PRIMEIRAS VÍTIMAS

imagen

Segundo a última actualización difundida pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN), máis de un tercio das especies coñecidas están en peligro de extinción. De acordo cos datos, na “lista vermella” actualizada, un total de 17.291 especies están ameazadas de extinción. Dito doutro xeito un de cada catro mamíferos, unha de cada oito aves, un tercio dos anfibios e o setenta por cento das plantas avaliadas, están en situación de risco.

A lista das especies extinguidas coñecidas este ano elévase ata as 785, e outras 65 desapareceron da natureza e encóntranse recluidas en zoolóxicos ou en cultivos. Este ano, están aparecendo moitas especies na “lista vermella” coma o voalavo oriental, os delfíns do ríoYangtze, o anxelote espiñoso (un tiburón de profundidade), cinco especies diferentes de boitres, o orangután de Sumatra…

Pero non só hai que ter en conta a desaparición de grandes especies, se non que tamén hai que ter presente a desaparición de microorganismos que non vemos, pero que realizan unha función importante, como a depuración do aire ou da auga.

Unha das causas que favorece a desaparición de certas especies é o cambio climático,  e se as expectativas se cumpren, dentro de cincuenta anos desaparecerá o 30% das especies vexetais e animais.


Autora: Verónica Oubiña

 

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

37 Responses to PRIMEIRAS VÍTIMAS

  1. maria.aso.1a di:

    Penso que estanse a perder un monton de especies unicas por culpa de ser uns descoidados á hora de coidar o medio…e certamente o CC non axuda nada. Ademais hai moita xente á que non lle importa o maís minimo que haxa 20 ou 20.000 animais na lista vermella.

  2. laura.aso.1a di:

    Na miña opinión o ser humano é o causante de que moitas especies esten en extinción, o aumento da contaminación, a caza, a destrucción de hábitats…son todos causados polo home.

  3. andrea.aso.1a di:

    Na miña opinión todas as especies son moi importantes e tal como di o post non so extinguense grandes especies sinon tamén microorganismos que nos non apreciamos, pero son moi importantes xa que todos cumplen unha función importante no medio.Deberíamos intentar frear as extincións das especies e con isto inclúese o cambio climático.

  4. victor di:

    Imos por orden. Andrea, non entendo a última frase túa. E por que se extinguen as especies? Que debemos facer para impedilo? Como debemos actuar a nivel persoal para tratar de impedir a extición de especies?

  5. paula.aso.1b di:

    O cambio climático que provocamos os seres humanos, está afectando especialmente o hábita de moitas criaturas, e , a parte da descrucción do seu hábita, a caza. Se hay moitas especies que se están extinguindo é pola nosa culpa.
    Para impedilo debemos darnos conta do que está ocurrindo e poñeller freo, porque xa está empezando a ser demasiado tarde, e xa hay moitas especies que se extinguiron.
    Para isto, os gobernantes teñen que coincienciarse, buscar solucións, e actuar canto antes.
    Debemos de coidar mellor o noso hábitat, e máis o dos animais.

  6. raquel.aso.1b di:

    Contestando á pregunta de víctor, penso que en gran parte moitas especies desaparen ou están desaparecen por culpa de caza, aínda que en moitos sitios está permitida, deberíase de eliminar xa que non vexo a deversión de matar animais, e o peor de todo é que moitas especies chegan a desaparecer, como por exemplo está pasando cás focas, que xa que con elas se poden frabricar multitude de productos, cada vez está aumentando máis a súa caza, ata que chegue un momento , que non tardará moito se seguimos a este ritmo, no que desaparecan por completo.

  7. victor di:

    Cal é a principal causa pola que se están a extinguir as especies na actualidade?

  8. raquel.aso.1b di:

    Non estou dacordo có que dí Paula de que para evitar que se extingan máis especies deberían de concienciarse os gobernantes, xa que os que primeiro se deberían concienciar seríamos nós mesmos e para iso non fai falla que os gobernantes digan nada, senón que nós mesmos nos deberíamos dar conta diso.

