O Séquito do Sol

imagen

O Sistema Solar xurdíu dunha nube gasosa que se contraíu e orixinou, ademais do Sol, polo menos nove planetas cos  seus satélites e miles de planetas menores (asteroides), cometas e meteoritos. A maior parte das estrelas forman sistemas pares, triples e incluso máis complicados. O Sol, sen embargo, encontrase entre unha minoría de estrelas solitarias e se se prescinde dos seus planetas acompañantes isto podería significar que unha estrela solitaria, cun sistema planetario, ofrece maiores posibilidades para o desenvolvemento da vida. Cando hai dúas ou mais estrelas nun mesmo sistema, cada un dos planetas poderían ter órbitas inestables e soportar fortes variacións de temperatura.

O Sistema Solar ten a estructura propia dunha estrela que se formou illada. Cando o Sol arroxaba materiais cara afora, formáronse os planetas interiores (Mercurio, Venus, Terra, Marte) de natureza  rochosa, mentres  que os plenetas exteriores (Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno) retíñan os gases máis lixeiros e convertéronse en xigantes gasosos.

A masa de Xúpiter é dúas veces e media maior ca dos restantes planetas xuntos. Plutón, un pequeno corpo cunha órbita estraña, que a veces coincide coa de Neptuno, é considerado o noveno planeta, pero algúns astrónomos din que se trata dunha lúa escapada de Neptuno ou dunha gran estrela.


 

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to O Séquito do Sol

  1. lara.aso.1a di:

    Algúns científicos opinan que a Terra, pertencentre ao sistema solar actualmente, desviarase da súa órbita e precipitarase cara unha traxectoria rápida e en espiral. Non se pode saber con precisión no caso da Terra, pero sí con Mercurio e Marte, dise que é inevitable que eses dous planetas non sexan engulidos polo Sol xa que dende a súa formación ata os nosos días,o seu birllo aumentou un 40%.

  2. ramon.aso.1b di:

    Coma sempre os temas do espacio e universo fascinanme. E non son capaz de imaxinar a inmsensidade del, nin todo o que nel se creou ou se chegará a crear, isto é algo que me supera. Pero grazas a todo isto estamos nós aquí.

  3. victor di:

    Lara, non entendo ben o que dis sobre Mercurio e Marte, ou polo menos como o contas.
    Por certo, porque os planetas do Sistema Solar non chocan contra o Sol pero tampouco se escapan del?

  4. andrea.aso.1a di:

    A verdade é que da vertigo pensar o inmenso escenario donde nos movemos desde hai millóns de anos xirando en aparente soidade, o que me fai pensar que sendo, supostamente, os úncos canto espazo desaproveitado haberá no universo. Algo como este que parece tan complexo e que en realidade a súa matería orixinal foi o hidróxeno.

  5. ramon.aso.1b di:

    Os planetas están en orbitas arredor do sol estas órbitas están nun relatico equilibrio, se este equilibrio se ve truncado aumentarían as colisións e demais… Que non choquen contra o Sol débese á forza de atracción que fai o Sol sobre os planetas. Sen esta forza de atracción os planetas iríanse en linea recta ao infinito, ou sexa, por motivo da velocidade e da distancia e da forza de atracción do Sol os planetas non son engulidos por este nin escapan das súas órbitas.

  6. lara.aso.1a di:

    Confundínme , quería escribir Mercurio e Venus.
    O que quero dicir sobre estes dous planetas é que o choque contra o sol sería inevitable, pero o sol, ao incharse proxectará gran parte da súa masa e como consecuendia disto, o seu tirón gravitatorio diminuirá e a Terra ocuparáo posto de Marte, na fronterira entre ser tragado ou non.

  7. noeliap.aso.1b di:

    A min tamén me gustan moito os temas do universo porque logo de moita investigación continua sendo algo con numerosas icógnitas sin resolver e moi interesantes se tivesen solución.

    Decir que as órbitas dos planetas maiores encóntranse ordenadas a distancias do Sol crecentes de modo que a distancia de cada planeta é aproximadamente o doble.

    Como curiosidade decir que uns astrónomos descubriron un quinto planeta na órbita preto da estrela Cancri 55 a única ademáis do Sol que se coñece con tantos planetas según a NSF.

  8. maria.aso.1b di:

    Hai unhas leyes de kepler que explican o movemento destes planetas.
    Fixo tres leyes:

    Primeira Ley (1609): Todos os planetas se desplazan ao rededor do Sol describindo órbitas elípticas, estando o Sol situado nun dos focos.

