A ERA DOS PARAPLEXIC-ROBOTS


A empresa israelita ARGO Medical Technologies creou un exoesqueleto destinado ás persoas con parálise nas pernas, chamado Rewalk.

Este aparello funciona gracias a un  motor eléctrico con batería recargable que xunto a unha serie de sensores  mandan un sinal a un ordenador colocado na mochila que é parte da estrutura, e permite ás persoas parapléxicas levantarse da cadeira de rodas e volver facer unha vida do máis normal.

Co ReWalk, poderán pasear sen necesidade da cadeira, poderán utilizalo no coche, subir e baixar escaleiras…; e basicamente eliminar todas as barreiras físicas que actualmente teñen que afrontar no seu día a día.

imagen

Autora: Sabina Casalderrey

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to A ERA DOS PARAPLEXIC-ROBOTS

  1. raquel.aso.1b di:

    É increíble o que se pode chegar a inventar hoxe en día. Este invento sería algo que fai 50 anos, non se nos poderíar pasar pola cabeza a ninguén. Penso que é un moi bo invento, xa que, axudaría a moitas persoas que sofren a desgracia de non poder camiñar, o que implica que non podan ser persoas independentes, a sentirse mellor con elas mesmas e algo que é moi importante a día de hoxe, a ser unha persoa independente. Por outra banda, penso que é un aparello que non se poderían permitir tódalas persoas, xa que, ó principio seguramente vai a ser moi caro. Estaría moi ben que o prezo non fose moi elevado, así se demostraría que ademáis de ser un bo negocio co que se podería gañar moitos cartos, a persoa ou empresa que o inventou, tería un gran interese en facerlle a vida máis fácil a estas persoas.

  2. roberto.aso.1a di:

    Estou de acordo con raquel,é un invento excelente que axudara e abrira portas a persoas paraplexicas, pero non deixa de ser un negocio…Entón o goberno terá que subvencionalos para que as persoas que o necesiten teñan acceso a el.

  3. noelia.aso.1b di:

    Coincido cos meus compañeiros en que este é un gran avance tanto para o mundo da mediciña como para o da tecnoloxía. Decir que moitos atrancos nos que a maioría das persoas nin sequera aprecia, como a pésima calidade de moitas rúas para as cadeiras de rodas , poderían ser superadas con este aparello. O problema estaría claramente no prezo xa que non é adquirible para todos os petos e estaría ben unha boa financiación por parte dos gobernos para que todos podamos gozar das mesmas facilidades.

  4. silvia.aso.1b di:

    Esto é o malo dos inventos que poden ser de grande utilidade, que só teñen acceso a eles as persoas máis ricas. Paréceme moi ben que se esté avanzando neste campo, xa que moitas veces as necesidades das persoas parapléxicas non se teñen moito en conta, só hai que pararse a mirar as infraestructuras, moitas delas non están suficientemente adaptadas.

  5. ruben.aso.1a di:

    Para min este artiluxio é un enorme descubrimento para as persoas con discapacidades . Pareceme un gran invento porque así xa non haberá tantas barreiras arquitectonicas ou outras barreiras , para estas persoas e poderán desenvolver a súa vida sen depender de nadie nin de nada e con total normalidade . O inconvinte deste artiluxio e que seguramente sexa moi custoso , e os gobernos na miña opinión deberían facer algo para reducir este custo xa que estas persoas o necesitan é moito e teñan acceso a el.

  6. manuel.aso.1a di:

    Grazas a estes novos avances da tecnoloxía, as persoas conseguimos facer moito mais fácil a nosa forma de vida, e este é un claro exemplo.

  7. maria.aso.1a di:

    Opino que é un gran invento, que lle axudara a facer a vida máis fácil a moitos centos de persoas no mundo; e tamén que é un gran avance no campo das novas tecnoloxías; aínda que supoño que se invertirían moitísimos carnos nel, tanto en inversigacións coma en materias, así que problablemente, nun principio sexa moi caro, aínda que se hai sorte rematarà sendo subvencionado pola seguridade social, porque hai moita xente que ao mellor necesita un deses, pero que por mor do prezo non pode telo.

