TEÑOO NA PUNTA DA LINGUA!

imagen

 

Segundo unha investigación realizada pola Universidade Pompeu Fabra e do Instituto Catalán de Investigación e Estudos Avanzados (ICREA), en Barcelona, transcorren 200 milisegundos dende que unha idea aparece no cerebro ata que se transforma en palabras.

Con esa velocidade mental, un ser humano é capaz de dicir unhas tres palabras por segundo e so se equivoca nunha de cada mil. Por outra banda, estímase que unha persoa de promedio coñece de 1.000 a 5.000 palabras, de entre as cales ten que escoller as que emitirá ao momento de falar. “O léxico mental é unha estrutura (rede) que se encontra no cerebro onde todas as palabras que coñecemos son almacenadas; é coma un dicionario dentro do noso cerebro onde buscamos aquelas palabras que corresponde á mensaxe que queremos expresar”.

Para obter estos resultados, os científicos analizaron a actividade eléctrica cerebral de 25 suxeitos. Dende que unha persoa ve un debuxo ata que abre a boca para nomear o que ve, transcorren 700 milisegundos, pero o tempo transcurrido dende que se forma a imaxe mental do concepto ata que atopa a palabra para nomealo é de 200 milisegundos. Existe algunha máquina máis perfecta?


Autora: Leticia  Oubiña

Esta entrada foi publicada en Medicina e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to TEÑOO NA PUNTA DA LINGUA!

  1. santibras.aso.1a di:

    Este post esta moi ben devido a que é interesante velo funcionamento do cerebro con respecto as cousas q podemos percibir, e asimilalas a unha gran velocidade.

  2. anadia.aso.1b di:

    A percepción sonora da fala prodúcese no xiro de Heschl, nos hemisferios dereito e izquierdo. Esas informacións transfírense a área de Wernicke e ao lóbulo palietal inferior, que recoñecen a segmentación fonéticamente do escoitado e, xunto coa corteza prefrontal, interpretan esos sons. Para identificalo significado contrastan esa información coa contida en varias zonas do lóbulo temporal.

  3. victor di:

    Anadía, dis demasiadas palabrotas. Sabes onde está cada zona do cerebro que nomeas?
    Debemos tentar utilizar conceptos que entendamos a maioría ou polo menos explicalos superficialmente.
    Debedes tentar introducir a información científica que encontrades na rede dentro dos vosos comentarios. O que non se debe facer é cortar e pegar unicamente.
    Alguén pode explicar sinxelamente o percorrido cerebral que nos propón Anadía.

  4. ana.aso.1a di:

    Pareceme impresionante a capacidade que ten o noso cerebro para leer cousas tan rapido sen estar as letras ben postas, e tamen a velocidade con que asimila as cousa.

    Tipos de lactura:
    -Lectura mental: Nesta maneira de leer e importante pronunciar as palabras en voz alta.
    -Lectura mental mixta:ten mallor importancia unha representacion mental da pronunciacion vocal.
    -Lectura mental pura: hai entendemento directo apartir das imaxenes. E unha lectura de ideas antes que de frases o palabras.

    A lectura fisica e mental-mixta limitan a velocidade maxima de lectura,a unas 300 palabras por minito en lectores bos pero non entrenados, xa que esta e a vellocidade maxima das cordas vocales.
    Pola contra un lector entrenado coa lectura mental pura pode leer mais de 1000 palabras por minuto.

  5. ana.aso.1a di:

    A zona clave para a lectura esa ubicada no lobolu temporal izquierdo do cerebto.

  6. belinda.aso.1a di:

    Neste caso os investigadores utilizaron 25 persoas que tiveron que visualizar un debuxo. O que pretendían averiguar era canto tempo tardaba unha persoa en atopalo termo que se correspondía co debuxo, como conclusión obtiveron 200milisegundos. Pero dende que a persoa ve o debuxo ata que abre a boca para articular a palabra pasan 700 milisegundos. ¿Qué ocorre neste tempo? Neste tempo, a persoa: recoñece o debuxo, averigua que concepto se corresponde co debuxo, busca a palabra, busca o son e finalmente articula a palabra. Entón, tarda máis en recoñecer o debuxo e averiguar o concepto que nas outras funcións máis específicas do linguaxe.