  9. victor di:

    Nos países democráticos tamén eliximos aos gobernantes. Cando hai eleccións democráticas cómpre examinar ben as candidaturas e, polo tanto, debemos ter tamén en conta as propostas medioambientais que nos fan.
    Os políticos son un fidel reflexo da sociedade; as sociedades corruptas crean políticos corruptos e as sociedades con pouca conciencia medioambiental elixen políticos pouco preocupados pola protección do medio ambiente.

  10. raquel.aso.1b di:

    A transformación dos hambientes naturais é a causa principal da incesante extinción de especies. Entre os diversos motivos que contruyen nela, pódense decir entre outros, os seguintes:
    – Explotación agropecuria
    – Explotación forestal
    – Contaminación
    – Obras de gran impacto
    – Introducción de especies exóticas
    – Caza furtiva
    – Tráfico de fauna
    – Caza comercial
    – Caza deportiva
    – Caza de plagas
    – Caza por subsistencia
    – E sobre todo, a IGNORANCIA.

  11. victor di:

    Moi ben Raquel.
    Que alguén explique algún caso concreto no que a “ignorancia” sexa causa da extinción de expecies.

  12. raquel.aso.1b di:

    Un exemplo claro da ignorancia é que algunas persoas leven abrigos e adornos para lucilos, pero que en lugar de resaltalos, é denigrante que sobre eles leven un cadáver como signo de riqueza e prosperidade, o que demostra a súa gran ignorancia e falta de sensibilidade.

  13. tania.aso.1b di:

    estou de acordo con laura por culpa nosa estanse a perder moitos animais,sempre collemolo coche en vez de ires andando e por culpa disto e outras cousas mais estamos facendolle mal aos seres vivos.

  14. laura.aso.1a di:

    Hay moito lin un artigo no que falaba dunha tartaruga en perigo de extinción que habita cerca da costa israelí. A carne e o caparazón desta tartaruga atribuianse poderes curativos, os pescadores dedicaronse a pescala, ignorando que era unha especie protexida e en perigo de extición.

  15. tania.aso.1b di:

    laura ai xente moi ignorante e non lle importa o sufrimiento dos animais.non teñen corazon!!!

  16. isaac di:

    Bo exemplo Laura. Nesa liña, sabedes cal é a causa polo que o rinoceronte está en perigo?

  17. angel.aso.1a di:

    Os furtivos cázano para sacarlle o corno.
    En lugares como o Yemen son utilizados para facer mangos de dagas, pero a maior causa da caza é porque en diversos países de oriente se lle atribuen numerosas cualidades curativas e polo tanto é usado na mediciña tradicional.

  18. carlos.aso.1a di:

    Con respecto a pregunta de Isaac, penso que unha das causas de que o rinoceronte esté en perigo, débese , como case sempre ó ser humano, dada a caza furtiva que sofren os seus cornos, que en alguns paises alcanzan prezos moi altos e utilízanse principalmente para a construcción de mangos para dagas e en algúns paises de oriente atribuenselle métodos curativos e úsanse en medicina ( problemas dixestivos, fiebres, infartos…).
    E en algunhas culturas crese que o corno do rinoceronte ten poderes espirituales.

  19. raquel.aso.1b di:

    O home é o peor enemigo do rinoceronte. Nalgunhas culturas crese que o corpo do rinoceronte ten poderes espirituais. En África o último grupo de rinocerontes blancos reduciuse un 50% pola caza excesiva.

  20. manuel.aso.1a di:

    A principal causa da extinción do rinoceronte é a caza excesiva e ilegal, e a segunda causa é a contaminación e deforestación.

