Asorey e Cambio Climático

 

expoclima3_2.JPG

O Cambio Climático é o principal problema ecolóxico ao que se está a enfrontar o noso Planeta pero, sen dúbida, somos os seus habitantes os que temos na nosa man a posibilidade de endereitar o rumbo a que nos leva o errado modelo de desenvolvemento económico dos países occidentais.

Estes días pasados, no IES Francisco Asorey, puidemos coñecer da man da Exposición de Climántica (Proxecto de Educación Ambiental sobre o Cambio Climático) as pricipais chaves sobre as causas e consecuencias do quentamento global así como sobre cales deben ser as liñas de actuación para tratar de erradicar esta problemática.

Seguindo as liñas de traballo marcadas na materia de  Ciencias para o Mundo Contemporáneo  quero recoller, nesta entrada, algunhas das cuestións que se plantexaban na citada exposición para que reflexionemos de novo sobre elas.

  1. É o CO2 malo para a vida?
  2. A selva tropical é un sumidoiro de CO2?
  3. Por que os efectos do Cambio Climático serían máis importantes senón fora polos océanos?
  4. Cales son as causas de que o nivel do mar estea a subir?
  5. Por que o uso do Carbón e Petróleo está relacionado co Cambio Climático?
  6. Qúe efecto ten sobre os bosques o Cambio Climático?
  7. Cales serían as consecuencias do desxeo total durante os veráns no Polo Norte?

imagen

Suxírovos que nos vosos comentarios tratedes de dar, unicamente, resposta a unha ou dúas preguntas das que  elixades.

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos, Cambio Climático, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

12 Responses to Asorey e Cambio Climático

  1. maria.aso.1b di:

    En canto a visita que recibimos foi moi educativa xa que se nos explicaron os verdadeiros problemas das causas.

    1ª pregunta:
    Todo o que sea en exceso é malo, como puidemos ver o cO2 é necesario para a vida e todos os seres vivos o producimos; A retención do carbono producese a través da fotosíntesis das plantas, e a emisión a atmósfera, a través da respiración animal e vexetal.

    O óxido de carbono é un dos gases do efecto invernadoiro que contribue a que a Tierra teña unha temperatura habitable por todos.

    Nos últimos anos presentouse un aumento considerable na emisión deste o que provocou unha subida das temperaturas.

    4ª pregunta:
    En canto a porque o mar está a subir é porque o polo Sur estase a derreter( é dicir o xeo que cubre o continente estase derretendo pola subida de temperatura do planeta); Esto o que provoca e que o mar suba de nivel.

    Exemplo : se nun vaso metemos un cubito de xeo e está ata a metade de auga cando se derreta (o cubito)o nivel da auga que se atopa no vaso non varía, pero si lle metemos a metade da auga e poñemos o vaso ata arriba de cubitos cando se derretan (os cubitos) o nivel subirá.

  2. angel.aso.1a di:

    Resposta á pregunta 3: ¿Por que os efectos do Cambio Climático serían máis importantes senón fora polos océanos?
    Creo que é porque os océanos son os lugares onde habita o fitoplacton ou plancton vexetal, que elabora o seu alimento por fotosintese co que diminue o nivel de CO2 que hai na atmósfera e de desaparecer o CO2 da atmósfera aumentaria.

    Resposta á pregunta 5: ¿Por que o uso do Carbón e Petróleo está relacionado co Cambio Climático?
    Eses dous elementos estan formados na maior parte por carbono. O queimar algún destes combustibles fosiles o carbono destes elementos xuntase co oxíxeno do aire formando CO2 que sube a atmósfera.

  3. ruben.aso.1a di:

    2º pregunta: A selva tropical é un sumidoiro de CO2??

    Só no caso en que a selva sexa xovén pois necesitará mais C02 que oxixeno para crecer, se a selva e vella entón sería todo o contrario pois necesitaría oxixeno para vivir, se nin é xoven nin é vella estaría nun equilibrio polo que consumiria a mesma cantidade de osíxeno que de CO2

  4. noeliag.aso.1b di:

    Pregunta nº 4: a principal causa de que o nivel do mar estea a subir e a desconxelación do polo sur xa que a masa de xeo deste esta sobre o continente e debido ao quentamento global estase derretendo por iso o nivel aumenta.

