CABALO DO DEMO

imagen

Unha de cada cinco libélulas (“cabalos do demo”) do Mediterráneo está en perigo de extinción debido á escasez de auga doce, ao cambio climático e á degradación de hábitats polo cambio no uso do solo. Estes datos foron obtidos a partir dun informe elaborado pola UICN, no cal pode lerse que é probable que a situación destas especies únicas siga empeorando, a medida que o cambio climático e o aumento da demanda de auga se acentúan.

O 14% das libélulas vive só nos ecosistemas mediterráneos de auga doce, entre os que están algúns dos hábitats máis ameazados e ricos en termos de biodiversidade. A selección e protección destas áreas é fundamental para garantir a supervivencia destas especies e neste senso hai que propor accións a longo prazo, a nivel rexional, nacional e internacional para que os países mediterráneos protexan as poboacións destes insectos.


Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to CABALO DO DEMO

  1. ivanabal.aso.1a di:

    E importante que estes animais consigan atopar ecosistemas adecuados porque todos os animais son necesarios ata os mais pequenos

  2. victor di:

    Podedes aportar algún razoamento onde argumentedes por que todos os seres vivos no noso planeta son importantes?
    Por que se degradan as augas doces nos ecosistemas mediterráneos?
    Que diferencia existe entre un ecosistema e un hábitat?

  3. angel.aso.1a di:

    Todos os seres vivos forman parte das cadeas tróficas( productores,consumidores e descompoñedores), unha corrente de enerxía e nutrientes entre as distintas especies dun ecosistema.
    Temos como exemplo ao cabalo do demo que se alimenta de insectos pero que á vez é alimento das ras.
    Esta relación fai que todos os organismos sexan importantes para manter un equilibrio.

    No tratante as augas do Mediterráneo cabe destacar que os principais causantes son as centrais hidroeléctricas e sobre todo a contaminación á atmosfera ou mediante vertidos.
    A contaminación é levada a cabo maioritariamente polos países do norte do Mediterráneo.

    Un ecosistema é un sistema natural vivo formado por polos seres vivos e o medio físico no que se relacionan, o hábitat entraría dentro do medio físico referíndose ao lugar onde se dan unhas boas condicións para que unha determinada especie poida residir e reproducirse.

  4. juanjose.aso.1a di:

    Todos os animais do noso planeta son necesarios dado que se un desaparece poderia desaparecer o animal que o se alimenta de ese e asi continuamente. Ademais cada animal ten unha función nos ecosistemas, calquera actividade dos animais repercute nos ecosistemas.

  5. roberto.aso.1a di:

    Un ecosistema é unha unidade composta de organismos independentes que comparten un mismo hábitat,e un hábitat é o espazo que reune as condicións adecuadas para que a especie poda residir e reproducirse.

  6. fatima.aso.1b di:

    un ecosistema e un sistema vivo que está formado por un conxunto de organismos vivos, e unha unidade composta de organismos independentes que comparten o mesmo hábitat.
    Un hábitat e o ambiente que ocupa unha población biológica.

  7. andrea.aso.1a di:

    É certo que todos os animais son importantes ata o máis insignificante xa que todo vai nunha cadea e se desaparecen uns tamen desaparecen outros.
    O hábitat é o ambiente no que habita unha poboación ou especie.É o espazo que reúne as condicións adecuadas para que a especie poida residir e reproducirse, perpetuando a sua presenza.
    Os ecosistemas son sistemas complexos como unha fraga,un río ou unha lagoa, formados por unha trama de elementos físicos (o biotopo) e biolóxicos (a biocenosis ou comunidad de organismos).

  8. manuel.aso.1a di:

    Estas augas doces degradanse en países e subrexións do Mediterraneo, debido o crecemento da poboación é o que isto implica un gran aumento da demanda da auga. O que tamén provoca o deterioro da calidade de esta auga doce.

  9. ivanabal.aso.1a di:

    Un habitat solo e o espazo no que se os animais desarrollan as suas actividades, tanto mariños como terrestres, mentres que un ecosistema tamen integra en el os organismos vivos como un rio, cos seus peixes e coas algas de auda doce.

  10. josebenito.aso.1b di:

    Se unha especie animal desaparecese, o ecosistema veríase afectado, xa que os animais ou insectos dos que se alimenta por exemplo a libélula, que son entre outros os mosquitos, comezarían a aumentar en número e conlevaría máis enfermedades que transmiten estes insectos co que nós veriámonos tamén afectados.

  11. victor di:

    A libélula só é un motivo para falar de biodiversidade e extinción de especies.
    Debe quedar claro que cada especie ten a súa función na natureza (nicho ecolóxico)e que ningunha sobra (tampouco debemos introducir ningunha nun ecosistema non axeitado.
    Aclarade os conceptos de biodiversidade e nicho ecolóxico.
    Non acabou de quedar claro por que se están a degradar os ecosistemas de auga doce no Mediterráneo.