  21. victor di:

    En ocasións somos causantes da extinción de especies dun xeito aínda máis inocente. Por exemplo temos unha tartaruga tropical na casa e nos fartamos dela. Logo ceibámola nunlugar próximo á nosa casa. Que consecuencias ten isto?
    Tania, ao inicio dunha frase e despois dun punto, comézase con maiúscula.

  22. laura.aso.1a di:

    A introducción de especies exóticas é un tema moi serio, xa que as especies introducidas poden dañar gravemente o ecosistema ou o hábitat donde son liberadas. Cando unha especie resulta dañina, e perxudica a estrucutura ou o comportamento dun ecosistema, denominase a ea especie: especie invasora.
    Existen dous tipos de introducciós:
    -Intencionais: Na que o srr humano deliberadamente transporta e introduce esa especie.
    -Accidentais:Cando as especies son introducidas accidentalmente, por exemplo cando na antigüedade as rata se colaban nos barcos e viaxaban neles, e introducianse no lugar de destino.
    Un exemplo da introducción intencionada é no ambito da pesca, donde en ocasións se introducen nos ecosistemas mariños especies foráneas para aumentar a producción, pero esta practica pode chegar a causar o efecto contrario xa que a espcie introducida pode causarlle danos a especie nativa e reducila así en número.

  23. sabina.aso.1a di:

    Outras causas que imflúen na extinción das especies son:
    ·Fenómenos demográficos e xenéticos.
    ·Contaminación xenética.
    ·Degradación do hábitat.
    ·Predación,competición e enfermidades.
    ·Coextinción.
    ·O cambio climático, como dixo Verónica no post.

    Ademais das especies en perigo de extinción que nomeou Verónica no post, hai outras que tamén se atopan na mesma situación:o antílope “saiga”, o camelo “bactariano” silvestre, o rato de auga etíope, o cabaliño de mar de cola de tigre …
    Na Península Ibérica tamén hai especies en perigo de extinción, entre elas destacan: peixes coma o esturión, o cávilat e o fraile; plantas como a beba canaria; mamíferos coma o lince ibérico; e aves coma o boitre negro e o alimoche.

  24. rubenlois.aso.1a di:

    A introdución de especies foráneas é unha práctica que se utiliza moito, pero, como Laura dixo, isto pode repercutir no equilibrio do seu medio.
    Hai especies que cando son introducidas noutro lugar destrúen as que xa habitaban alí, e así poderíanse poñer máis especies en perigo de extinción.

  25. ana.aso.1a di:

    Cando temos mascotas e nos desfacemos delas,esas macotas o mais seguro e que como non teñen un lugar donde protexerse nin teñen que comer acabaran morrendo.
    Asi pouco a pouco tamen podemos acabar coa expecie.
    Cando xa non se quere una mascota, deberiase buscarlle un novo dono, vendela ou lebala a un lugar donde cha recollan, pero nunca deixala abandonada.

  26. ruben.aso.1a di:

    A introdución de animais doutros lugares ten consecuencias moi importantes , xa que ese animal non se encontra no seu hábitat natural, normalmente temolos en xaulas e estes animais necesitan moito espacio para vivir …, e en definitiva o estes animais exóticos sufren xa que non están no seu medio natural.
    Estas consecuencias teñen unha influencia negativa xa que favorecen a extinción destes animais, entre outros factores como o cambio climático , a contaminación …, que tamén favorecen a extinción destes animais.

  27. victor di:

    Moi ben Laura no teu comentario.
    O problema coas especies exóticas é que cando as ceibamos, aínda que algunhas teñen dificultades para sobrevivir, moitas delas desprazan e levan á extincion ás nosas especies autóctonas. Iso ocorreu co cangrexo d río e o visón americanos, coas tartarugas de Florida, etc. Investigade estes e outros casos.

