EU, ROBOT

Preséntovos a Robo Thespian; un simpático robot que fala varios idiomas, recita a Shakespeare e a Lorca, interpreta escenas enteiras de películas famosas, baila e é do máis simpático. Se o queredes coñecer en persoa, teredes que desprazarvos ata o Parque das Ciencias de Granada, porque compralo é un pouco difícil: custa 55.222 €… algo cariño, non?

imagen

Este Robot é unha creación de Engineerd Arts Limited, de Gran Bretaña. O seu nome débello ó grego Thespis, un actor que xa exercía no 534 a.C.

FUNCIONAMENTO:
Robo Thespian funciona alimentado por aire comprimido, e os movementos máis importantes están impulsados por músculos de aire Festo. Ten máis de 30 eixos que lle permiten variar a velocidade e sosterse en calquera posición.

HARDWARE:

-Pantallas de LCD nos ollos

-Pezas que permiten o movemento dos dedos

-Autoboca con sincronización labial

Recoméndovos que olledes os videos de Robo Thespian que teña subidos Engineerd Arts Limited; son boísimos, aínda que están en inglés.  Demostran que eso da AI non está tan lonxe.

Autora: María Grandal

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

43 Responses to EU, ROBOT

  1. laura.aso.1b di:

    Cada día a tecnoloxía sorprendenos máis,parece mentira que un robot poida falar distintas linguas e poder ter tanta información.
    Só hai un en España?

  2. raquel.aso.1b di:

    Que intenvos tan incríbles se poden chegar a construír hoxe en día, ata o punto de facer un robot humano. Pereceme algo fascinante e penso que é un avance moi grande na tecnoloxía moderna. Fai uns 20 anos era casi imposible pensar que, por exemplo a día de hoxe se puidera ter internet no móbil ou como neste caso, ter un robot que fale ou interprete escenas de películas. A pesar de todo ten un problema típico das novas tecnoloxías, o prezo, xa que non está case a disposición de nadie, agás das persoas máis poderosas economicamente.

  3. laura.aso.1a di:

    Pareceme moi interesate a entrda que fixo Maria, unha das cousas que máis me sorprendeu foi que o robot constara de unha fonte de alimentación de aire comprimido e uns músculos de esas características.

  4. andrea.aso.1a di:

    Esta claro que cada vez avanzamos máis nas novas tecnoloxias,e chegamos a cousas increibles como esta.
    E o que máis me chama a atención é que este robot poida falar varios idiomas, recitar a Shakespeare e a Lorca, interpretar escenas enteiras de películas famosas e bailar.

  5. victor di:

    Non vos semella que recitar a alguén de memoria tamén o fai un MP3?
    Posúe iniciativa propia este robot?

  6. raquel.aso.1b di:

    Esta claro que non posúe iniciativa propia, é como un ordenador pero que se move, ten todo grabado no “disco duro”.

  7. silvia.aso.1b di:

    Supoño que o avance en sí é o robot, xa que o son estará gravado, como nun MP3, o exemplo que puxo Victor. Unha máquina non ten cerebro, polo tanto non pode posuír iniciativa propia, só pode facer o que a persoa programe.

  8. santiguillan.aso.1a di:

    Bueno o que hai que ver neste robot non é o que fale e recite poemas, posto que iso so ten que ter un dusco duro e un altavoz. O máis interesante para min son os movementos impulsados por aire. Cada día a ciencia avanza máis e máis rápido, este rbot é moi interesante.

  9. ana.aso.1b di:

    Nos últimos anos os avances tecnoloxicos cada vez son mais grandes como podemos comprobar.
    Cada dia sorprendenos cunha nova relacionada ca tecnoloxia e como vamos a pasos moito mais grandes cada vez.Pero claramente un robot non é mais que un obxeto dirixido por un ser humano

  10. carlos.aso.1a di:

    Como non, polo que a min respecta, a tecnoloxía séguenos sorprendendo con máis avances que parecen non ter fin, e este robot e un bo exemplo. O que máis me chama a atención deste robot e que funcione con simplemente aire, xa que como dixeron antes, o resto de coñecementos, son memorias artificiais.
    Ainda que tamén creo que os xaponeses teñen robots tan ou máis avanzados que este.

