FUSIÓN E CAOS

imagen

Diversos investigadores manteñen que a fusión dos xeos polares implicarian unha elevación desigual do nivel do mar. Se todo o xeo antártico fose a parar a auga o nivel do mar ascendería  cinco metros. Pero tal perda de masa da Antártida diminuiría a forza de atracción da gravidade nesa zona e como consecuencia o eixo de rotación da Terra desprazariase uns 500 m. Tomados en consideración estes e outros datos, calcúlase que o nivel do mar descendería nas proximidades da Antártida mentres que no hemisferio norte elevariase entre 1 e 2 m máis do estimado previamente. Pero a parte deste efecto concreto o desxeo polar tería outros moitos efectos negativos para a nosa civilización.


Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

40 Responses to FUSIÓN E CAOS

  1. aliciaromero.aso.1b di:

    Eu penso que todos os países do mundo deberían tomarse máis enserio este problema e poñerse de acordo para poder evitalo.
    Neste momento non o están facendo debido a mala economía, pero deberían pensar que dentro de un tempo se non se empeza a tratar o problema, chegará a un punto non que poida que non haxa solución, e a economía será o mal menor.

  2. victor di:

    Segundo Alicia Romero os países do mundo non están a tomar en serio o cambio climatico pola crise económica; compartides esta opinión?

  3. raquel.aso.1b di:

    Non, eu non estou de acordo. Eu si creo que os países estanno tomando totalmente en serio, pero é moi difícil cambiar as cousas dun día para o outro habendo tanta xente no mundo. Penso que é un proceso que leva moito tempo pero que cada vez está avanzando máis. Quizáis a crise produza que vaia máis lento, pero iso penso que é normal xa que á crise afecta moito á xente a curto prazo, pero por outra bando o cambio climántico tamén afecta moito á xente, pero máis a longo prazo.

  4. paula.aso.1b di:

    Eu non estou dacordo en que non se está facendo nada.
    Todo o mundo sabe o que poderá ocorrer si non intentamos frear este cambio. Na miña opinión, todos os paises están aportando para acabar co cambio climatico, e un claro exemplo disto é o Protocolo de Kioto, onde participan case todolos paises do mundo.
    Claro que se están tomando medidas, pero o dano causado é moi grande, e todo leva a seu tempo ainda que este empece a esgotarse.

  5. veronica.aso.1a di:

    Outro dos efectos negativos do desxeo é que xa está afectando as correntes oceánicas. O que está a provocar todo isto do desxeo dos polos é o quentamento global. Este é un fenómeno baseado nas medidas da temperatura e indícanos que nas últimas décadas esta aumentou considerablemente. Non podemos confundir o quentamento global co efecto invernadoiro, pero si podemos decir que o aumento deste último é a causa do quentamento global que estamos a sufrir nestos momentos.

    Respondendo a pregunta de Victor eu estou de acordo con Raquel e Paula en que a crise está afectando a os medios que intentan solucionar o problema co cambio climático, pero iso non quere decir que non se estea a facer nada.

  6. josebenito.aso.1b di:

    O cambio climático é unha realidade que xa estamos observando no mundo. Os países máis poderosos do mundo, como EEUU o os da zona de Europa occidental, son os que deben propoñer medidas para todo o mundo e levalas a debate por todos os países que conforman a Terra. Claro está tamén que cada país ten moitos asuntos que tratar, pero se cada un fai un pouco poderase amañar un pouco o asunto do cambio climático e ilo reducindo pouco a pouco.

  7. fatima.aso.1b di:

    Eu penso que cada un de nós debería contribuir a frear o cambio climático. Hai uns anos o goberno español levou a cabo unha campaña de concienciación cara o pobo para que reciclaran na súa casa, no seu traballo, ect. Nós debemos axudar nisto e así mellorar polo menos as nosas conciencias e pouco a pouco, cada persoa deberá autoconvencerse de que o cambio climático tamén é problema seu. Así, o xeo dos polos seguirá tan sólido coma sempre e non haberá discusión sobre canto subirá o nivel do mar, a que países lles afectará e os gobernos aforrarían diñeiro e desgrazas se esto chega a pasar.

  8. belinda.aso.1a di:

    Tómano en serio?. Depende de como se vexa. Europa leva dende os anos 70 facadendo estudos para identificar os problemas que se presentarían co cambio clímatico e para coñecer como solucionalos. Os proxectos céntranse no desenrolo de tecnoloxias máis limpas, e en cuestións socio-económicas. ¿Pero están a facer o suficiente? Non ó sabemos: pero o estado concede subvencións para que as empresas instalen tecnoloxías máis ecoloxicas e con menor consumo enerxético. Outro exemplo e o Plan Renove para que os cidadans compren electrodomésticos cum consumo reducido de enerxia, etc.

