O SEGREDO DA ETERNA XUVENTUDE

imagenEsta semana fíxose pública a concesión do Premio Nobel de Medicina 2009 aos investigadores Elizabeth H. Blackburn, Carol W. Greider y Jack W. Szostak polo descubrimento en 1984 da enzima telomerasa e das implicacións da mesma en procesos de envellecemento celular e crecemento de células tumorais.

A principal función desta enzima é a prolongación dos extremos dos cromosomas, os chamados telómeros, constituídos por unha secuencia repetitiva de ADN que desempeñan unha función protectora dos mesmos ante o seu progresivo desgaste nos sucesivos procesos de multiplicación aos que se ven sometidos en cada ocasión que unha célula se divide para dar lugar a dúas novas células fillas.

As aplicacións médicas deste descubrimento seguen dous camiños, por unha banda a prevención do envellecemento celular que pode levar a un aumento da esperanza de vida en seres humanos, e por outro a tratamentos que poden frear, e incluso inactivar, o avance de tumores cancerosos.

No primeiro caso, experimentando con ratos conseguíuse prolongar ata un 40% sobre a súa esperanza de vida media incrementando o número de unidades de telomerasa por célula.

Con respecto ao desenvolvemento de terapias contra o cancro comprobouse que as células tumorais presentaban un gran actividade da telomerasa, polo que se trata de deseñar unha estratexia contra o crecemento dos tumores que consista en desactivar esta enzima nas células dos tecidos tumorais.

Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Medicina, Xenoma humano e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to O SEGREDO DA ETERNA XUVENTUDE

  1. ivanabal.aso.1a di:

    Estes cientificos merecense este premio porque este gracias a eles moitas enfermedades poden pasar de ser casincurables, a ter unha gran posibilidad de curación.

  2. emilio.aso.1a di:

    Estes avances no estudo do ADN son moi importantes xa que unha multitude de enfermidades como son o sindrome de dawn, o sindrome de turner proveñen de anomalias nos cromosomas.

  3. raqueltrigo.aso.1b di:

    É impresionante como os avances científicos logran cada día cousas que fai 10 anos a xente nin imaxinaba.
    Grazas a estes avances temos unha esperanza de vida máis longa,vacinas para moitas enfermidades que nun momento foron perigosas(tuberculose).
    Hai xente que non está de acordo de que se experimente con animais nos laboratorios pero pensade que se non se chegara a facer agora a cincia non hubera avanzado tanto.

  4. victor di:

    Quen pode explicar por que este descubrimento abre unha nova vía na investigación sobre a curación do cancro.

  5. silvia.aso.1b di:

    Este tipo de descubrimentos e melloras no campo da mediciña son moi importantes para nós porque nos axudan a aumentar a esperanza de vida e a calidade da mesma. O que non me parece tan ben é que se utilicen animais para experimentar, é un comportamento egoísta por parte do ser humano, crémonos máis importantes e con dereito a xogar cas demais especies, o que non está moi ben. Pero entendo que non nos queda máis remedio que aceptar isto, xa que a nosa vida depende da mediciña e os seus avances. Oxalá puidéramos atopar outra maneira de poder mellorar sen poñer a ningunha especie animal en perigo.

  6. andrea.aso.1a di:

    Parecenme moi interesantes estes avances científicos xa que asi podense curar diversas enfermidades,podemos dispoñer de máis vacinas e asi poder vivir por máis tempo. Xa que anteriormente por culpa de enfermidades sinxelas morria moita xente,hoxe en dia con estes avances esas enfermidades xa non supoñen ningun risco.Gracias a enzima telomerasa podese chegar a inactivar o avance de tumores cancerosos, cousa que é de real interese.

  7. victor di:

    Silvia, considero que o contido deste post non deberiamos enfocalo pola utilización de animais de laboratorio e, por suposto, que na investigación médica non se utilizan animais en perigo de extinción.
    Andrea, este descubrimento non está enfocado á producción de vacinas e me gustaría que alguén no contara eso da inactivacción dos tumores. Tamén que alguen aclare que é iso dos tumores.

  8. andrea.aso.1a di:

    Un tumor e calquera alteración dos tecidos que produzca un aumento do volume. É un agrandamento anormal dunha parte do corpo, que aparece, polo tanto, hinchada ou distendida. En sentido restrinxido, un tumor é calquera bulto e débese a un numero maior de células que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno. Cando un tumor é maligno, ten capacidad de invasión ou infiltración e de metástasis a lugares distantes do tumor primario, e entén é un cáncer.