  8. santigonzalez.aso.1a di:

    Penso que é un dos mellores inventos que se podian crear para as persoas parapléxicas, aínda que como comentaron algúns compañeiros arriba esto será un negocio, xa que moi pouca xente podería permitirse compralo a non ser que o Estado dea subvencións para que as persoas poidan mercalo.

  9. andrea.aso.1a di:

    É un moi bo invento xa que asi as persoas que padezan esa enfermidade poden levar unha vida normal e non na cadeira de rodas.
    Esta claro que cada vez a tecnoloxía avanza mais e permítenos chegar a facer cousas increibles ou acabar con problemas como por exemplo o de estas enfermidades parapléxicas.

  10. victor di:

    Cando se constrúe un artiluxio deste tipo, pensades que o centro de investigación faino con finalidade meramente económica? (razoade a resposta).
    Que é un prototipo?
    Que materiais se utiliza na construción deste robot?

  11. leticia.aso.1a di:

    Estou fascinada coa chea de cousas que se poden chegar a facer actualmente coas novas tecnoloxías!
    Eu persoalmente non creo que o centro de investigación fabrique este tipo de aparellos con fins puramente económicos senón que o fai para mellorar a calidade de vida de moitas persoas que actualmente teñen moitas barreiras que afrontar, ou tal vez é o que me gustaría pensar, aínda que non se pode negar que con estes inventos van gañar moitos cartos e que moitas destas persoas non poderán permitirse o luxo de poder obtela, asique desde este punto de vista penso que abusan bastante a hora de poñer un prezo, pro polo menos consólame saber que o fan con aparellos que lle facilitan a vida a persoas parapléxicas.
    Un prototipo é o primeiro exemplar, e decir, o orixinal, que se fai dun obxecto, aparello,maquina, etc.

  12. ana.aso.1a di:

    O Rewalk é un gran avance tanto para a ciencia, a tecnoloxia e os paraplexico, xa que pode cambiar a forma de vida de moitas presoa e facerllela mais comoda e accesible. O malo que ten este invento e que non e acesible para toda clase de persoas, xa que custa un diñeiral, e non todos temos os mesmos recursos economicos.
    Penso que o centro de investigación por un aparte aprobeitase dos avances cientificos e sacalle finalidade economica, pero tamen penso que non so fan por razons economica senon que tamen para avanzar na tecnoloxia e na ciencia, e facerlle a vida mais comoda os paraplexicos.
    Un prototipo é una representación limitada do diseño de un producto que permite as partes responsables da sua creación experimentar,probalo en situaciones reales e explorar o seu uso.

  13. ivan.aso.1a di:

    A min pareceme un moi bo invento xa que as persoas que padezan paraplexia poidan volver a camiñar e así non ter que estar nunha cadeira de rodas.Tamén me parece incrible que con este aparello se poidan subir escaleiras.Por exemplo sen este aparello unha persoa parapléxica non podería subir as escaleiras dun edificio que non tivese ascensor, por si mesma.
    Pareceme un invento revolucionario e con moita utilidade no futuro.

  14. victor di:

    E o caso que se nos espón neste post, trátase dun prototipo ou dun modelo comercial?

  15. rubenlois.aso.1a di:

    Páreceme que é un bo invento, pero preocúpame saber si realmente a xente vai poder acceder a estes materiais de maneira fácil.
    Avanzamos moito en canto á tecnoloxía se refire, pero moita xente olvida o máis importante, todos temos acceso a esa nova tecnoloxía?
    Eu creo que no. Que opinades os demais?
    Por outra banda, opina que non sería unha boa idea que se contruísen estes aparellos para sacar beneficios, o que se debería de facer é que todo o mundo teña acceso a eles de maneira relativamente sinxela e sen problemas.

  16. marinha.aso.1b di:

    Polo queestiben lendo na paxina da empresa creadora xa se trata dun modelo comercial ou eso entendin eu polo menos.
    Decir tamen que este pareceme un invento moi bo xa que pode mellorar a forma de vida de moitas persoas.

