Virtudes de muller

O asma é unha enfermidade crónica das vías respiratorias que dificulta o proceso de respiración. Esta enfermidade prodúcese con máis frecuencia nas mulleres que nos homes, polo que tamén necesitan maior medicación debido ó aumento dos síntomas.

imagen

O asma depáralles unha peor calidade de vida a elas que a eles.

Como a maioría das enfermidades, ten varias categorías; unha delas é o asma premenstrual. Consiste na acentuación dos síntomas do asma co comezo de cada menstruación, pero aínda non se coñecen realmente as causas que a orixinan. Un estudo levado a cabo pola Sociedade Española de Neumoloxía e Ciruxía Torácica (SEPAR), di que esta doenza pode afectar ó 57% das mulleres. Realizouse con catro mulleres asmáticas durante dous e catro ciclos menstruales consecutivos, onde seis de cada dez sufrían un empeoramento aínda que só fose nun ciclo.

imagen

Segundo a neumóloga Teresa Bazús pode estar relacionado coas hormonas das fémininas, que poden favorecer a inflamación e a hiperreactividade da vía respiratoria. A influencia das hormonas sexuais, os cambios na musculatura lisa, a retención da mucosa respiratoria entre outros, serán aspectos de próximo estudo. Aínda así existen escasos tratamentos que fan que este síndrome se controle, polo que se debe seguir investigando para proporcionarlle as féminas un mellor control deste síndrome.Un motivo polo que esta doenza prevalece é que as mulleres afectadas non responden ben ao tratamento hormonal, polo que estas pacientes non poden combater o asma con corticoterapia. Casos máis graves son atallados coa administración de estróxenos, proxestáxenos ou ambos (recomendado por vía intramuscular unha semana antes da menstruación).

imagen

As mulleres que sofren asma e estean embarazadas deben ter ben controlada a enfermidade xa que esta ten aínda máis risco para ambos. Un ataque de asma sería perigoso para o feto porque diminuiría o aporte de osíxeno que se lle aporta.

Esta entrada foi publicada en Medicina e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Virtudes de muller

  1. sabela.aso.1a di:

    Según me informei entre o 4% e o 8%das mulleres embarazadas sofren algunha complicación asmática. Non tratar esto tería grandes consecuencias como: hipertensión arterial durante o embarazo, partos prematuros ou nenos con baixo peso…

  2. ramon.aso.1b di:

    Pois si que é curiosa a noiticia. No meu caso coñeco máis homes que mulleres que padezan asma e sorprendeme que as mulleres sofran máis esta enfermidade que os homes. Polo que me teño informado ata os 12 ou 13 anos, a incidencia da enfermidade é maior nos nenos que nas nenas e ao chegar á adolescencia afecta por igual a ambos xéneros. Pero a partir dos 20 anos, a incidencia nas mulleres é significativamente máis alta e este dato persiste durante toda a vida adulta e como dis no post o asma aparece con máis forza e de maior gravidade. Tamén se di que unha muller asmática de entre 25 e 50 anos acude tres veces máis aos servicios de urxencias por mor disto que un home e ingresan tamén, máis veces.

  3. victor di:

    O tratamento máis habitual do asma é o uso de corticoides; que inconvenientes ten este tipo de tratamento?

  4. sara.aso.1a di:

    O uso de corticoides durante bastante tempo trae varias consecuencias, entre elas a subida do peso e nalgúns casos incluso retrasa o crecemento.

  5. fatima.aso.1b di:

    A verdade que non estaba informada diso pero eu das mulleres que coñezo e teñen asma de momento non teñen ningun problema con iso pero igual o largo do tempo si.Este post esta moi ben porque era algo de que a maioria de nos non estabamos informados.

  6. roi.aso.1b di:

    Os uso dos corticoides ten algúns inconvintes, sobre todo que teñen moitos efectos secundarios, tanto sobre a pel, como hormonais.

  7. uxia.aso.1b di:

    Si se empregan indiscriminadamente corticoides no tratamento de infeccións virais os virus infectantes desarrólanse máis rápido e máis perigosamente.

    Canto máis tempo se emprega un fármaco corticoide maiores efectos secundarios se van a desencadear: gastritis, defectos nos depósitos de calcio nos ósos ou cúmulos de graxa corporal son os problemas máis frecuentes.

  8. carmen.aso.1b di:

    Entre os efectos secundarios que poden producir as corticoides encontranse o aumento de peso, o acné,as cataratas,a diabetes e a hipertensión arterial.

  9. sara.aso.1b di:

    As corticoides teñen inconvintes de varios tipos,estetícos:fai que aumente o vello,aumento de peso,hematomas por roces insignificantes e acné;efectos psiquícos:o paciente volvese eufórico e aumenta o apetito iso xunto cas corticoides pode chegar a obesidade,tamen pode producir confusión,intranquilidade,deprsión,inmsonio etc.E outras enfermidaes como cataratas,diabetis,gastritis,hipertension arterial,e no crecemento dos nenos produce un retraso e moitos máis.

  10. sabela.aso.1a di:

    Pero según me informei os corticoides so producen efectos nocivos se son utilizados máis de 14 ou 30 días; pero se son usados adecuadamente non teñen inconvenientes.

  11. antia.aso.1a di:

    En primeiro lugar dicir que non tiña noticias sobre este sindrome.
    Quero engadir que o emprego de corticoides non é totalmente positivo, xa que está demostrado que ten algun efecto secundario, sobre todo hormonais.

