OBXECTOS VOADORES NON LOCALIZADOS

imagen

O pasado 8 de outubro un asteroide de dez metros de diámetro explotou sobre o ceo de Indonesia sen que ningún aparello humano fose capaz de localizalo. O asteroide estoupou a 20 km de altura e desprendeu unha enerxía de 50 kilotóns; 3 veces máis ca bomba atómica que lanzaron sobre Hiroshima. Se o asteroide fose un pouco máis grande os efectos serían devastadores para a Terra, o que demostra o desprotexidos que estamos con respecto a estes acontecementos.

Uns científicos da Universidade de Western, Ontario, calcularon a magnitude da detonación a partir das ondas infrasónicas que produxo, xa que recorreron medio planeta e foron detectadas pola rede internacional de instrumentos que mide as explosións naturais. Segundo os obxectivos marcados pola casa blanca, EEUU debería aprobar unha serie de medidas defensivas contra pequenos asteroides dentro deste mesmo ano, sen embargo esto suporía ter que desenvolsar unha gran cantidade de cartos, cousa que EEUU non quere facer soa.


Autor: Jose Benito Méndez

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial e etiquetada . Garda o enlace permanente.

26 Responses to OBXECTOS VOADORES NON LOCALIZADOS

  1. paula.aso.1b di:

    Cada vez que oimos unha noticia como esta, damonos conta do indefensos que estamos ante estas amenazas. Parce mentira que ningún satélite detecta este asteroide, xa que si chega a ser mais grande, e en vez de estoupar a 20 km do chan, chega a impactar, o resultado sería terrible.
    Os cientificos deberían buscar un sistema de vigilancia encargado de detectar este tipo de amenazas, xa que se demostrou que non estamos ben protexidos.

  2. laura.aso.1a di:

    Pareceme moi sorprendente que non puideramos detectar que un meteorito se aproximaba a Terra!Como é esto posible?
    Por sorte non causou danos, pero se se chega a tratar dun meteorito maior, estariamos en peligro, esto demostra que non podemos predecir todo o relacionado coa traxectoria e impacto de meteoritos, e deixa claro o indefensos que estamos ante estes sucesos.

  3. marcelina.aso.1a di:

    Paréceme alucinante que houbese semellante meteorito e ningún laboratoria científico ou aparello o rexistrase. Menos mal que non causou danos ao estoupar lonxe, pero que secedería se estoupase máis preto?
    Hai que atopar unha solución xa que a xente se Indonesia miraba cara á costa esperando un terremoto e de repente miran no unhas masas de polvo despertando o medo da poboación de Bone. Por outra banda a NASA non é capaz de descifrar o porqué do meteorito o que causa medo no pentágono.

  4. raquel.aso.1b di:

    Resulta inpactante ver noticias deste tipo, nas que poderían correr en perigo a vida de moitas persoas, porque si este meteorito chega a explotar máis cerca de Terra sería catastrófico, causaría multitude de danos tanto a nivel económico como a nivel natural, é dicir, bosques e vexetación natural que tardaría anos en reconstruírse. Penso que habería que buscar rapidamente algún aparello que detectase a chegada de meteoritos e outras ameazas perigosas para o noso planeta.

  5. laura.aso.1b di:

    Parece mentira que neste seculo estemos tan desprotexidos e o que parece increibel e que EEUU cos recursos medios e poder que ten non axude a isto.

  6. victor di:

    Semella que estades esixindo responsabilidades a alguén. Quen credes que ten a responsabilidade de protexernos contra posibles choques de meteoritos? Por que?
    Cales serían os posibles sistemas de protección contra o choque dun meteorito?

  7. raquel.aso.1b di:

    O Observatorio do Parque Natural e Nacional de Serra Nevada ( Granada) conta cun sistema de detención de meteoritos que pretenden estudiar a materia interplanetaria que chega á Terra, có fin de coñecer a orixe e evolución do sistema planetario e solar. A través da análise dos aminoácidos (materia orgánica dos meteoritos) pódese saber en que momento e de que forma apareceu a vida, así como predecir a fecha da extinción das especies no planeta Terra.

  8. angel.aso.1a di:

    Dende 2001 existe un proxecto español financiado pola Axencia Espacial Europea chamado “Don Quijote”.
    Este proxecto propón como solución desviar os asteroides da súa órbita mediante o envío de dúas sondas, unha para impactar e outra para calcular si se logrou desvialo.
    Un problema sería que é necesario detectar os asteroides con anos de antelación para poder intentar a tempo desvialos ou destruílos.