  7. andrea.aso.1a di:

    É impresonante a capacidade que ten o noso cerebro, e que só se equivoque unha de cada mil palabras.
    Esta claro que non hai cousa máis perfecta e que só cometa tan poucos fallos,e tal e como indica o video que non importe o orden das letras.

  8. patricia.aso.1b di:

    Este post é moi interesante, paréceme incrible a capacidade e rapidez que ten o noso cerebro para percibir e procesar todos os datos que leemos ou que nos din.

  9. victor di:

    Centremos a cuestión: que é un impulso nervioso?, como se transmite?
    Que é unha sinapse?

  10. manuel.aso.1a di:

    Un impulso nervioso é a corrente eléctrica que se produce cando un estímulo chega a unha neurona e percorre toda a súa superficie. O impulso nervioso ten un problema: non existe contacto físico entre as dúas neuronas, por iso a corrente ten que superarar o espazo, este problema coñécese como Sinapse.

  11. ruben.aso.1a di:

    Un impulso nervioso é unha onda que recorre toda a neurona e que se orixina cando se produce un estímulo.

    A onda vaise transmitíndo a traves de cargas positivas de ions sodio (Na+) nas células.

    Unha sinapse é o proceso de comunicación entre as neuronas . Esta iniciase cunha descarga química que orixina corrente e os neurotrasmisores son os encargados de estimulan outras neuronas sin chegar a tocarse.

  12. andrea.aso.1a di:

    Un impulso nervioso é unha onda de natureza eléctrica que recorre toda a neurona e que se orixina como consecuencia dun cambio transitorio da permeabilidad na membrana plasmática, secundario a un estímulo.
    A sinapsis é o proceso de comunicación entre neuronas.Indícase con unha descarga química que orixina unha corrente eléctrica na membrana da célula presináptica (célula emisora); unha vez que este impulso nervioso alcanza o extremo do axón, a propia neurona segrega un tipo de proteínas (neurotransmisores) que se depositan no espacio sináptico,espacio intermedio entre esta neurona transmisora e a neurona postsináptica (receptora). Estos neurotransmisores son os encargados de excitar ou inhibir a acción da otra neurona.

  13. karina.aso.1b di:

    Non me imaxinaba para nada que cada transcorren 200 milisegundos dende que unha idea aparece no cerebro ata que se transforma en palabras, pareceme un post moi interesante.

  14. raquel.aso.1b di:

    A sinapse é un proceso de comunicación entre neuronas. Indícase cunha descarga química que orixina unha corrente eléctrica na membrana da célula presináptica (célula emisora). Unha vez que este impulso nervioso alcanza o extremo do axón, a propia neurona segrega un tipo de proteínas (neurotransmisores) que se depositan no espazo sináptico, espazo intermedio entre esta neurona transmisora e a neurona postsináptica (receptora). Estos Neurotransmisores son os encargados de excitar a acción da outra persoa.

  15. victor di:

    Karina, cal é a razón pola que te parece interesante?
    Cando fagades un comentario tratade sempre de razoar os vosos argumentos, é dicir, se algo nos sorprende, seméllanos incrible ou positivo para a sociedade debemos explicar as nosas razóns para realizar este tipo de comentarios.
    Por que cando o aprendemos certas cousas (por exemplo a andar en bicicleta)o noso cerebro non as esquece o resto da vida?

  16. marcelina.aso.1a di:

    Un impulso nervioso é unha onda eléctrica que percorre toda a neurona e que se orixina como consecuencia dun cambio na permeabilidade na membrana plasmática, secundario a un estímulo.

    Propáganse polas cargas positivas do sodio nas células. As zonas veciñas sofren atracción de cationes negativos das áreas estimuladas, actuando como sumidoiro de cationes de sodio. Así se vai propagando a onda electronegativa pola fibra nerviosa.