  11. victor di:

    Opinades que a mellora dos robots debe in encamiñada a que sexan semellantes aos humanos?

  12. laura.aso.1a di:

    Non necesariamente, na miña opinión, os robots deberían ser utilizados para facilitarlle a vida a os seres humanos, e non se terían que parecer a nos necesariamente.

  13. ruben.aso.1a di:

    A mellora destes robots pode ir encamiñada a que sexan parecidos ós humanos ou non , xa que se melloran tamén para facer cousas con mais exactidude cos humanos . Estes robots son un gran invento xa que no futuro poden solucionar moitos problemas.

  14. victor di:

    Pero estades de acordo en que tendemos a medir a perfección dos robots pols semellanza que gardan con nos?

  15. silvia.aso.1b di:

    Non creo que nos poidamos comparar, xa que un robot por moita información da que dispoña segue sen ter capacidade de razoamento como os seres humanos, polo tanto non nos pode superar en intelixencia pero sí en datos.

  16. leticia.aso.1a di:

    Evidentemente si penso que buscamos esa perfección nos robots porque non deixan de ser máis que unhas imitacións nosas.

  17. victor di:

    Xa sei Silvia, que non nos debemos comparar cos robots. A cuestión pola que quero levar os razoamentos é se o que se debe buscar nos robots é a imaxe e semellanza cos seres humanos ou que desenvolvan axeitadamente certas funcións que melloren a nosa calidade de vida.

  18. carlos.aso.1a di:

    Eu creo que o que se debe buscar nos robots e que desenvolvan axeitadamente funcións que nós non poidamos conseguir ou facer, e asi poder mellorar a nosa calidade de vida, por que seres humanos somos moitos e todos coas mesmas capacidades pero un robot e totalmente distinto a nos, sobre todo non ten sentimentos.

  19. ruben.aso.1a di:

    Eu opino igual que Carlos , xa que os seres humanos inventamos os robots para que fagan funcions que nós non poidamos conseguir, e con mais exactitude.
    Con estes robots o noso nivel de vida mellorará ou eso creo.

  20. sabina.aso.1a di:

    Na actualidade, os robots comerciais e industriais son ampliamente utilizados, e realizan tarefas de forma máis exacta ou máis barata que os humanos. Tamén se utilizan en traballos demasiado sucios, peligrosos ou tediosos para os humanos. Os robots son moi utilizados en plantas de manufactura, montaxe e embalaxe, en transporte, en exploracións na Terra e no espacio, ciruxía, armamento, investigación en laboratorios e na producción en masa de bens industriais ou de consumo.

    Otras aplicacións inclúen a limpeza de residuos tóxicos, minería, búsqueda e rescate de persoas e localización de minas terrestres.

  21. alexandre.aso.1b di:

    A verdade e que en increible como avanza a tecnoloxía, como vemos todos os avances que se fan son hacia o camiño de facer que un robot ou máquina se parezca ó ser humán, a moita xente preocúpalle que estes avances tecnolóxicos poidan ser unha ameaza para os postos de traballo que agora executan os humans, eu máis ben vexo como a creación doutros postos, está claro que os avances son excelentes pero non vexo a idea de facer un robot tan perfecto como unha persoa, outra cousa e que nós adaptamonos o medio e as máquinas hai que adaptalas.

  22. raquel.aso.1b di:

    Penso que os robots non se teñen porque parecer a nós, xa que a súa función é facilitarnos a vida ás personas, e para eso non teñen porque semellarse a nos.

  23. vanesa.aso.1b di:

    Na miña opinión a tecnoloxía vai seguir avanzando e o que nos sorprende agora despois xa non será así.Tamén opino que as tecnoloxías non superarán ao ser humano en intelixencia ,senón que en datos.Sen embargo penso que non se debería abusar da tecnoloxía pois pode que para algunhas cousas sexa beneficioso pero para outras como o emprego é ao revés pois só o destrúe.