  9. santibras.aso.1a di:

    Por parte estou de acordo pero por parte non.
    Desde un punto de vista estase a facer o que é devio para que non se desxeen os polos por mor do cambio climatico, pero é moi complicado manexar a todas as persoas para que fagan o que é devido. Pero por outra banda, este problema poidose intentar suavizar dende xa hai moito tempo porque non é un problema que sucedese hai pouco, xa que a contaminación sempre se puido disminuír, pero agora xa se estan a tomar as medidas precisa para evitalo.
    E a crise non ten que intervir na contaminación porque as persoas unha a unha poden evitalo contaminar menos.

  10. alicia.aso.1b di:

    Eu creo que se esta tomando bastante en serio este problema, ainda que nalgúns paises maís ca en outros .
    Ademáis hai que ter en conta que hai paises que teñen máis recursos ca outros e cada un aporta o seu gran de area para poder frear este caos e intentar que o problema non vaia a máis .

  11. roberto.aso.1a di:

    Eu penso que todos os país saben de sobra que este é un problema moi importante consecuente do cambio climatico,ainda que non é o unico.
    Supoño que a maioria dos paises saben que deben actuar para frealo, o problema está en que so o pensan e realmente non fan moito para combatilo,como se estuberan esperando a ver que ocorre.

  12. aliciaromero.aso.1b di:

    Unha noticia da semana pasada foi que os representantes dos países en vías de desenvolvemento levantáranse da negociación por non querer tomar medidas neste tema e eso pódese comprobar.

  13. aliciaromero.aso.1b di:

    Eu penso que os países desenvolvidos están a facer algo como obligar ás vivendas a colocar placas solares como apoio a enerxía que van consumir (ésto é bastante caro) aínda que non é o suficiente, pero os países en vías de desenvolvemento lles é moito máis dificil porque a súa economía non lle-lo permite, polo que solucionar este gran problema non é sinxelo.

  14. manuel.aso.1a di:

    Na miña opinión penso que todolos países intentean acadar unha solución a este quentamento global terrestre.

    O Protocolo de Kioto sobre é un acordo internacional, que ten por obxetivo reducir as emisions de seis gases provocadores do quentamento global.

  15. victor di:

    Credes que o desxeo polar pode afectar dalgún xeito a Galiza? Como?

  16. isaac di:

    O Protocolo de Kioto consistía basicamente no compromiso por parte dos países firmantes de reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro, principalmente dióxido de carbono.

    Investigade sobre o grao de cumprimento destes compromisos por parte dos distintos países adheridos ao acordo.

  17. aliciaromero.aso.1b di:

    En resposta a Victor, eu creo que si pode afectar bastante a Galiza, porque se os polos se desconxelan, o nivel o mar aumentaría moitísimo e Galicia podría quedar inundada na súa maioria.

  18. raquel.aso.1b di:

    A costa galega vai a experimentar unha importante transformación.
    O quentamento atmosférico e marítimo acelerará o proceso de desxeo dos polos, provocando unha subida do nivel do mar que no peor dos escenarios podría alcanzar un metro. Os efectos desta subida, por exemplo, nas Rías Baixas é moi complexa: haberá modificacións nos ecosistemas da ría que porán en perigo a subsistencia de moitas especies. O que non está tan claro é todo o demáis: cómo se producirá, cómo se desenrolará, que organismos se verán afectados e cómo repercutirá na productividade dun ecosistema mariño da riqueza das Rías Baixas. A subida do nivel do mar e o desplazamento da liña de costa repercutirán directamente nos cultivos de marisqueo. Perderanse colonias enteiras, porque cambiarían as zonas intermareales, que serían inaccesibles, por exemplo, para a ameixa.

  19. rubenlois.aso.1a di:

    Desde que se puxo en marcha o Protocolo de Kioto, España empeorou a súa emisión de gases, xa que lle permitiran poder aumentar estas emisións nun 15%, pero España fracasou porque aumentou as emisións nun 53%.
    En 2004 España comezou a reducir as emisións de CO2, pero está lone de cumprir os obxetivos que se marcaron.

