OLA ARDI!

imagen

Na revista “science” acaba de presentarse un traballo formado por 11 artigos nos que participaron 47 investigadores de 10 diferentes países. Ao longo de 17 anos de investigacións analizáronse múltiples restos dun homínido fósil denominado Ardipithecus ramidus. Trátase do esqueleto de homínido máis antigo atopado ata o de agora e que vivíu en Etiopía hai 4,4 millóns de anos (un millón de anos máis antiga ca Lucy).

Os investigadores tratarán de desvelar os segredos dun eslabón chave na historia da evolución humana, pois é o fósil máis cercano ao momento no que a nosa liña evolutiva se separou da dos simios.

Unha interesante curiosidade é que varios dos rasgos de “Ardi” non aparecen nos simios africáns modernos, polo que resulta probable que estes foran evolucionando ampliamente desde que compartimos ese último ancestro común, o que converte aos chimpancés e gorilas en pobres modelos para o último antepasado común e para entender a nosa propia evolución desde ese momento.

imagen

Esta entrada foi publicada en Evolución, Orixe humana e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

47 Responses to OLA ARDI!

  1. fatima.aso.1b di:

    Ardi medía 1,20 cm e pesaba 50 kilos crese que comía noces , froitos e insectos pequenos.
    Os expertos comprobaron que non se desplazaba cos nudillo, a súa mandibula era chata, os seus colmillos puntiagudos, que fai creer que tiña un carácter menos agresivo.

  2. josebenito.aso.1b di:

    A especie Ardipithecus non son coma os chimpacés que saliron da sabana para aprender a moverse a dous pes que senon xa se movía así.
    Todo isto foi gracias pola tecnoloxía dixital, e o resultado foi un esqueleto completo baseado nun esqueleto de femia.

  3. rubenlois.aso.1a di:

    A min paréceme moi ben o das investigacións sobre os nosos antepasados e é unha cousa moi interesante. Isto d averigüar cada vez máis sobre a evolución é algo que nos fascina a moita xente. Pero hai algo no que estou interesado, por qué este fosil solo puido habitar África? É unha pregunta que se podería facer moita xente, alguén sería capaz d respondela?

  4. laura.aso.1a di:

    O descubrimento deste fósil, pareceme unha gran aportación para descubrir a evolución do ser humano, e documentarnos mellor sobre os nosos parecidos,e as nosas diferencias cos monos.

  5. victor di:

    José Benito, os chimpancés non saíron da sabana, para aprender a moverse. Os chimpancés son, ao igual cos humanos, primates actuais. Non entendo o que queres dicir na segunda parte do teu comentario (”todo isto…”).
    Rubén, mira o mapa e trata de responderte a pregunta.
    Laura, es unha alumna de bacharelato e o termo mono é pouco científico. Que é un mono?

  6. victor di:

    Que opinión vos merece que para este descubrimento traballaran tantos investigadores?
    Na formación destes investigadores debería haber coñecementos de antropoloxía ou paleontoloxía?

  7. rubenlois.aso.1a di:

    A miña opinión sobre que traballaran tantos investigadores é que se hai máis xente raballando, trabállase mellor e máis rápido.
    Respecto aos coñecementos dos investigadores, penso que deberían saber sobre a antropoloxía e sobre a paleontoloxía, xa que así determinan máis cousas e poden averigüar algo máis que se solo souberan de unha das cousas.

  8. josebenito.aso.1b di:

    Referíame a isto gracias a tecnoloxía dixital,o resultado é un modelo casi completo de esqueleto, baseado principalmente nos restos dunha femia, bautizada como “Ardi”, en un claro exemplo a “Lucy”,a archifamosa Australopithecus cuyo fósil poi considerado ata oxe a evidencia homínida máis antigua e completa.

