UNHA VIDA PARA DEFENDER A VIDA

imagen

O naturalista británico David Attenborough foi galardoado co Premio Principe de Asturias 2009 polas súas grandes aportacións en defensa da vida e da conservación do planeta. Entre os seus comentarios a raíz de recibir este premio destaca o seguinte: ” o planeta non aumenta o seu tamaño e, polo tanto, a poboación non pode seguir crecendo”.

Attenborough comentou, a súa chegada a Oviedo, que na actualidade hai tres veces máis xente vivindo no mundo  que cando él comezou a traballar hai 50 anos.   Na roda de prensa apostou polo traballo conxunto de todos os países para chegar a un acordo no Cumio de Copenhague, onde serán revisados os acordos adoptados en Kioto para limitar a emisión de gases efecto invernadoiro.   Tamén recordou que paradoxalmente, a metade da poboación mundial vive en zonas urbanas, sen contacto coa natureza, da que os seres humanos somos totalmente dependentes.   Por esta razón pedíu aos medios de comunicación que se tomen en serio a responsabilidade de manter en contacto aos cidadáns e ao medio natural e de transmitir a importancia de conservar os ecosistemas. 


  

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.