Pánico nuclear


O pasado mes, na central nuclear de Garoña-en Burgos- producíronse unha explosión e un incendio, xustamente cando volvían a arrancar a fábrica despois de facer un parón de funcionamento, no mes de marzo, tamén debido a problemas de seguridade.

Ademais, a finais do mesmo mes, producíronse dous accidentes máis na central, o que propiciu dúas novas paradas non programadas, por fallos nas válvulas de seguridade e no xerador principal e unha explosión dun transofrmador eléctrico. Tres accidentes en menos dun mes deixan á luz grandes lagoas en canto á seguridade das centrais nucleares e pon en tela de xuízo unha vez máis un dos grandes “handicaps” da enerxía nuclear: a falta de seguridade.

Tamén cabe destacar que se non chega a ser pola difusión destes sucesos por parte de Greanpeace e Ecoloxistas en Acción, non houberan saído á luz, xa que Nuclenor (propietaria de Garoña) pretendía agochar os graves problemas que están a ter ca central (concretamente un mal funcionamento das válvulas de alivio/seguridade da central nuclear), problemas que veñen de lonxe, xa que propiciaron o seu parón, e que semellan non ser quen de resolvelos satisfactoriamente.

A enerxía nuclear é aquela que se libera como resultado dunha reacción nuclear. Pódese obter polo proceso de fisión nuclear ou ben por fusión nuclear. Os primeiros avances na obtención e transformación desta clase de enerxía datan dos anos 1930-1945, cando se obtivo en forma artificial e controlada esta forma de enerxía, para a construción da primeira bomba atómica. Desde entón realizáronse adiantos e investigacións neste campo para a súa aplicación para o beneficio da humanidade. Ademais, é unha alternativa á enerxía fósil, tan explotada nos tempos que corren.


Credes que a enerxía nuclear é unha boa alternativa ou polo contario pensades que aínda non é o suficientemente segura para traballar con ela?

Esta entrada foi publicada en Física de partículas, Recursos naturais, Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Pánico nuclear

  1. lara.aso.1a di:

    Non estou a favor do uso das enerxías nucleares, non creo que sexa a solución para abastecer enerxía e non ter que depender tanto dos combustibles fósiles. Os grandes problemas das enerxías nucleares a parte dos óxidos que desprenden á amosfera, é a forma de almacenamiento dos residuos radiactivos, altamente contaminantes.
    E non, aínda non é o suficientemente segura, porque pese a que as probabilidades de catástrofe non sexan moi altas, cando ocurren, deixan a pegada da catástrofe durante moito tempo.

  2. rodrigo.aso.1a di:

    Pois a verdade e que non sabía nada sobre este feito. Moi boa a entrada Roi.
    Penso que a enerxía nuclear sabemos controlala, pero non a dominamos aínda de todo. Explícome: os científicos que traballan con esta enerxía, saben que pode ocorrer, como pode ocorrer, para que serve esta enerxía….pero como se pode reutilizar ou simplemente transformar para que non contamine?
    Son preguntas que a única solución que lle ven é tirando os barriles ó fondo do océano (creo que o seguen a facer hoxe en día) ou enterrándoa.

  3. victor di:

    Rodrigo di: non sabía nada sobre o feito. E como el, moita xente non foi coñecedora deste acontecemento.
    Un dos grandes problemas das nucleares é que A contaminación non é doada de detectar e o resultado desta contaminación sobre os seres vivos maniféstase a medio e longo prazo. Pero este non é o único argumento en contra delas.

    Existen cemiterios nucleares en España?, está previsto crealos nalgún sitio?, que tipos de residuos se almacenan nestes lugares?

    NOTA: O LUNS PÉCHASE O FORO

  4. vanesa.aso.1a di:

    Na miñA opinión canta menos enerxia nuclear se utilice mellor xa que é unha enerxia moi contaminante e ainda que haxa fosas de enerxia esas non se podran volver a utilizar para outra cousa e quen sabe si nun futuro iso non nos vai a traer moitos problemas e inconvintes.

