A Asociación para a Conservación da Vida Salvaxe ven de facer público un informe no que se di que probablemente, 12 enfermidades, se propagarán e agravarán como consecuencia do quentamento global. As enfermidades son: a gripe aviar, a babesiose (enfermidade semellante á malaria), o cólera, as infeccións de parásitos animais, a enfermidade de Lyme, a peste, os envenenamento por mareas vermellas, a febre do Val do Rift, a enfermidade do soño, a tuberculose e a febre amarela.
Para evitar que estas enfermidades se convirtan en algo semellante ao que foi a Peste Negra ou a gripe do 1918, a Asociación propón que se vixile a vida salvaxe para detectar precozmente os signos destes elementos patóxenos e evitar o brote.
Algo é evidente: o quentamento global, producido polo aumento dos gases de efecto invernadoiro, especialmente CO2, afecta a moitos máis ámbitos dos que nos podemos imaxinar. Un exemplo é o que se nos propón na entrada que estamos a comentar. Sen dúbida algunha, serían moitos os problemas que se evitarían de conseguir paliar o quentamento global.
como di Melania o quentamento global está a provocar grandes extragos. Xa non so no clima se non tamén na aparición de novas enfermidades e reaparición de outras.
Ou sexa, que non só o quentamento global afecta o clima senón que tamén estamos a ver outro ámbito ao que tamén afecta este fenómeno. Como di Melania dalgún xeito hai que parar este quentamento xa que se estas plagas se chegan a expandir poría ao planeta enteir nunha alerta vermella internacional, e se ocorre coma no pasado coa Peste Negra ou coa febre de 1918 mataría a moitísima xente. E na actualidade estas plagas atacarían con moito máis efecto a xente desprotexida coma os do terceiro mundo, xa que dispoñen de moitos menos medios ca nos e de menos hixiene por desgraza tamén.
Debido a nosa irresponsabilidade sufriremos moitas consecuencias derivadas do cambio climático, como por exemplo o agravamento destas graves enfermidades. Moitas destas enfermidades son orixinarias de zonas de África e Asia pero estenderanse polo mundo xa que o cambio nas temperaturas e nas precipitacións favorecera a súa propagación.
Pois sobre este tema é normal que suceda isto xa que non todos os corpos teñen a mesma resitencia a enfermidades xa que moita xante de Africa lle costa afrontar enfermidades de ali e polo contrario a moitos de aqui non lles pasaria nada,depende do inmune que sexas e das defensas que teñas todo é acostumbrar o corpo as enfermidades que logo superanas con facilidade un simple exemplo é a gripe que fai anos moita xente morreu por unha simple gripe e agora é moi dificil que iso suceda.
Como se acostuma decir quen sembra recolle e o que presenta o post ven sendo algo así. Os humanos sabemos perfectamente que os nosos actos teñen moita parte da culpa do quentamento global e a maioría parece non importarlle e como ven di Ramón os efectos chegarán máis ala do clima matando a moita xente. A cuestión está en cada un de nós e no que individualmente podemos aportar para deter conxuntamente o cambio climático.
como BEN di Ramón**
Ao longo do curso tratamos a problemática do quentamento global desde moi diferentes ópticas. Como vedes é algo máis que uns veráns máis quentes que de costume.
É unha problemática global e a especie que corre maior perigo é a nosa, que ademais é a responsable desta situación.
Nas enfermidades citadas no post, falta a Ébola. Esta enfermidade frecuente en África contaxiase ao estar en contacto cos fluídos corporais dos enfermos.Na actualidade non existe cura, e acaba coa vida de persoas, gorilas e chimpancés. O brote da enfermidade está relacionado con cambios inesperados na época de chuvias, co cal debido ao cambio climático é probable que aparezan novos brotes.
Como din tódolos meus compañeiros o quentamento global é un grave problema que cada día amosa máis consecuencias e o peor é que nós (por non variar) somos os causantes desta situación. Deberian buscarse medidas para previlo e tomalas en serio dunha vez, senón isto vai a ser cada vez peor.
Pareceme moi forte que ademáis do dano que acarrea de por si o cambio climático para o planeta tamén axude a espandir a agravar os virus daniños para as persoas, e tamén para os animais. E o que máis me sorprende disto é que, a fin e o cabo, moita culpa a nosa polo dano que lle estamos a producir o planeta. Soa fantasioso, pero é case coma se a terra se estivese a vingar de nós.
Como se pode observar neste post o quentamento global non só afecta o clima tamén pode chegar a afectar á nosa saúde se non comezamos a concienciarnos e a poñer algo da nosa parte,xa que nos temos parte de culpa nisto.As consecuencias chegan máis ala de pasar veráns máis quentes ou invernos sen chover ata afectar a vida do ser humano traendo moreas de enfermidades que poden chegar a matar.Non todo o mundo ten medios para protexerse contra estas enfermidades,polo tanto acabaría coa vida de moitisima xente.
O quentamento é unha realidad da que nos falamos por aquí e da que nos somos victimas e causantes.
busquei información e lin que o quentamento global tamán dispara a voracidade das plagas de insectos, debido a isto chegouse a conclusión de que se multiplicou o consumo de alimentos por parte dos insectos e, por ende, suxire que o cambio climático actual acelerará o dano das colleitas e a deforestación.
O que está claro é que o que sementa ventos recolle tempestades, e isto son consecuencias, dentro do que cabe, lebes…
Non obstante, como isto parece non ter freo-en grande parte pola acción humana e polo incumplimento de protocolos por parte dos países máis desenvolvidos e industrializados- quen sabe as consecuencias que todo isto nos deparará o futuro? Eu, persoalmente, agardo que non me colla… jeje
Vendoo dese xeito, Roi, é como se te lavases as mans… eu oxalá que tampouco me colla pero non me gustaría que meu fillo tivese que andar cos 5 sentidos postos para non coller unha enfermidade, nin que meus netos estivesen internados nun hospital por culpa destas pragas… as nosas xeración son as que tenhen o papael máis relevante no cambio climático… ou o solucionamos nós ou isto vai a pique…
Eu opino igual ca Ramón. Penso que está nas nosas mans empezar a buscar solucións e aplicalas para o cambio climático senon, as xeracións seguintes terán moitas posibilidades de ter algunha enfermidade debido a esas pragas e eles non terán a culpa de estar enfermos pero nós podemos facer que no futuro todo poida ir un pouco mellor.
Pois a min paréceme moito máis lavarse as mans dicir “Todos podemos facer moito” “Hai que buscar solucións” pero deixalo solo en palabras, eu prefiro ser máis realista.
Estou dacordo con Roi, todos podemos facer moito, pero temos que ser todos. Non chega con que o faga só un porcentaxe de persoas, temos que ser todos se queremos que isto se solucione, e canto antes mellor porque se esperamos máis igual é demasiado tarde.
Xa iván, pero sempre hai un retorcido polo medio que impide que moitas non avancen.
O que di Sara é certo, por eso hai que buscar unha maneira de mostrarllo a estas personas retorcidas de tal forma que eles tamén se unan a axudar co problema do quentamento global.
Pois eu penso coma Roi e Iván, todos temos que facer o que estea nas nosas mans e non pensar: “sempre haberá algún que non o faga é dese xeito o que eu faga non valerá de nada, así que mellor xa nin me esforzo”. se pensamos así nós mesmos converteremosnos nos “retorcidos”.