  9. ruben.aso.1a di:

    A responsabilidade destes feitos non a ten ninguén xa que non se saben cando van suceder exactamente.
    Existen algunas maneiras e proxectos de desviar ou destruir os meteoritos pero non sería de todo fiable porque se necesitaría tempo para detectar os meteoritos.

  10. victor di:

    Rubén, pero haberá que organizarse dalgún xeito para prever ou impedir unha ameaza deste tipo; como facelo?
    Que características (composición, tamaño…) debería ter un meteorito para producir a extinción da nosa especie de chegar a impactar sobre a Terra?

  11. barbara.aso.1b di:

    Os meteoritos pequenos, que son moito máis frecuentes que os grandes, soen producir cráteres insignificantes e poucos danos.Os meteoritos deste tipo, con pouca masa, frenanse o penetrar na atmósfera, disminuíndo a súa velocidade.
    En cambio, os meteoritos máis grandes, apenas frenan ao atravesar a atmósfera, polo que poden chegar o chan con velocidades maiores.
    Os impactos de grandes proporcións producen unha fusión masiva de materiales, que salpican os arredores en forma de gotas fundidas. Según a cantidade de vidrio e auga que conteñan, estas gotas reciben o nome de tectitas, cristitas, ou, xenéricamente, boliñas de fusión por impacto.

  12. veronica.aso.1a di:

    Para protexer a Terra de metoritos plantexanse diferentes propostas. Estase a facer un estudo para preverse do posible impacto dun meteorito o próximo siglo, aínda que a porcentaxe diste risco é dun 2%. A Misión de Don Quijote, propón o envío de sondas para impactar contra o asteroide e calcular se se pode conseguir desviar a sua trayectoria; esta é a opción apoiada pola mayoría dos expertos internacionales. Hai outas que apenas teñen apoio como a de enviar un misil termonuclear para que explote contra o meteorito; pero isto na miña opinión non tería moito sentido xa que ao producirse a explosión os trozos dese meteorito poderían vir cara a Terra, poñendonos en perigo e ademais as armas nucleares son moi difíciles de controlar. Outras propostas son intentar mover o eixo gravitatorio mediante sondas para desviar a súa trayectoria ou mediante o envío de velas solares ao espacio para oculatar o sol do meteorito impedindo que non chegue o empuxe do vendo solar e así modificar o seu rumbo.

  13. juanjose.aso.1a di:

    Para que un meteorito produxera a fin da humanidade o seu tamaño debería ser, polo menos, dun quilometro de diámetro. Esto é moi pouco probable xa que os asteroides con máis dun quilómetro de diámetro se dan cada uns 500 millóns de anos. Os asteroides cercanos á Terra son controlados e hipotéticamente de que un asteroide de máis dun quilómetro de diámetro se aproximara á Terra sería visible aun faltando semanas para a súa colisión.
    Encontrei nunha páxina que fai pouco un meteorito colisionou contra a superficie de Xúpiter causandolle cosquillas pero deixando un cráter máis grande que a Terra. Podemos deducir que se chocase contra a Terra, e non contra Xúpiter, sería a nosa fin.

  14. victor di:

    Cando un gran asteroide choca contra a Terra, que efectos posteriores ao impacto teñen un efecto negativo sobre a vida?

  15. isaac di:

    Segundo as estimacións que se fixeron a raíz do impacto deste asteroide contra a nosa atmosfera este obxecto tiña un diámetro de entre 5 e 10 metros, e desprazaríase decenas de miles de km/h, polo que a súa detección e a toma de medidas preventivas resulta practicamente imposible. Por outra banda, obxectos de este tamaño non son especialmente preocupante agás no caso de que os seus fragmentos caian sobre zonas poboadas, cousa estadisticamente pouco probable. Impactos deste tipo prodúcense continuamente, pero na maior parte dos casos non trascenden.

  16. andrea.aso.1a di:

    O efecto dos impactos de asteroides e cometas contra a Terra é diferente en función de varios factores: o diámetro do impactante,a súa velocidade,a súa densidade, o lugar no que se produza o impacto (océano ou terra firme), etc…
    O efecto máis temible dun impacto dun asteroide a parte dos danos producidos nunha zona poblada, seria o polvo xenerado polo impacto que se distribuiría pola atmosfera terrestre en poucos días, provocando o que se chama un inverno nuclear: un periodo de varios meses de oscuridade e de descenso da temperatura global do planeta.

