ARDERÁS NO INFERNO


 

Nos últimos meses detectáronse turbas en ignición baixo a terra no subsolo do Parque Nacional das Tablas de Daimiel. Os lugares en combustión poden ser detectados pola formación de fumarolas en determinados lugares.

Estes incendios de turbas orixináronse como consecuencia da grave  sequía que afecta a este espazo natural. A sequía das zonas que tradicionalmente estaban anegadas e que desde hai tempo deixaron de estalo, provoca a reducción do volume da materia orgánica. A turba contráese e orixina profundas gretas por onde penetra o aire e a oxida. Ademais a entrada de vento aumenta o proceso de oxidación o que orixina un “braseiro” baixo a terra con temperaturas de ata 220ºC.

Desde que se detectaron os primeiros focos do incendio os técnicos están tentando extinguilo, tratando de compactar o terreo e botando auga nas áreas máis quentes.

imagen

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to ARDERÁS NO INFERNO

  1. victor di:

    VOLVO A PREGUNTAR: HAI ALGUÉN AÍ?
    Hai alumnos/as matriculados na materia de CCMC no instituto Francisco Asorey?
    Esperan sacar máis dun 5 nesta materia ou se conformarán cun aprobado raspado?

    As respostas poderán coñecelas proximamente.
    Un cordial saúdo do voso profesor.

  2. santigonzalez.aso.1a di:

    Eu penso que esto é algo que nos afecta a todos xa que como neste caso, antes a zona que esta ardendo era un humidal, pode que calquera terreo lle ocorra o mesmo; aínda que agora estea húmido. Sobre este parque natural (Tablas de Daimiel) estanse a buscar formas de deter estes incendios, intentando cambiar o curso dun río para que humedeza de novo esa parte de terreo, ainda que isto podería provocar que ocorrera a sequia e os incendios na parte na que circulaba antes o rio.

  3. raqueltrigo.aso.1b di:

    Por mor da explotación dos recursos hídricos ten moitisima menos auga da que tiña nos sue orixe.
    A turba comezou a secarse fai mais de 5 anos encollendose e asi agretando o solo,e polo tanto entrando así osíxeno pr elas e oxidando a turba.
    Esta reacción química produce elevadas temperaturas e iso provoca que a turba se autocombustione.
    o incendio subterraneo detectouse no 2009 e actualmente a situación vai a peor non a mellor.
    Estase intentando inundar con grandes tuberias ou mesmo aplastar a turba par cubrir as gretas e así evitar o oxidamento pero non e suficente.
    Os dias de frío podese ver fume que ase das turbas.
    Ista combustión de carbono almacenado durante anos conleva a súa rápidaliberación,polo que é un potencial agravante do quecemento global.

  4. sabina.aso.1a di:

    Dende logo esta noticia impactoume moitísimo, non tiña nin idea que debaixo da terra se puidesen formar esas “caldeiras”, e moito menos que puidesen astar a temperaturas tan elevadas.Polo que puiden investigar sobre a turba sei que se pode utilizar como combustible e como abono orgánico;e pódese clasificar en dous grupos:turba rubia ou negra.
    A maiores pregúntome se esta turba ao estar en combustión non supondrían algún tipo de peligro para as persoas que anden polo parque e que non se dean de conta da súa existencia.
    Pero pese a todo supoño que unha vez que se corte esa combustión e esa turba enfríe podería supoñer unha pequena fonte de ingresos debido as aplicacións que esta pode ter, polo tanto non probocaría unicamente efectos negativos.

  5. ruben.aso.1a di:

    E unha noticia sorprendente xa que debaixo da terra tamen pode haber materia que arde. Este e un claro cambio no clima xa que esto antes era un húmidal e agora esta todo seco . Debido a esta sequía a turbia [unha planta que e se pode utilizar como combustible, e arde con facilidade ] oxídase e empeza a combustión. Aparentemente non sabemos que aí hai combustión pero si , si nos fixamos damonos conta de que sae un fume e apreciamos que si que hai combustión. Este e un claro cambio climático .

  6. ruben.aso.1a di:

    Actualmente os vixiantes do parque estan intentando arranxar o problema , levando auga para alí e intentando encharcar esta zona de turba.

  7. victor di:

    Rubén, este caso non ten nada que ver co cambio climático; por que?, a que é debida a sequía neste lugar?
    Como se forma a turba? Hai turba en Galicia?, se a houbese, podería entrar en combustión?

  8. roberto.aso.1a di:

    A turba formase como resultado da putrefacción e carbonificación parcial da vexetación na auga ácida de pantanos, marismas e humidales.A formación dunha turbera é relativamente lenta como consecuencia dunha escasa actividade microbiana, debida a acidez da auga o a baixa concentración de oxígeno.En galicia existen turberas ubicadas na Serra do Xistral,Serra do Caurel , na Serra do Suido etc.Pero para entrar en combustión tería que haber un cambio na humidade do clima xa que o clima de Galicia presenta un alto indice de humidade

  9. victor di:

    Tes razón Roberto, pero explícao de xeito que todo o mundo o entenda.
    Tamén me gustaría saber se a evolución natural da turba é orixinar o lignito?

