pel, e están presentes en moitas especies, como por exmplo nalguns peixes, anfibios ou crústaceos.
    Estas células axudan a cambiar a súa cor de pel, por tanto camuflarse no medio. É un factor moi importante para a súa supervivencia,xa que pode libralos de ser atrapados por algún depredador.

  28. santibras.aso.1a di:

    Os cromatóforos son celulas, que por medio de reflexión de luz, son capaz de cambialo color da pigmntación da pel (mimetismo). Segundo o color que reflexe ten varios tipos (xantóforos (amarillo), eritróforos (rojo), iridóforos (iridiscente), leucóforos (blanco), melanóforos (negro/marrón) y cianóforos (azul)).
    Presentanse en anfibios algún réptil e alguns peixes.

  29. victor di:

    AVISOS:
    1º.- RECORDÁDELLE A RUBÉN (1ºb) QUE SÓ SE PODEN FACER COMENTARIOS DOS TRES ÚLTIMOS POST.

    2º.- O PRÓXIMO DOMINGO ÁS 21.00 HORAS REMATARÁ O PRAZO PARA FACER COMENTARIOS QUE ENTREN NA PRIMEIRA AVALIACIÓN.
    A PARTIR DESE MOMENTO SÓ CONTARÁN NA NOTA DA 2ª AVALIACIÓN.

  30. noelia.aso.1b di:

    Os cromatóforos son pigmentos que reflexan luz no seu interior.Poden atoparse en diversos seres vivos e son os principais responsables do coloramente da pel,do color dos ollos nos animais ectotermos e na formacion da cresta neural o largo do desarrollo.Os cromatóforos xa maduros poden clasificarse según o color que refelxan baixo a luz branca: xántoforos (amarelo),eritróforos (vermello), iridóforos (iridiscente), leucóforos (branco), melanóforos (negro/marrón) y cianóforos (azul).Algunhas especies poden cambiar de cor mediante mecanismos que cambian un pigmento polo outro e reorientas a superficie dos cromátoforos,este preoceso e coñecido como Mimetismo.