  17. sabina.aso.1a di:

    A noticia impactoume polos danos que puidese haber causado, pero sei que os impactos de meteoritos son un feito ao que estamos espostos, e dende logo non podemos culpar a ninguen de ditas colisións, xa que son algo natural que sucede numerosas.
    Ao planeta Terra chegan numerosos meteoritos que non chegan a alcanzar superficie polo feito de que se desintegran ao impactar contra a atmosfera.
    Tradicionalmente os meteoritos dividíronse en tres amplas categorías:

    -Os meteoritos pedregosos (rocas), integradas principalmente polos minerais de silicato.

    -Os meteoritos metálicos (ferro), compóñense en gran parte de ferro-níquel.

    -Os meteoritos pedregosos con ferro, que conteñen grandes cantidades de material metálico e rocoso.

  18. emilio.aso.1a di:

    Creo que pode ter efectos moi importantes sobre a vida, por exemplo fai que as especias que existan nesa zona, como bacterias, teñan que emigrar para outros lugares ou que desaparezcan, xa que se encontran con un medio totalmente hostil, sen falar do lugar donde cae o meteorito xa que esa zona queda totalmente ária. O maior exemplo témolo no planetésimo que se estrelou contra a terra fai uns 65 millons de anos que acabaou con toda unha superespecie como eran os dinosauros e estivo a piques de acabar con toda a que habia.

  19. fatima.aso.1b di:

    Penso que os países poderosos deberían crear unha asociación para inventar ou axudar a elaborar tecnoloxía para poder descubrir este tipo de meteoritos antes de que impacten contra a terra, xa que de momento tivemos sorte, pero quen sabe se no futuro aparece algún que nos faga desaparecer como ocorreu cos dinosaurios.

  20. victor di:

    Fátima, a que te refires con eso dos “países poderosos”?
    Non credes que non debemos deixar a solución aos nosos problemas en mans doutros?
    Como se debe actuar ante os problemas globais?

  21. martin.aso.1a di:

    Nos problemas a nivel global, eu penso que se debe de actuar de forma cooperada entre tódolos países, chegando a un método para intentar solventar o problema, como o caso do cambio climático.

  22. andrea.aso.1a di:

    Para tratar os problemas globais penso que deberiamos poñernos todos de acordo,xa que cantas menos persoas,teremos menos posibilidades de encontrar unha solucion ante o problema,e ainda que a encontremos se o resto non colabora,non se solucionaria nada.
    Neste caso dos meteoritos penso que deberia chegarse a unha determinada solucion para poder saber máis sobre isto,saber si vai haber algun impacto ou algo que nos poida chegar a danar a nós.

  23. victor di:

    Emilio, dis que as bacterias terían que emigrar?
    Que tipo de tecnoloxía é a utilizada para a detección de asteroides no espazo?

  24. andrea.aso.1a di:

    En Decembro do ano pasado, os expertos solicitaron a Organización de Naciones 100 millóns de dólares ao ano para tratar de crear mecanismos de detección e para desenvolver naves que poidan eludir os perigos procedentes do espacio.
    A organización privada ‘International Panel on Asteroid Threat Mitigation’ (Panel internacional para a mitigación da ameaza dos asteroides), dirixida polo exastronauta estadounidense Russell Schweikart,estimou que só en dous ou tres ocasións, un asteroide dun diámetro superior os 45 metros de diámetro, podería impactarse na Terra nun lapso de mil anos.

  25. emilio.aso.1a di:

    Si, no término emigrar creo que o definin mal, quería dicir que esas bacterias que residian nesa zona despois do choque do meteorito vianse nun territorio totalmente inóspito e acababan morrendo ou adecuarse a ese novo territorio.

  26. jose.aso.1b di:

    Eu penso que con tantos avances tecnolóxicos que temos hoxe en día, deberiamos de facer algo para saber se vai a vir un asteroide ou non, xa que se non dan aviso poden haber grandes perdas, como a morte de miles de persoas xa que se houbera un previo aviso as persoas poderían aloxarse en sitios donde estiveran fora deste gran perigo.
    Por outra parte opino que EEUU debería de establecer esas medidas para protexer as persoas dos asteroides, xa que EEUU e un dos países máis ricos, e non necesita a axuda de nadie para facer fronte as cantidades económicas que ten que aportar para establecer estas medidas.