S.O.S. polos océanos


 

 Un grupo de 64 países ven de aprobar a primeira Declaración dos Océanos, comprometéndose a protexer o mar e instar á comunidade internacional a que tamén o faga. A declaración resalta a importancia de reducir a contaminación mariña e das zonas costeiras e aconsella aplicar estratexias de desenvolvemento sostible a nivel nacional e interrexional.

No próximo mes de decembro, en Copenhague, terá lugar a Conferencia da ONU sobre Cambio Climático que se considera un encontro chave para elaborar un protocolo que sustitúa ao de Kioto, que remata no 2012. A declaración final non será vinculante (única forma de acadar un consenso entre os países industrializados) aínda que buscará a cooperación internacional no ámbito mariño e recomendará aos países ricos que presten axuda técnica e económica aos menos desenvolvidos.

Millóns de persoas viven en zonas costeiras e dependen dos recursos mariños, pero os océanos corren risco por contaminación, sobrepesca e cambio climático. Cómpre  buscar solucións que freen os desxeo dos polos, a subida do nivel dos océanos (segundo a ONU será de 1 m no ano 2.100), a acidificación das augas e a extinción de especies mariñas.

imagen

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Recursos naturais, Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to S.O.S. polos océanos

  1. maria.aso.1b di:

    Paréceme que cando se faga esta reunión vai dar un cambio para mellor en moitos ámbitos.
    Como ben se dí no post a construcción de edificios o lado da costa fai que o mar sexa o primeiro afectado polos resudios.
    Considero que este tipo de reunións favorecen o mundo enteiro e que se teñen que falar de moitas cousas, aínda que o problema desto e que moitos países non estaran de acordo.

  2. melania.aso.1a di:

    O mar é un dos bens máis prezados dos que podemos gozar as persoas. Necesitamos proxetexelo hasta de nós mesmos que somos responsables da súa contaminación e do aumento do seu nivel debido ó cambio climático. Hai que ser consciente de que igual que nós vivimos na superficie terrestre, na mariña tamén habitan seres vivos que necesitan alimentarse,reproducirse e convivir con outros.Paréceme moi ben que os países se comprometan a protexelo, e espero que entre todos poidamos solucionalo.

  3. juanluis.aso.1a di:

    Pois xa ia sendo hora de que se fixera un tratado para conservar e protexer os océanos. O cambio climático, a contaminación e a explotación pesqueira descontrolada fanlle un fraco favor ós océanos. Temos que ir concienciándonos de que a auga é vida, e polo tanto temos que coidar o mar como un dos bens máis preciados que temos.

  4. ramon.aso.1b di:

    Esta noticia ten moito que ver cos habitantes de Cambados, xa que máis da metade vivien do mar. No meu caso máis das tres cuartas partes da miña familia viven del e queirse que non valorámolo moito. Hai que comezar a mentalizarse dun xeito xeral de que isto estase a acabar se non se fai algo de contado. A cooperación internacional é algo clave para levar a cabo un proceso de protección mariña tanto ao mar como aos que habitan nel.

    É demasiado importante para o planeta como para que se descoide. Se todos axudamos poderemos seguir disfrutando del.

  5. andrea.aso.1a di:

    Estou totalmente de acordo con Ramón, aquí en cambados moitisima xente vive del e mor iso temos a obriga de coidalo, ademáis non só é aquí senon que tamén outras xentes viven del e os que non viven del disfrutanno polo que é responsabilidade de todos concierciarnos en carbiar o noso comportamento e empezar a coidar o que de verdade nos fai falta. Cunha nova conciencia e coa cooperación internacional poderíase cambiar aínda que fose un pouco esta situación.

  6. josemaria.aso.1a di:

    Na miña opinion aparte de resaltar a importancia de reducir a contaminación mariña , tamen se deberia resaltar a caza indiscriminada e ilegal de algunhas especies como a balea.

  7. borja.aso.1a di:

    Eu tamén penso que o mar é un ben moi preciado que se debe protexer, xa que como di o post vese ameazado pola contaminación o cambio climático…
    Por iso me parece ben que se fagan ese tipo de conferencias como a da ONU pois todolos paises deben axudarse entre si para poñer solucións.

  8. angel.aso.1a di:

    O mar é un ben e un recurso do que, por exemplo Cambados, Galicia e outros moitos lugares e países do mundo, sae moito diñeiro para poder sustentar ás familias. É algo que hai que coidar e non contamintalo, porque somos nos, os humanos, os que o contaminamos con verquidos perigosos e tóxicos. O mar é un lugar que hai que protexer, xa que nel viven miles de especies que coma todo ser vivo teñen que alimentarse e reproducirse para que siga existindo biodiversidade. Moitos dos seres vivos que viven no mar proporcionannos unha cantidade de elementos neceseraios para o noso organismo, polo que se se contaminan eles contaminamos tamén o noso corpo. É moi importante que os países cooperen para que se poida protexer o mar, aínda que iso é algo do que nos deberiamos dar conta en todo momento.