  20. adrian.aso.1a di:

    A Unión Europea comprometeuse a reducir as súas emisións totais medias durante o período 2008-2012 nun 8% respecto as de 1990. Non obstante, a cada país correspóndelle un marxe diferente en función as diversas variables económicas e medioambientais, de maneira que dito reparto acordouse da seguinte maneira na Unión Europea: Alemania (-21%), Austria (-13%), Bélxica (-7,5%), Dinamarca (-21%), Italia (-6,5%), Luxemburgo (-28%), Países Baixos (-6%), Reino Unido (-12,5%), Finlandia (-2,6%), Francia (-1,9%), España (+15%), Grecia (+25%), Irlanda (+13%), Portugal (+27%) e Suecia (+4%).
    España, que se comprometeu a aumentar a súas emisións un máximo do 15%, no 2008 xa aumentara un 42,7%.

  21. alexandre.aso.1b di:

    A verdade que este acordo firmado pos varios países non está a acadar o seu fin, ano tras ano os países volven a duplicar e triplicar o porcentaxe acordado, e vólvense a impoñer multas que o parecer ós países non lles importa pagar, no caso de España temos un porcentaxe dun 52% sobre o ano base, no tratado que firmaron acadaron non sobrepasar un 15% de contaminación do ano base, o peor e que se está a pagar multas entre 3.500 millóns e 6.000 millóns, “como se estivéramos comprando o aire” ou pagándolle a natureza un prazo ata o seguinte ano, pero non só España incumpre este acordo, sobre todo, as potencias mundiales máis fortes son as que máis contaminan, pero nadie da o brazo a torcer e fan como se non pasara nada.

  22. ruben.aso.1a di:

    Eu creo que o desxeo pode afectar e moito a Galiza, xa que temos moitas cidades e pobos na costa que se verían afectados polo aumento do nivel do mar , xa que estes pobos estan moi preto do mar e afectaríalle moito.

    No protocolo de Kioto consiste en reducir as emisións de gases que provocan o efecto invernadoiro. Estas reducións son diferentes dependendo dos países por exemplo, España esta moi por encima do seu porcentaxe e si non se cumplen estas porcentaxes a UE sancionará a estes paises que non cumplen este porcentaxe.

  23. carlos.aso.1a di:

    Eu penso que o grao de cumplimento dos paises en emitir menos gases, é moi baixo xa que segun a UE, a cada pais otorgouselle un marxen de emisions, en función de aspectos como a economía, medioambiente…e estes non se estan a cumplir, como por exemplo: algúns paises como Alemaña, Italia ou Luxemburgo, tiñan que reducir as emisións e non o están a facer, e outros como España, Portugal ou Suecia podían aumentar un pouco as emisions pero xa se pasaron, por moito, do marxen establecido.(España: podía un 15% e aumentou un 42.7%)

  24. ana.aso.1a di:

    Estiben mirando e non todos os paises estan cumplindo o protocolo de kioto, e concretamente un dos paises que non o esta a cumplilo e España xa que esta pasando 38 puntos do tope establecido e iso poderá costarlle uns 10.000 millons de euros.Asi que os principais que non estamos a cumplir somos nos.

  25. laura.aso.1a di:

    Eu creo que o desxeo tería consecuencias graves para Galicia, xa que o nivel do mar subiría e inundaría a costa, e a maioria da poboación galega localizase nas zonas próximas a costa.
    Respondendo a cuestión de Isaac, o Protocolo de Kyoto esixe reducir as emisións de gases dañinos nun 5,2%, un dos paises que non cumpre esta esixencia é España, que emite un 45% máis que en 1990, este valor está moi lexos do 15% máximo que debería haber cumprido en 2008.Como sanción a UE podría aplicarlle a España unha sanción económica.
    Outros paises europeos que sobrepasan excesivamente os máximos establecidos polo Protocolo de Kyoto son Dinamarca, Italia e Portugal.

  26. veronica.aso.1a di:

    España por exemplo cando pactou co Protocolo de Kioto, comprometeuse a aumentar as emisións dos seis gases provocadores do quentamento global un máximo do 15%, pero dende o acordado, converteuse no país membro que menos posiblididades ten de cumplir o pactado.
    Dando os datos en porcentaxe das emisións destos gases dende 1990 ata os últimos anos podemos apreciar que non estamos a cumplir o que prometemos, xa que todos somos culpables dos seguintes datos: : 1996: 7%; 1997: 15%; 1998: 18%; 1999: 28%; 2000: 33%; 2001: 33%; 2002: 39%; 2003: 41%; 2004: 47%; 2005: 52%; 2006: 49%; 2007: 52%; 2008: 42,7%.

  27. victor di:

    Dúas preguntas:
    1.- Por que credes que non se está a cumprir como se debera, o Protocolo de Kioto?

    2.- A nivel de Galiza, o desxeo polar afectaría ao noso clima? Como?

  28. victor di:

    O PRÓXIMO SÁBADO PECHARASE O FORO SOBRE DARWIN.

