Cambio Climático…; bo para Galicia?

imagen

Pois si, segundo un estudio realizado pola Fundación Empresa e Clima e un traballo realizado pola Universidade de Vigo, chegouse  a conclusión de que co cambio climático o mellor lugar de toda España para o turismo, dentro duns anos, será  sen dúbida Galicia.

 Este feito ten que ver cos futuros cambios ocasionados polo “cambio climático” que melloraría as condicións meteorolóxicas e a prolongación da tempada estival, con menos chuvias e mellores temperaturas.

Este feito podería ser positivo para economía galega xa que o turismo aumentaría considerablemente e que, ata o de agora, moitos turistas rexeitaban  Galiza como lugar turístico pola mala climatoloxía e, sobre todo, pola temperatura da auga.

Este novo escenario plantéxase para o período 2011-2040, debido ao aumento de 2ºC e un descenso das precipitacións anuais do 10%. Estes datos parecen moi positivos para Galiza, pero se aquí o tempo mellora, no resto de España será todo o contrario, non?, son realmente bos e positivos os datos publicados pola Voz de Galicia?, que consecuencias pode ter o cambio climático para o noso campo e para a nosa pesca?, realmente podemos ver o cambio climático como algo positivo?


Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to Cambio Climático…; bo para Galicia?

  1. borja.aso.1a di:

    Vendoo dende o lado do turismo é bo por que como di no post Galicia convertirase nun lugar ideal donde pasar unhas vacacións, pero este cambio non creo que sexa bo para a agricultura, pesca e outras actividades que xogan tamén un papel importante na economía galega.

  2. noeliap.aso.1b di:

    Pois eu creo que nin para a Galicia a que estamos acostumados nin ningún outro lugar como este o cambio climático sería positivo.
    O primer aspecto na actividade agrogandeira xa que as temperaturas elevaríanse,aumentarían os fenómenos meteorolóxicos extremos como as tormentas,inundacións etc e isto arruinaría os pastos e habería que recurrir a mercar cereais polo que o coste económico dos gandeiros sería moi elevado. De aí que este sector empece a apostar por unha agricultura sostible e ecolóxica.
    En segundo lugar o mar medio do que vive moitísima xente.Os datos prevén unha disminución na producción de polvo ou ameixa babosa entre outras especies polo que o seu prezo se vería realmente incrementado. Calouse unha diminución do 13% na producción pesqueira en xeral nos últimos 40 anos debido o aumento da temperatura da auga,ateracións no afloramento etc.
    Se o cambio climático avanza na nosa comunidade habería que empezar a plantexar un cambio serio e negativo na poboación.

  3. josemaria.aso.1a di:

    Outro dos inconvintes do cambio climatico é que aumentara a posibilidades de incendios .

    Ademais un dos principais sectores de Galicia o mar (xa citado antes por noelia) verase moi afectado ( xa nestes momentos) co aumento de mareas vermellas co que afectara entre outras a produccion de mexillon

  4. vanesa.aso.1a di:

    Estes cambios climanticos en xeral son teñen malas consecuencias para todo.
    unha das cousas e a gran sequia que se sofre nos verans que ao non chover esta todo seco iso provoca os incendios que calcinan todos os montes e cando chegan as chuvias toda a cinza baixa dos montes cara o mar afectando as costas,todo este proceso e continuo todo son consecuencias.

  5. ivan.aso.1a di:

    O cambio climatica nunca seria bo para Galicia porque os cambios citados na entrada farian que todos os ecosistemas do mar cambien, e eso vai afectar os pescadores, un dos sectores primarios de Galicia. Esto o que favoreceria seria a empresarios que se aproveitarian para facer un novo marina d’or

  6. lara.aso.1a di:

    Eu non penso que sexa bo para galicia nin para ningún sitio.
    No de que atrerá maior turismo polo aumento das temperaturas, xa que aquñi non temos o clima preferido polos veraneantes. pero o que sí temos é unha costa envidiable, tanto a nivel paisaxístico como gastronómico, e istos ámbitos coa subida das temperaturas veranse moi afectados. Hai que ter en conta a subida do nivel do mar, que destruirá a costa actual e no interior de galicia o aumento das temperaturas en verán pode chegar a ser insoportable.

  7. melania.aso.1a di:

    Pode ser que sexa bo para o comercio..pero para todo o demáis¿?..para as persoas que cultivan productos na súa horta..será positivo un aumento das temperaturas e un descenso das precipitacións?…como ben di Iván para os empresarios sería unha posibilidade para recaudar diñeiro, pero todos os seres vivos que están adaptados a este clima igual non se adaptan tan ben a variación deste…Pero non deixa de ser interesante a noticia.