  9. victor di:

    Que queres dicir, que se inchan as células?

  10. sabina.aso.1a di:

    Síntome contenta polo feito de comprobar que a medida que vai pasando o tempo son tan perceptibles os cambios e descubrimentos na mediciña(para mellor).Por exemplo impresionoume moitísimo este descubrimento tan importante con respecto ao cancro, que é unha das enfermidades que máis afecta á poboación mundial,polo que estou completamente dacordo co feito de que lle entregaran o Nobel de mediciña a estes científicos.
    Estes novos descubrimentos son unha esperanza que fai pensar en que dentro de algúns anos moitos dos misterios do mundo científico serán descubertos e estudiados para poder resolvelos.

  11. victor di:

    Volvo a repetir: como relacionades o descubrimento da función da telomerasa con respecto á curación dos cancros?
    Centrémonos: que significa unha secuencia repetitiva de ADN?

  12. manuel.aso.1a di:

    A enzima é un blanco “fácil” para a quimioterapia, posto que se encontra activa en moitos dos tumores humanos, mentres que nas celulas normais ocorre que se encontra inactiva. Isto querenos dicir, que se atoparamo unha droga que fose capaz de desactivar a telomerosa, funcionaía contra todolos cancros, con poucos efectos colaterais.

  13. victor di:

    Manuel, e a quimioterapia non afectaría tamén á telomerasa das células sanas?

  14. manuel.aso.1a di:

    Tamen afectaría, pero as celulas sanas teñen a capacidade de reparar o dano ou poden substituirse por outras celulas sana, polo cal estes efectos secundarios son temporais.

  15. leticia.aso.1a di:

    Alégrome de saber que lle dean premios tan importantes coma este á xente que pasa parte da súa vida investigando, grazas a eles a mediciña vai avanzando e estou moi segura de que co paso do tempo poderemos chegar a coñecer a fondo todos os misterios do noso corpo e da nosa vida.
    Centrándome xa neste tema en concreto creo que co paso do tempo as enfermedades que en principio parecen incurables, como o caso do cancro, poderán pasar case desapercividas.

  16. victor di:

    Que tipos de técnicas ou medicacións contra o cancro coñecedes?

  17. maria.aso.1a di:

    A quimioterapia…e tamèn atopei nunha páxina q receitaban a aspirina como prevención…pero de eso non esou moi segura…

  18. marcelina.aso.1a di:

    estou totalmente de acordo con que se lle de un premio tan importante como o nobel wa que este descubrimento é moi importante para a mediciña. poder aumentar a esperanza de vida e o envellecemento celular, unha posible cura para unha enfermiade tan dura como o cancro… é verdaderamente admirable e novidoso.
    as medicacións para o cancro son:
    cirugía,quimioterapia,radioterapia,horminoterapia e aínda que non está demostrada a súa eficacia tratamentos alternativos.

  19. veronica.aso.1a di:

    As técnicas ou mediciñas contra o cancro que eu coñezo son:
    -A ciruxía, que si se aplica a un cancro detectado nunha etapa aínda temperán pódese exterminar.
    -A quimioterapia é un medicamento empregado para dañar as células ou impedir que se segan a reproducir.
    -Os inhibidores específicos son un medicamento que impiden o crecemento das células canceríxenas.
    -A radiación é un método que se emprega para dañar as células mediante raios X.
    -Os anticorpos, son proteínas do noso corpo que foron manufacturadas para empregalas cómo fármacos, estes actúan as veces matando directamente as células canceríxenas.
    -As vacunas contra o cancro empréganse para aumentar as defensas do noso corpo facendo que non sexa tan vulnerable.
    -Os modificadores de respostas biolóxicas son tratamentos que empregan as proteínas do noso corpo para aumentar as defensas contra o cancro.

  20. isaac di:

    Ou moito me equivoco ou a aspirina non cura o cáncer, o que si que é certo é que recoméndase o seu consumo para a prevencion de enfermidades vasculares, como os infartos, xa que ten efecto anticoagulante.

    Marcelina, conviría que explicases o que é a horminterapia, aínda que do seu nome pode deducirse algo.