    Pregunta nº 6: debido ao quentamento global as temperaturas aumentan e os bosques volvense máis áridos e secos afectando ao seu curso e ademais isto propicia o aumento e facilidade de dispersión dos incendios o que a súa vez provoca o desabastecemento e desfertilización do solo polo que logo é moi dificil recuperar o bosque.

  5. ivanz.aso.1a di:

    6ª pregunta: o cambio climático afectará na distribución e composición dos bosques, pero sobre todo afectará á súa temperatura, xa que esta está a aumentar cada vez máis. Se isto ocorre, o riesgo de sequía e incendios será maior polo que desapareceran moitas hectareas que tardarán anos en recuperarse. Noutro caso como no dos manglares poden verse afectados polo aumento do nivel do mar.

  6. sergioa.aso.1a di:

    Respondo á pregunta n.5:
    Porque a súa composición é basicamente carbono e outros poucos elementos diferentes. Cando se queiman desprenden moita calor e o seu carbono reacciona co osixeno do aire formando CO2. Estos combustibles son os máis utilizados no mundo e polo tanto a fonte máis potente de creación de CO2.

  7. noeliap.aso.1b di:

    -Cuestión 7-
    Os úiltimos estudos revelan que a producción de xeo no Polo Norte atópase en menor cantidade comparada con anos anteriores. Si este feito continúa de xeito progresivo acarrearía unha serie de consecuencias entre as que se pode destacar:
    a)Alteracións nesta zona tan decisiva para o clima mundial.
    b)Poderíase viaxar en barco dende Xapón ata Kiel pasando polo Polo Norte en época de verán.
    c)As especies de placton árticas veríanse substituídas por outras do Alántico.
    d)En Siberia, as casas no verán, correrían máis risco de derrubamento xa que o terreo coxelado sobre o que se atopan derretese en maior medida.

    O cambio climático xa non se pode deter pero si intentar facer algo porque os seus efectos se ralenticen.

  8. vanesa.aso.1a di:

    Teño unha duda,no caso de que a contaminación mellorase pouco a pouco e a atmosfera se fose rexenerando e todo fose a mellor o clima non se volveria a establecer como antes de que todo cambiase?

  9. carmen.aso.1b di:

    Os principais cambios climáticos que influirán no desenvolvemento dos bosques serán os aumentos de temperatura nas latitudes altas e nas variacións das precipitacions nas latitudes baixas. En todas as rexións que experimentan un incremento da temperatura e nas que as choivas permanezan invariables ou se reduzan disminuirá notablemente a humidade do chan, o cal dificultará o crecemento das plantas e aumentará a probabilidade de que se produzan incendios. Éstos podrán provocar pérdidas importantes da cuberta forestal.

  10. ana.aso.1b di:

    Resposta (2. A selva tropical é un sumidoiro de CO2?):

    A selva tropical é unha selva nin moi xoven nin moi vella, polo que o CO2 que lle fai falla para facer a fotosíntese é a mesma cantidade que o que devolve a atmosfera, polo tanto está compensado e non é un sumidoiro de CO2.

  11. gema.aso.1b di:

    7-As consecuencias do cambio climantico que estamos a vivir nun verán nos polos provocaria o desxeo e que a capa continental se fracturara e fixera posible cruzala en barco dende un punto a outro.

    Todas estas preguntas as contestamos cando o encargado de climantica veu aquí,a ver se para a próxima vez(queda pouco)obtemos resultados tan positivos.Victor,o derradeiro foro para cando?

  12. roi.aso.1b di:

    1-
    O CO2 é un gas de efecto invernadoiro, é necesario para a vida porque consigue que na Terra vivamos cunha temperatura baixo a cal poida existir a vida.
    Pero en exceso non é bo porque contribúe ao ascenso da temperatura do globo.