  8. ramon.aso.1b di:

    Se ocurre isto aparte do contento que estarían os hostaleiros, non sería un cambio negativo para os labregos e os mariñeiros? Non teríamos que cambiar parte de cultivos que non se afarían ao novo clima? E as especies mariñas tamén cambiarían de lugar… Polo tanto, favorecería por un lado e sería un inconvinte por outro, eu creo e penso que o cambio climático non é algo bo para nadie nin nada.

  9. sara.aso.1b di:

    O cambio como ben din,sería negativo para todos os que vivimos aquí,pero nos traballos sería moi bo para os hosteleiros,o comercio xa que o bo clima atrae ó turismo, mentres que para os cultivos do campo e mesmo os mariñeiros non os afectaría dunha forma positiva.Na miña opinión non sería algo bo que iso acontecese.

  10. pablo.aso.1b di:

    Pois eu considero o noso clima como axeitado e non o cambiaría por outro. Ademáis, acabariamonos por converternos no horrible modelo de turismo da costa mediterranea. Aparte, como ben dí Ramón creo que as consecuencias no campo e na pesca serían moi graves, e perderiamos moito neste sector no que por exemplo o marisco sería en menor cantidade e calidade. Por outra banda , perderiamos pouco a pouco a nosa cor verde tan característica (que é unha optativa ao turismo de moda) cambiando cara tonos deserticos, por non falar xa dos incendios.

  11. victor di:

    Ben, noraboa. Creo que o tendes claro. Sempre se pode reseñar un lado positivo das cousas pero no caso do cambio climático hai que ter claro que o resultado negativo non se pode agochar con cousas anecdoticamente positivas.
    O cambio climático pode ser unha catástrofe ecolóxica de non actuar rapidamente.

  12. emilio.aso.1a di:

    Bueno cambio para mellor non creo xa que nunca se debe alterar un medio e esta seria unha forma.
    Este aumento provocaria a destruccion nde moitas especies autoctonas e multitude de cambios na flora e fauna.
    Vale que seria moi fabuloso para o turismo pero non creo que teñamos que pagar ese alto prezo…

  13. andrea.aso.1a di:

    Paréceme que para nada é positivi é verdade que con mellor tempo máis turistas pero o resto que pasa con el, a pasca o campo etc. se vivimos ata o de agora con este clima e había turismo igual este clima é o que ten que seguir, Galicia non ten as condicións físicas do mediterraneo para que poda cambialo clima de esa maneira.

  14. juanluis.aso.1a di:

    Para min, entre as cousas boas que temos en Galicia é que temos unhas temperaturas non moi altas, en comparación con outras zonas de España. Que en 30 anos as temperaturas aumenten 2ºC creo que é algo bastante preocupante, ademais a reducción de precipitacións aumentaría o risco de incendios forestais; un dos problemas máis graves nos últimos anos na nosa comunidade. Non creo que a nadie se lle pase pola cabeza que o cambio climático poida ter consecuencias boas para nadie…

  15. victor di:

    É importante que non se vexa o cambio climático como algo que non fose tan malo ou que incluso fose positivo. De non parar a tendencia pode ser catastrófico para a poboación mundial e para moitas especies coas que compartimos planeta.

  16. noeliag.aso.1b di:

    Eu non penso que sea positivo nin para Galicia ,nin para ningun outro lugar, porque ainda que aumente o bo tempo e con el os turistas, as colleitas votaríanse a perder porque non estam feitas para terreos calidos sinon humidos ea pesca tampouco sería igual polo que ainda que supostamente meiora a economía por un lado empeoraría polo outro cousa que sería ainda peor.

  17. antia.aso.1a di:

    Baixo o meu punto de vista nin sequera ten un punto positivo para o turismo, xa que o turismo existe en Galicia porque ofrece cousas que non hai no resto de España, veñen buscando un espazo natural onde a man do home non chega a tales extremos coma os do mediterraneo, veñen buscando calma para relaxarse e buscan tamén unha temperatura agradable non torrarse coma camarons, o aumento da temperatura faría de Galicia unha segunda costa mediterranea, está claro que non virian a Galicia xa que na propia costa mediterranea e non unha imitación.

