NON HAI MAL QUE…

imagen

As emisións mundiais de CO2, pricipal gas causante do efecto invernadoiro, reduciranse un 3% no ano 2009 como consecuencia da crise económica. Esta é a principal conclusión do informe presentado pola AIE. O descenso será o máis forte dos últimos 40 anos, pois  ata o de agora a evolución das emisións viñeron crecendo un 3% anual. As tres cuartas partes desta diminución estarían relacionadas coa crise económica e o resto coas medidas aplicadas polos diferentes gobernos para loitar contra o cambio climático.

A crise económica ven de crear unha oportunidade única para a transición do sistema enerxético global, pero agora é o momento actuar. A enerxía representa os dous tercios das emisións globais de gases efecto invernadoiro. A AIE presentou unha proposta que podería limitar a concentración atmosférica deste tipo de gases, o que tería un efecto directo sobre a temperatura global. O próximo mes de decembro celebrarase en Copenhague o cumio mundial sobre o clima, no que se tratará de buscar un marco que substitúa ao actual Protocolo de Kioto.

imagen

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

40 Responses to NON HAI MAL QUE…

  1. sabina.aso.1a di:

    Era visto que con semallante crise económica pola que estamos a pasar iva a provocar que as grandes empresas diminuíran a produción, e polo tanto as emisións de gases á atmosfera.Aínda que como dixo Vitor outro dos factores responsables da diminución do efecto invernadoiro foron as medidas aplicadas polos diferentes gobernos para loitar contra el;e eu pregúntome,por que os gobernos non se decidiron a aplicar esas medidas antes e non agora que é cando verdadeiramente se están a notar as consecuencias do efecto invernadoiro?
    Con respecto ao cambio do Protocolo de Kioto, non estóu moi de acordo, xa que cando a situación económica volva a estabilizarse as grandes empresas van a volver a aumentar a produción e a concentración de gases na atmosfera tamén aumentará.Pero supoño que se o van facer será por que pensan que se pode cumprir ese límite de emanacións de CO2.

  2. maria.aso.1a di:

    Penso que ao haber crise, hay paro; ao haber paro, as empresas van a quebra…co que contaminan menos…ademàis(è unha opinion) cando hai crise a xente usa mais os transportes públicos porque hai moitas persoas q ao quedar sen traballo non poden gastar tanta gasolina ou incluso teñen que vender o coche…e vense obligados a usar autobuses..que ademáis de seren máis ecoómicos, contaminan menos.
    Respecto das medidas que toman os gobernos..opino que en xeral non son suficientes…e que agora parece que estean funcionando polo da crise…Ademais…o que máis contaminación manda a atmosfera son os combustibles fósiles, que se estan a esgotar, asi q opino que se deberian idear plans para minimizar o seu consumo(porque senon, que faremos o dia q se acaben??¿!); e ao mesmo tempo minimizar a contaminación.
    Acerca do protocolo de Kioto…penso que non é moi útil se hai paises que non firman..ou outros que non cumplen..pero supoño que a soa idea xa é algo positivo.

  3. marcelina.aso.1a di:

    por fin algo bo na crise… sería mellor que non houbera que ter crise algunha para diminuír as emisións. esto prodúcese polo descenso de actividade nas empresas pero cando a crise acabe vaise volver a emitir o mesmo que ata o de agora ou máis por iso a min gustaríame que que este novo plan sexa mellor que o de agora e o acollan todos os países xa que si uns países reducen as emisións e outros non estariamos nas mesmas e haise que decatar que o medio ambiente é de todos e hai que coidalo se non queremos que os nosos netos ou bisnetos paguen as consecuencias dos nosos errores.

  4. dolores di:

    O motivo do cumio non é un cambio no Protocolo de Kioto á vista desa diminución nas emisións propiciada pola crise. Quen nos conta que pretenden tratar e consensuar nel?

  5. roberto.aso.1a di:

    No cumio os paises intentaran chegar a un novo acordo global sobre como afrontar o cambio climatico,xa que non se cumpliron as espectativas do protocolo de kioto.Alguns paises ricos dixeron que sería necesario facer cambios no estilo de vida e inversións para desenrolar fontes de enerxía limpas,ademais de expandir de forma masiva a utilización de enerxías de baixo coste nos paises en desarrollo xa que é donde antes se sentira os efectos do cambio climatico.
    Outro obxetivo é proporcionar axudas economícas os paises pobres para afrontar o cambio,e ser mais permisivos nas suas emisións.

