O telescopio de infravermellos Spitzer da NASA detectou o pasado mes de maio un novo anel de dimensións colosais, arredor do planeta Saturno. O seu tamaño é asombroso, pois ten unha extensión de entre 6 e 12 millóns de km. O seu grosor é 20 veces maior co diámetro do planeta, e presenta unha iclinación de 27º con respecto ao resto dos aneis.
O anel está composto por xeo e po provintes, probablemente, de restos desprendidos de Febe, un satélite que orbita arredor de Saturno. As particulas que o forman son extremadamente pequenas, o que fai que o anel sexa moi tenue.
RESOLUCIÓN DUN MISTERIO. O descubrimento deste novo anel, fixo posibel a resolución dun dos grandes misterios da ciencia planetaria: por qué o satélite Jápeto presenta dous tonos na súa superficie. A posible explicación que deron os expertos é que a presión da luz solar empuxa aos minúsculos grans que compoñen o anel cara á órbita de Jápeto, o que fai que estas partículas se adhiran á súa superficie facendo así, que o satélite adquira dúas tonalidades, unha moito máis oscura ca outra.
Autora: Laura Santos