  12. victor di:

    RECORDADE QUE PODEDES SEGUIR COMENTANDO NO POST ANTERIOR

  13. ivanabal.aso.1a di:

    A biodiversidade e o numero de especies distintas que existen nun ecosistema en particular ou na natureza en xeral. A biodiversidade non se be afectada polo extinción dos animais, senon que tamen se ve afectada por os novos animais tranxenicos. Por exemplo, se non se respeta a biodiversidade todos acabaremos tendo gatos iguas, creados xeneticamente para que non lle teñamos alerxia.

  14. raqueltrigo.aso.1b di:

    Un nicho ecolóxico e aquelo que describe a posición ou situación dunha especie nun ecosistema ou espacio concreto.
    o nicho tamén é a función que desempeña un ser vivo dentro dun ecosistema.
    A biodiversidade e a variedade de especies que hai nun ecosistema.
    o ecosistema pódese ver afectado pola introdución dunha nova especie ou pola extición dunha delas.

  15. victor di:

    Seguides sen dar razón sobre a destrucción doe ecosistemas de augas doces.
    Facede algún comentario sobre a ética de ser os causantes da extinción dunha especie.

  16. martin.aso.1a di:

    Sería interesante propor microecosistemas protexidos en humidais para evitar a posible extinción de insectos ou outros pequenos animais que viven neses habitats. Se unha especie se extingue, non so se extinguirá esa especie, senón que tamén se reducira considerablemente o número dos seus de predadores e multiplicaranse as especias das que se alimentaban cambiando o habitat no que se extinguiu a especie.

  17. victor di:

    Moi interesante Martín, pero aclara mellor iso de crear microecosistemas en humidais.

  18. sabina.aso.1a di:

    Paréceme terrible que as libélulas,que son un dos insectos máis bonitos na miña opinión,estean a desaparecer por causas que son provocadas polo xeito de vivir dos humanos maioritariamente;xa que o cambio climático está sucedendo de xeito tan rápido por culpa da actividade humana,a escaseza de auga doce é, en parte, por culpa do xeito de despilfarrala que temos as persoas,e a mala utilización do solo tamén é culpa nosa.Outro factor que actúa na contra das libélulas,que non ten que ver coa actividade humana, é o feito de que só habiten en zonas mediterraneas,que son as zonas nas que menos chove e polo tanto nas que menos auga doce hai.
    Por outra banda estou completamente de acordo coa idea de que hai que buscar unha solución efectiva para que a desaparición das libélulas non sexa completa, e para iso penso que compre que todas as persoas aportemos algo,como por exemplo non gastar auga de xeito innecesario,intentar contaminar o menos posible,e intentar utilizar o solo dun xeito que nos sexa beneficioso para nós e tamén para o resto de seres vivos que habitan na Terra.En relación a isto pareceume moi interesante a idea que aportou Martín de crear microecosistemas en humedais, e penso que podería ser unha medida efectiva.
    Con respecto ao video pareceume incrible o xeito en que as larvas pasan a convertirse en libélulas,e tamén o tempo que pode pasar ata que se produza esa metemorfose.

  19. victor di:

    Sabina, as libélulas habitan en moitas partes do mundo, como por exemplo en Cambados. Neste post estamos a falar exclusivamente das que viven en zonas mediterráneas porque os seus hábitats están especialmente ameazados.

    Que nicho ecolóxico ocupa unha libélula nun ecosistema?

  20. angel.aso.1a di:

    As libélulas ocuparían o posto de consumidores secundarios, xa que se alimentan doutros invertebrados ou incluso vertebrados.

  21. victor di:

    Un nicho ecolóxico non só se define polo tipo de alimento dunha especie. Estades dacordo?

  22. sabina.aso.1a di:

    Estou de acordo con que un nicho ecolóxico non se define unicamente polo tipo de alimento dunha especie,tamén é a ocopación que desempeña dita especie dentro de unha comunidade.E a maiores tamén é o habitat que a especie en cuestión comparte con outras diferentes.

  23. marcelina.aso.1a di:

    pareceme moi mal que vaian a desaparecer estes fermosos aniamis xa que forman parte de biodiversidade e son un factor importante dentro da súa cadea alimentaria porque se faltan poderían desaparecer tamén os outros animais pertencentes a esa cadea.
    un ecosistema é un lugar donde conviven distintois organisnos cunhas características afines para vivir nun mesmo hábitat.
    un hábitat é un lugar que reúne unhas características adecuadas para os animais.

