O REI SOL

imagen

O potencial do sol para xerar electricidade supera con moito á das outras fontes de enerxías renovables, pero de momento a solar ten moi pouco peso na produción enerxética mundial e representa unha pequena parte do total da electricidade xerada. Actualmente a industria fotovoltaica é a de maior crecemento no mundo da enerxía pero a súa eficiencia segue sendo baixa: a media do paneis está entre un 12-20 % e aínda que a nivel de investigación xa manexan células de arredor do 40%, os custos de produción son inviables de momento.

Unha empresa de California presentou hai pouco unha tecnoloxía capaz de xerar moita máis enerxía cas células  solares convencionais a través da magnificación da radiación. Utiliza lentes para enfocar a luz sobre un sistema óptico secundario de maneira que a medida que os raios inciden nas lentes, a luz reflíctese e refráctase  concentrando a radiación solar nun pequeno foco de luz que o dispositivo secundario deposita nunha célula fotovoltaica. O resultado é a produción dun volume de electricidade 800 veces maior que unha célula de silicio de tamaño semellante. Ademáis de maximizar a superficie con respecto aos paneis convencionais, parece que ten  baixo custo de construción e un mantemento  sinxelo.

imagen

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Novas tecnoloxías, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.