  5. maria.aso.1b di:

    España leva anos planexando construir unha instalación que albergue os residuos de actividad elevada durante 60 anos. As centrales nucleares existentes xa non teñen espacio para almacenar moito máis das 6.700 toneladas de uranio e plutonio que acumulan en piscinas ao borde da saturación. Na actualidade hai un cementerio nuclear de residuos de baixa e media actividade no Cabril, cerca de Córdoba.

  6. gema.aso.1b di:

    Está previsto crear unha centrar no noroeste peninsular.Castela e León ofrécese para albergar estes residuos nucleares,sempre en contra de institucións coma “Greenpeace” e “Los verdes de Castilla y León”.

    Residuos de alta actividade.- Son os que emiten altas dosis de radiación. Están formados, fundamentalmente, polos restos que quedan das varillas do uranio que se usa como combustible nas centrais nucleares e outras substancias que están no reactor e por residuos da fabricación de armas atómicas. Tamén algunhas substancias que quedan no proceso minero de purificación do uranio son incluidas neste grupo.Nas varillas de combustible gastado dos reactores encuentranse substancias como o plutonio,o neptuno 237 e o plutonio 240.Entendese que o almacenamento deste tipo de residuos debe ser garantizado por decenas de miles de anos ata que a radiactividad baixe o suficiente como para que deixen de ser perigosos.

    Residuos de media ou baixa actividade.- Emiten cantidades pequenas de radiación. Están formados por ferramientas, roupa, pezas de reposto, lodos, etc. das centrais nucleares e da Universidad, hospitais, organismos de investigación, industrias, etc.

    O cementerio nuclear de Cabril,é o máis coñecido e o que conta con máis actividade agora mesmo en España.

  7. angel.aso.1a di:

    Un cemiterio nuclear é o termo co que se denomina aos lugares preparados para xestionar de forma definitiva os residuos radiactivos. Son deseñados subterráneos e en zonas que poidan asegurar que non sufrirán filtracións de auga.
    Aínda que en España non existe ningunha destas instalacións definitivas, existe una instalación preparada para recibir e almacenar residuos radiactivos de baixa e media actividade en El Cabril (provincia de Córdoba), cunha capacidade de 50.000 m3.

    Os residuos de media e baixa actividade proceden da minería, do ciclo de combustible e da irradiación de substancias en instalacións nucleares e radiactivas. Son menos perigosos cos residuos de alta actividade, pero moito máis voluminosos.

  8. ramon.aso.1b di:

    O Cabril está funcionando xa, en Córdoba como ben di Ángel. A principio deste anos tería sobre uns 16.279 metros cúbicos de lixo xa… que sería o 28% da súa capacidade e como di Ángel tamén, recibe residuos radioactivos de baixa e media actividade. Ao Cabril todos os días chega un camión procedente de algún dos nove reactores nucleares españois (producen o 33% da electricidade deste país). E cada semana chegan tamén dúas camionetas cargadas con material contaminado duns 600 hospitais e centros de investigación. En total acabase por sumar 2000 toneladas anuais. E por exemplo Rusia acepta gardar e recibir residuos radioactivos doutros países debido a súa inmensa expansión desértica.

  9. josemaria.aso.1a di:

    Tamen temos que falar sobre os residuos nucleares soterrados na fosas atlántica (mais de 140.000 toneladas) que case non estan controlados .

    Estos vertidos ocorreron na decada dos 80 , e agora xa non se permiten estes vertidos no mar

    O gran problema e que os bidons levan sufrindo a corrosion do mar e a presion deste durante case 30 anos e a saber como e o seu estado

    Esta fosa na miña opinion pode convertirse nun verdadeiro problema , moito peor co Prestixe e ademais esta sen control, temos que conciernos xa

  10. uxia.aso.1b di:

    Como xa dixeron os meus compañeiros o único cemiterio de residuos nucleares español encóntrase na serranía cordobesa de Hornachuelos. Acércase xa a metade da súa capacidade e quédalle unha vida útil duns quince anos (ata 2018). O cemiterio de media e baixa actividade do Cabril recibeu durante 2002 casi 2.000 metros cúbicos de residuos, co que xa encheu 12 das súas 28 celdas de almacenamento baixo terra.

