UN HOME CHAMADO CABALO

imagen

Un equipo internacional de científicos conseguiron descifrar o xenoma do cabalo doméstico e observaron que existen grandes semellanzas xenéticas entre esta especie e os seres humanos. Este descobrimento podería axudar na mellora de tratamentos de enfermidades comúns en ambas especies, así como coñecer o parentesco xenético e a historia evolutiva compartida entre cabalo e ser humano.

Os científicos demostraron que existen máis de 90 enfermidades graves de orixe hereditaria compartidas entre as dúas especies. Un dos fenómenos que máis sorprendeu foron as poucas diferencias con respecto á ordenación de xenes dentro dos cromosomas do Equus caballus e Homo sapiens. Concretamente, máis do 50% dos cromosomas dos cabalos conservan a mesma orde na disposición dos xenes. Isto permitirá coñecer a distancia xenética que separa a ambas especies dentro da árbore da vida, pois co paso do tempo as mutacións naturais alteran a ordenación dos xenes que herdaron dun ancestro común. 
imagen

Esta entrada foi publicada en Evolución, Orixe humana, Xenoma humano e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to UN HOME CHAMADO CABALO

  1. ana.aso.1a di:

    Pareceme moi interesante esta investigacion xa que una epecie que parece tan diferente a nos o final ten mais semellanza das qu pensabamos.

  2. laura.aso.1a di:

    Este pareceme un descubrimento que mellorará en moitos sentidos o coñecemento que temos das enfermidades(que compartimos cos cabalos), e tamen para coñecer a evolución que experimentaron as dúas especies.

  3. rubenlois.aso.1a di:

    Ao meu parecer, esta investigación podería previrnos dalgunhas enfermidades que tamén lle afectan aos cabalos, pero para eles xa teñen solución. É algo incrible que un humano se poida parecer tanto a un cabalo, pero debido ao xa investigado é algo que non se pode negar.
    Por que coinciden tantos cromosomas dos humanos cos dos cabalos?
    Isto pode ter referencia con personaxes de mitos como os centauros?

  4. alicia.aso.1b di:

    Primeiramente pareceme increible que compartamos tanto en común cos cabalos, é impresionante que dúas especies que parecen tan distintas teñan tanto en común.
    Esto habrirá novos campos de investigación sobre enfermidades que afectan a ambas especies co que se avanzará un pouquiño máis cara as curas para enfermidades que hoxe en día seguen sendo incurables.

  5. victor di:

    Por suposto que non Rubén, os centauros son producto da imaxinación.
    Eu son licenciado en bioloxía e non entendo por que vos resulta tan raro o noso parentesco cos cabalos, posto que debedes saber que todos os seres vivos da terra temos un orixe común e, polo tanto, compartiremos xenes con todos os seres vivos deste planeta.

    A pregunta é: con quen compartimos máis xenes, é dicir, con que estamos máis emparentados; cunha faneca, cun sapo, cunha serpe ou cun cabalo? Respondede razoando.

  6. victor di:

    O PRÓXIMO SÁBADO PECHARASE O FORO SOBRE DARWIN

  7. laura.aso.1a di:

    Eu creo que estamos máis relacionados cos cabalos, xa que ambos somos mamíferos, e nos desenvolvemos no mesmo medio.

  8. raquel.aso.1b di:

    Estou totalmente de acordo con Laura, penso que estamos moito máis emparentados cós cabalos que cós outros exemplos, polo simple feito de que nós somos mamíferos coma eles, e pola contra, os outros exemplos non.

  9. aliciaromero.aso.1b di:

    Eu estou de acordo con Laura. Penso que estamos mais emparentados cos cabalos xa que os dous somos mamíferos.

  10. raqueltrigo.aso.1b di:

    Antes de nada chamoume moito a atencion este post,eque ainda me costa creer o que acbo de ler.
    Respondendo a pregunta de victor penso coma Laura creo que nos parecemos máis os cabalos porque son mamíferos,a faneca vive no mar,e é un peixe e respira por branquias,o sapo é un anfibio e a serpe é un réptil todos eles son oviparos e decir reproducense por ovos e os cabalos e os seres humans somos viviparos.
    Os cabalos e os seres humans temos pelo,e tamen noutra cousa na que nos semellamos é que temos instinto maternal o que quero decir é que a femia coida o fillo ata a madurez e os seres humans tamén o facemos.

  11. laura.aso.1b di:

    Eu opino igual ca laura penso que temos mais relación cos cabalos.
    Cas fanecas ou sapos e máis dudable xa que viven en distinto terreo , e as serpes dudo mais xa que e un animal ovíparo aunque viva no mesmo terreo.Non ten moita relación co ser humano

  12. ruben.aso.1a di:

    Pos suposto que estamos mais emparentados cos cabalos , ou eso creo na miña opinión, xa que os cabalos e os humanos nos desenvolvemos no mesmo medio e somos mamíferos.

  13. victor di:

    A que se pode recorrer para coñecer o parentesco entre as especies? Como podemos saber, por exemplo, se estamos máis emparentados cun sapo ou cunha sardiña?

