Traslado por Cambio Climático!

 

imagen

Como Noé meteu na súa arca parexas de distintas especies para salvalas do Diluvio Universal, o mesmo queren facer algúns expertos para protexer aos animais do cambio climático.  Hai dez anos isto sería motivo de risas. Un grupo de investigadores promovidos pola Fundación Nacional de Ciencia plantéxanse cambiar aos animais e plantas de ecosistema,”traslado guiado“. Isto significaría forzar unha migración que podería supor que as especies alonxadas ocupen os novos hábitats e acaben coas especies locais. Casos deste tipo, como o das tartarugas tropicais e o do visón americano, entre outros, estanse a dar no noso país.

¿Se isto son as consecuencias desta “migración”, porque se considera esta idea? A resposta é que o cambio climático non se detén, polo que necesitamos facer algo axiña. Coa subida das temperaturas e a diminución das precipitacións, algúnhas especies poderían chegar a estinguirse.

imagen

 Algunhas das especies sobreviviron debido á migración a lugares máis hospitalarios. Agora estes movementos están condicionados polas cidades e outros obstáculos artificiais que lles impiden mobilizarense. Os científicos aínda non teñen moi claro como se podería facer este traslado. Intentan obter un sistema que poida avaliar os custos, riscos e beneficios de introducir ás especies nos novos ecosistemas.

Esta non é a única estratexia plantexada polos científicos. Outras serían a fertilización dos océanos ( incremento da absorción de gases de efecto invernadoiro), conservar corredores migratorios de animais ( para que se poidan mover a distancias longas) e preservar a diversidade xenética das especies en perigo en bancos de sementes.

imagen

¿Credes que isto podería funcionar?¿As especies adaptaríanse ben ao novo ecosistema?

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Traslado por Cambio Climático!

  1. pablo.aso.1b di:

    Noraboa polo post Melania. A verdade e que non escoitara nada acerca de esta posibilidade de traslado de animais, nin sequera de qu se plantexase tal alternativa. Na miña opinión creo que forzar a natureza a cambiar de ecosistema non é unha boa solución, xa que o proceso de adaptación ao novo medio pode provocar a desaparición de outrsa especies. Quizais o cambio climatico xa sexa tal como para dicir que debemos de cambiar o curso da natureza, pero e que vexo moitas incertidumes neste cambio. Como evaluar as consecuencias deste cambio?

  2. juanluis.aso.1a di:

    Cambiar ás especies de entorno é algo posible,pero iso pode traer consigo graves consecuencias. Como ben se di no post, poden desaparecer as especies foráneas. En canto ó de facer que o océano absorva os gases de efecto invernadoiro da pe a pensar que se este os absorve, as especies que viven no mar poderianse ver afectadas directamente. E en canto ó de crear bancos de sementes vexoo ben xa que iso non perxudcaría a nadie.

  3. josemaria.aso.1a di:

    Eu solo estaría de acordo co “traslado quiado´´ como última opción, ademais non a vexo moi viable tanto tecnicamente como ecoloxicamente

  4. noeliap.aso.1b di:

    Pois a min tampouco me parece a solución aparte de polo proceso de adaptación que estes animais terían que levar a cabo decir tamén que si os seres humanos non poñemos da nosa parte,xa que somos os que temos capacidade de razoar,para intentar reducir o mínimo posible este cambio o longo todo se vería modificado e… que fariamos cos animais cando non poidan vivir correctamente no seu novo territorio? volvelos a transladar?

  5. ramon.aso.1b di:

    Non vexo clara esta opción. Forzar unha migración… pareceme tan absurdo… Aínda e todo, falando dende a ignorancia, xa que esta e a primeira vez que oio falar disto. Como din Pablo e Parracho, non tería sentido mover aos animais de sitio cando nós sabemos que o cambio climático non para… Ademais somos NÓS quen debemos buscar unha solución para isto XA, ou senón á larga non valerá de nada mover aos animais de sitio por moito que iso os favoreza.

  6. lara.aso.1a di:

    Certo é Ramón que o cambio climático non para, pero debemos facer o posible para que se retrase e sexan menores os seus efectos.
    A alternativa que dan neste post, pois paréceme que podería salvar moitas especies da desaparición, e poderíase facer, pero aínda asi non vexo moi claro isto como a solución ao cambio climático.

  7. victor di:

    Os seres vivos ocupan un “lugar determinado” no seu ecosistema denominado NICHO ECOLÓXICO. O problema do traslado dunha especie e que ocupe o nicho ecolóxico doutra.
    Que se entende por nicho ecolóxico?