  11. victor.aso.1a di:

    Eu penso que os problemas da central de Garoña foron debidos á súa antigüidade (é a central máis vella de España), hoxe en día as centrais actuais son moito máis seguras e teñen mellores sistemas de seguridade para calqueira imprevisto. Habría que facer un recoñecemento da central e actualizar os sistemas de seguridade.

    O caso dos residuos si que é un problema, aínda non se sabe dun sistema que non dañe ó medio ambiente.

  12. victor di:

    É certo o que di Jose sobre os residuos nucleares da Fosa Atlántica (pero non están soterrados.
    Contade algo desa historia.

    NOTA: O LUNS PÉCHASE O FORO

  13. nuria.aso.1a di:

    Según me estiven informando,os residuos nucleares, deposítanse nunha especie de contedores, e que unha vez no fondo do mar, non se poden recuperar xa que están sometidos a grandes presións, o que impide que en caso de accidentes poidan ser sacados ó exterior.

  14. melania.aso.1a di:

    Pode ser que 27 anos atrás o buque Scheldeborg lanzou bidóns que contiñan residuos nucleares a fosa Atlántica, malia a intervención dos pesqueiros Arousa I e Pleamar. A pesar deste periodo longo de tempo, estes residuos séguense desintegrando pouco a pouco. Según algúns isto non debe preocuparnos porque non existe ningún informe de datos preocupantes acerca destes residuos depositados na fosa Atlántica. Dende 1993 quedou prohibido calquera tipo de vertido radiactivo. Esta zona é un lugar de grande acumulación destes residuos. Este tipo de catástrofes é algo que perdura o longo do tempo, non se sabe hasta que momento prevalecerán estes residuos radioactivos.

  15. ramon.aso.1b di:

    Para añadir algo á contestación de Melania, estes residuos non gozan de ningún tipo de revisión polo tanto non se sabe durante canto tempo seguirán aí. Na fosa atlántica atópanse máis de 140.000 toneladas de lixo radioactivo, según algúns din que a radioactividade desta zona se acerca a un millón de curios.
    Tamén din que non se detectaron aínda anomalías de carácter radiolóxico nas costas galegas… por agora…

  16. ruben.aso.1a di:

    Pero en teoria os vertidos da fosa atlantica deberian estar hai indefinidamente sen ningún tipo de fugas xa que a presións tan altas non deberia haber problemas, se nesas zonas encontrouse radioactividade significa que firexon mal os calculos e que ese metodo non funciona

  17. pablo.aso.1b di:

    Pois eu creo que os bidóns deben de estar desfacendose pouco a pouco pola corrosión, e o problema e que ninguén os a revisar. Eso sí, non hai ningun informe que nos indique algún dato preocupante sobre eses residuos. Por que non se fai nignun control sobre esa zona? A radioactividade concentrada nesa zona é moi grande como para dicir que “fixeron mal os calculos e que o metodo non funciona”

  18. beatriz.aso.1a di:

    Eu creo que se deberia facer unha revisión de esa fosa xa, porque como di Pablo eses bidóns estanse a desfacer.E como consecuencia as correntes mariñas esparceran esa materia por todo o atlantico.Iso sera moi perxudicial para todos os animais mariños e a poboación costeira.

  19. sara.aso.1a di:

    Pois Bea ten moita razón se se sabe que se están a desfacer ese bidóns e que estes van perxudicar o medio mariño o melllor é que comecen xa a revisar e buscar algunha solución.

  20. roi.aso.1b di:

    Parece que case todos estamos en contra da enerxía nuclear polo seu alto grao de risco pero, pensaríamos o mesmo se o petróleo estivese esgotado? Que imos facer entón?

  21. fatima.aso.1b di:

    Tou dacordo con Bea e Sara dberia optar por algunha solución para desfacerse dos bidons,porque son un problema.