  9. victor di:

    Rubén, a idea que desexo transmitir é que hoxe a investigación non é un feito individual, é un traballo en equipo. Os investigadores aprovéitanse dos descubrimentos previos de outros investigadores e sempre traballan en equipos compartindo resultados. A razón é que están a facer investigación en campos moi especializados que requiren un gran coñecemento de campos da ciencia moi concretos.Cada un sabe dunha cousa pero apoiandose no que saben os demais.
    Ademais as novas tecnoloxías racharon barreiras xeográficas e todo está preto gracias ás redes de comunicación.

  10. victor di:

    Que José Benito ou algún compañeiro ou compañeira nos aclare como a tecnoloxía dixital constrúe un esqueleto a partir de restos fósiles.
    Antropoloxía e paleontoloxía; que é iso?, como encaixan neste descubrimento?

  11. juanjose.aso.1a di:

    Eu creo que hai que felicitar as decenas de investigadores de todo o mundo que traballaron na investigación por este magnífico descubrimento.

    Os investigadores puideron determinar a través dun análise do cráneo, dentes, pelve e outros osos encontrados en Etiopía, que o ‘Ardipithecus ramidus’ tiña unha mezcla primitiva de rasgos que comparte cos seus antecesores, os homínidos do Mioceno e que tiña uns rasgos derivados que comparte exclusivamente cos homínidos posteriores.

    Respondendo a segunda pregunta de Victor, eu creo que estes investigadores debían ter coñecementos de antropoloxía (para poder determinar o seu comportamento) e de paleontoloxía (para desenvolver a sua evolución e a súa orixe).

  12. angel.aso.1a di:

    O esqueleto constrúese usando a tecnoloxía dixital mediante a chamada Tomografía Axial Computerizada (TAC), esta é capaz de recrear o esqueleto en imaxes de tres dimensións a partir dun fósil como se fose un puzzle.

    O bo de ter unha imaxe dixital é que non hay que tocar o fósil para facer unha replica exacta e poder reconstruílo e analizalo sen ter que “profundizar” no orixinal.
    No tratante á paleontoloxía e antropoloxía opino que unha da paso á outra. A paleontoloxía estuda os fosiles e mediante eles podemos saber as características e orixes mentres que a antropoloxía sería o seguinte paso e usaria a información obtida para determinar o comportamento.

  13. fatima.aso.1b di:

    Antropoloxia e a ciencia social que estudia as dimensión do ser humano de forma asemeyada a socioloxía ou relacionada.
    Paleontoloxía é a ciencia que estudia e interpreta o pasado da vida sobre a terra a través dos fósiles.
    O da tecnoloxía dixital non estou moi segura pero creo que é a partir da recuperación de información sobre os restos dese fósil podese contruír un esqueleto.

  14. victor di:

    Noraboa polas explicacións; son moi boas.
    Maioritariamente a sociedade acepta que os humanos descendemos duns antecesores que vulgarmente se lle coñece como “monos”. A xente imaxina que os nosos antecesores eran como chimpancés. Como explicaría un alumno/a de bacharelato o noso parentesco cos gorilas ou chimpancés?
    Está pendente outra cuestión: estamos seguros que a nosa especie xurdíu en África?

  15. fatima.aso.1b di:

    Os homes e os nosos máis inmediatos antecesores,os chimpancés,somos prácticamente iguales no que a nosa composición xenética corresponde, ainda que con matices:a composición de ARN mensaxeiro do chimpancé é máis semellante a do humano que a do orangután no fígado, pero no cerebro ocurre todo o contrario: o ARN do cerebro dos chimpancés coincide máis co dos orangutáns que co dos humanos. Esto quere decir que en algún momento da historia evolutiva do home, ocurriu un cambio que fixo que a mesma cantidade de xens se expresasen en forma distinta co cerebro, convertindos así en seres con cerebro humano e corazón de chimpancé

  16. victor di:

    Difícil de entender Fátima.
    Con que estamos máis emparentados: con chimpancés, con gorilas ou con orangutáns?

