Células nai tamén para a xordeira

                                    

Uns científicos británicos da Universidade de Sheffield  lograron  recrear nun laboratorio as células das microscópicas vellosidades que recollen as ondas de son no oído interno e as transmiten ao cerebro humano.

Esto poderia axudar a quen perdera as células ciliadas, polo  daño causado por sons fortes, por persoas que naceron con problemas de audición hereditarios e incluso problemas vinculados ao envellecemento. E tal como sinalan algúns doctores tamén poderían utilizarse para calquera neurona danada, involucrada  nos sinais que o oído xera e transmite ao cerebro.

De momento, a primeira fase do proxecto foi  todo un éxito, pero agora deben comprobar con animais se as células creadas logran recuperar as funcións auditivas.


 

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to Células nai tamén para a xordeira

  1. josemaria.aso.1a di:

    Eu creo que as celulas madre son claramente o futuro da mediciña xunto a xenetica. Espero que podemos vivir para ver esta revolución que cambiara todo.

  2. noeliap.aso.1b di:

    Pareceme un proxecto interesante de cara o futuro xa que actualmente os problemas auditivos comezan xa entre os máis novos e non só se reducen o ámbito das persoas maiores. Esto ven dado sobre todo polo uso dos famosos mp3/4 cos seus respectivos auriculares e os elevados niveis as que se pon as músicas das discotecas e concertos.
    Ademáis sería unha opción interesante para tratar problemas de xordeira por herencia e enfermidades como a menixite.

  3. sabela.aso.1a di:

    Este post resultoume moi intresante, porque ao igual que Jose eu tamén creo que as células nai terán moita importancia no futuro da medicina.
    Según me informei o principal problema da xordeira é que as células ciliadas so se producen durante as etapas de desarrollo…

  4. gema.aso.1b di:

    Ata agora,o dano que causa esta enfermidade afecta xa ó 10%da poboación mundial(aumentando notablemente nos bebés prematuros).As células nai poden acabar con este problema porque teñen a capacidade de convertirse en otro tipo de célula.Con este avance poderase tamén reemplazar calquera zona que se emprega para mandar sinais ó cerebro para logo actuar cos musculos.Esta investigación é increíblemente prometedora e abre enormes posibilidades de á recuperación da xordeira no futuro.

  5. pablo.aso.1b di:

    O problema cas celulas ciliadas e que so se xeneran nas etapas de desarrollo, e si se produce unha perda estas celulas en idade adulta é imposible recuperalas.Polo tanto este proxecto é tan interesante como prometedor.Estes cientificos volveron as etapas iniciais do desarrollo do embrión para localizar tales celulas, aislalas e multiplicalas no laboratorio. Tras esta primeira fase de exito, agora estan probando con animais.

  6. sara.aso.1a di:

    Pareceme un gran descubrimento, se funciona poderase axudar a moita xente que non pode oír, como ben di Pablo esas células só se xeneran nas etapas de desarrollo e así a xente con máis idade podería recuperar a ilsusión por volver a oír ou comenzar, segundo sexa o caso.
    Pero aínda é demasiado pronto para saber se se conseguirá algo positivo ou non, este tipo de investigacións deverían ter moita preferencia, respecto a outros.

  7. ivan.aso.1a di:

    Como di Jose, as celulas madre axudaran a que descubrimentos como este cada dia sexan mais normales. Esto ven ben xa que, segun a Organizacion Mundial da Saude, di que a xente cada vez a xente empeza a perder capacidade auditiva antes

  8. ramon.aso.1b di:

    Como cada vez que aparece unha noticia sombre avances médicos quedo sorprendido. Pouco a pouco imos chegando a unha situación máis cómoda, aventaxada e segura. No caso disto si estas celeulas chegaran a recuperar a capacidade de oir sería algo impresionante, canto máis agora que vivimos nun mundo ruidoso, que si cos mp3/4, coches, discotecas, o rebumbio da cidade… fan en nós efectos tan negativos como unha xordeira leve ou incluso grave, que teñamos este avance podería abrir moitas portas, xa que xente que tivo unha otite ou unha meninxite graves se quedou parcialmente xorda podería volver a oír. Iso sería moi bo.