  24. maria.aso.1a di:

    Ai atrás comentouse que a sua “mente” é só coma un MP3..pero se é así…é un MP3 moi ben feito…
    http://www.youtube.com/watch?v=DfAzmjly1UA
    http://www.youtube.com/watch?v=eyaS_rRs6fo
    http://www.youtube.com/watch?v=NsPVhTxQxrk
    Polo demáis..nos en realidade tan solo usamos os robots para traballos…de feito a palabra robot procen do termo poloaco “robota” que significa traballador forzado ou escravitude. Non éstou en desacordo con eso..por é certo que ata que os robots teñan sentimentos, prefiro que se rompa unha maquina a que morra unha persoa facendo aulgunha tarefa complicada.

  25. maria.aso.1a di:

    por certo:
    HAY AUGA NA LUA!!
    =D

  26. victor di:

    María, por que pensas que os robots deben ter sentimentos?
    Non sería mellor que os robots foran máquinas?
    Non vos parace que o que queremos fabricar non é un robot senón un ser humano artificial?
    É isto así por que pensamos que o ser humano é unha máquina perfecta?

  27. laura.aso.1a di:

    Os seres humanos intentamos crear máquinas que se asomellen a nos, poque nos consideramos unha máquina máis ou menos perfecta, pero eu creo que fabricar un robot con sentimentos sería algo inecesario, solo acarrearía problemas,ademáis os ¨sentimentos¨ de ese robot serían artificiales, serían un programa grabado no seu disco duro.

  28. karina.aso.1b di:

    Pareceme increíble todo o que se pode xegar a facer, por unha parte e normal que sexa tan caro non? dende logo case son coma nos.

  29. maria.aso.1a di:

    Estou de acordo no punto de que en certo modo o que buscamos e fabricar un ser humano artificial…e tamén en que ata certo punto eso acarrearía( a larga) gran cantidade de problemas(pode que non sexa máis que unha peli, pero esto empeza a recordarme a Blade Runner…)…pero tamén penso que se traballan para nós, o mínimo que poderíamos facer sería codalos ben, e obviamente eles non se enteraran se os coidamos ou non a menos que sexamos capaces de dotalos de sentimentos.Con respecto ao que dixo Laura dos “sentimentos”, penso que hai 50 esto era imposible…so pensalo era unha loucura…que nos di que dentro de 50 anos non sexamos capaces de facer iso?
    Sobre o de que o ser humano é a máquina perfecta…perfecta non sei, maquina?..eu tampouco me considero unha máquina…pero dende logo penso que somos mellores que un ordenador, unha calculadora, ou incluso un robot, porque de momento somos nos quen os construimos…o que nos diferencia deles é ter ideas propias, orixinais e levalas a cabo.

  30. rubenlois.aso.1a di:

    Eu opino que a xente que inventa os robots faino porque sabe que non somos perfectos. Os robots deberían facerse para realizar actividades que nos como humanos non podemos realizar debido ao seu grao de dificultade ou perigosidade.
    É bo que os robots sexan máquinas porque realmente non teñen sentimentos nin poden pensar por si mesmos, pero por outra banda tamén estaría ben que o puideran facer porque sería outra maneira de que se realizaran cada vez cousas moito máis complexas.
    Con respeto á última frase de María, estou de acordo en que somos diferentes aos robots, pero somos diferentes en todos os sentidos ou hai algo no que nos parecemos?

  31. maria.aso.1a di:

    Claro que nos parecemos en cousas, de feito os robots estna “inspirados” en nos, asi que a nosa estructura é moi semellante…ou se é o robot dun can, parecerase a este…

  32. dolores di:

    Maria, pensas que deberían ter sentimentos para que podamos expresarlles o noso agradecemento polo seu traballo?
    Que repercusións credes que podería ter iso, como influiría nos seus usos?

  33. rubenlois.aso.1a di:

    Se os robots teñen sentimentos serían “humanos” coma nos, e os seus usos reduciríanse aos mesmos que aos dos humanos, porque sentirían dor, mágoa e outros sentimentos.

