Megarrañaceos

 

O dos “megarrañaceos” é un proxecto dun equipo de arquitectos para facer unha cidade vertical en Xapón. Nun futuro, as cidades nas que viviríamos sería unha especie de megacomunidade, con xardíns, traballos, grandes almacéns, canchas de baloncesto, pistas de tenis, piscinas… todo nun edificio de 1000 metros de altura que produciría a súa propia enerxía.

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías, Ordenación do territorio e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Megarrañaceos

  1. maria.aso.1b di:

    Esta noticia gustoume moito aínda o único inconvinte que lle vexo é o da luz solar e a chuvia.A sú ventaxe é moi boa xa que así as cidades ocuparian menos espacio o ancho e máis o alto.

  2. ruben.aso.1a di:

    A maior desventaxa que ten e que seria unha contaminación visual incrible, porque na zona onde se encontrase destacaría e moito, haberia que informarse de que forma produce esa enerxía pois se é unha enerxía limpa eu consideroo un gran avance no sentido de protexer o medio hambiente ( ainda que unha estructura asi destragaría toda a natureza que houbera ao seu redor.

  3. victor di:

    María, o da luz non debe ser un inconveniente xa que crecer cara arriba supón menos obstáculos e polo tanto máis luz ( o da chuvia non o entendo).
    Non comparto a idea de contaminación visual de Rubén, pois nas cidades hai edificios e a estética de moitas torres non é unha inconveniencia senón verdadeiras obras de arte.
    Polo demais, cales vos semellan os maiores inconvenientes para construír este tipo de edificios?
    Teñen algún tipo de ventaxes?

  4. ramon.aso.1b di:

    Aparte de non estar de acordo con Rubén no da contaminación visual, a igual ca Víctor, tampouco estou de acordo en que unha estructura deste estilo estragaría toda a natureza do seu arredor… Se te das conta estraga moitísimo máis se todo ese edificio se construíse a modo de cidade normal, como as actuais e non vertical. Facéndoas cara o ceo o que estamos a evitar e unha expansión no terreo e así danando moito menos o solo.

  5. gema.aso.1b di:

    Eu penso que tería moitas máis ventaxes que inconvintes.A opinión de María ata certo punto entendoa porque estamos acostumados a ver as plantas e as árbores ó aire libre con luz solar e auga sen nada que as cubra e este proxecto é algo moi moderno e a ter en conta baixo o meu punto de vista nun futuro próximo en moitas máis cidades que en Tokio.Que pasaría en caso de Incendio ? sería doado evacuar a todos os inquilinos? Se un día se vai a luz,como fará todo o sistema de ascensores,e enerxía para funcionar correctamente?(porque creo que levaría máis tempo volver á normalidade que en un edificio convencional) quizÁis para min eses dous puntos sexan as situación máis “perigosas” e inconvintes para construir edificios con este deseño.A mín a imaxe visual que dan encántame,igual que a estructura rotatoria que vimos o outro dia na clase!

  6. marina.aso.1a di:

    Eu creo que a gran vantaxe que ten á a propia estrutura do eduficio.Pois estanse a talar moreas de arbores e a detrozar incluso montes enteiros para poder edificar e que as cidades poidan seguir a medrar e o poder facer varias infraestruturas nun so edificio aforrariase moito espzo polo que se diminuiria a tala e favoreceria a natureza

  7. noeliap.aso.1b di:

    A min pareceme un bo proxecto tendo en conta o que nos presentou perfectamente Ramón na clase dende o material co que se construiría ata as aplicación que habería dentro de cada módulo. A min persoalmente gustaríame ver este proxecto feito realidade. Claro que tería os seus inconvintes igual que todo pero habería que encontrar a mellor maneira de resolvelos.

  8. ivanz.aso.1a di:

    A noticia é verdadeiramente interesante. Non escoitara falar disto ata agora pero vendo este post que fixo Ramón este proxecto pareceme bastante económico dende o punto de vista de que se aforraría bastante enerxía e ademáis de que se construiría unha cidade que ocuparía un espazo enormemente reducido. Iso si, non sei nada dos inconvintes que podería ter, pero seguro que comparandoos coas vantaxes serian escasos.

  9. ero.aso.1b di:

    Un pouco complicado isto non, pero non ai que cerrarse ó futuro. Teño que decir que me parece un proxecto moi ambicioso e que pode funcionar sempre e cando estea minuciosamente planificado. Ainda que eu onde mellor estou e nunha casa cunha hotiña pequena e uns viñedos tamen me gustaria probar algo asi. Justame-es

  10. sara.aso.1a di:

    Supoño que este proxecto será moi positivo, xa que en extensión sí que se aforraría, polo demais aínda que creo que sí haberá algún inconvinte agora non lle vexo ningún.

  11. karina.aso.1a di:

    Esta noticia e verdadeiramente increíble, a verdade quedin moi sorprendida do que acabo de ler e as imaxes son espectaculares, imaxinadesvos vivindo nun lugar así? O que máis me chamou a atención foi o tren que habería para comunicar os distintos lugares… e todo iso nun edificio, hai que ver no que pensan estes de Xapón.

  12. fatima.aso.1b di:

    A verdade pareceme moi interesante este proxecto e creo que se debería plantexar en mais paises,sería unha cidade donde teríamos centros,tendas asta o noso traballo e non gastaríamos tanto en desplazamento,sería unha gran vantaxe.

  13. belen.aso.1a di:

    Eu tampouco escoitara nada deste proxecto pero sinceramente penso que a contaminación visual sería extremadamente alta. Non sería demasiado alto o prezo por vivir neste tipo de edificios?