  6. andrea.aso.1a di:

    A miña opinión sobre isto,é que a crise non deberia ser o motivo polo que temos que reducir as emisións de CO2 xa que para o noso interese deberíamos intentar coidar o noso planeta.
    Pero polo menos a crise económica neste tema ten algo positivo.
    En relación co Protocolo de Kioto,baséase sobre o cambio climático e é un acordo internacional que ten por obxetivo reducir as emisións de seis gases provocadores do quentamento global: dióxido de carbono (CO2), gas metano (CH4) e óxido nitroso (N2O), penso que é unha boa iniciativa pero se todos os paises a cumpren.

  7. ruben.aso.1a di:

    Para min a crise favoreceu a redución de CO2 pero a crise non tiña que ser o principal motivo para que se reducira a emisión de CO2 senon que para o noso ben deberíamos ir reducindo as emisións pouco a pouco porque senon cando non haxa crise volveranse a incrementar as emision de CO2
    O Protocolo de Kioto é un acordo internacional que ten por obxetivo reducir as emisións de 6 gases provocadores do quentamento global nun portentaxe do 5% dende 2008 a 2012

  8. victor di:

    Estamos de acordo en que a crise non debe ser o factor que impida o cambio climático, pero esta crise pode indicarnos por donde debe ir o noso desenvolvemento no futuro. Non deben ser as empresas, a nivel individual, as que marquen as pautas de utilización de fontes de enerxía; deben ser os gobernos e por consenso os que digan por donde debe ir o desenvolvemento económico no futuro e esta crise deixou ver que o camiño que seguiamos ata o de agora non era o axeitado.
    Que medidas se deben aplicar para frear o cambio climático? Foi Kioto unha boa iniciativa?

  9. adrian.aso.1a di:

    Os gobernos deben aproveitar esta situación para que unha vez que consigan baixar as emisións de gases á atmosfera non volvan a subir coma nos últimos anos, e buscar medidas para que cando a situación económica mellore non volva a aumentar.
    Unha medida para frear o cambio climático sería axudar as empresas que intenten reducir as emisión de CO2 porque se non axudan as empresas que o intentan non creo que a esas empresas lles sea rentable ese gasto.
    O protocolo de kioto é un acordo da maioría dos países no que se comprometeron a reducir as emisión de gases: como o dióxido de carbono , gas metano e óxido nitroso entre outros, para reducir o nivel global de emisións nun 5% que ata o de agora non obtivera os resultados esperados, e confiamos que no protocolo de Copenhague os países poñan máis da súa parte para que o cambio climático non se vaia definitivamente das mans do ser humano.

  10. victor di:

    Que propoñedes para frear o cambio climático?

  11. andrea.aso.1a di:

    Non podemos frear o cambio climático pero sin duda debemos impedir os seus prexuizos, polo noso ben e o de todo o planeta.
    Xa que hai cousas que non precisamos e fanlle moito dano a natureza..e temos que intentar reducir a contaminación sobre todo por un futuro que pode ser moito peor e para a nosa vindeira poboación.

  12. ruben.aso.1a di:

    Eu creo que a única proposta e concienciar os gobernos e a todos os cidadans que hai que contaminar menos porque o mal facemolo para nos mesmos.
    A única solución para este caso e contaminar menos na miña opinión.

  13. victor di:

    Andrea, non estou dacordo contigo en que non se pode frear o cambio climático. Ademais, Andrea e Rubén, a que tipo de contaminación vos refires?
    Pido propostas concretas para loitar contra o cambio climático.

  14. leticia.aso.1a di:

    O cambio climático, a min persoalmente, pareceme un problema remediable si todos colaboramos, aínda que sería preciso como xa dixen antes, unha implicación a nivel global.
    Sería interesante que as grandes empresas deixasen de consumir tanta enerxía, e non so as empresas, deberiamos todos poñer algo da nosa parte e deixar de malgastar tanta enerxía que a fin e ao cabo non a precisamos en toda a súa totalidade;persoalmente creo que para vivir ben non necesitamos tantos luxos;equivocome?
    Con respeto ao da crise económica pareceme que xa era hora de que trouxese algo bo con ela!
    No que ao tratado de Kioto se refire penso que non conseguiu resultados eficaces apesar dese acordo entre países, e espero que neste próximo (tratado de Copenhague) pois vaian as cousas por mellor camiño.

  15. victor di:

    Leticia, as empresas o que necesitarían sería utilizar enerxías non contaminantes.
    Cales son as enerxías contamiantes? E cales non contaminan?

  16. rubenlois.aso.1a di:

    Eu propoño que para frear o cambio climático se utilicen máis os transportes públicos cando nos sexa posíbel, e tamén deixar de usar os vehículos de transporte para distancias curtas porque se evitaría moita emisión de CO2, pero non é suficiente con que isto o realicen unhas poucas persoas isto débese facer a escala mundial. As fábricas necesitan algunhas das enerxías que son ranovables como a enerxía maremotriz,a enerxía eólica e demais. Neste cumio que se realizará en Copenhague deben concencializar ós políticos de todo o mundo para que reemplacen as enerxías non renobables polas renobables e darlle algo de vantaxe na emisión de gases á atmosfera aos países pouco desenvltos para que se poidan desenvolver máis.