  9. maria.aso.1b di:

    Agora que Iván mencionou a OMS, lin nunha noticia relacionada con isto que decia que o 95% das persoas estamos sometidas a diario a uns limites de ruido superiores aos que aconsella, co cal, unido a esta nova xeración de aparellos tecnoloxicos, provoca dores de cabeza e problemas no oido.

  10. rodrigo.aso.1a di:

    A verdade e que Noelia está moi ben esta entrada. Gústame bastante o tema que tratan, xa que para as persoas que temos pérdida de oído é unha satisfacción ver que avanzan no tema da investigación do oído.

  11. lara.aso.1a di:

    As células nai debido ás súa capacidade de rexeneración e alta compatibilidade co organismo, penso que é a solución máis axeitada para o avance da medicina.
    Aínda que, existe unha controversia de tipo ético con respecto a este tema. O problema ético é debido a que a utilización de este proceso require o uso e destrución de células nai embrionarias. Deixando un lado os conflitos morais, estas células estanse empregando sobre todo no tratamento de cancros, pero non sabía que tamén podían combater a xordeira. Realmente interesante.

  12. carmen.aso.1b di:

    As células nai poden solucionar este problema porque teñen a capacidade única de converterse en calquer tipo de célula humana.

    Non só poderían utilizarse para reemplazar as células auditivas perdidas, senón tamén para calquera neurona dañada involucrada nos sinais que o oído xera e transmite ao cerebro
    O avance é moi importante e achéganos cada vez máis á posibilidade de dispoñer dunha cura para a perda da audición.

    Por exemplo no caso da sordeira infantil unha cura como esta non só resolve un problema auditivo se non do desenvolvemento do fala, da linguaxe e das capacidades cognitivas e psicosociales do neno.

  13. ivanz.aso.1a di:

    Post moi interesante. Hoxe en día a meirande parte das enfermidades e dos problemas que ocorren no noso organismo se pode solucionar a partir de células nai, isto é moi satisfactorio para o ser humano, xa que neste caso (no da xordeira) hai moitísimos casos sobretodo en anciáns e en bebés prematuros. Que isto se poida solucionar contrae que moitas persoas poidan levar unha vida normal e non teñan este tipo de problemas que ademáis poden ser hereditarios como a meninxite.

  14. ana.aso.1b di:

    A verdade é que si se levara a cabo este proxecto poperíase axudar a moita xente(como Rodrigo, sen ir máis lonxe). Coma sempre a ciencia sorprendeme nas suas novas investigacions, pareceme incrible que se poidan chagar a facer cousas coma esta, e creo que sería moi importante levalo a cabo debido a vida que levamos na actualidade e a cantidade de fortes ruidos que estamos obrigados a escoitar día tras día ou aos que nos mesmos nos sometemos (como ben dixeron xa Noelia e Ramón).

  15. karina.aso.1a di:

    Eu penso igual que Ana, a verdade e que estes avances que se fan son máis que extraordinarios xa que hoxe en día hai moita xente que ten pérdida de oído

  16. ruben.aso.1a di:

    Cando un lee estas cousas pensa que dentro duns anos nada será imposible, podremos curar calquera problema ou enfermidade e a calidade de vida dunha persoa subira moitisimo. Os humanos do futuro seran pouco menos que deuses pois poderan ter o control para curar enfermidades que fai uns anos eran impensables.

  17. ramon.aso.1b di:

    Tendo en conta todo isto que poida curar a sordeira beneficiaría en moitas cousas a recén nacidos con este faio ou enfermidade. Cando se nace con este problema a capacidade da fala vese restrinxida e as capacidades cognitivas e psicosociais do neno. Polo que é como se se lle dera unha nova vida a un rapaz que podería estar sen oír nada durante anos. Aínda e todo, din que aínda faltan algúns anos para dispoñer dunha terapia de células nai para resolver problemas de oído, así que, a agardar.