    Segunda Ley (1609): O radio vector que une o planeta e o Sol barre áreas iguales en tempos iguales.

    Terceira Ley (1618): Para calquer planeta, o cadrado do seu período orbital (tempo que tarda en dar unha volta ao redor do Sol)é directamente proporcional o cubo da distancia media co Sol.

  9. victor di:

    Ben María, pero eu me pregunto que fai que un planeta non se precipite sobre o Sol e que tampouco se escape del?

  10. sara.aso.1b di:

    Calquera obxecto por razón da súa masa exerce unha forza atractiva a todos os obxectos cercanos,Esta forza chamase de gravitación ou de gravedad.
    O Sol ten unha forza maior ca da Terra.O que fai que a Terra non caía dentro do Sol é a forza centrípeta que se xenera porque a Terra está en orbita arredor do Sol.

  11. sabela.aso.1a di:

    Este tema paréceme realmente interesante… Na actualidade o Sistema Solar estúdiase mediante telescopios terrestres, observatorios e misións espaciales. Pero a exploración tripulada ao espacio só se limitou a misións en órbitas próximas a Terra.

  12. pablo.aso.1b di:

    Creo que o fenómeno da gravidade é a responsable de que os planetas nin se achegen nin escapen do sol. A gravidade entre dous obxectos próximos con masa, provoca que estes se atraian, pero conforme a distancia aumenta perde intensidade. Aparte, o Sol desprende moitas radiacións e enerxía que impide que nos acheguemos a el.

  13. noeliap.aso.1b di:

    Para que os planetas non se precipiten nin escapen do Sol mézclanse duas cousas: a gravidade e a velocidade. Isto é posible gracias ó equilibrio que existe entre a velocidade orbital do planeta e a forza de atracción entre o Sol e os planetas.Estes permanecen alí porque non hai outra forza que os poida parar e así mantéñense na súa órbita.
    Isaac Newton foi o descubridor desta teoría.

  14. ivan.aso.1a di:

    Como indica Yolanda no ultimo parrafo, Plutón esta xerando moitos problemas os astronomos que non saben como denominalos, ainda que nos ultimos cambios de nomenclatura acabouselle denominando planeta enano. Eu creo que e a nomenclatura exacta

  15. rodrigo.aso.1a di:

    Uhhh, un tema bastante interesante pero tremendamente inmenso que se escapa das posibilidades do ser humano ou calquera outro animal. Entón plutón segue sendo un planeta? E que non entendo moi ben. Como se lle puido quitar a categoría de “planeta” a Plutón e autorgarlle a categoría de “planeta enano”. Non é o mesmo pero máis pequecho?

  16. victor di:

    Plutón xa non se considera un planeta; que é un planeta entón?, e que é plutón?

  17. ramon.aso.1b di:

    Un planeta é un corpo celeste que orbita ao rededor do Sol e que ten suficiente masa para que a súa gravidade supere ás forzas do corpo ríxido, de maneira que asuma unha forma en equilibrio hidrostático (prácticamente esférico).
    Logo hai dúas clases de planetas: os terrestres (pequenos de superficie rochosa e sólida, e densidade alta) e os xovianos (grandes, gaseosos e de densidade baixa)
    En canto a Plutón é considerado planeta enano, por moitos anos considerado tan planeta coma o resto. Moitos astrónomos non están de acordo con chamalo planeta, outro si, polo que non está moi definido. Pero o que a isto respecta, Plutón está recoñecido coma un corpo máis no cinturón de Kuiper polo tanto hai descubertos corpos máis grandes neste cinturón e con isto a Plutón quitóuselle o rango de planeta.

  18. romina.aso.1a di:

    O Sistema Solar defínese en 3 categorías e Plutón pertence á segunda. Isto quere dicir que Plutón está considerado como un corpo celeste que está en órbita ó redor do Sol, que ten a suficiente masa para ter gravidade propia para superar as forzas ríxidas dun corpo de maneira que asuma unha forma equilibrada hidrostática, é dicir, redonda.

  19. noeliap.aso.1b di:

    No caso de Plutón había dúas opcións,unha era a de aumentar ata 12 o número de planetas do Sistema Solar logo do descubrimento de Ceres,Caronte e o corpo celeste 2003-UBS313 ou reducilos a 8 eliminando a Plutón xa que os anteriormente citados superábano en tamaño. Finalmente optouse pola opción b e Plutón foi considerado un planeta anano (corpo celeste en órbita arredor do Sol coa suficiente masa como para ter gravidade propia e superar forzas ríxidas doutros corpos)

  20. victor di:

    Como será a fin do noso Sistema Solar?

