Illa de lixo

 Na metade do Océano Pacífico existe unha área denominada o “Vórtex Plástico” na que, debido ás correntes, se acumulan máis de 5 millóns de toneladas de lixo procedente de Asia, Canadá e Estados Unidos. A superficie desta tremenda illa, descuberta en 1997 por Charles Moore, equivale, de momento, a catro veces o tamaño de Xapón.

imagen

Durante este mes de xuño, un grupo de mariñeiros e científicos de distintos países visitarán a zona nunha expedición pioneira, enmarcada dentro do proxecto Kaisei e destinada a investigar a posibilidade de eliminar a mancha. O seu obxectivo non vai ser sinxelo, xa que os desfeitos plásticos de mediano tamaño (botellas, bolsas, etc.) están mesturados con diminutas partículas deste mesmo material que resultan prácticamente invisibles e converten o océano nunha especie de sopa velenosa, que intoxica a peixes e aves mariñas e que ata pode afectar ao ser humano a través da cadea alimenticia.

Nesta primeira aproximación ao problema, o grupo de expedicionarios propónse recoller só 40 toneladas de lixo que intentarán converter en combustible. Ademais, tratarán de medir a extensión e profundidade da mancha. Se teñen éxito, unha expedición de maior envergadura partirá no 2010 cara outras áreas do océano para investigar a acumulación de lixo.

Esta entrada foi publicada en Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to Illa de lixo

  1. josemaria.aso.1a di:

    Eu unha das preguntas que me fago o leer este posto é porque se ignmorarn este tipo de sucesos nas noticias

  2. antia.aso.1a di:

    Estou de acordo con Jose, deberían informar dewto nas noticias. Esta illa debería estar xa eliminada, dende o seu descubrimento!!! Parece incrible que se poida chegar a tales extremos.

  3. ruben.aso.1a di:

    Non so eliminala se non que non debería existir, se tirasemos as cousas na basura e non ao mar non pasarian estas cousas, pero a verdade e que hoxe en día hai xente a que non lle importa nada tirar as cousas ao chan ou ao mar… Creo que se deberían facer campañas para concienciar mais á xente e como dí jose maría que a televisión axudase un pouco dandoñe importancia a estes sucesos…

  4. victor di:

    Como pode chegar o plástico ao mar?
    Por que o lixo queda formando unha illa e non acada as costas?

  5. maria.aso.1b di:

    O plástico chega os oceános porque os seres humanos o botan o mar ou incluso o non reciclalo pois co vento ou se unha persoa está na playa arrastrao ó mar.
    Contestando a segunda pregunta creo que é polas correntes mariñas.

  6. carmen.aso.1b di:

    Un dos peores contaminantes producidos polo home é o plástico.

    A maioría dos plásticos que chegan ao mar ten un orixe continental. Hai porcentaxes próximos ao 80%, frente a un 20% cuyo orixe estaría relacionado coa actividade do home no mar.Existen estudios que refieren maior presencia ao plástico microparticulado que de plancton vivo. Son os plásticos que voan dos invernadoiross, son os miles de envases plásticos aos que una crecida tras as choivass abundantes permitelles salvar as barreiras físicas que pretendían retenelos antes de que chegasen ao mar…

  7. ana.aso.1b di:

    O lixo queda formando illas debido a influencia das correntes mariñas. Estas correntes formanse facendo circulos e o lixo queda illado no centro, ao igual que as algas; e por iso non chega as costas.

  8. gema.aso.1b di:

    A maioria do lixo chega ó mar cando as fábricas industriais,residuos de barcos…Somos nós os principais causantes da aparicion do lixo nas augas tras empregar materiais que teñen envoltorio ou protección e xa non nos fan falla.As correntes mariñas concentran o lixo no núcleo da seu percorrido polo mar.Por iso ainda que o lixo se tire en moitos lugares aparece logo agrupado en sitios concretos.

