DESPOIS DA TEMPESTADE VEN A CALMA?

 

O pasado 30 de setembro producíase un terremoto de grado 8 na escala Richter con epicentro no fondo do oceano a uns 190 km ao suroeste das illas de Samoa Occidental, que xerou un tsunami  que arrasou as costas das citadas illas, xunto coas da Samoa Americana e as illas de Tonga deixando un balance total de víctimas superior aos dou centenares e miles de damnificados, moitos deles desposuídos de todas as súas pertenzas materiais. Cando ao día seguinte quixen ampliar a información sobre este fenómeno foime moi difícil, xa que fora desprazado da primeira plana dos medios informativos por outro terremoto que se producira poucas horas despois na illa de Sumatra, con epicentro próximo a cidade de Padang, moi perto de onde en decembro de 2004 se orixinara un tsunami que afectou a case toda a costa do Oceano Índico causando máis de 300.000 víctimas mortais. Neste caso, afortunadamente, non se xerou tsunami pero a súa intensidade, de grao 7,6 na escala Richter, e varias replicas por riba de grao 6 causaron grandes danos materiais e, o qué e pior, varios miles de mortos, moitos dos cales aínda hoxe están baixo os escombros.

Non é a primeira vez que dous ou máis  movementos sísmicos se suceden en diferentes lugares nun curto espazo de tempo, o que podería facer pensar que na súa orixe puideran estar relacionados. Neste caso, a distanza entre ambos epicentros é de uns 10.000 km, o que fai dubidar sobre esta posible relación, en calquera caso hai que ter en conta cales son as placas implicadas e, por suposto, a distanza entre eles.

Cal é a vosa opinión?

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Tectónica de Placas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to DESPOIS DA TEMPESTADE VEN A CALMA?

  1. rubenlois.aso.1a di:

    Eu penso que estes dous terremotos non están relacionados, pero poderíase crer que si. No segundo caso foi máis violento ca no primeiro xa que ao terremoto principal o sucederon outras réplicas de case a mesma intensidade polo que as noticias do terrremoto que produxo un tsunami nas illas de Samoa desapareceron as poucas horas.

  2. alexandre.aso.1b di:

    A verdade poderíase pensar que un terremoto pode ocasionar outros movementos sísmicos, pero ó meu pensar creo que esto non de todo certo, porque se un terremoto poidera ocasionar outro movemento nun corto espazo de tempo poderíanse repetir e comunicar o movemento entre placas, e o meu parecer non creo que nun curto período de tempo duas placas se transmitiran o movemento tan rápido, ainda que é unha suposición.

  3. roberto.aso.1a di:

    O sismo e tsunami de samoa e o terremota da illa indonesa de Sumatra non teñen relación directa.Ainda que se produciron no “cinturon de fuego”do Pacífico,donde os choques das placas continetais provocan unha forte actividade sismica.
    Existen casos donde os sismos se aproximan no tempo e no espazo,pois un dos temblores repercute sobre outor sector da falla,pero a tal distáncia é imposible.

  4. victor.aso.1a di:

    Segundo a información que puiden recopilar o terremoto durou aproximadamente tres minutos e os lugares máis afectados foron as illas de Upolu seguido moi de preto pola de Savaii. O terremoto causou olas de tres metros.
    Eu ao contrario que roberto.aso.1a penso que si se puideron causar polo mismo choque de placas xa que os dous terremotos se produciron na placa indoaustraliana.

  5. victor di:

    Varias cousas:
    1.- Que é iso de “cinturón de fuego”?
    2.- Por que se produce un terremoto?
    3.- Onde se pode producir un terremoto?

  6. ivanabal.aso.1a di:

    Os terremotos poden suceder en calquera parte do planeta onde as placas tectonicas rocen, ou choquen. Se as placas chocan debaixo do mar producese un maremoto ou tsunami, esto provoca unha ola xigante que si se produce cerca dunha poboación pode causar moitas perdidas.

  7. manuel.aso.1a di:

    Un terremoto prodúcese polo choque de placas tectónicas, co cal provoca que se livere unha gran cantidade de enerxía, provocando que se reorganizen bruscamente os materiais da corteza terrestre.
    As zonas máis propensas a sufrir un terremoto, dende o punto de vista estadístico son os bordos de placas.

  8. roberto.aso.1a di:

    O “cinturón de fuego “do pacífico fai referencia as zonas de maior subdución de placas,donde se acumulan grandes tensións

  9. victor di:

    Manuel, non todos os bordos.
    Roberto, non te entendo.

  10. roberto.aso.1a di:

    Victor,podes aclararmo máis?Non entendes porque o citín ou como o dixen.

  11. sabina.aso.1a di:

    O “cinturón de fuego” está ubicado no Océano Pacífico, e constitue moitas das zonas da Terra de maior subdución, é dicir, placas da corteza terrestre húndense a gran velocidade en tempo xeolóxico (varios centímetros por año) por debaixo de outras placas.Este fenómeno acumula unha importante carga de tensións que deben ser liberadas, e cando isto sucede ocorre en forma de terremotos.