  24. ana.aso.1a di:

    todos os seres vivos son importantes ata o mais pequeno porque si desaparece una especie podese rompe a cadea alimentaria.Por ejemplo:as ras alimentase de cabalos do demo, as serpes de ras,as aves rapiñas de serpientes…e o final da cadea estamos nos.

    O hábito é o ambiente que viven nunha poboación ou especie, e o espazo que satisfaga as condicións en que os individuos poden vivir e reproducirse.
    Os ecosistemas son sistemas complexos como o bosque, río ou lago, formado por unha rede de elementos físicos e biolóxicos.

    A auga dulce esta deteriorada porque, por una banda estan as contaminacion das industrias e por outa banda o aumento da poboacion que fai que axa mais reclamo de auga dulce.

    Estou de acordo con que un nicho ecoloxico non so se define unicamente polo tipo de alimentacion, e estou de acordo con sabina con que tamen se define pola ocupacion que desempeña dentro da comunidade, e o habita que a especie comparte con outras diferentes.

  25. leticia.aso.1a di:

    Como xa dixeron os meus compañeiros todas as especies animais son importantes xa que se un animal se extingue rompe a cadea facendo que outras especies corran o risco de desaparecer.
    Sobre a destrucción de ecosistemas de auga doce,débese en gran parte a contaminación que empresas e ata nos mesmos producimos diariamente.

  26. santibras.aso.1a di:

    Como todos dicene recalcan e verdade q sen a existencia dun animal, por moi miniculo que sexa, é necesario devido a que a sua existencia proporcionale aos demais animais alimento, e manten o ecosistema coidado acerca de unha cousa que outro tipo de animal non pode, (por exemplo as libelulas indican que a auga estea limpa).

    Acerca a destruccion do ecosistema do mediterraneo, neste caso a auga, é devido a contaminacion que producen empresas e persoas aroxando materiais nocivos para o ecosistema. Pero tamen e devido polo efecto invernadoiro e a demanda de auga para o comercio.

  27. victor di:

    Marcelina e Ana, as frases comezan a escribirse con maiúscula.
    Ana, non é hábito, é “hábitat”. Apuntas ben cando falas de deterioro dos medios acuáticos (industria e densidade de poboación); e que máis factores inflúen?
    Santi, mellora a ortografía e as expresións que utilizas. Por suposto, onde teñas que escribir “que”, non escribas “q”.
    Leticia, onde dis “todas as especies animais” debes dicir “todas as especies”.
    Cando falades da importancia de todos os seres vivos non tedes en conta unha cuestión importante: Cando desaparece unha especie a biosfera perde riqueza xenética (aclarade esta última frase e o concepto de biosfera).

  28. ruben.aso.1a di:

    Hai diversos factores que inflúen na extinción da libélula .A escaseza de auga doce no Mediterráneo , o cambio climático… etc , fan modificar o clima e por tanto todo o ecosistema .

    Un nicho ecolóxico e un conxunto de características espacias , temporais … , que definen a función dunha determinada especie no ecosistema.

    Por outra parte a biosfera é o sistema material formado por seres vivos xunto co medio que os rodea e que eles mismos axudan a conformar .

  29. sabina.aso.1a di:

    Supoño Vitor quere dicir coa frase “cando desaparece unha especie a biosfera perde riqueza xenética”,refírese ao feito de que todas as especies asentadas na parte da Terra na que se pode desenrolar a vida(biosfera)cunstitúen unha fonte incalculable de información de carácter xenético, xa que todas esas especies non teñen o mesmo ADN,incluíndo que o número de cromosomas non é o mesmo e supoño que tamén terán xenes completamente distintos entre si que controlan determinadas funcións e características que non son comúns para todas as especies;e que se eses organismos vivos desaparecen estarase a perder con eles unha información de importantísimo valor para a ciencia.

  30. victor di:

    Como afectan os cultivos aos ecosistemas de auga doce mediterráneos?

  31. laura.aso.1a di:

    A perdida dos ecosistemas, é outro dos danos colaterais do cambio climático. Aperda dstes ecosistemas afecta tanto os animais, como as plantas que o habitan, eu creo que deveriamos facer algo para intentar conservalos, e así garantir a supervivencia dos seres que a habitan.
    Victor, non puiden encontara ningunha información sobre a pregunta que planteaches, ¿podrías especificar algo máis?

  32. victor di:

    Laura, é unha información un pouco especializada. Moitas das zonas húmidas mediterráneas estanse a transformar en arrozais co cal se están perdendo parte dos ecosistemas naturais. A degradación acelérase máis tarde pola utilización de herbicidas e fertilizantes neses cultivos.

  33. ana.aso.1b di:

    se desaparecesen as libélulas ou calquer ser vivo romperiase a cadea alimenticia e habería un desbaraxuste no ecosistema por iso é importante cada un dos seres vivos que hai no planeta

  34. victor di:

    Máis ou menos, Ana.