  17. josebenito.aso.1b di:

    Eu creo que nos os humanos somos primates similares a os chimpances pero algo modificados.

  18. victor di:

    José Benito; aclara, amplía e mellora a calidade dese comentario.

  19. sabina.aso.1a di:

    Con respecto ao importante descubrimento de “Ardy” estou moi impresionada ao ver que aínda pasados tantos anos dende que dita especie vivía se poidan atopar eses restos que nos poden dar novas claves sobre a nosa evolución.
    Por outra banda considero aos investigadores que se adican a atopar estes restos unha peza clave dentro da nosa sociedade,que as veces nin sequera se percata de que nós, os seres humanos, descendemos dalgunha especie e que non aparecimos na Terra por arte de maxia.
    Como deciades anteriormente a tecnoloxía temén axuda moito á hora de estudiar ditos achados,polo que a medida que a tecnoloxía avanza(que é moi rápido)os descubrimentos sobre os nosos antepasados tamén avanzaran,e a evolución irase facendo máis clara para todo o mundo e non so para uns poucos interesados.
    Agora gustaríame responder á cuestión que plantexou Vitor sobre o noso parentesco cos gorilas e os chimpancés.Segundo a miña opinión estou de acordo que os nosos antepasados foron un tipo especial de primates,pero esa especie foi evolucionando dando lugar a outas diferentes pero similares en certas características.De aí que os humanos ,os gorilas e os chimpancés nos parezamos nalgunhas cousas.A clave penso que é que os humanos e os “monos”temos un antepasado común para os dous,que nun caso evolucionou máis e no outro menos.

  20. victor di:

    Unha parte do texto deste post foi introducida cunha clara intención: tendemos a pensar que os grandes simios actuais (gorilas…) apenas evolucionaron desde que compartimos un antecesor común hai 7 millóns de anos. Ese é un erro.
    Os chimpancés ao igual ca nos, evolucionaron moito nos últimos millóns de anos. Nos non procedemos dos chimpancés, senón que ambos temos un antepasado común hai aproximadamente 7 millóns de anos.

    Sabina resalta a conservación dos restos durante moito tempo. Que condicións caracterizan aos xacementos de fósiles deste tipo?, é dicir, porque se conservan os ósos cando morre un animal?

  21. ruben.aso.1a di:

    Este é un gran descubrimento para saber algo máis sobre o noso pasado . Estes investigadores realizaron un traballo moi bo , en diferentes lugares do mundo e en comunicación entre eles grazas as novas tecnoloxías.
    O descubrimento trátase dun esqueleto fósil dun homínido que viviu fai 4 millóns de anos aproximadamente en Etiopía . Tiña sobre 1.50 m e pesaba sobre 50 kg e tiña un cerebro moi similar ó dos chimpancés. Este descubrimento desafía as teorías de que os homes descendemos dos chimpancés porque “ Ardi “ tiña unhas peculiaridades máis parecidas a dos homes ( andaba sobre 2 patas , trepaba as árbores coas 4 patas , corría …)
    Os investigadores tratan agora de desvelar este eslabón perdido na historia da evolución humana xa que este fósil e o máis cercano a separación dos simios e homínidos . Estes investigadores terán agora moito traballo para desvelar eses segredos .
    Con este descubrimento prodúcense agora novas dúbidas como :
    – Si de verdade o ultimo antecesor común foi o chimpancé
    – Como foi a nosa evolución …
    Preguntas que nos terán que aclarar os investigadores deste gran descubrimento .