  17. ruben.aso.1a di:

    Tratase dun modelo comercial creado pola empresa ARGO Medical Technologies.

  18. adrian.aso.1a di:

    Actualmente os parapléxicos case poden facer vida normal xa que poden conducir e tamén ser independentes grazas a que hai cociñas, baños e todo tipo de locais acondicionados. O problema esta nas cidades xa que hai escaleiras, as aceras non todas teñen fácil acceso e os materias que nestas se utilizan non son os adecuados xa que as sillas teñen problemas para avanzar entre outros moitos problemas que poden xurdir. Este invento pareceme un gran avanze sobre todo para os problemas que lle xorden os paraplexicos fora das suas casas. O que deberían facer e acondicionar non so as grandes cidades senón todo tipo de instalacions que se fagan en calquera pobo.

  19. juanjose.aso.1a di:

    Este sistema robotizado foi creado polo enxeñeiro Amit Goffer que traballa para a empresa ARGO Medical Technologies como ben dicides.
    Outra das ventaxas que ten este dispositivo (aparte da principal) é, ainda que parezca incrible, que permite reducir e incluso eliminar moitas das dolencias que un parapléxico pode sufrir ó andar toda a súa vida nunha cadeira de rodas.
    A súa desventaxa é o seu precio, dado que din que estará por debaixo dos 25.000 dólares e como ben dixo Roberto eu creo que o Estado debería dar algún tipo de subención porque non todas as persoas parapléxicas podrían costearse este aparato. Estará dispoñible a finais do 2009 principios do 2010.

  20. veronica.aso.1a di:

    Isto é un bo invento, xa que lles axuda aos parapléxicos afacer unha vida máis normal. Pero eu creo que a mediciña tendría que profundizar un pouco máis na investigación dos pacientes con lesión de médula espiñal. Os investigadores que tratan de resolver este problema, a medida que van investigando descobren cousas sorprendentes, como por exemplo, porque os axóns despois dunha lesión son incapaces de rexenerarse no sistema nervioso central adulto. Moitos destes investigadores, pertencen ao Instituto Nacional de Transtornos Neurolóxicos e Accidentes Cerebrovasculares, e concéntranse en coñecer catro principios fundamentais da reparación da médula espiñal:
    •Protexer as células nerviosas sobrevivintes de dano adicional.
    •Reemplazar as células nerviosas dañadas.
    •Estimular o crecemento outra vez dos axóns e dirixir as súas conexións de forma axeitada.
    •Reeducar os circuítos neurales a restablecer funcions no corpo.

  21. ana.aso.1a di:

    O caso que se nos espon neste post,creado pola empresa ARGO Medical Technologies tratase dun modelo comercial.

  22. leticia.aso.1a di:

    Este novo invento parece ser que é un modelo comercial polo que puiden observar na páxina de ARGO Medical Technologies, que é a empresa creadora.

  23. victor di:

    Como sabedes, as neuronas son unhas células tan especializadas que perderon a capacidade de división, ista é a causa pola que cando se destrúen nun accidente deixan de ralizar a súa función e non hai outras que as sustitúan. Por iso está moi ben o comentario que nos apunta Verónica (20), sinalándonos por onde van hoxe en día as liñas de investigación para reparar a médula espiñal.

  24. karina.aso.1b di:

    Pareceme un método do mais interesante, pero sobre todo moi útil, as persoas que por accidentes queden parapléxicas merecense alguha oportunididade para poder volver a vida normal, e non sentirse impedida para nada.

  25. isaac di:

    Este post tróuxome a memoria un proxecto financiado pola Unión Europea chamado “Stand up and walk” (Érguete e anda)que xa no ano 2000 conseguira facer camiñar (de forma limitada) a tres parapléxicos aos que lle foran implantados uns electrodos nas súas pernas, e mediante electroestimulación conseguían erguerse e dar algúns pasos. Descoñezo como continou este proxecto e se obtivo máis éxitos.