  9. pablo.aso.1b di:

    O problema é que para moitas persoas tirar un plástico ao mar, ou simplemente deixalo tirado, pois non ten ningunha consecuencia. Moitas aves e mamíferos mariños morren a causa da inxestión destes plásticos, os cales actúan como unha esponxa xa que concentran a maioría dos contaminantes tóxicos nos océanos. Por se fora pouco, un 70% dos plásticos que tiramos ao mar contamina o fondo do océano, xa que non todos flotan. Así que imaxinade a situación desta illa.

  10. rodrigo.aso.1a di:

    Interesante noticia. Así que no mar non existen só peixes e prantas senón que tamén existen os nosos amigos os plásticos a distancias moi lonxes.
    Supoño que esta acumulación sería pola corrente que existe nesa zona. Seguramente nese lugar ou haxa un reuíño ou non sexa tan grande a velocidade, polo que os plásticos deposítante ata o fondo.

  11. ivanz.aso.1a di:

    Noticia interesante. A verdade é que esa mancha é bastante perxudicial para nós e moito máis para os animais que viven por esas zonas. Por outro lado a consecuencia deso podemos sacar combistible dos plásticos e aforrar enerxía e diñeiro.

  12. juanluis.aso.1a di:

    Realmente paréceme patético que se poida formar unha illa de plásticos no medio do mar e que teña unha superficie catro veces maior ca de Xapón. A ver se a sociedade comeza a cambiar a mentalidade e pensa que calquera cousa que tiremos pode acabar no mar,e xa se sabe que todo o que vai ó mar volve canda nós.

  13. lara.aso.1a di:

    O proxecto Kaiser, para levar a cabo a súa misión, terá que utilizar aparellos tecnolóxicos coma o “Wave Glider”. O “Wave Glider” é una plataforma que se pode manter estacionada ou desprazala polo océano.Permite, tamén, facer calquer tipo de probas de auga e de partículas.Dende esta plataforma mandaríanse os datos das probas obtidas por vía satélite á Terra.

  14. lara.aso.1a di:

    Kaisei*

  15. noeliap.aso.1b di:

    A xente non pensa o que fai cando guinda algo o mar,non se percata de que si o fan outras 50.000 persoas pode chegar a formarse o que Uxía nos presenta no post e isto parece non importar. Polo menos temos algo que mira por intentar eliminar,en concreto,este gran núcleo de lixo pero deberiamos ser nós quenes levaramos a cabo unha labor de menos contaminación das augas tanto polos seres vivos que alí atopamos como por nós mesmos.

  16. ramon.aso.1b di:

    Estou de acordo con Parracho, deberíamos mentalizarnos dunha vez por todas de que temos que coidar todo o que está ao noso arredor, moita xente vive do mar, moita xente depende do mar para seguir tirando a diante, por que hai que chegar a isto? Nas nosas mans está que isto cambie dunha vez porque estamos facendo que morran especies e aparte quitando traballo ás nosas familias.

  17. nuria.aso.1a di:

    Estou totalmente de acordo cos dous últimos comentarios, xa que está na nosas man manter o mar limpo, e tamén a parte de poñernos na situación da xente que vive do mar, tamén nos temos que parar a pensar os serios problemas que esto pode chegar a acarrexar.

  18. pablo.aso.1b di:

    Por exemplo, un dos motivos dos aumentos das pragas de medusas nestes últimos anos, debese a que a dieta fundamental das tortugas mariñas está constituída por medusas, e as veces confúndenas con bolsas de plástico, inxeríndoas e provocándolle a morte.

  19. ana.aso.1b di:

    O comentario anterior de Pablo parece un dato moi significativo das consecuencias da presenza de lixo no mar. E aínda que quizais ese dato sexa o máis significativo tamén hai moitos casos de peixes afogados por esas mesmas bolsas, e mesmo de tiburóns mortos por clavarse un anzo vello ou paxaros aos que se lles encontran tapóns de botellas ou incluso mecheiros no estómago.