  17. victor di:

    Que os países se xunten a falar dos grandes problemas ambientais é bo porque estase a recoñecer un problema e a propor solucións. Kioto foi unha iniciativa moi interesante e un punto de inicio para unha corrente de sensibilidade que segue a aumentar.
    Que vos parece o máis positivo de Kioto e o máis negativo?

  18. rubenlois.aso.1a di:

    O máis negativo do Protocolo de Kioto é que non deberían de obrigar aos países máis pobres a que reduzan as súas emisións coma os países desenvolvidos porque así estes países non conseguirán desenvolverse.
    O positivo é que se se reduce de maneira progresiva a emisión destos gases, a atmosfera non sufrirá tantos danos coma os que está a sufrir agora.

  19. victor di:

    Rubén, o Protocolo de Kioto non obriga aos países máis pobre a reducir a taxa de CO2, senón que lles permite aumentala; é máis, lles permite vender parte desa taxa (tratade de aclarar esta cuestión).
    Apuntade outras cousas positivas.

  20. laura.aso.1a di:

    Unha das cousas negativas do Protocolo de Kyoto, é a súa ineficacia, xa que as emisións de gases a atmósfera non se reduciron polo de agora.
    O positivo, é que permite a os paises en vias de desenvolvemento, unha certa liberdade en canto as emisións, axudando así a un desenvolvemento sostible. Sempre é cando, estes paises den mostras dun cambio na súas industrias, é decir, un cambio nas súas fontes de enerxía.

  21. juanjose.aso.1a di:

    A min o Protocolo de Kioto pareceme moi positivo dado que se intenta reducias emisións de CO2 a atmósfera para intentar frenar o cambio climático. Outra das razóns da súa positividade é que permite ós países pouco desenvolvidos aumentar a sua taxa de CO2 para intentar desenvolverse, o que pode traer moitos adelantos a estes países. O máis negativo de Kioto foi a negativa de EEUU para firmar este protocolo, dado que é o país que máis CO2 desprende a atmósfera.

  22. ana.aso.1a di:

    Xa era hora que a crise aportara algo mais que malas noticias,por una parte si nos poñemos a pensar penso que a reducción de CO2 a atmosfera era algo previsible pola parte das empresas, iva baixar porque aora as empresas non teñen tanto capital como antes para invertir no funcionamento das mesmas e contaminar a atmosfera.
    Gustame que se reducira a emisión de CO2 a atmosfera, pero non me gusta que fora por mor da crise,xa que si non ouvera esta crise quiza non averia esta reducción.Agora fagome una pregunta:que pasara cando a crise vaia desaparecendo e as empresas recuperen capital para invertir?

    As enerxias que contaminan son o cabón o petroleo e as non contaminates son a solar, a eolica…

    O protocolo de kioto pareceme algo fantástico porque consigeu reunir a tantos paises para una causa tan boa,que todos ese paises aceptara reducir as emisions no maior numero posible.

  23. victor di:

    Ana, respóndeme ti: que debería ocorrer cando remate a crise (non te pregunto que vai ocorrer, senón o que debería ocorrer)?

  24. ana.aso.1a di:

    Por deber, deberia seguir reducindose as emisions de CO2 e que non aumentaran mais. Pero como non tomemos mais medidas penso que non vai ser o caso desto, e creo que cando nos recuperemos da crise o CO2 non se vai reducir mais, ainda é mais penso que van aumentar as emisions.

  25. victor di:

    Ana,responde como unha científica e non como unha reporteira do corazón: en que base científica te baseas para afirmar que a porcentaxe de CO2 vai a aumentar cando remate a crise?

  26. jose.aso.1b di:

    Este tema pódese enfocar dende moi diversos puntos, pero dende o meu punto de vista, penso que non debería ser a crise a que nos fixera recapacitar con respecto as emisións de CO2, senon que polo noso ben e polos dos nosos descendentes deberiamos ir reducindo estas emisións. Non so unhas poucas persoas senon todos xa que o mellor ímolo a facer para nos e para as segintes xeracións que non teñen culpa de nada e probablemente sufriran os problemas que isto acarrea.
    Con respecto o protocolo de Kioto, oxalá encontren no mes de decembro un protocolo a altura.