  34. laura.aso.1a di:

    Na miña opinión, se un robot posuira sentimentos sería so un obstaculo,estou de acordo co que dixo Rubén no seu comentario, se un robot posuise sentimentos, reduciríanse considerablemente os seus usos.

  35. isaac di:

    Non perdades a perspectiva de robot como máquinas, o feito de que se lles dea forma ou características humanas, ou incluso de mascotas é unha cuestión puramente estética, o de dotarlles de sentimentos, se iso fora posible, non creo que tivera vantaxe algunha e ademais considero que sería deshumanizador.

    En canto a intelixencia artificial gustaríame ver se sodes capaces de describila, máis alá dunha definición de wikipedia, ou incluso describir a intelixencia a secas.

  36. laura.aso.1a di:

    A intelixencia artificial, trata de conferir intelixencia a un robot, é decir. trata de que o robot, poida relacionarse co medio, tanto recibindo e comprendendo toda a información que o rodea, ou interactuar co medio.

  37. anadia.aso.1b di:

    A intelixencia artificial é un sistema de decisións dunha máquina creada ou non polo ser humano que mostre certa intelixencia polo menos aparentemente e que teña as características de un sistema de impulso vital.
    A intelixencia e a capacidade que temos os seres humanos de poder elixir a opción mais acertada para resolver un problema, de razoar, valorar, de comprender o que nos rodea e de ter unha conciencia,; e ningunha máquina poderá poseer esta clase de intelixencia nunca.

  38. andrea.aso.1a di:

    O concepto de intelixencia artificial esta relacionada coa ciencia informática, e trata os obxectos creados polo ser humano, é dicir os racionais pero que non teñen vida propia, non son seres vivos.
    A intelixencia artificial é o que se lles aplica a estos seres inertes.

  39. marcelina.aso.1a di:

    Os robots non poden ter sentimentos xa que eso para min é exclusivo dos humanos, os robots sonpara o que son facilitarnos a vida, facer cousas máis rápido,etc,como un ordenador pero con forma de persoa e movéndose.
    A intelixencia artificial é a ciencia informática que crea seres non vivos

  40. jose.aso.1b di:

    A miña opinión, e que os robots de momento non son moi importantes para o desenvolvemento das nosas vidas, pero chegara un momento no que seran imprescindibles na vida humana.
    A min o que máis me chama a atención, e que se alimente polo aire comprimido xa que o máis normal e que se alimentara grazas a unha especie de batería, ou algo polo estilo.
    Por último, penso que este tipo de robots non tardarán moito en espallarse polo mundo, xa que a tecnoloxía avanza moi rápido.

  41. noelia.aso.1b di:

    Eu creo que a insistencia en crear robots parecidos a nos,os humanos, non e mais que a busquedae da perfeccion.Un robot nunca estara enfermo nin cansado.Sem embargo,unha persoa ten sentimentos e ambicions… A máquina sempre traballara eficientemente e si se estropea sempre se pode substituir por outra ou arreglala.Dende logo para alguns traballos compensa ter unha maguina en ves de unha persoa

  42. santibras.aso.1a di:

    A intelixencia artificial é a intelixencia que se lle otorga as maquinas, devido a que estas non teñen a mesma intelixencia ca unha persoa normal, xa que a maquina fai o que lle dicten pero en cambio as persoas fan a opción que mellor lle parece.
    A insistencia de crear robots ven dada pola capacidade de mando e efectividade que teñen xa que non lle afectan as cousas do mundo porque non saben racionalizar, e solo fan as cousas pola orde dada.

  43. patricia.aso.1b di:

    Paréceme incrible que cos avances tecnolóxicos que estan a aparecer se poida construir un robot que teña diferentes funcións e que a parte pode falar diferentes idiomas o que é moito máis incrible. Ainda que ter unha máquina destas ten as súas vantaxes e os seus convintes, podenons adiantar moito máis traballo e como di Noelia, si se estropea cámbiase por outra e o problema esta areglado, a consecuencia que pode traer e que pode aber moita menos man de obra por parte das persoas.