  10. andrea.aso.1a di:

    A parecer as turbas tamén empezaron a aparecer noutras zonas do parque como por exemplo a uns 150 metros de distancia da Isla das Cañas, o punto donde hasta o momento mostrábase mais activo o incendio de turbas,coa aparición de este novo foco son xa tres lugares con actividade de turbas en ixnición baixo a terra,antes detectouse outro no entorno do molino de Molemocho.
    Isto próducese pola situación de sequia das zonas que estaban moi húmidas é que dende fai décadas xa non o estan,isto fixo que se reduzca o volume da materia orgánica que conforma a turba,contraíndose e orixinando profundas gretas por donde o aire entra e oxida esta materia.

  11. victor di:

    Andrea, queres dicir que comenzaron a aparecer as fumarolas (as turbas xa estaban pero non arderan).
    A que se debe a falta de auga nas turbas?
    Por cero, as Tablas de Daimiel son un Parque Nacional; esta denominación é equivalente á de parque natural?

  12. emilio.aso.1a di:

    Respondendo a Victor, a falta de auga nas Tablas de Daimiel e principalmente por as poucas preciptacións que caen nesa zona de Cidudad Real, pero unha das causas que esta probocando esta extrema sequidade no solo e por culpa dos pozos que levantan os agricultores, collendo auga do acuífero que atravesa subterráneamente o Parque Nacional.

  13. belinda.aso.1a di:

    As diferenzas entre parque natural e parque nacional son fundamentalmente administrativas;
    Parque Natural: a xestión depende de cada comunidade autónoma. É aquel espazo natural con características biolóxicas ou paisaxísticas especiais que as fan gozar de especial protección.
    Parque Nacional:é moi parecido ó anterior, os parques nacionais están menos transformados pola man do home, e a súa singularidade debe ser de interés xeral para a Nazón por ser representativo dos principais sistemas naturais españois. A xestión era desarrollada e coordinada polo Ministerio de Medio Ambiente. Ata que unha Sentenza do Tribunal Constitucional estableceu que a xestión dos parques nacionais se realice de forma exclusiva polas administracións autonómicas.
    Na actualidade en España hai 13 parques nacionais.

  14. victor di:

    Moi ben Belinda. Debe quedar claro que a denominación de Parque Natural ou Nacional identifican espazos de interese natural que se encontran protexidos por leis e normativas debido aos seus importantes valores naturais. En ningún caso se deben utilizar, como fan algúns concellos, para denominar un determinado lugar do seu territorio onde podes tomar un churrasco os domingos.
    Cales son os valores naturais de Daimiel? Están relacionados coas turbas dalgún xeito?

  15. ruben.aso.1a di:

    As Tablas de Daimiel son o mellor exemplo de España do ecosistema fluvial. O seu valor ecóloxico reside na avífauna que utiliza estas zonas como área de hibernación.
    Na miña opinión eu creo que si que está relacionado as turbas cos valores naturais das Tablas porque a turba necesita este habitat , e esas condicións ideais para vivir .

  16. paula.aso.1b di:

    A imprevisión e a falta de vixiancia son unhas das principales causas de incendio das Tablas de Daimiel. A combustión da turba é un fenómeno conocido que tivo lugar noutras ocasións nas cercanías de “ los Ojos del Guadiana”, nos campos das Tablas. Era cuestión de tempo que chegara o parque, e así foi. O grave é que a situación dase sin que se tomaran medidas para evitalo, sin que haxa unha rede de seguimento que permita ter un coñecemento preciso do alcance do incendio e, o que é peor, sin que haxa un plan de actuación para este tipo de emergencias.

  17. sabina.aso.1a di:

    O Parque Nacional das Tablas de Daimiel conta cuns humedais formados a partir da confluencia do río Guadiana e o seu afluente Cigüela, e é un dos ecosistemas acuáticos máis importantes de España debido á fauna e flora que habitan nel. Tamén é importante por o gran número de aves migratorias que pasan pola zona como os anades e os ansares.A vexetación predominante é a palustre. O masiegal abunda extraordinariamente, e é o máis extenso dos que aínda subsisten en Europa Occidental.
    Na fauna migradora sobresae a garza imperial , a garza real , xunto coa garceta, os martinetes ,e o pato colorado entre outros.
    Dos mamíferos cabe destacar o turón, o raposo, a lontra , a rata de auga,os coellos,e as lebres entre outros.

  18. victor di:

    Rubén, falas da turba como se fora un ser vivo e só é un pouco de terra con moitas raíces. E ningún me respondedes á pregunta que plantexo no comentario 14.
    Intentádeo de novo

  19. sabina.aso.1a di:

    Se os valores naturais das Tablas de Daimiel son os que eu puxen no comentario 17, penso que teñen algo que ver coa formación das turbas, xa que estas fórmanse pola auga ácida que penetra na terra nos humedais, nas marismas ou nos pantanos.E dado que este parque nacional se atopa nun humedal podería ser a causa da formación da turba.

