A UTOPÍA EÓLICA

 

O pasado domingo 8 de novembro producíuse un feito que podemos considerar histórico e único a nivel mundial. A produción de enerxía eléctrica a partir de aeroxeradores superou o 50% do total da enerxía eléctrica producida en España. Expresado en números 11.546 megavatios, o que equivale á produción de 11 reactores nucleares convencionais.

En anos anteriores a produción de enerxía eólica aproximárase puntualmente ao 50% da demanda, pero nunca como nesta ocasión chegara a superalo. É certo que a explicación a estas cifras está nas borrascas que nos últimos días están atravesando o norte da península, e que veñen acompañadas de fortes ventos que propician esta situación. Hai poucos anos estas porcentaxes eran absolutamente impensables. En realidade, a contribución da enerxía eólica na cobertura da demanda de enerxía eléctrica en España supera a considerable cifra do 10 %, tal como se pode apreciar na gráfica (fonte: REE, Informe do sistema eléctrico español 2008) e segue en continuo crecemento desde varios anos atrás.

mixelect.jpg

Estes datos invitan a un relativo optimismo sobre o futuro das enerxías renovables en xeral e da enerxía eólica en concreto, se ben todavía hai que mellorar moito no campo da eficiencia enerxética e na racionalización do consumo as enerxías limpas amósanse como unha alternativa real aos combustibles fósiles e a enerxía nuclear.

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to A UTOPÍA EÓLICA

  1. maria.aso.1a di:

    E algo fenomenal que a metade da produccion de electricidade fose soamente provinte do vento!
    Quizain con tempo as enerxias renovables rematen por aparcar as outras…

  2. santigonzalez.aso.1a di:

    Se se conseguira que as enerxías renovables sustituíran ás non renovables reduciríase moito o cambio climático e o que isto conleva, dando un gran paso cara un futuro con menos contaminación.
    Aínda que estas enerxías teñen un gran impacto ambiental, xa que modifican o medio con estruturas etc. como muíños eólicos, embalses…

  3. sabina.aso.1a di:

    Cando me enterei desta noticia por primeira vez, teño que confeser que me impactou bastante.Con todas estas novas que nos chegan día a día a través de xornais ou da televisión acerca do cambio climático e do quentamento global, este importante feito supuxo unha esperanza que nos impulsa a pensar que dentro de un certo período de tempo poidamos utilizar no noso país e noutros unicamente as enerxías renovables, sen preocuparnos polas emisións de gases á atmosfera, producidos principalmente polas centrais térmicas.

  4. laura.aso.1a di:

    Acadar estas cifras, creo que é un gran paso, que nos pode encamiñar a utilizar máis enerxías renovables, e a invetir máis en estes proxectos.

  5. ruben.aso.1a di:

    Sen dúbida que estas cifras son moi boas para todos . Este e un gran paso para todos xa que temos enerxía dunha fonte renovable. Pero este feito xa tiña que ser hai tempo porque Alemaña fai unhs anos obtiña maior enerxía procedente de fontes renovables que España . Este feito tamén veu propiciado polo aumento do prezo dos carburantes.
    Sen dúbida que si seguimos asi imos a reducir as emisións de CO2 e obter grandes beneficios gracias as enerxías renovables.

  6. paula.aso.1b di:

    Que a produción eólica superara o 50% do total da enerxía é unha noticia estupenda.
    Un lado positivo que tiveron as borrascas de estes dias, ainda que tamen xeneraron moitos danos, grazas a elas aumentara a producion da enerxia.

  7. veronica.aso.1a di:

    Como di Laura, todos os países deberían invertir máis nestos proxectos.
    O Consello de Ministros de España aprobou un Acordo o pasado luns 16 de novembro que fai posible a posta en marcha de forma crecente nos próximos tres anos instalacións eólicas con unha potencia de 6000 MW, o que é todo un abance xa que 2007 os de potencia máxima eran de 1670 MW. Gracias a todo o que se está a facer España ocupa o segundo lugar mundial en instalacións e aproveitamento de enerxía eólica, por detrás de Alemaña.

  8. andrea.aso.1a di:

    Paréceme moi interesante o feito de que se poidese obter máis do 50% do total da enerxía eléctrica producida en España, é un dato que favorece as enerxias renovables, e que, de seguir asi podemos obter grandes beneficios gracias as enerxias renovables.