  14. sara.aso.1a di:

    Xa pero isto sería un gran impacto para o medio ambiente, xa que habería moito que construir e para que todos estes edificios se manteñan en pé, xa que son moi grandes farían falta moitas excavacións.

  15. maria.aso.1b di:

    Explícome, en canto a auga eu creo que non sería un espazo natural xa que se tería que regar e non sería directamente do ceo como nunha horta.

  16. andrea.aso.1a di:

    A min sinceramente paréceme incrible é como unha pequena cidade hai de todo. este tipo de construccións fan posible que en “pouco” espazo haxa miles de vivendas. o aspecto da luz é moi importante xa que non terá edificios que o tapen e encanto a que o edificio producirá a súa propia enerxía fai que este proxecto sexa máis atractivo xa que será económico.

  17. lara.aso.1a di:

    Os maiores inconvenientes supoño que serán a obtención de materiais con propiedades óptimas para a construcción e o modo de construílo debido á súa inmensa altura.
    Sería un sistema punteiro no sentido de que ocuparía moito menos espazo, e eu tamén estou de acordo con Rubén, para min é un impacto visual. Unha obra de arte é única; polo que, un edificio destes sería unha obra de arte. Unha cidade enteira así non.

  18. borja.aso.1a di:

    Esta idea pareceme impresionante. É unha gran idea para aforrar espazo e no estou de acordo co do impacto visual. O problema é o dos materiais xa que a parte de ser moi resistentes terán que aguantar moitísimo peso.

  19. uxia.aso.1b di:

    Para min o máis preocupante sería o problema dos incendios que plantexou Gema. A parte de evacuar a tódolos habitantes da cidade encontrámonos co problema de como parar o lume, pois nunha cidade convencional estenderíase pouco a pouco e en certa medida póderíase controlar a zona pero nunha coma esta o lume ascendería rapidamente queimando todo.

  20. victor di:

    Existen varios modelos de cidades; un consiste no crecemento horizontal con edificios baixos e escasas zonas verdes. Outro consistiría no modelo aquí proposto de creemento vertical con máis zonas verdes enter as construccións ou incluso dentro delas.
    Por cal dos dous modelos vos decidiriades e por que?

  21. noeliap.aso.1b di:

    Eu decidiriame polo vertical porque ocupa menos terreo que o horizontal e podes moverte polo edificio sen problemas e rapidamente. Ademáis parece moi realista coas zonas verdes,parques,piscinas ou incluso a liña de tren. Eso sí a min gustaríame vivir no módulo máis baixo posible.

  22. pablo.aso.1b di:

    O unico problema do crecemento vertical, é a sensación que xera de oscuridade cando estes se agrupan aos dous lados dunha calle, polo menos a min é unha sensación que non me gusta, aínda que dea máis sensación de cidade. Pero apostaría de todas maneiras por unha mezcla entre crecemento horizontal e vertical, permitindo así zonas verdes que poderían estar correctamente distribuidas para satisfacer a todos os cidadáns.
    E por suposto, outro factor que influe no bo funcionamente dunha cidade, e a disposición das ruas, que se mal non recordo haber estudado en Sociais, existian 3 tipos de distribución.

  23. juanluis.aso.1a di:

    Xa vira este proxecto na televisión fai tempo e a verdade é que me impactou polo tamaño da estructura e pola innovación tecnolóxica que este supón. É un verdadeiro reto de enxeñería porque as grandes dimensións que este supón son un gran problema. Se non recordo mal toda a enerxía que precisaba esta “cidade” produciaa ela mesma sobre todo gracias a paneis solares. Outro dos datos que me impresionou foi que tería un metro propio.

  24. ramon.aso.1b di:

    Pero tendo en conta o proxecto desta edificación non farían falta rúas. Xa que cada módulo estaría unido por un xardín (zona verde) ou polo tren do que se falou antes… eu o único inconvinte que lle vexo sería como moito o cambio das temperaturas de abaixo a un kilómetro cara arriba e a pobre xente que poida padecer vertigo…

  25. yolanda.aso.1b di:

    Estou dacordo con Ramón, porque a xente que teña vertigo pois este proxecto supondra un gran problema pa ditas persoas.
    Penso que ese proxecto e moi interesante porque estariamos aprobeitando mais o espazo en vez de desaprobeitalo como se fai en estos momentos.As cidades que temos hoxe en dia estan esparcidas,e en este proxecto o que se pretende e evitar que as cidades estean esparcidas, construindoas en vertical unhas encima das outras.

  26. ivanz.aso.1a di:

    Eu penso que o vertigo non sería un inconvinte xa que como se pode observar na diapositiva número 4 non hai ningún sitio no que se poida mirar hacia abaixo.

  27. ramon.aso.1b di:

    E as fiestras de cada módulo, Iván? Cada módulo deste inmenso edificio e como si fose outro edificio… unha enorme comunidade de veciños. Imaxina a túa casa xunto con 500 casas máis, esa é a idea do megarrañaceos.

  28. carolina.aso.1b di:

    Esta e unha idea innovadora moi boa pero creo que esto debe de supoñer unha gran cantidade de diñeiro e como non de tempo, pese a todo isto non quita que sexa un bo plan.

  29. maria.aso.1b di:

    Creo que este megarrañaceos é unha boa forma de non malgastar tanto terreo o ancho, e que con isto as cidades poderian crecer moito máis.
    O material é odbio que vai ser caro, pero cas melloras que se conseguerian con este proxecto non habería ningún problema de recuperar todo o perdidpo ademáis teriamos máis espazo nos solos e non espallariamos tanto as cidades o largo.

  30. maria.aso.1b di:

    Con todo isto

  31. maria.aso.1b di:

    con todo isto quero decir que estaria de acordo con que se construesen máis edificios destes e que paréceme moi util xa que estamos a malgastar moito terreo.