  8. gema.aso.1b di:

    O nicho ecolóxico é un término que relaciona a unha especie co lugar que ocupa dentro do ecosistema,a súa vinculación co terreo e as accións que realizan nese lugar.

  9. uxia.aso.1b di:

    É un termo que describe a posición relacional dunha especie ou poboación nun ecosistema ou o espazo concreto que ocupa no ecosistema. Noutras palabras, cando falamos de nicho ecolóxico, referimonos á “ocupación” ou á función que desempeña certo individuo dentro dunha comunidade. É o hábitat compartido por varias especies. Por exemplo, o nicho ecolóxico dos esquíos é o dos animaies que habitan nos árboles e se alimentan de frutos secos.

  10. maria.aso.1b di:

    É o espazo concreto no que se atopan os seres vivos no escosistema. O nicho ecolóxico permiten que nunha área determinada convivvan moitas especies,herbívoras,carnívoras ou omnivoros, especializandose cada unha delas nunha determinada planta ou presa, sin ter competencia unhas con outras.

  11. carmen.aso.1b di:

    Denominase nicho ecolóxico a estratexia de supirvivencia utilizada por unhha especie, que a forma de alimentarse, de competir con outras, de cazar, de evitar ser comida. En otras palabras, é la función que cumple unha especie animal o vexetal dentro do ecosistema

    O nicho ecolóxico de un organismo depende de onde vive,do que fai (como transforma a enerxía, se comporta, reacciona no seu medio físico e biótico e o transforma), e de cómo é influenciado polas otras especies.

  12. andrea.aso.1a di:

    O do traslado é unha opción que se podería considerar como salvación doutras especies que están en perigo polo cambio climático pero tamén hai que pensar nas especies xa habitan eses lugares, polo que si vai ser peor o remedio ca enfermidade pode que a opción de preservar a diversidade xenética das espexcies que están en perigos en bancos de sementes sería o acertado polo que poida ocorrer.

  13. sabela.aso.1a di:

    O nicho ecolóxico permite que nun lugar determinado convivan moitas especies carnívoras, herbívoras ou omnívoras sen facerse “competencia” unhas con outras.
    O concepto de nicho ecolóxico é moi importante para comparar distintos ecosistemas.

  14. victor di:

    Simplifico a idea de nicho ecolóxico para que o entendades todos. Descríbese como a función que fai unha especie nun ecosistema (o que come, a que lle serve de alimento, que especies se ven afectadas pola súa presenza).
    O problema da migración de especies xurde cando a que se introduce no ecosistema ocupa o mesmo nicho que outra e ademais é máis eficaz. Por exemplo, o cangrexo de río e o visón americanos reemprazaron ás respectivas especies europeas. O mesmo podería pasar se a xente solta aquí en Galiza as tártarugas de Florida (as do noso estanque) pois son moito máis voraces e agresivas que as especies galegas de auga doce.
    Que especies de tartarugas hai en Galiza?
    Explicade como a fertilización dos océanos pode amortiguar o cambio climático.

  15. noeliap.aso.1b di:

    Sei de cinco especies que foron atopadas polas augas galegas:
    1)Tartaruga laúd
    2)Tartaruga mariña común
    3)Tartaruga mariña pequena
    4)Tartaruga verde
    5)Tartaruga de Carey

    A fertilización dos océanos pode amortiguar o cambio climático si se demostra que con esta nova proposta sucede un secuestro real do dióxido de carbono e que a longo prazo se poida medir e verificar de xeito independente. Consiste en “plantar” no océano limaduras de ferro que estimulen o crecemento das algas para que absorban o CO2 da atosfera.

  16. ivanz.aso.1a di:

    Eu penso que o sistema do traslado de especies non é moi boa idea xa que se isto podría provocar que outras tamén desaparezan. Habería que investigar se facendo este traslado morrerían máis especies que se non se fixera, ese sería o único caso con lóxica de efectualo.
    Por outro lado o gasto económico tamén sería outro dato importante a ter en conta.