  9. dolores di:

    É un feito importante, pero non perdades de vista que se trata dunha situación especial dada por unhas condicións de alerta (laranxa ou vermella) de vento, como di Paula, e que ademais estivo propiciada pola demanda neses momentos. Comparade ese pico cos datos do gráfico.
    Que ten que ver a demanda coa produción?

  10. ivanabal.aso.1a di:

    A demanda coa producción ten bastante que ver xa que por moito que os aeroxenerados produzan se nadie o gasta, esa enerxia desperdiciase xa que non ai ningun metodo que poida gardar toda a enerxia.

  11. laura.aso.1a di:

    A demanda e a producción están moi relacionadas, como di Iván no seu comentario, se a enerxía producidad polos aeroxeneradores non é utilizada pérdese, o que me parece un desaprobeitamento de esa enerxía conseguida.
    Hai algunha forma de poder gardar esta enerxía obtida para ir utilizandoa segundo medre a demanda?

  12. andrea.aso.1a di:

    Tal e como din os meus compañeiros a demanda esta moi relacionada coa produción, xa que se a enerxia producida non se utiliza pois perdese e é un gasto innecesario,ademáis nestes momentos non nos podemos permitir gastar sen estar beneficiandonos deso.

  13. dolores di:

    A posibilidade de almacenar a enerxía producida en situacións como a que se cita no post ou en outras non tan excepcionais pero que coinciden con momentos de baixa demanda (como á noite) é un dos puntos débiles da enerxía eólica. Xa hai algunhas opcións funcionando e outras nas que se investiga.
    Buscade información sobre iso.
    Como poderíamos nos como consumidores contribuir nese sentido?

  14. roberto.aso.1a di:

    O almacenamento de enerXía é a clave para ampliar o uso das enerxías renovables.Unha empresa americana está traballando actualmente nun proxecto para almacear enerxía eólica, proxecto que estase a probar nunha granxa en Minnesota e que se trata dunha batería composta por 20 módulos de 50 kilovatios cada un que alcanzan aproximadamente o tamaño de dous semi- trailers. Esta xigantesca batería pode almacear ata 7,2 megavatios/hora de enerxía, o suficiente para abastecer de electricidad a 500 fogares durante sete horas.

  15. laura.aso.1a di:

    O método de almacenamento de enerxía que atopei pareceme moi curioso, consiste en almacenar o aire debaixo da terra, é decir, cando hai aire, pero non hai demanda, a electricidade producida, é derivada da rede electrica a unha bomba de aire. Esta máquina absorve o aire e comprimeo, e despois inxectao nun solo poroso donde queda gardado (é similar a os xacementos de gas natural)
    No caso de que haxa demanda pero non vento,ponse en marcha un mecanismo que funciona a inversa, recolle o aire que se atopa gardado no solo, e transformao en enerxía, que logo se derivará a rede electrica.

  16. marcelina.aso.1a di:

    A forma de almacenamento de enerxía é a do aire comprimido que se refíre a unha tecnoloxía ou aplicación técnica que fai uso de aire que foi sometido a presión por medio dun compresor. Na maioría de aplicacións, o aire non só se comprime senón que tamén se deshumifica e fíltrase. O uso do aire comprimido é moi común na industria, o seu uso ten a vantaxe sobre os sistemas hidráulicos de ser máis rápido, aínda que é menos preciso no posicionamento dos mecanismos e non permite forzas grandes.
    E a outra é a do aire líquido, que está composto de aire que foi licuado mediante aplicación de alta compresión en pistones e posteriormente arrefriado a moi baixas temperturas. Debe ser conservado nun vaso Dewar a temperatura ambiente, o aire líquido absorbe rapidamente a calor e é esta a razón pola que se converte rapidamente ao seu estado gaseoso. Emprégase xeralmente na refrixeración doutras sustancias, así como fonte de nitróxeno, osíxeno, argón, e outros gases inertes.

  17. victor di:

    E a transformación do sobrante da enerxía eólica en hidróxeno?

  18. ivanabal.aso.1a di:

    A transformación da enerxia eolica en hidroxeno e un proceso que esta en estudio en varios parques eolicos, en galicia tamen. O proceso e sencillo, cando a os aeroxeneradores producen mais enerxia da demandada esta tranformase mediante electrolise para contela en pilas de Hidroxeno

  19. victor di:

    É certo que a enerxía eólica sobrante tamén se utiliza para devolver aos encoros as augas xa utilizadas?