FINAL DUNHA ERA

imagen

A fin da era do petróleo podería estar máis preto do que pensamos.  Segundo o Consello de Investigación da Enerxía do Reino Unido, nun estudo realizado a partir de 500 traballos revela que o alcance máximo estaría previsto para o ano 2.020.

Os autores sinalan que os gobernos dos países non son conscientes da gravidade do problema. A última estimación da Axencia Internacional de Enerxía (IEA), anuncia o tope para o 2.030. Sen embargo o Consello de Investigación Británico califica esta estimación de “optimista” e advirte da dificultade de atopar outros recursos enerxéticos, antes do 2.030. O estudo apunta a que máis dos dous tercios da producción deberán ser reemprazados para ese ano e que as grandes petrolíferas xa iniciaron un declive na producción. 

O tema está creando debate xa que por unha banda se  asegura que xa acadamos o máximo de producción e que non estamos preparados para a crise dos vindeiros anos e por outra que as compañías e analistas enerxéticos negan que se estea a esgotar.

Os autores deste estudo sosteñen que é difícil demostrar cando se van a esgotar as reservas xa que non hai un método fiable para realizar as medicións senón que as estimacións se sosteñen na “inexistencia de datos fiables e a ausencia de terceiras persoas revisando cifras o que crea a inseguridade dos datos”. Esta confusión é a causante de que os gobernos non estean ben asesorados nesta materia. Parte das dificultades están creadas polos problemas que poñen algúns países e compañías que se negan a divulgar os datos sobre a totalidade das súas  reservas amparándose nas implicacións económicas de revelar esta información.


Autora: Marcelina Abal

Esta entrada foi publicada en Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.