  27. victor di:

    Eu tamén penso que non debería ser a crise a que nos faga reaccionar con respecto á reducción de CO2, pero xa postos debemos traballar para que as cousas vaian o mellor posible. Debemos reducir a producción de CO2, como?, vos diredes.
    Jose, non sei o que queres dicir co de Kioto.

  28. karina.aso.1b di:

    Si, debemos participar día a día para reducir estas emisións, e para iso hai diversas formas como por exemplo reemplazar as bombillas incandescentes de 75W por otras fluorescentes de 20W, ou manter limpos os frigorificos, deixar secar a roupa o aire libre en vez de utilizar as secadoras, reciclar tamén e algo que se di no día a día que debería facerse, xa que e moi importante non mezclar os vidros con con papel e plástico, se vamos a unha festa e podemos ir todos en un coche non utilizar varios, o mesmo para saír a rúa, e mellor colle un transporte público que ir en coche…etc

  29. carolina.aso.1b di:

    Para nada teñen que ver a crise co cambio climantico na miña forma de pensar,ainda que se poderà aproveitar para non gastar tanto,como por exemplo as emisions de co2 se vamos a ter dous coches na casa non e suficiente con un?tamen existe o transporte publico.De todas formas creo que coa axuda da poboacion a crise non se vai solucionar.

  30. victor di:

    Este post Carolina, demostra que existe unha certa relación entre a crise económica e a producción de CO2.
    A cuestión importante é que para sair da crise haberá que producir máis e polo tanto compre unha maior industrialización pero que se alimente de enerxías limpas. Que tipos de enerxías propoñedes?

  31. jose.aso.1b di:

    Si que os podemos reducir, por exemplo na casa podemolo reducir, pois utilizando correctamente os electrodomésticos, reciclando, ou nas bombillas cambialas por unhas de baixo consumo.
    Co de Kioto refírome o Protocolo de Kioto, que está influindo positivamenten na maioría dos países, xa que di que que quere conseguir un 5,2% das emisións de gases con efecto invernadoiro globales sobre os niveles de 1990 para o período comprendido entre 2008-2012.

  32. yolanda.aso.1b di:

    Penso que o cambio climántico podemos evitalo pero como somos tan inconscientes estamos enviando a atmosfera a contaminación que nos mesmos producimos.

  33. leticia.aso.1a di:

    O cambio climático podemolo evitar pero como non queremos renunciar as comodidades seguiremeos contaminando e contaminando, sen darnos conta que os prexudicados van ser os nosos fillos,netos…
    Estou de acordo no de que a crise implica unha reducción de emisións de co2 e creo que cando a economía mellore volverán aumentar polo tanto seguiremos nas mesmas.
    Que as empresas empregasen enerxías como a heólica ou a solar creo que serían unha boa solución para mellorar a situación.

  34. victor di:

    Leticia, pero é posible que actualemente as empresas funcionen exclusivamente con enerxía eólica e solar?

  35. ruben.aso.1a di:

    Na miña opinión , actualmente as empresas e imposible que funcionen exclusivamente con enerxía eólica e solar porque necesitan unha cantidade enorme de enerxía para as multitude de máquinas eléctricas que utilizan, e gastan moitísima enerxía , ademais de que as máquinas non paran de traballar en todo o día.

  36. victor di:

    Rubén, busca información sobre a porcentaxe de enerxía eólica e solar con respecto á total, que se está a producir neste país?

  37. ruben.aso.1a di:

    A electicidade de orixe eólico na Península no 2008 foi duns 15000 MW, e de orixe solar foi duns 5500 MW no 2008. Neste sector de orixe solar españa foi en 2008 o líder mundial de producón de enerxía solar.
    España está explotando estes recursos tanto a enerxía eólica como solar e cunha elevada produción de enerxía .
    Este e un gran avance porque reduciría enormemente a cantidade de CO2 que se expulsaría a atmósfera.

  38. victor di:

    Eu referiame á porcentaxe con respecto á enerxía eléctrica producida por petróleo. De todos xeitos Rubén aportas cousas interesantes. Estámonos a converter nun país punteiro en canto á utilización de enerxías alternativas; pero serían suficientes para prescindir das centrais térmicas?

  39. yolanda.aso.1b di:

    Penso que enrealidade si que poderiamos prescindir das centrais térmicas igual que das centrais nucleares. Porque a cantidade de contaminación que se envia a atmosfera cada día e moi grande, cocal prescindindo das centrai tanto térmicas como nucleares poderiamos reducir case por completo a cantidade de contaminacion que producimos, e un pouco que poñamos da nosa parte poderiamos reducila por completo, so nos teriamos que conceciar de que estamos producindo moita contaminacion todos os dias.

  40. victor di:

    Yolanda, a día de hoxe non poderiamos prescindir destas dúas fontes de enerxía. Por que?