  12. ramon.aso.1b di:

    Na actualidade o empleo de corticoides extendeuse para moitas enfermidades. Isto supuxo que a pesares de que se atopasen novos fármacos con menos efectos secundarios, estes aumentasen tanto aparecendo con frecuencia alteracións no metabolismo glúcido, no crecemento, hipertensión, problemas oculares e osteoporosis. Nalgunhas ocasións estes efectos pódense previr dunha forma eficaz. Os efectos secundarios dos corticoides poden aparecer polo uso continuado (como no asma) deles ou tras a supresión despois de que se utilizase durante un longo período de tempo sin pautas de descanso. Os corticoides tamén poden provocar problemas de tipo esqueléticomuscular, de peso, na pel… polo que teño entendido non é algo que os médicos queiran utilizar de primeira man.

  13. ivanz.aso.1a di:

    Os efectos dos corticoides empezan un mes despois da dosis. Teñen diversos efectos:
    Efectos estéticos, vello nos brazos, aparición de estrias, aumento de peso…
    Efectos psíquicos, Aumenta o apetito, o paciente vólvese eufórico… Aparte disto tamén poden aparecer cataratas, diabetes, osteoporosis e hipertensión arterial entre outras.
    Para evitar os efectos indeseables dos corticoides non se debe usar corticoides na EII crónica continua, non usalos para previr brotes, tampouco usalos contra infeccións, disminuir a dosis cando te sintas mellor… Tamén sería bo un cambio de vida: non fumar, máis descanso, menos estrés e unha vida máis sana.

  14. maria.aso.1b di:

    Os corticosteroides son una variedade de hormonas do grupo dos esteroides (producida pola corteza das glándulas suprarrenales)e os seus derivados.
    Os corticosteroides están implicados nunha variedade de mecanismos fisiolóxicos,incluindo aqueles que regulan a inflamación, o sistema inmunetario, o metabolismo de hidratos de carbono, o o catabolismo de proteínas e os que caracterizan a resposta o estrés.

    Estas susbtancias poden sintetizarse artificialmente e teñen aplicacións terapéuticas, utilizándose principalmente debido as suas propiedades antiinflamatorias e inmunosupresoras e os seus efectos sobre o metabolismo.

  15. victor di:

    Cales son as diferencias biolóxicas entre o sexo masculino e o feminino?

  16. ivanz.aso.1a di:

    As diferencias entre os homes e mulleres son:
    os cromosomas sexuais, a talla, o comportamento, as mulleres son en xeral de contextura máis pequena, pero en certos casos pódese observar o contrario.
    Diferencias xenéticas. Masculino (XY) Feminino (XX).
    Diferencias hormonales. As mulleres teñen unha tasa elevade de estróxenos, mentres que os homes teñen unha tasa elevada de andróxenos ou testosterona.

  17. vanesa.aso.1a di:

    Que ese diverso ropo de pequenas diferenzas leva a un gran grupo de variedades entre homes e mulleres que cando mais se nota e na etapa de pubertad que é cando o meniño faise home é a nene muller ou iso é o que deberia de suceder.No caso dos homes cambialle a voz,crecemento de bello polo corpo…no caso da muller a mentruacion,crecemento dos peitos…

  18. victor di:

    Caracteres sexuais primarios e secundarios; que é iso? Existen máis diferencias cas biolóxicas?

  19. maria.aso.1b di:

    Son os cambios externos que se producen nos adolescentes na pubertade.

  20. ana.aso.1b di:

    Os caracteres sexuais primarios son os que se determinan no útero, e dicir os que determinan sexo da persoa. Estos caracteres son os órganos sexuais que distinguen o home da muller.

    Os caractes sexuaais secundarios distinguen entre os dous sexos pero non son parte do sistema reproductor, se non que evolucionaron para darlle ventaxa o individuo no combate ou para atraer o sexo oposto. Exemplos deles son no home: musculos máis desarroyados, máis pelo, voz máis grave… E na muller: máis peito, menor estatura, funcionamento das glandulas mamarias…

  21. gema.aso.1b di:

    Chámanse caracteres sexuais,ás características anatómicas e fisiolóxicas que nos distinguen ós homes das mulleres,é dicir ó sexo que temos.

    Os caracteres sexuaois primarios son os órganos sexuais cos que nacemos e os que nos permiten saber si somos rapacez ou rapazas. Todos os sistemas e órganos do corpo desenvolven as mesmas funcións, hasta a pubertade, etapa na que se presentarán os caracteres sexuais secundarios.

    Os homes e mulleres somos iguais como seres humanos coas mesmas funcions, dereitos e necesidades, pero somos diferentes,polos órganos e a personalidade de cada un,única e irrepetible.

  22. carmen.aso.1b di:

    O carácter sexual primario é a formación de células sexuales, é dicir, de óvulos e de espermatozoides. Tamen constituen caracteres sexuais primarios os órganos onde se producen os gametos, é dicir, ovarios e testículos
    En cambio, o conxunto de rasgos de orden físico que distingue ao hombe da muller, conoñécense como caracteres sexuaies secundarios.
    As diferencias non biológicas son
    1. O crecemento do pelo. No home o aumento do vello na cara e nas axilas. E na muller o pelo da cabeza perde forza, producense as típicas entradas e non hai pelo no rostro.
    2. A voz. No home desarróllase a voz profunda, en ton grave. E na muller desarrollase a voz en ton agudo.
    3. As glándulas mamarias No home non se produce ningún desenvolvemento das mamas. Na muller desenvólvense as glándulas mamarias.
    4. O desenvolvemento corporal. No home, maior desenvolvemento do tórax, con ombreiros anchos e caderas de pouco desenvolvemento. Na muller maior desenvolvemento do ancho das cadeiras e tórax estreito.
    5. A estatura. No home maior desenvolvemento esquelético e muscular; mais alto e fornido.
    Na muller menor desarrollo esquelético e muscular; Mais pequena e de talla redondeada.