  29. raquel.aso.1b di:

    Quizá teña que ver ó que estábamos a falar ó proncipio, a crise quizáis sexa a causante de que moitos países non cumpran o protocolo de Kioto, xa que lle costaría moitos máis cartos, e tal e como está a economía mundial a día de hoxe podería afectar. Pero de tódolos xeitos penso que todos os países se deberían de concienciar de que a crise tarde ou temprano vai a rematar, pero o desxeo dos polos e o cambio climático cada vez avanza máis e chegará un día no que todos nos arrepentiremos de non habernos dado conta antes do dado que se estaba facendo.

  30. laura.aso.1a di:

    Respondendo a primeira pregunta de Victor, eu creo que o Protocolo de Kyoto non se esta ha cumprir debidamente, polo continuo crecemento industrial, que cada vez, aumenta máis a súa actividade, e por tanto, as emisións de gas que emite.
    A miña resposta a segunda pregunta é que o desxeo sí afectaría a Galicia, aparte de inudar a costa, tamen aumentaría a temperatura, por tanto, afectaría a biodiversidade.

  31. aliciaromero.aso.1b di:

    respondendo a segunda pregunta, eu penso que o desxeo vai afectar a todo, incluido o clima subindo as temperaturas.

  32. raqueltrigo.aso.1b di:

    O Protocolo de Kioto é un acordo internacional sobre o cambio climatico que ten como obxectivo reducir a emisions de 6 gases provocadores do quecemento global.
    Pola sua parte España que se comprometera a reducir as emisións é un dos paises que máis lle vai a costar cumplir o pactado.
    Opino como Laura,co continuo crecemento industrial non ér nada doado diminuir as emisións.
    Respomdendo a segunda pregunta de Victor:
    Galicia é unha das zonas máis afectada polo cambio climatico,pero verase maís afectada pola subida das temperaturas,o desxeo do ártico e asubida do nivel do mar.
    Na costa Galega o mar chegara a subir 2,2 milimetros cada ano e as temperaturas mais ou menos 3,6 grados.

  33. laura.aso.1b di:

    Non só afectaria o clima que eu penso que tamén senon que afectaría a moitas persoas que viven cerca da costa a metros do mar.
    A xente cada vez quere facer as casas máis preto do mar pero non se dan conta que co problema do desxeo pódense ver afectados nun futuro non tan próximo.
    Pensades o mesmo?

  34. juanjose.aso.1a di:

    Eu creo que os países ó principio non tomaron moi en serio este Protocolo ata que o cambio climático empezou a notarse máis. Por exemplo, España tomou en serio o Protocolo de Kioto a partir do 2004 polo que aínda ten que reducir emisións.

  35. victor di:

    É importante que valoredes que o desxeo polar terá graves consecuencias sobre o clima e polo tanto sobre a vida e a economía.

  36. andrea.aso.1a di:

    O derretimento dos xeos continentais debése ao calentamento global, non se trata dun fenómeno estacional sinon de unha tendencia a largo plazo, no cál podrían chegar a modificar a xeografía que se coñece,xa que podia provocar a elevación do nivel do mar, o cál produciria grandes inundacións.

  37. ana.aso.1b di:

    O desconxelamento dos polos é algo que nos concierne a todos e que deberiamos tomar parte activa nel xa que se seguimos asi vai acabar co desconxelamteno dos polos e a terra cambiará por completo

  38. marcelina.aso.1a di:

    Eu creo que non se está a facer todo o que podemos. Hai que ter conciencia e pensar que si o nivel do mar medra 1 ou 2 m hai cidades que quedaríabn soterradas baixo o nivel do mar.
    Tampouco estou de acordo con algúns compañeiros meus que dicían que os países eran conscientes desto xa que ,por pór un exemplo, EE.UU non aceptou o protocolo de kioto e se de verdade estivesen concienciados usaríanse máis enerxías renovables aínda que sexa caro pero é un valor seguro.

  39. vanesa.aso.1b di:

    Na miña opinión este problema estase tomando un pouco á lixeira pois se lle está dando máis importancia á crise económica ca a algo que co paso do tempo pode acabar asolagando illas como as illas Fiyi,Seichelles incluso as Maldivas,que viven do turismo e no que tampouco se pensa é en que estas persoas nun futuro terán que mudarse a outras zonas do mundo.Finalmente se se razoa non só estas illas poden acabar así senón que a maioría e tamén zonas costeiras.

  40. jose.aso.1b di:

    Eu penso que este tema estase a tomar moi enserio, pero o problema e que so o estan a tomar enserio algunhas persoas e deberiamolo tomar en serio todos, xa que para facer fronte as adversidades e mellor estar unidos e non ir cada un por libre.