  18. gema.aso.1b di:

    Que faga temperaturas agradables,e certo calor para ir a praia en Galicia coas paraxes naturais que temos é algo que os turistas aprecian moito,é lóxico que nas vacacións de vran prefiras ir a un lugar no que fai calor,pero Galicia é un lugar que pode presumir de atraer a grupos extensos de turistas sen que sexa o bo tempo á única razón principal,tamén buscan as casas rurais,monumentos históricos,fauna e flora específica,ó don de xentes que temos os galegos,a comida… moitos destes motivos acabarían por non axudar ó turismo se por exemplo o solo se volvera árido,os seres vivos desapareceran,…etc.Non temos nada que envidiar ás Cidades do Mediterráneo,rexidas por empresarios é proxectos artíficiais,quizais o mellor é isto que temos aquí,moi preto.

  19. maria.aso.1b di:

    Considero que o cambio climático hoxe en día é un problema que nos está afectando a todos e na miña opinión creo que o cambio de clima en Galicia sería negativo por unha parte xa que algún dos animais ou plantas que habitan aqui desaparecerian e algo positivo sería que podería haber outras plantas que se poderín crear aquí.

  20. victor di:

    A cantidade de CO2 na atmosfera é a causante, sobre todo, da elevación global das temperaturas.
    Varía de forma natural, o valor do CO2 atmosférico, ao longo do ano?

    NOTA: O LUNS PÉCHASE O FORO

  21. gema.aso.1b di:

    O CO2 xoga un importante papel no efecto invernadoiro: si a temperatura é alta, se favorece o seu intercambio cos océanos para formar carbonatos. Entón o efecto invernadoiro decae y a temperatura tamén. Si a temperatura é baixa,o CO2 acumulase porque no se favorece a sua extracción co que aumenta a temperatura.O CO2 atmosférico varia de forma natural ó longo do ano,por iso temos temperaturas tan cambiantes.

  22. ana.aso.1b di:

    O incremento anual de CO2 en la atmosfera é moi diferente dun ano pra outro Estas variacions dependen de moitos factores que afectan o desenvolvemento da vexetación e os procesos biolóxicos: anomalías na temperatura do chan, espesor e extensión da neve invernal, maior ou menor aridez durante a época vexetativa, etc.

  23. victor di:

    Referiame se ao longo dun ano, a cantidade de CO2 na atmósfera é diferente en inverno e no verán?

  24. nuria.aso.1a di:

    A cantidade de CO2 varía ó longo do ano xa que na estación na que se xera o crecemento vexetativo, as plantas absorven máis CO2,polo tanto os niveles baixan, e pola contra nas etapas de hibernación os niveles aumentan.

  25. victor di:

    Nuria, as explicacións deben ser entendibles para todo o mundo (…crecemento vexetativo… absorven máis CO2-por que?)

    NOTA: LUNS PÉCHASE O FORO

  26. sabela.aso.1a di:

    Respondendo a pregunta de Victor, a cantidade de CO2 na atmosfera si que varia durante o ano. Durante a primavera e o verán (nas latitudes medias e altas do hemisferio norte) a vexetación absorbe CO2 do aire; enton a cantidade deste na atmosfera baixa. Pero, sobretodo en inverno, a biomasa da Terra perde carbono e a cantidade de CO2 na atmosfera aumenta.

  27. karina.aso.1a di:

    Eu tamén opino que o cambio climático e so bo para algunhas cousas, porque así como aquí en Galicia se pode dicir que e donde suele chover máis tamén e donde a xente traballa máis do campo, da agricultura, da pesca… creo que desa maneira, para esa xente o cambio climático non lle vai facer ningunha graza…

  28. fatima.aso.1b di:

    Eu non creo que nos vai a mellorar.home ten ventaxes polos turistas pero aqui a parte do turismo tamne vivimos do campo e a agricultura e algo fundamental para nos e se nos afecta nas colleitas perdemos moito diñeiro porque perdemos case toda a producción

  29. belen.aso.1a di:

    Dende o meu punto de vista o cambio do clima en Galicia non é tan malo como a xente pensa xa que aumentaría o turismo e iso sería bo para os hostaleiros galegos e para a economía . Un inconvinte é o mediterráneo que seria a zona que mais cambio sufriría cunhas temperaturas extremadamente altas.

  30. patricia.aso.1b di:

    Dende o meu punto de vista, o cambio climático para Galicia sería beneficioso para os hosteleiros, porque, eso atrairía moitos máis turistas, pero con todo esto hai que ter en conta os outros sectores, como é o da agricultura ou o da pesca, que sería un pouco negativo, porque desminuiría a súa producción.