    Pero persoalmente eu teño máis esperanzas depositadas na rexeneración neuronal de lesións medulares. Neste sentido en ratas de laboratorio xa se teñen obtido notables éxitos, incluso por parte de equipos de investigación de España. Para trasladar isto aos seres humanos hai un longuísimo treito, pero en todo caso non é máis que unha cuestión de tempo e, por suposto, de cartos.

    Buscade información sobre estes proxectos.

  26. victor di:

    POR CERTO: TEDES O PRIMEIRO FORO DESTE CURSO ABERTO. TRABALLAREDES NEL DURANTE 10 OU 15 DÍAS E LOGO PECHARÉMOLO. RECORDADE QUE PARA PARTICIPAR NEL SO TEDES QUE “CLICAR” NA VENTÁ DE FORO E LOGO ABRIR NO IES ASOREY.
    ANIMÁDEVOS.

  27. ana.aso.1a di:

    O proxecto de SUAW (Stand Up And Walker, Lenvántate e anda), grazas a un implantes para estimular os nervios asistida por un ordenador pode axudar a unha persoa paraplexica a recupera algunhas amplitude de movemento e, así, mellorar a súa calidade de vida.
    As tecnicas que usan están baseados en eletroestimulacións, coa que se consige a recuperación da actividade motora.Para isto implantarase nos músculos e nervios electrodos, que a súa vez, está conectada a un ordenador, que dirixe as descargas eléctricas simulando estímulos nerviosos.

    Ata fai pouco tempo, considerouse que a produción de novas neuronas despois do nacemento era un fenómeno que ocorria nalguns vertebrados, pero non nos humanos. Nos últimos anos, teñen xurdiu estudos que confirman que nos ultimos anos o noso cerebros non so hai células nai, si non que tamén hai neurogénesis, a produción de novas neuronas.

  28. victor di:

    Moi ben Ana, as vías de investigación que mencionas semellan prometedoras a medio e longo prazo.

  29. laura.aso.1b di:

    Eu non estou dacordo con adrian.Os paraplexicos teñen moitas dificultades xa non dentro da súa casa senón na rúa,medios de transporte,etc…Encantariame que a maior parte destas persoas puideran disfrutar deste invento tanto os que algún día puideron camiñar coma os que nunca puideron camiñar coas súas pernas.Sería unha sensación para eles máxica e que nunca o podrían imaxinar.
    O que sí deberian subvencionanalo a seguridade social ou o 100% do custo ou polo menos o 50%,xa que non todo o mundo pode dispoñer dos cartos desta novidade tecnolóxica.

  30. laura.aso.1a di:

    Parece un invento increible xa que con el, podería mellorar o estilo vida de moitas persoas parapléxicas, axudandoas a facer unha vida moito máis autonoma na que non teñan que depender dunha cadeira de rodas.
    o único inconvinte é o seu prezo, xa que a maioria no se podría permitir un gasto tan grande, polo tanto eu creo que o Estado tería que dar algun tipo de axuda ecónomica.
    Pareceme moi prometedora as investigacións das que fala Ana e espero que pronto poidamos observar os resultados destas investigacións.

  31. fatima.aso.1b di:

    Este invento pareceme interesante e espero que se leve a cabo porque hai moitas persoas que necesitan algo como esto para ser independentes e valerse por si mesmas, ainda que oxe en día xa hai moitas posibilidades para que unha persoa parapléxica poida facer as cousas por si mesma pero aínda así necesita a unha persoa .Isto sería un gran avance e deberia ser maís ecónomico e ter axudas para que todas as persoas que o necesiten poidan telo.

  32. tania.aso.1b di:

    este aparello esta moi ben, asi toda persoa que sufre paralise nas pernas podese levantar e facer unha vida normal sen ningun tipo de dificultade,

  33. alicia.aso.1b di:

    Penso que é un gran adelanto,que mellorará considerablemente a vida de millóns de persoas.
    Ademáis este invento tamen os axudará a nivel psicolóxico,xa que o cambio non sera tan brusco e duro de levar,e poderan levar unha vida similir a que tiñan antes da paraplexia.