  18. andrea.aso.1a di:

    A verdade é que me parece realmente un gran avance para todos nos, estou de acordo con Jose de querer vivir para ver esta revolución. grazas as células nai e ao ADN vanse poder solucionar problemas que nunca, con ningun remedio, se puideran solucionar antes.

  19. beatriz.aso.1a di:

    Parece algo moi interesante, xa leera sobre algo parecido e un otorrinolarigólogo moi prestixioso falaba que seria unha técnica moi efectiva,e por outro lado decía que os casos que se presentan de perda de oido e a xente máis nova. Porque utiliza moito os cascos e isto e perxudicial xa que unha hora con eles pode equivaler a 80 decibelios.

  20. vanesa.aso.1a di:

    Estamos a ver que cada día se mellora a nosa saude descubrindo novos métodos para vivir mellor e curar moitas enfermidades e todo iso grazas a novas tecnoloxias e a ciencia.

  21. angel.aso.1a di:

    Este pareceme un tema moi interesante, ultimamente os descubrimentos que teñen algo que ver coas células nai están continuamente aparecendo. Cada pouco tempo sae un descubrimento mellor o anterior e cada vez o avance é maior. Ata onde se poderá chegar con todo isto? Gustaríame sabelo, pero iso é algo imposible.

  22. victor di:

    O oído divídese en tres partes: externo, medio e interno; con que partes do oído se corresponden?
    Se un individuo carece de oído medio, que solución auditiva podería ter?

  23. sara.aso.1a di:

    Home Victor están estudando todavía, ademais de momento creen que van funcionar para uns casos, non debes descartar todo non?

  24. uxia.aso.1b di:

    O oído externo(tamén chamado pabillón da orella ou aurícula)é a parte que se pode ver.
    O tímpano(membrana timpánica)sinala o inicio do oído medio, que está composto por tres osos: martelo, xunque e estribo. Estes tres osos forman unha especie de ponte,e o estribo está conectado coa ventana oval.
    A ventana oval é unha membrana que recubre a entrada á cóclea no oído interno.
    O oído interno é unha intrincada zona de tubos e condutos, coñecido como labirinto. No labirinto encóntranse o vestíbulo e a cóclea.

  25. pablo.aso.1b di:

    O oído medio é moi complexo, xa que esa cadena de osos situados no oido medio funciona como un oso só, que xunto coa caixa timpanica danlle unha movilidade para conducir o estimulo sonoro perdibido do oido externo. A solución a enfermidades no oido medio pasa pola ciruxía (no caso dunha ostoclerosis, que é un crecemento máis grande do normal destes osos, o cal impide a súa vibración). No caso de que se produza unha rotura do tímpano poderíase realizar unha timpanoplastia que é un inxerto que substitue a zona lesionada.

  26. noeliag.aso.1b di:

    Oído externo:é a parte exterior a que se ve, e consta dun pabellón auricular que está revestido por un cartílago elástico recuberto por pel blanda, esta pel posee abundantes glándulas sebáceas, denominadas como vellosidades do trago.
    Oído medio:aprecianse dentro d súa arquitectura anatómica a cavidade timpánica,a membrana do timpano,os osiños do oído, senos e celdas mastoideos e a tuba faríngea.
    Oído interno:dividese en labirinto óseo e en labirinto membranoso. No óseo esta o órgano propio del equilibrio, mentras a caracola pertenece ao órgano da audición.

  27. noeliag.aso.1b di:

    Contestando a outra pregunta as solucións podrían ser duas, ou ben implantando células nai como explica no post(aínda que esto aínda esta en probas)ou facer unha timpanoplastia que é un procedemento microquirúrxico no tímpano e nos ósos do oído medio para restaurar o mecanismo auditivo deste.

  28. victor di:

    Os osos do oído medio tamén se poden substituír por unha prótese que faga a súa función (transmitir as vibracións do tímpano ao oído interno).