  17. marta_alonso.sau di:

    Hola!
    Somos del colegio Los Sauces.
    La verdad es que vuetsro blog esta muy bie estructurado, y además comentais muchisimo!! eso esta way.
    La verda es que con el cambio climántico bastantes animales etsa emigrando hacia nuevas latitudes, y eso en un futuro puede ser un problema, aunque no se extingan.
    Pero pienso que que nosotros traslademos a esas especies non es muy buena idea, ya que no sabríamos como reaccionarían a ese nuevo cambio.
    🙂

  18. victor di:

    Ola Marta, facia moito tempo que non nos visitabas.
    Con respecto ás tartarugas, eu referiame a especies galegas de auga doce, xa que as mariñas en realidade son especies migratorias que so pasan por aquí de cando en vez.
    Ademais sigo insistindo en que clarifiquedes a explicación sobre a fertilización do océano e esa “captura” de CO2.

  19. Ramón di:

    Ola a todos e todas(alumnos/as e profesores/as)Felicitarvos polo voso traballo e involucración. Son Ramón do colexio Los Sauces e hoxe estamos a celebrar o dia Mundial do Medio Ambiente cunha ciberquedada, jejeje. Teño a total confianza nos vosos esforzos, e nos nosos para que o Cambio Climático cambie.

  20. pablo.aso.1b di:

    A fertilización do oceano consiste no sembrado deste con particulas de ferro, xa que o fitoplancto necesita destes elementos para crecer.Pero no oceano escasea ese ferro, polo cal debe ser sembrado. Así, haberia máis fitoplancton e este absorberia mas co2, co se eliminaria da atmosfera unha grande cantidade. Pero parece ser que este experimentos so funciona cando estas algas van directamente ao fondo do oceano unha vez mortas para facer así de sumideiro de gas, xa que o co2 a mais de 3000 metros de profundidade se conserva nun estado parecido ao xeo.De todas maneiras neste experimento existen demasiadas dudas sobre a sua eficacia e seguridade xa que poderia sair danado o mar, fundamental para a vida na terra.

  21. sara.aso.1a di:

    Pois eu creo que non se devería manipular tanto a natureza do mar, non me parece ben iso de crear fitoplancto artificial, creo que a propia natureza sabe como recuperarse dos distintos problemas que ten que atravesar e tampouco me parece moi lóxico iso de levar os animais dun lado para outro obrigandoos a cambiar completamente a súa forma de vida.

  22. marta_alonso.sau di:

    Hola de novo! 😛
    Pois con respecto ó traslado desas especies penso que é unha boa idea, unha nova iniciativa, aínda que a pesares diso, o problema estaría en: ¿onde as levariamos? ¿que sucedería có resto das especies? ¿por cales nos decanatríamos? Polo que penso que a idea esta ben plantexada, pero aínda necesita varios arranxos.
    Penso que para aumentar a absorción por parte do mar do Co2 debreíase incrementar o número de algas, a pesares de estar sufrindo os problemas do cambio climático, non todas se ven afectadas, xa que por exemplo as algas que se atopan no mar vermello, a pesra dos efectos do cambio climático, non han reducido a súa poboación, enm comparación cas demais especies.
    🙂

  23. vanesa.aso.1a di:

    Penso que é unha voa idea xa que o translado axudaria a unha mellora de vida pero co tempo irian cambiando xa que ao cambialas de ambito terian que acostumbrarse a un novo clima e irian evolucianando co tempo para adaptarse mellor e a especie xa non seria a mesma.

  24. victor di:

    Pensade que se tendes un peixe ou un paxaro exóticos na vosa casa, non sería boa idea ceibalo nos nosos ecosistemas; por que?
    Como credes que deberían ser os lugares a onde se trasladaran as especies de outros ecosistemas?

  25. maria.aso.1b di:

    A min pareceme que as especies non deben cambiar moito dun ecosistema a outero(dun moi cálido a un moi frio ou o revés) considero que deben cambiar a ecosistemas que teñan unhas caracteristcas parecidas as que tiñan no outro xa que un cambio radical pode incluso se non se acostuman a que morran esas especies e que se extingan.

  26. sabela.aso.1a di:

    Estou dacordo con María, un cambio radical podería afectar dunha forma negativa a esas especies.
    Respondendo a pregunta de Victor, o peixe ou calquera outro animal de compañía estaría acostumbrado a vivir sen preocupacions (quero decir, alimentámolo nos e proporcionámoslle un lugar segur para vivir), e se os soltáramos non estarían preparados para sobrevivir.

  27. victor di:

    Sabela, están preparados para vivir nos nosos ecosistemas. Aos peixes e tartarugas do estanque do instituto no se lle bota nada de comer e do mesmo xeito que sobreviven aí, tamén poderían vivir se os ceibáramos. O problema sería o impacto que terían sobre os nosos ecosistemas.