  22. raquel.aso.1b di:

    En resposta á pregunta que fixo Rubén acerca de por qué este fosil solo puido habitar África, pensó que é porque a distribución actual de chimpacés e gorilas se limita ás rexións forestais dos trópicos de África, tendo como límite hacia o leste o val do Rift( surco que recorre o leste de África de norte a sur). Por outra banda, tódolos xacimentos de homínidos cunha antigüedade superior ós 3 millóns de anos atópanse ó leste do val do Rift. Os bosques donde vivía o antepasado común ós homínidos e ós chimpancés presentaban continuidade dende o océano Atlántico ata o Índico. Fai 8 millóns de anos un cambio tectónico provocou dous movementos diferentes: o fundimento que orixinou o val do Rift e o levantamento da línea de montañas que forma o borde oriental do val ( ver a línea vermella do debuxo). Estes cambios provocaron a modificación da circulación atmosférica. As masas do aire do leste, ó chocar contra a gran meseta do Tíbet, orixinaron ciclos estacionais chamados monzóns. Deste xeito, o leste de África quedou dividido en dúas zonas con diferentes climas e vexetacións: u oeste continuou tendo un clima húmedo e conservou as súas selvas e bosques, mentres que o leste volveuse máis árido e aumentaron os espazos abertos tipo sabana. A poboación ancestral divideuse en dúas subpoboacións, máis numerosa a occidental que a oriental. Esta separación foi a causa da diverxencia dos dous grupos: os dencendentes occidentales seguiron adaptados á vida forestal e deron lugar ós chimpancés e gorilas. Os descendentes orientales desarrollaron unha serie de características para adaptarse a un novo tipo de vida hacia medios máis abertos e deron lugar ós homínidos.

  23. victor di:

    Rubén; non existe ningunha teoría que afirme que os humanos procedemos dos chimpancés.
    Raquel, estamos a falar da nosa orixe, non a dos chimpancés. Meseta do Tibet? (o Tíbet está en Asia? En liñas xerais a túa explicación é acertada e interesante.

  24. silvia.aso.1b di:

    Os restos de Ardi foron localizados fai 17 anos en Exipto. Sen embargo, non foi ata a esta semana cando investigadores norteamericanos publicaron as súas conclusións plantexando algo que levaba anos rondando as súas cabezas: que o humano e o chimpancé procedan de antepasados diferentes.
    Crése que as liñas de primates -chimpancés, por un lado, e homínidos, por outro- separáronse fai sete millóns de anos. Esta hipótese non se confirmará ata que se resolva o baleiro de fósiles de homínidos e primates de entre cinco e sete millóns de anos de antigüidade.
    Durante décadas, a comunidade científica foi buscando ó candidato máis probable que servise de unión entre os primeiros humanos e os primates. Ata o descubrimento de Ardi, sinalábase ó Orrorin tugenensis (unha especie bípeda) como a peza intermedia entre os primeiros Australopithecus e os chimpancés. Agora o lugar ocupouno o Ardipithecus ramidus.

  25. raquel.aso.1b di:

    Si, xa sei que estamos a falar da nosa orixe,pero tanto os chimpancés coma nós temos un antepasado común, por iso falei diso.Por outra banda, o do Tíbet refírese a que se provocaron os monzóns debido a que as masas de aire chocaron contra a meseta do Tíbet, e iso afectou a parte leste de África, e de aí a división territorial.

  26. sabina.aso.1a di:

    Para responder á cuestión que plantexou Victor sobre como se poden conservar tanto tempo os ósos atopados nun xacemento,penso que se pode tratar de que a especie atopada, cando morreu hai milleiros de anos quedou cuberta por sedimentos que se foron limificando.De ese xeito os ósos de dita especie foron mineralizando e adaptándse a eses sedimentos,pero a medida que os anos van pasando ditos sedimentos son erosionados, por medio de fenómenos atmosféricos,deixando aos ósos da especie fosilizados máis preto da superficie terrestre e polo tanto máis fáciles de atopar nas excavacións.

  27. victor di:

    Silvia estás segura que en Exipto? Porque credes que o Ardipithecus ten máis protagonismo que o Orrorin?
    Hai dous tipos de medios que son os axeitados para a fosilización de restos de seres vivos; trátase dos deltas fluviais e dos depósitos volcánicos.

