“Lentillas” máxicas?

 

Pois iso parece.

Un grupo de investigadores da Universidade de Nova Gales do Sur, en Sidney (Australia), descubriron un método para poder curar a cegueira. Ademais cren que un método semellante poderá ser utilizado nun futuro para curar outros órganos danados. Na presentación coméntanse algúns aspectos deste novo sistema de curación da cegueira, como por exemplo o sinxelo e económico proceso de implantación que necesita.

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to “Lentillas” máxicas?

  1. maria.aso.1b di:

    Paréceme algo moi curioso ainda que creo que é algo que da moito de que falar, porque sería algo reevolucionario que un cego puidera ver depois de que nunca vira ou incluso de alguén que perdeu a vista por calquera outra cirscunstancia.

  2. ana.aso.1b di:

    Este é un tema moi interesante, pero supoño que isto non se poderá utilizar en todolos casos, non? poderíase curar a un cego de nacemento ou so se refire as persoas que teñen perda de visión e non están completamente cegas? Intentei buscar información sobre isto pero non aclaraba demasiado a miña dúbida.

    Aínda no caso de que so poida curar as persoas que teñan cegueira parcial parece un avance moi importante, sen dúbida unha gran mellora na oftalmoloxía.

  3. ivan.aso.1a di:

    Esta noticia sorprendeume moito o outro día cando angel a presentou. Eu creo que todo o futuro da medicina pasa polas celulas nai. Seguro que estas lentillas devolven a vision a moita xente

  4. alexandre.aso.1b di:

    A verdade que se está avanzando moito sobre temas de células nais para todo tipo de problemas, tanto visuais como auditivos, pero esta lentillas sorprendenme, coñecia as típicas lentillas pero estas parecenme unha moi boa incorporación.

  5. borja.aso.1a di:

    Como din os meus compañeiros é un gran avance no mundo de mediciña xa que é un bo remedio para a cegueira sen ter que recorrer a ciruxía.Tamén estou de acordo co que di Iván que no futuro da mediciña xogarán un papel moi importante as celulas nai.

  6. gema.aso.1b di:

    Que tema máis curioso!a cura chegaria tamén a persoas cegas de nacemento? Facilitarialle a vida de moitas persoas aínda que… cando se está cego é porque o ollo está dañado interiormente,non?entón como podería unha simple lentilla acabar co problema?A ver se Angel ou alguén da sua clase que estivera na presentacion aporte máis información.

  7. pablo.aso.1b di:

    Parece ser que as células nai extraídas do propio paciente cultívanse xunto as lentillas, e unha vez colocadas estas células nai actúan e rexeneran a superficie danada do ollo. De ser comprobada a súa eficacia, esta técnica tería grandes vantaxes xa que o único que se precisa é unha minúscula cantidade da superficie do ollo.

  8. rodrigo.aso.1a di:

    A verdade e que non sabía que as células podían como que atacar ou compoñer de novo unha parte, partindo só dunhas cantas nunha lentilla.

  9. uxia.aso.1b di:

    Pois si que é interesante este post. Nunca oira nada semellante e paréceme un avance moi importante tanto na mediciña como na ciencia en xeral. Ademais e moi práctico, económico e facil de utilizar, toda unha xoia!

  10. carmen.aso.1b di:

    Debido a que se utilizarán células madre obtidas do ollo do propio paciente, o procedemento resulta ideal para aquelas persoas que teñen un só ollo enfermo, ainda que tamén funciona en pacientes que teñan os dous ollos danados

    A lente de contacto será do mismo tipo que as que se utilizan de forma común en todo o mundo tras unha ciruxía ocular, ainda que non todas, resultan aptas para cultivar células madre.

  11. ivanz.aso.1a di:

    Isto é unha mostra máis do que se está conseguindo hoxe en día a partir das células nai. Parece incleible que só unhas cantas células che poidan solucionar unha cegueira e manter unha vida moito mellor. A parte diso é económico e non ten ciencia ningunha, tan só ai que poñer unhas lentillas durante un determinado tempo. Simplemente con iso unha cegueira podería estar curada por completo.

  12. lara.aso.1a di:

    Realmente sorprendente. As células nai son claramente a chave para a solución de moitos problemas sanitarios. E que unha lente de contacto, poda curar unha cegueira tan só con poñela algúns días é realmente sorprendente. Gustóume moito o post de Ángel.

  13. ramon.aso.1b di:

    Que dicir que non se dixera xa? Nada, a verdade é que é un gran avance, coma sempre para mellorar o posíbel a nosa vida. Isto só foi probado en tres pacientes, polo que lin, e só para restaurar córneas pero os investigadores teñen un pensamento positivo e din que aparte de curar diferentes tipos de cegueira, tamén poderá curar diferentes enfermidades noutros órganos.

  14. nuria.aso.1a di:

    A verdade é que me parece un tema moi interesante e que me chama moito á atención, xa que hoxe en día, moita xente ten serios problemas de vista e parece algo imposible que con unhas simples lentillas se poidan curar.

  15. almudena.aso.1b di:

    Estas lentillas parecenme un gran adianto na ciencia,xa que moita xente con cegueira poderá disfrutar e poder percibir obxectos…a través da vista,cousa impensable ata hoxe en día.

  16. sara.aso.1b di:

    Pareceme un post interesante e tamen unha gran noticia.
    Según lin nuha páxina que reealizaron probas en pacientes cunha calidade de visión bastante deficiente debido a enfermidades de córnea(unha das causas de cegueira máis común)aínda que seguen investigando para solucionar problemas en zonas como as retinas.

  17. fatima.aso.1b di:

    A vardade que me parece sorprendente porque con unha lentillas poidas curar unha cegueira e non ter que operarte nin nada.

  18. sara.aso.1a di:

    Si a min tamén me sorprende, pero é algo moi bo xa que o de evitar unha operación é algo moi positivo.