O MELLOR PLAN DE XUBILACIÓN

imagen

O financiamento que os países europeos destinan actualmente para conservar o noso patrimonio natural é claramente insuficiente e representa menos do 0´1 % do orzamento da UE. A organización ecoloxísta WWF demandou a creación dun fondo destinado exclusivamente para o mantemento da Biodiversiadade. O fondo “LIFE+” aporta 120 millóns de € e non permite chegar aos 6.000 millóns de € anuais que a UE estima como necesarios para unha xestión axeitada da Rede Natura 2000.

Ademais a “primeira avaliación do Estado da Biodiversidade” realizada este ano pola UE mostrou uns resultados desalentadores, cun 65% dos hábitats e un 52% das especies en mal estado de conservación. A perda de hábitats e sobre todo a súa fragmentación, son os principais responsables do descenso de biodiversidade e están directamente relacionados coa agricultura extensiva, a tala indiscriminada ou a sobrepesca.

A natureza apórtanos, de xeito gratuito, determinadas prestacións como o filtrado do aire, o control das riadas, a polinización das plantas, a purificación e o almacenamento de augas, o control de pragas…, toda unha serie de “servizos” que se tivesemos que realizalos de forma artificial significarían un gran gasto económico para a sociedade.


Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.