  12. isaac di:

    Se ben e certo que as zonas de máis risco sísmico están próximas a bordos de placa, non sempre é así. Por exemplo, moi recentemente produciuse un terremoto devastador en Sichuan, China. Tratáde de localizalo no mapa e de situalo con respecto aos bordos de placa que teña máis perto, a ver cómo o interpretades.

    Por certo, non evitedes a pregunta que vos fago no post, están ou non están relacionados ambos sismos? E presentade argumentos, non opinións baleiras.

  13. vanesa.aso.1b di:

    Na miña opinión non están relacionados pois paréceme que a tal distancia a pesares de que se produciron no chamado ‘cinturón de fuego’ na que hai unha forte actividade sísmica non teñen relación posible.

  14. andrea.aso.1a di:

    A miña opinión é que non teñen ninguna relación ambos sismos.
    Ainda que existen casos donde os sismos aproximanse no tempo e no espazo,pois un dos temblores repercuteu sobre outro sector,pero a tal distancia é imposible.
    O “cinturón de fuego” do Pacífico que bordea o mais amplo océano do planeta, concentra algunhas das mais importantes zonas de subducción do mundo,alí as placas téctonicas encaixanse a gran velocidade xeolóxica baixo outras placas gardando grandes tensións que tarde ou temprano liberanse.

  15. carolina.aso.1b di:

    Para o meu pensar non teñen nada que ver ambos sucesos,pese a que e algo estraño que sucedan xuntos,ou a min parecemo,pese a todo no lugar onde sucederon a actividade sismica e bastante fote polo que estes sucesos tamen poden ser mais frecuentes.

  16. ruben.aso.1a di:

    Eu creo que non estan relacionados . Pero o que me parece increíble e que sucedan en poucas horas varios terremotos moi próximos e con tanta violencia.
    O ” cinturón de fuego ” está ubicado no Océano Pacífico e abarca as costas de Chile Perú , Ecuador , os países centroamericanos , EEUU , Canadá , Rusia , Xapón … , nestes puntos concéntrase unha das zonas de subdución máis importantes do mundo : placas de corteza terreste afúndense a gran velocidade ( varios centímetro por ano ) en outras placas , este e un fenómeno que acumula grandes tensións que se liberan en forma de terremotos ou outros sismos.

  17. ana.aso.1a di:

    Creo que poderia ter que ver n terremoto co outro,
    O “cinturón de fuego” esta no oceano Pacifico,estendese desde o litoral sur como Chile, Perú, Ecuador e Colombia e América Central, Panamá, México, pas por E.U., dobre á altura das Illas Aleutianas e as costas do Xapón e China. O mesmo tempo o Pacífico ten diferentes placas oceánicas están en constante fricción e producen acumulacións de tensión. Nun punto determinado a tensión é liberada e produce temblores de placas (terremotos). O “cinturon de fuego” concentra alguna das zonas de subducción mais importantes do mundo.
    As causas dos terremotos poden ser varias pero as mais frecuentes, son polo choque das placas tectonicas; a corteza da terra está formada por 12 capas de aproximadamente 70km de grosor (America, Sudamerica,O pacifico,Cocos,Caribe,Africa…) as cales estanse acomodando constantemente,desde fai millons de anos. Generalmente estes movementos son lentos e casi non se sinte, pero outras veces estas placas chocan entre sí sobre un oceano de magma (masa fundida com lava) que esta nas profundidades da terra o que impide o seu desplazamiento e genera acumulación de energia que nalgun momento se libera e iso producen un terremoto.
    Os terremotos tectonicos suelense producir nas zonas donde a concentración de forzas generadas polos limites das placas tectonicas da lugar a movementos de reaxustes no interior e na superficie da terra.

  18. victor di:

    A auga do océano podería estar relacionada coa orixe destes terremotos?, e de algún outro?

  19. ruben.aso.1a di:

    Eu creo que a auga do océano non ten ningunha relación coa orixe dos terremotos. Porque os terremotos teñen a súa orixe no rozamento das pracas cando liberan a enerxía producida neste proceso de frición.
    Pero o que si que debe de ter algo de relación e cando un terremoto ten o seu epicentro no océano porque se produce un tsunami . E neste caso penso que si que debe ter algo de relación a auga do océano coa orixe dun terremoto .

  20. victor di:

    Rubén, comentario errado. Tentade responder de novo ao comentario 18.

  21. maria.aso.1a di:

    ..Eu estiven buscando pero non atopei nada que relacionase os terremotos co mar; encontrei que tamen poden ser provocados por desprendementos de rocas en ladeiras montañosas, polo afundimento de cavernas, polas variacións bruscas de presión atmosferica…etc; pero nunha medida tan baixa que só son detectados polos sismógrafos.
    Todas as referencias que atopein en relación a terremotos e océano… acababan por referirse a os tsunamis.

  22. victor di:

    Máis que co mar, María, referiame coa auga. A auga pode actuar como lubricante……. (seguide)