  22. victor di:

    Respondede a Roi: que imos ou que debemos facer?

  23. maria.aso.1b di:

    Eu creo que sí, podemos buscar outras enerxias que foran menos perxudiciais como as renobables, tanto como a enerxia solar ou a hidraúlica ou a eólica.

  24. gema.aso.1b di:

    Recurrir a outras enerxías,facer un riguroso control das centrais,renovar as estructuras internas e externas(porque poden producir contaminacións,que É o caso do video)sancionar ás centrais se non cumplen ás regras,…pequenas medidas que poden acabar cun GRAN problema.

  25. ivanz.aso.1a di:

    Eu penso que se estes problemas están ocorrendo hoxe en día co desenvolvidos que estamos, non deberiamos arriesgarnos e o que se deberia facer sería buscar outras enerxías que fosen seguras ao 100% e que non contaminasen bruscamente ao medioambiente. Deixar este tipo de enerxias perigosas como a nuclear seria o máis razoable.

  26. ero.aso.1b di:

    O outro día en Tele Barbanza estaban emitindo documental destes que non debe ter dereitos de autor o que caducaron sobre a contaminación en América en concreto e no resto do mundo en xeral, e chamoume a atención como investigadores estadounidenses e de demais paises americanos, sacaban un liquido a partir de raices de xuncos do que fora o un vertedeiro no seu dia, e o mesturalas nunha cantidade dun 30-40 % de gasoil ou gasolina funcionaban como cobustible de forma similar a gasolina e gasoil puro. Non estou moi seguro da porcentaxe, pero isto era así. E tamén teño coñecemento dun suceso que nos contou Don Manuel, o profesor de sociais, de que el vira un home nunha reportaxe da TVG que facía encender a vespino con un concentrado feito a partir do toxo. Pero estas innovacións nunca sairon a luz grazas os fakires do petroleo, ou komo keiran chamarlle que compran a patente por uns cartiños de nada e despois agochana. Por certo non me gusta nada a enerxia nuclear.

  27. sara.aso.1a di:

    Eu penso igual que Iván, se hoxe en día temos a suficiente información coma para saber que son perigosas e que están perxudicando o medio ambiente o mellor é buscar outras e deixar as que xa se sabe que son malas.

  28. sabela.aso.1a di:

    Eu creo que deberíamos invertir tamén en investigar outro tipo de enerxías e o modo de que foran rentables.
    Estou dacordo con Gema, creo que se debería facer un riguroso control das centrais…

  29. victor di:

    Ero fala dos biocombustibles, e o toxo é un vexetal que, como moitos outros, pode utilizarse para obter este tipo de compostos.
    Recordade que as plantacións de vexetais para obter deles biocombustibles, foron as causantes da subida de prezos de moitos productos alimenticios xa que encareceuse o gran para productos como o pan ou as tortas e tamén a carne (aclarade ben esta cuestión).

  30. pablo.aso.1b di:

    O problema dos cultivos destinados a biocombustibles e que países como Estados Unidos están a crear unha compentecia entre crear cultivos destinados a alimentos, e outros destinados exclusivamente a biocombustibles, co considerable aumento de precios que isto conleva.
    Por outra banda, ante a forte demanda, estase a investigar sobre a posibilidade de producir novos cultivos en zonas aridas de Asia e Africa Subsahariana, tratando de conectar e estes campesiños coa industria e co mercado.

  31. pablo.aso.1b di:

    Estes días comentouse moito na televisión e na prensa sobre esta central e o seu posible peche definitivo. A responsabilidade da revisión da central efectuouse a través do Centro de Seguridade Nuclear, o cal decidiu que Garoña pode seguir en funcionamento 10 anos máis, cumprindo unha serie de reformas sobre seguridade. O problema desta central está a crear unha grande polemica sobre o seu peche, xa que a central cumprirá en 2011 corenta anos. Moitos defenden a continuidade da central debido a crise que estamos a vivir.