  20. victor di:

    Agora a resposta convénceme Sabina.
    Máis cousas e insisto naquelo da relación entre a turba e outros carbóns (contade algo).
    Ademais, estes días a Comisión Europea de Medio Ambiente está a pedir explicacións ao Goberno Español pola situación de Daimiel. Que opinión vos merece que desde europa nos pidan explicacións sobre os nosos espazos naturais protexidos?

  21. maria.aso.1a di:

    Que se preocupan por él xa que o considerarán importante, ou único.
    Respecto da relación entre a hulla e o carbón:
    A hulla é una tipo de carbón entra dentro da categoría de rochas sedimentarias e está formada por unha porcentaxe de carbono que varía dun 45% a un 80%.
    Fórmase a partir da compresión do lignito(que aparece pola descomposición dos bosques, proceso que dura miles de anos), principalmente o da Era Primaria; durante os periodos Carbonífero e Pérmico. Ten máis poder calorífico que o lignito e atópase a maior profundidade que este.
    O carbón é coma un nome xeral para referirse ás diferentes variedades existentes: Antracita, Hulla, Sub-bituminoso, Lignito e Turba.
    Neste link atópase bastante información sobre o carbón, formación e variedades:
    http://www.oviedo.es/personales/carbon/carbon_mineral/carbon%20mineral.htm

  22. victor di:

    María, quería que me dixeses se hai algunha relación entre a turba e o lignito. E tampouco me respondes á outra pregunta. Que alguén o faga.

  23. roberto.aso.1a di:

    O lignito é un carbon mineral que se forma por compresión da turba,convertíndose nunha substancia desmenuzable na que se poden recoñecer algunhas estructuras vexetais ,polo tanto si que teñen relación

  24. diego.aso.1b di:

    Con esta desgraza deberíamos aprender a coidar o noso medio natural para que non sucedan fenómenos coma este xa que temos escasos e non se deberían estragar así.
    Esperémos que se poida solucionar este problema e se consiga apagar a turba.

  25. ruben.aso.1a di:

    Si que hai unha relación entre lignito e turba. O lignito é un mineral que se forma cando se comprime a turba , convertíndose nunha sustancia que se desfai facilmente .

  26. victor di:

    Roberto e Diego, non me semellan axeitados os conceptos que usades (carbón mineral ou mineral).
    E pregunto se a turba sempre acabará formando lignito? Se oubese que queimar truba e lignito, cal produciría máis enerxía?, cal produciría máis contaminación?

  27. aliciaromero.aso.1b di:

    A turba, a primeira etapa na formacion do carbón, ten un baixo contenidode carbono fixo e un alto índice de humidade. A turba é combustible fosil formado por materias vexetais mas ou menos carbonizadas. A turba conten o 60% de carbono e é un combustible de pouco poder calorifico xa que desprende moito fume e deixa como residuo as cinzas.
    O lignito é utilizado nas centrais térmicas.

  28. emilio.aso.1a di:

    Respondendo a Victor, o que produciría máis enerxía sería o lignito xa que o seu poder calorífico(a enerxía que desprende despois da combustion) e moito maior que o da turba.
    Aclarar tamén que o lignito formouse na época secundaria e terciaria.

  29. victor di:

    Por que o lignito ten maior poder calorífico?

  30. emilio.aso.1a di:

    Respondendo a Victor, o lignito ten maior poder calorífico por mor de que ten na sua comosicion mais carbono; canto máis carbono teñan na sua composicion mais elevado e o seu poder calorífico.

  31. isaac di:

    Perdón por entrar tan tarde, pero paréceme moi interesante facer unha reflexión. O espazo comprendido dentro do parque nacional das Tablas de Daimiel goza do maior grado de protección por parte da administración, parque nacional, pero neste caso de pouco serviu para conservar e protexer un ecosistema único en Europa. Aínda que é moi doado responsabilizar ao cambio climaático e a unha prolongada seca, existen outros responsables.

    Cales? Xestores do pargue? Administración Central ou Autonómica? Agricultores?

    Investigade e opinade.

  32. victor di:

    POR CERTO: TEDES O PRIMEIRO FORO DESTE CURSO ABERTO. TRABALLAREDES NEL DURANTE 10 OU 15 DÍAS E LOGO PECHARÉMOLO. RECORDADE QUE PARA PARTICIPAR NEL SO TEDES QUE “CLICAR” NA VENTÁ DE FORO E LOGO ABRIR NO IES ASOREY.
    ANIMÁDEVOS.

  33. vanesa.aso.1b di:

    Ao parecer, o chan forma surcos que se enchen de aire e a turba quéntase e oxídase.Xusto cando supera unha temperatura arde baixo o chan,que é o mesmo ca a oxidación a toda velocidade.Isto pon en perigo o parque e penso que por moita inundación de auga que se lle queira botar xa é insalvable, compartindo a mesma opinión co Ministerio de Medio Ambiente.