    A sipnasis prodúcese unha vez que o impulso nervioso chega á zona final do axon, transmítese a outra neurona, ou a un órgano efector, por medio dun contacto funcional denominado sinapsis.Esa entrada de sodio despolariza a membrana e fai que o impulso nervioso propáguese novamente a través dunha segunda neurona ou poña en acción o órgano efector.

  17. marcelina.aso.1a di:

    Segundo un estudo de University College de Londres, cando montamos nunha bici, e levamos tempo sen facelo, o noso cerebro recupera a habilidade que aprendemos de pequenos xa que esa aprendizaxe deixou no noso cerebro unha pegada neurológica indeleble … O equilibrio sobre dúas rodas quedou gravado nas sinapsis (as conexións entre neuronas), que se formaron nesa aprendizaxe, coma se fose unha fotografía … Por iso, cando montamos de novo nunha bicicleta, o noso cerebro sabe perfectamente o que ten que facer…

  18. raqueltrigo.aso.1b di:

    No noso cerebro as veces en certas cousas por exemplo andar en bici deixa unha pegada neuroloxica indeleble.
    O pedaleo queda grabado nas sinapsis (conexión entre neuronas) que se forman coma se fosen unha fotografía,por iso cando voltamos a andar na bici facemolo como se o estiveramos a practicar todolos dias.

  19. victor di:

    Marcelina, está ben utilizar conceptos científicos pero debemos tentar a máxima claridade nos comentarios sen renunciar a realizar explicacións convincentes.
    Como vemos nas explicacións de Marcelina e Raquel, algunhas aprendizaxes (andar en bici) producen un cambio físico nas nosas neuronas xa que establecen novas conexións entre elas. Ocorre o mesmo cando aprendemos unha palabra?

  20. ruben.aso.1b di:

    Aprender unha palabra nova non supón ningún cambio físico, pero si que produce un cambio nos nosos coñecementos. Non?

  21. marinha.aso.1b di:

    Cando aprendemos unha palabra nova non ocorre o mesmo pois non se forman conexions neuroloxicas nin se proboca cambio algun ,polo que se se deixa de utilizar esa palabra a larga pode ser esquecida por completo.

  22. silvia.aso.1b di:

    Cando aprendemos unha palabra todo depende da nosa memoria e o interese que teñamos nela, porque xa que non é algo físico non queda “grabado” no noso cerebro como por exemplo andar en bicicleta.

  23. laura.aso.1a di:

    Ao aprender unha palabra, non se producen cambios físicos nas neuronas, o que implica que nos podemos esquecer desa palabra se cae en desuso.

  24. rubenlois.aso.1a di:

    O coñecemento non é un cambio físico, por iso se pode dicir que aprender unha palabra nova non é un cambio físico para as nosas neuronas. Como dixo Laura, esa palabra pódese equecer se non se usa.

  25. andrea.aso.1a di:

    O concepto de aprender unha palabra non é o mesmo que ocorre cando aprendemos a andar en bici,xa que non supón ningún cambio físico nas neuronas,as palabras non quedan rexistradas no noso cerebro e podémolas esquecer deixándoas de utilizar.

  26. jose.aso.1b di:

    E un post moi interesante, xa que penso que nadie en ningún momento se parou a pensar o tempo que trancorría dende que unha idea aparece no cerebro ata que se transforma en palabras, polo menos eu nunca me parara a pensalo nin sequera mo imaxinaba.
    Con respecto a se existe unha máquina máis perfecta, opino que hoxe en día supoño que non, pero non pasará moito tempo para que se invente unha aínda máis perfecta se cabe.

  27. santibras.aso.1a di:

    Como dicen os meus compañeiros, cando se aprende unha plabra nova, non experimentas un cambio físico nas neuronas, devido a que por exemplo andar en bici require unha aprendizaxe máis forte que memorizar unha palabra.