  28. raqueltrigo.aso.1b di:

    Os primeiros posibles bipedos puideron ser os sahelanthropus tchadiensis,orrerin tugenensis,o Ardipithecus,pero por culpa da escasez de restos fosiles e fragmentos non se chegou a un acordo de se istes homínidos foron bípedos.
    O que si se sabe con certeza é que si eran totalmete bípedos os Australopithecus,dos que se conservaron esqueletos casi completos como o de lucy.
    Para chegar o ser humano actual o noso corpo tivo unhas series de modificacións,sobre todo no craneo,na columna vertebral e na pelvis.
    non esto de acordo co que puxo Raquel de que uns convertironse nos chimpacés e gorilas e outros nos homínidos,porque homínidos son todos.

  29. victor di:

    Que significa HOMÍNIDO?
    Que características dun esqueleto poden dar pistas sobre o bipedismo?

  30. andrea.aso.1a di:

    Pareceme moi interesante que haxa estes descubrimentos sobre a especie humana así podemos saber máis dela e tamen o traballo en grupo dos 47 investigadores xa que,así xorden novas conclusións, máis ideas e coñecementos sobre ese determinado fósil ou outro,que nos aporta información sobre o noso pasado.

  31. raquel.aso.1b di:

    Os homínidos (Hominidae) son unha familia de primates hominoideos, que incluye ó home e os seus parentes cercanos , orangutáns, gorilas, chimpancés e bonobos. Na clasificación tradicional, Hominidae estaba composta exclusivamente por primates bípedos (Xéneros Homo, Australopithecus, Paranthropus, etc.). Actualmente, según a taxonomía cladística cuxo uso se está impoñendo en primatología, os Hominidae incluyen ademáis ós grandes simios (gorilas, chimpancés, orangutáns) anteriormente clasificados na familia dos póngidos. Na maior parte dos traballos científicos actuais, os homínidos bípedos son agora clasificados na subtribu Hominina.

  32. victor di:

    Andrea, os descubrimentos son sobre a nosa orixe pero non sobre a especie humana. A nosa especie é “Homo sapiens”, mentre que estamos a falar de “Ardipithecus ramidus”.

  33. victor di:

    Raquel, tratade de evitar a linguaxe sexista:onde dí…o home e os seus…, debe dicir… o ser humano (ou a nosa especie)…
    Un dos obxectivos que buscamos nesta materia e que consigades incorporar a información científica que encotrades na rede aos vosos comentarios, pero debedes evitar a utilización de termos que non coñezades (ex. taxonomía cladista; se queres utilizar este termo, deberías dicir o que significa).

  34. Pingback: Blog guía :: Ciencias Para O Mundo Contemporáneo » Ola Ardi!

  35. Pingback: Blog guía :: Ciencias Para El Mundo Contemporáneo » ¡Hola, Ardi!

  36. andrea.aso.1a di:

    O “Ardipithecus ramidus” é unha especie fósil de homínido, probablemente un hominino (primate bípedo) e quizá un primitivo ancestro do home. “Ardi” significa chan, ramid raíz, na lingua (amhárico) do lugar donde foron encontrados os primeiros restos na Etiopía, mentras que “pithecus” en grego significa mono.
    Si o “Ardhipithecus ramidus” encontrase dentro da línea filoxenética que chega o “Homo sapiens”, entonces é probable que o mesmo sexa un antepasado dos “Australopithecus”. É posible que, a sua vez, fora descendente do “Orrorin tugenensis”.

  37. victor di:

    E Australopithecus ou Orrorin, que significado posúen?

  38. ana.aso.1a di:

    Penso que o descubrimento de “Ardi” foi un gran avance para saber algo mais sobre a nosa orixe, sobre como fumos evolucionando e mellorando.
    Por outra banda pareceme moi interesante o de que os hominidos foron evolucionando de andar a catro patas a ser bipedos,entre outros moitos avances que foron experimentando nestes hominidos prehistoricos.
    No tocante os investigadore pareceme impresionante o epitito de equipo, todos xuntos foron capaces de sacar adiante una investigacion moi importante, e descubrir un pouco mais sobre a nosa orixe.