  28. laura.aso.1a di:

    Eu informeime sobre o caso dos visóns americanos, a información que atopei trata sobre a introducción do visón americano en España, concretamente en Galicia. Os visóns foron liberados de granxas de peleteria, por unha asociación que esixiu a súa liberación.
    Os visóns son uns importantes predadores, a súa presencia afecta directamente as aves, sobre todo as mariñas, xa que estas non teñen mecanismos para defenderse.
    Nos últimos anos detectouse esta especie en numerosas localidades da Galicia, asique a súa chegada a colonias de aves mariñas parece inminente.

  29. raqueltrigo.aso.1b di:

    A pita do monte,o arao e o mazarico real son as tres aves máis ameazadas en Galiza.Apenas hai unaha docea de parellas reproductoras.Tamén e escasa a presenza do oso pardo nas terras galegas e iso e devido entre moitas cousas a caza.

    Tamén estan en peligro de extinción os animais “domesticos” A VACA.
    A ‘Rubia Galega’ comparte pureza con outras cinco: a ‘cachena’, ‘caldelá’, ‘frieiresa’, ‘limiá’ e a ‘vianesa’.
    Son menos conocidas,sen embargo,entre todas elas non superan as 6.000 cabezas e plo tanto estan en peligeo de extinciñon.
    Por este motivo estas cinco razas galegas de vacas contan con unha proteción especial por parte da administración autonomica,o igual ca ovella galega,e o porco celta.

  30. isaac di:

    Ben sinalados eses casos Raquel, pero tede coidado de non confundir raza con especie.

  31. josebenito.aso.1b di:

    O ser humano é o animal máis perigoso que existe. Así, a causa da súa avaricia, envexa e moitas veces por creencias sen fundamento como atribuirlle propiedades curativas ou afrodisíacas a animáis que en absoluto as teñen está facendo que vaiamos todos como tolos a por esas especies, (tamén vexetais nalgúns casos), e así as fagamos desaparecer.

  32. ana.aso.1b di:

    O cambio climantico o que fai é que as especies o sofran e iso pasa porque lle estamos cambiando o habitat e eles non estan acostumbrados a estes cambios e isto pasa por varios factores como é o calentamento global.

  33. carolina.aso.1b di:

    Un tema que xa ten unha historia propia, creo que todos estamos de acordo en que se estan perdendo especies porque non poñemos nada da nosa parte para reducir residuos etc…Seguro que concienciando a xente conseguiriase algo pero xa se sabe que porque alguns fagamos algo son moitos os que non fan nada. E realmente, é unha pena.

  34. diego.aso.1b di:

    Todas estas especies están en perigo polo cambio climático creado polo ser humano.Pero ainda podemos evitar a extinción de moitos seres si lle poñemos freo o cambio climático enviando menos emisións de CO2 e utilizando menos recursos fosiles.Se cada un de nos se conciencia deste suceso podemos evitar a extinción de moitos seres.

  35. karina.aso.1b di:

    Estou de acordo con Diego, ademais dame a sensación de que a xente se toma moi a lixeira este tema e segue para adiante como si esto non lle afectase, temos que empezar a concienciarnos.

  36. andrea.aso.1a di:

    Esta claro que a extinción das especies é debido xeneralmente a fulminación dun recurso do cál dependen todas e cada unha das especies, xa sexa por parte da accion do home,como a caza ilegal ou a tala indiscriminada de árbores,ou simplemente cambios no ecosistema da especie producto de feitos fortuitos,como son o cambio climático.Como esta ocurrindo neste preciso momento por desgracia xa que estos animais en perigo de extinción non estan habituados a tales condicións climáticas e as veces é imposible que se adapten a dichos cambios.

  37. jose.aso.1b di:

    Eu opino que o mal xa está feito, e que debemos de olvidarnos dos seres vivos que xa morreron, e recapacitar e pensar que fixemos mal para non cometer os mesmos erros nun futuro, e pensar que nós tamen axudamos na morte deses seres vivos aínda que solo fora indirectamente.
    Por iso, non debemos pensar tanto en nós mesmos, e pensar máis nos outros que están sufindo aínda que, coma neste caso sexan animais.