  21. sabela.aso.1a di:

    Considérase que Plutón é un planeta menor (ao igual que outros) porque a súa masa non é suficiente para poder atraer ou expulsar tódolos corpos que están ao seu redor.

  22. borja.aso.1a di:

    Respondendo a pregunta de victor dicir que existen varias teorias como a de que un buraco negro que se acoplase ó sistema solar, ou a de que

  23. borja.aso.1a di:

    se xeren explosións de raios gamma…ainda que son teorias pouco probables.
    Perdon por enviar dous comentarios pero dinlle sen querer a “enviar” no anterior.

  24. noeliap.aso.1b di:

    Dende o meu punto de vista será con outra explosión como a que supostamente o formou e de aí volverá a ser o que o azar queira.
    Entre os expertos circulan varias teorías entre as que máis destaca está na que o causante é o Sol debido a súa lenta pero progresiva aproximación ós planetas que rematara coa desaparición de todos eles.

  25. sergioa.aso.1a di:

    Os científicos supoñen que o noso sol antes de morrer medrará ata acadar un tamaño moitisimo máis grande que agora e a súa temperatura subirá ó triple que agora. Medrará tanto que engulirá a Mercurio, Venus e pode que tamén á Terra. Despóis o seu nucleo contrairase e explosionará formando unha supernova e deixando tras de si unha nebulosa ou un buraco negro. Os científicos supoñen iso porque compararon ó noso Sol con estrelas similares cas que comprobaron que co paso do tempo sucedía iso. Pero de aqui a que morra pasarán moitos millóns de anos.

  26. ramon.aso.1b di:

    Coa voz de Galicia viñan uns DVD que trataban todo o que tiña que ver co universo. E sobre este tema expoñían que o sol quentarase 10 mil veces máis do que quenta agora e aumentará o seu tamaño. Primeiro iría desfacendo toda vida (ou sexa nós) xa que a atmósfera iría desaparecendo pouco a pouco e iríamos morrendo todas as especies ata que o planeta Terra fose unha mole de rocha… logo enguliría planeta a planeta a planeta ata que se producira a explosión como nas demais estrelas do universo.

    Tamén se di que como este proceso dura millóns de anos, cando o sol aumente a terra extinguirase e neste proceso marte ganará auga… polo que se di que podería crearse vida e polo tanto algo parecido ao noso planeta.

  27. pablo.aso.1b di:

    Tamén é posible que o sistema solar finalize debido a explosión de raios gamma (que según algúns científicos provocaron a extinción masiva na terra fai 450 millóns de anos). Ou inclusive extraterrestres, dos cales a NASA esteriliza todos os aparellos empregados en misións espaciais para tratar de matar calquera potencia de vida extraterrestre.

  28. victor di:

    E os cometas, que é iso?, e a cola?

  29. sabela.aso.1a di:

    Respondendo a pregunta de Victor, os cometas son corpos celestes formados por rocas e xeo, que siguen órbitas elípticas ao redor do sol. Tamén forman parte do Sistema Solar. A unha distancia grande do sol “crean” unha atmósfera que envolve ao núcleo (coma), formada por gas e polvo. Cando se acerca ao sol xérase a cola…

  30. noeliag.aso.1b di:

    Os cometas son corpos celestes constituidos por xeo e rocas que orbitan o sol seguindo órbitas moi elípticas maioritariamente de gran excentricidade, o que produce o seu acercamento ao sol.
    A gran distancia desarrollan unha atmósfera que envolve ao núcleo, chamada coma e formada por gas e polvo. Conforme o cometa se acerca al Sol, o vento solar azota o coma e xenerase a cola formada por polvo e polo gas da coma ionizado.

  31. victor di:

    E a súa órbita coincide coa eclíptica?

  32. noeliag.aso.1b di:

    A diferencia dos demáis corpos do sistema solar os cometas presentan todo tipo de inclinacións con respecto a eclíptica, ata o punto de que se pensa que non hai ningunha inclinación privilexiada.

  33. sabela.aso.1a di:

    Normalmente os cometas describen tres tipos de órbitas:
    – Elípticas: os cometas que describen este tipo de órbita xiran ao redor do Sol periodicamente…
    – Hiperbólicas
    – Parabólicas: os cometas que teñen este tipo de órbitas non son periódicos; aparecen una soa vez, acércanse ao sol e vólvense alonxar (ao igual que os cometa con órbitas hiperbólicas)…