  39. victor di:

    Ana, evolución só significa cambio. Asociar o de “mellorar” con evolucionar penso que non é o máis axeitado. O grupo de seres vivos con maior número de representantes, sen dúbida, son as bacterias, e levan máis de 3000 millóns de anos neste planeta sen apenas cambiar. Nos só levamos 150.000 anos. Cal dos dous tivo un maior éxito evolutivo?

  40. maria.aso.1a di:

    Parece fenomenal q aproveitando as novas tecnoloxias poidan colaborar nun mesmo traballo moitos cientificos de paises diferentes, porque asi contrastan opinions e traballan mais apresa.
    Por outra banda, a achàdega de “Ardi” pareceme un gran avance que posiblemente nos axude a comprender mellor a nosa evolución.
    Con so ver a imaxe comprendese que se parece a nós, e moito; aínda q tamén se ven grandes diferencias…a min o que mais me chamou a atención foi o feito de que tivese uns brazos tan longos e grosos…fortes; case coma as nosas pernas hoxe en día; e sen embargo, estas son moito mais endebles, en comparación; nótase ben que “Ardi” fora cuadrúpedo por eso detalle; e tamen o cranio..que se ben semella un pouco ao noso e masi alongado por atras e un pouco achatado…diferente.

  41. marcelina.aso.1a di:

    o descubrimento de ardi é mio valiso xa que ata o de agora pansabamos que lucy era a máis antiga polo que agora podemos saber que máis cousas compartimos cos primates, dende cando existimos, de que maneira evolucionamos etc. creo que é un gran paso para a ciencia que todos deberiamos estar informados sobre estas cousas

  42. leticia.aso.1a di:

    Penso que o descubrimento de Ardi foi un descubrimento moi importante para poder explicar a nosa orixe e a evolución que se produciu dende os nosos antecesores ata a actualidade.
    Creo que conservamos características propias dos nosos antepasados aínda que bastante máis evolucionadas.
    Tamén penso que a nosa evolución é influída polo medio xa que van sobrevivindo os que teñen características que lle permiten vivir mellor nun determinado lugar.

  43. isaac di:

    Raquel, no comentario nº 31 inclúes aos chimpancés,orangutáns e bónobos dentro da familia Hominidae e polo tanto atribúeslles a condición de homínidos. Isto non é así, xa que pertencen a familia Pongidae, é dicir, son pónxidos. Tanto pónxidos como homínidos pertencen a mesma categoría superior, a orden Primates.

    Existen actualmente outras especies de homínidos?

  44. santibras.aso.1a di:

    Si, nos hominidos sta formado polos grandes simios:chimpances, orangutans gorilas, seres humanos…
    Dos hominidos pode diferenciarse tres tipos deles que son os Ponginos (orangutans), Gorilinos (gorilas) e os homininos (chimpancés e humanos).

  45. victor di:

    Marcelina; sabíamos que Lucy non erao antepasado mási antigo, do mesmo xeito que sabemos que tampouco o é Ardi.
    Ardi nos permite afianzar ou confirmar hipéteses sobre os nosos antepasados.
    Leticia, a túa definición de evolución non me convence, pero xa falaremos novamente deste tema.
    E que alguén intente contestar a pregunta que plantexa Isaac no anterior comentario.

  46. victor di:

    Santi, na valoración que faga o profesor sobre os vosos comentarios terá unha gran importacia a ortografía e a claridade na redacción. Debedes realizar un esforzo para expresar o mellor posible as vosas ideas e, por suposto, escribir correctamente as palabras (acentos incluídos).

  47. myriam castro di:

    Paréceme moi interesamte esta noticia…
    Penso que o descubrimento desa especie vainos axudar moito para saberr mais cousas da orixe do ser humano…