    O certo e baixo o nome de cancro designamos a un gran número de enfermidades distintas e con causas e evolución diferentes, pero que teñen en común que son debidos ao crecemento incontrolado dunhas células. Verónica sinala varias terapias diferentes no tratamento do cancro, pero algunhas delas só son efectivas en tipos determinados. Pola contra son tratamentos moi xeralizados a quimioterapia e a radioterapia, que xa mencionaban Verónica e Marcelina, pero tamén teñen efectos secundarios non desexados. Cales son?

  21. dolores di:

    A radioterapia basease na utilización de raios X unicamente?
    Que se entende por tratamentos alternativos? En que se diferenzan dos convencionais?

  22. santibras.aso.1a di:

    A radioterapia ten raios X ou radioctividade, que inclúe tamen raios gamma e as partículas alfa.

    Os tratamentos alternativos son os que supostamente preveñen, diagnostican, ou tratan o cancer.Son hervas, vitaminas, traballos de enerxia ou metodos realizados por outras persoas (mediciña tradicioal, acupultura, hiponis…)
    Pero os métodos convecionais son mais implacables cos metodos alternativos, aunque traen mais repercusion na saude e no corpo, os alternativos son mais saudables pero pouco potentes para previlo cancro.

  23. ruben.aso.1a di:

    Este grupo de científicos merecense este premio porque son moitos anos traballando sobre unha cousa descoñecida e que pode favorecer curar enfermidades que asta agora son case incurables .
    A radioterapia e unha forma de tratamento basado no empleo de radiacions ionizantes (raios X ou radioactividade )
    Os tratamentos alternativos son os que teoricamente preveñen ou tratan o cancro . Son herbas , exercicios, vitaminas , mediciña chiña tradicional , hipnosis que supostamente preveñen o cancro . A diferenza dos tratamentos convencionais e que os convencionais son mais eficaces pero teñen un inconvinte que teñen son os efectos que fan sobre o corpo .

  24. dolores di:

    Actualmente xa se utilizan outros tipos de terapias radiactivas no tratamento do cancro ademais das que nomeades, pero que non son tan coñecidas porque ainda non están tan implantadas como esas e por aí vai unha das liñas de investigación nese campo. Podedes intentar buscar algo.
    En canto aos tratamentos alternativos tanto no cancro como en calquera outra enfermidade precisamente por ser menos agresivos cos convencionais non son igual de rápidos nos resultados. A rapidez é unha das cousas que máis valoramos á hora de recibir un tratamento e nalgúns casos o tempo e o avanzado dunha enfermidade condicionan a terapia, pero algo que si se pode dicir deles é que non son incompatibles cos convencionais e que cada vez máis xente que ten que someterse a radio e quimioterapia se apoian neles para aliviar os efectos secundarios.
    Tedes pendente a pregunta de Isaac sobre eses efectos??

  25. karina.aso.1b di:

    Estou dacordo cos meus compañeiros en que estas persoas se merecen ese premio, xa que grazas a que salen diferentes substancias os efectos secundarios poden aliviarse doadamente, está claro que dependendo do tempo que leve esa persoa con esa enfermidade ou se ya detectaron cando aínda se pode facer algo… Respondendolle a Isaac aínda que a pregunta non ía dirixida a min decir que a hormonoterapia e unha das estratexias de tratamento máis importantes nalgúns tumores máis frecuentes, e tolerado sobre todo se o comparamos con outros como a quimioterapia, non obstante poden aparecer diferentes efectos secundarios, como por exemplo sofocos, cambios no estado de ánimo…

  26. isaac di:

    Teño que volver a preguntar: En que consiste a hormonoterapia?

    Coidade a ortografía.

  27. andrea.aso.1a di:

    A hormonoterapia ou tratamento do cancro con hormonas é unha terapia mais adentro do arsenal dispoñible no tratamiento de alguns tumores como o cancro de mama e o de próstata.

    Alguns tumores da mama e da próstata prodúcense e progresan estimulados pola acción das hormonas.Este tipo de cancros chámanselles tumores hormonodependientes.

    O tratamento hormonal actúa alterando a producción ou impidindo a acción dos estróxenos ou da testosterona sobre os órganos diana.O seu obxetivo é eliminar ou reducir o tumor mellorando a supervivencia e a calidade de vida do paciente.

  28. victor di:

    Que é un órgano diana?

  29. karina.aso.1b di:

    É un órgano que reacciona ante un estimulo en particular, xa ben sexa fisico ou químico. Tódolos órganos do noso corpos son órganos diana a diferencia está en que esas dianas solo fan impacto en estimulos particulares.