OLLA UN LAGARTO VOANDO!

 imagen

 

Científicos do Reino Unido e China decubriron o fósil dun novo réptil voador pertencente á Era Mesozoica, tamén chamada era dos dinosaurios (hai uns 220 millóns de anos). A nova especie bautizouse como  “Darwinopterous” e   pertence ao grupo dos pterosaurios.

 O descubrimento deste réptil voador aporta a primeira proba clave dun tipo de evolución inusual e controvertida xa que  enche o oco evolutivo entre os dous tipos de pterosaurios, uns que tiñan rabo longo e outros (o seu descendente) que o tiñan máis curto.

O “Darwinopterus”  posúe mandíbulas longas, dentes puntiagudos e un pescozo moi flexible . A rareza está na súa cabeza e o pescozo que recordan aos pterosaurios máis avanzados, mentres que o resto do esqueleto, incluido o longo rabo, seméllanse  ás formas primitivas, razón pola que sitúan a esta especie coma un eslabón intermedio entre os dous grupos.

Este tipo de evolución dos pterosaurios  foi rápida e con moitos cambios concentrados nun curto período de tempo. Partes como o cráneo, o pescozo ou o rabo, semella que evolucionaron xuntos e, despois,  o corpo, as ás  e as patas.

imagen

Autora: Ana Piñeiro

Esta entrada foi publicada en Evolución e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.