  14. laura.aso.1a di:

    Para coñecer o parentesco, que temos con calquera especie, é comparar a nosa secuencia de aminoácidos en algunha das nosas proteínas, vendo as diferencias que hai entre elas, o único que teriamos que ver despois é remontarnos os nosos antecesores e observar como nos fomos distanciando xenéticamnete, e tamen o que nalgun momento tuvemos en común.

  15. andrea.aso.1a di:

    Sabemos que en caso de dudas acerca da paternidad, podense facer probas xenéticas que comparen o material xenético entre individuos. Con esas probas xenéticas podemos saber o nivel de parentesco entre individuos e, en particular, si un individuo é o pai de outro.
    O mesmo pódese facer entre diferentes especies.Pódense estudar o seu material xenético e comparalo.
    Con estas comparaciones xenéticas podemos coñecer o nivel de parentesco entre diferentes especies e nós e a sua proximidad ou lexania.

  16. victor di:

    Estades de acordo con Laura?
    De que material xenético fala Andrea?

  17. veronica.aso.1a di:

    Eu estou de acordo co que di Laura, porque se queremos coñecer o parentesco entre dúas especies, o primeiro que temos que facer é como di ela, comparar a nosa secuencia de aminoácidos dalgunha das nosas proteínas coas doutra especie.

    Cando Andrea fala de comparar o material xénetico entre dous individuos, estase referindo a comparar o ADN nuclear de amabas as dúas especies.

  18. victor di:

    E non vos semella máis razonable comparar o ADN de dúas especies cos aminoácidos das proteinas?

  19. marcelina.aso.1a di:

    A primeira vez que o les si que quedas sorprendido polo noso parecido xeneticamente pero despois pensas e daste conta do que dicía raquel, que somos viviparos, os dous tivemos un pasado evolutivo en común que se separa non fai moito,etc.
    En parte si que estou de acordo con laura xa que a partir da secuencia de ADN pódense comparar os aminoácidos das proteínas.

  20. sabina.aso.1a di:

    Con respecto á pregunta que formulou Victor, penso que os humanos temos verdadeiramente parecido coas catro especies, xa que compartimos xenes que compartimos algún tipo de xen, pero facendo un estudo dos seus ADNs sábese que co que maior similitude temos é co cabalo.
    Outro dos seres vivos que máis similitude xenética ten cos seres humanos é o peixe cebra, que chega ao 87%, xunto coa transparencia dos seus embrións, a súa capacidade reproductiva e o seu rápido desenvolvemento.

  21. diego.aso.1b di:

    Parece incrible que teñamos tanto parentesco co cabalo co diferente que parecemos.
    Con este decubrimento quizáis poidamos tratar infermidades que temos en común e de gran preucupación.
    Quizáis co tempo se descubran outros animais con tal parntesco a nós.

  22. victor di:

    Marcelina, complícalo demasiado. O ADN é prioritario e as proteinas fórmanse a partir da secuencia deste. Polo tanto se estudiamos a semellanza do ADN xa non será necesario estudiar a semellanza entre os aa resultantes da traducción do ADN.
    Volvede a razoar; que ventaxes ten o estudio do ADN con respecto ás proteinas?

  23. laura.aso.1a di:

    Eu creo que a ventaxa que ten o ADN sobre as proteínas é que neste, podemos apreciar mellor as diferencias.

  24. vanesa.aso.1b di:

    Este descubrimento ten moitas vantaxes pois permitiría o avance da mediciña tanto para seres humanos como animais .Tamén é importante porque o estudo do ADN con respecto ás proteínas é que o ADN fabrica estas proteínas virais que fabrica anticorpos que fan que o sistema inmune actúe de maneira máis eficaz e poderosa.

  25. karina.aso.1b di:

    Pareceme un descubrimento excepcional, xa que si os avances siguen indo así, a mediciña avanzará a pasos axigantados!

  26. isaac di:

    Sabina, cometes un erro de concepto ao afirmar que o xenoma humanos e o xenoma do peixe cebra coinciden no 87%. Lóxicamente non é así, xa que evolutivamente estamos bastante separados cos peixes, e habería que buscar o noso ancestro común con esta especie hai máis de 450 millón de anos.

    A cifra do 87% ven do que se chama identidade xénetica, que se explica do seguinte xeito, o 87% do xenes presentes no peixe cebra conserváronse ao longo da evolución e están presentes agora no ADN humano, pero o noso xenoma incorporou ao longo da liña evolutiva outros moitos xenes.

  27. jose.aso.1b di:

    A min chámame moito a atención que teñamos tantos parecidos cos cabalos, xa que non se parecen nada a nós,xa que o que parece máis normal e que nos parecemos os monos xa que din que procedemos deles.
    E con respecto as enfermidades, como compartimos unhas noventa cos cabalos os experimentos sobre esas enfermidades que compartamos, poderanos faccer cos cabalos, e non nos terán que utilizar a nós.