  9. sabela.aso.1a di:

    Estou de acordo cos meus compañeiros; o mar é un ben moi preciado e moi importante. Diferentes partes do mundo viven gracias a él… con isto refírome a que aporta comida, diñeiro… turismo. Cada vez que tiramos algo contaminante ao mar… na miña opinión estamos a facernos daño a nos mesmos porque nos afecta de todas as maneiras.

  10. pablo.aso.1b di:

    Coincido cos meus compañeiros na importancia do mar na nosa zona, e do noso deber de non contaminalo para poder desfrutar dun ben impagable. Por iso, agora que chega o verán, as nosas praias enchense de turistas (outro sector importante aquí) que veñen pasar o seu tempo de lecer, manchando e enchendo de plasticos e demais basoira as nosas praias, que despois chega ao mar. Debido a isto, moitos animais morren debido a inxesta de plástico e outros materiais.

  11. victor.aso.1a di:

    A verdade é que algo así xa debería de facerse fai tempo. Os países temos que cooperar para limpiar os océanos, xa que é un ben común, e como ben se di na entrada, moitas persoas depende de el e dos seus recursos.

  12. roi.aso.1b di:

    Basoira*? Será basura ou lixo, vasoira é a escoba de toda a vida nom? jeje
    Eu tamén coincido en que o mar é un ben moi importante na nosa zona, pero ás veces parece que só importa na no sentido de que é un gran reclamo turístico, porque praias e costas coma as que temos aquí nom as hai en ningún sitio… e demáis, pero como ben di Pablo, o grande influxo de turismo ao que nos vemos sometidos cada vez máis (a ver este ano coa crise) tamén significa que o mar se encha de “basoira”, así que ás veces o turismo nom me parece unha cousa tan boa…

  13. victor di:

    Como vides opinando nesta entrada, o mar ten dous grandes problemas; por unha banda o “cambio climático” que implica desxeo, ascenso do nivel do mar, acidificación e extinción de especies, e por outra banda a “contaminación” por vertidos relacionados coas poboacións e coas industrias que tamén implican extinción de especies.

    Pero aclarádeme que é iso da acidificación e o que implica para as especies mariñas.
    Que outra causa pode implicar a extinción de especies?

  14. angel.aso.1a di:

    Os océanos absorben boa parte do CO2, polo que unha variación nesta capacidade podería ter consecuencias imprevisibles. Ademais a acidificación
    podería provocar outros efectos negativos na fisioloxía e reprodución dos seres vivos, como por exemplo unha presenza excesiva de CO2 nos fluídos corporais. Outras poderían ser máis indirectas, pero non menos preocupantes, como a destrución do hábitat de certas especies, como por exemplo as que viven nos arrecifes de coral, ou o descenso dos recursos alimenticios.

  15. victor di:

    Como inflúe a temperatura do océano na absorción do CO2 da atmósfera?
    Que animais mariños utilizan o CO2 disolto na auga do mar?

  16. fatima.aso.1b di:

    Estou dacordo cos meus compañeiros porque nesta costa a metade das familias vivimos do mar e deberíamos facer algo para intentar parar o desxeo e poñer da nosa parte.Teríamonos que concienciar o que temos e podemos perder e despois de que vivimos…

  17. noeliap.aso.1b di:

    Eu o igual que os meus compañeiros aprecio moito o que nos aporta o mar e non só porque sexa un medio de vida xa que coma moitos a miña familia tamén vive del. Coincido con que se protexa e se coide e nós tamén debemos poñer da nosa parte para que este proxecto sexa posible.

  18. angel.aso.1a di:

    Os moluscos, crustáceos e os corais

  19. angel.aso.1a di:

    Os moluscos, crustáceos e os corais utilizan o CO2 que disolto na auha forma carbonato cálcico e esta presente nos caparazóns e exoesqueletos destes animais.

  20. victor di:

    Por que se crean as correntes oceánicas?, como lles afectará o cambio climático?, que implicacións pode ter isto no clima terrestre?

  21. uxia.aso.1b di:

    Unha corrente oceánica é un movemento de traslación, continuado e permanente dunha masa de auga determinada dos océanos.

    Xeralmente orixínanse pola diferenza de densidade da agua, que é maior canto máis fría ou salgada sexa, tendendo a fundirse para dar lugar a unha circulación termohalina (condicionada pola diferenza de temperatura e/ou salinidade en vertical). Este movemento tende a descender, provocando o afloramento da auga máis profunda e cálida para ocupar o seu lugar.

  22. josemaria.aso.1a di:

    A cambio climatico pode ser moi danino con España e Europa porque co aumento da temperatura global a capa de xeo de Groenlandia derreteriase, diminuindo asi a salinidade do mar.
    Esto poderia provocar un cambia nas corrente coma a do Golfo (que é a que mais influe no noso clima) o que conlevaria poder ter invernos tan duros como os de Nova York

  23. angel.aso.1a di:

    A fusión do xeo do polo norte pode cortar as correntes mariñas do Atlántico Norte provocando unha baixada local das temperaturas medias nesa rexión. Isto afectaría en particular a areas como Escandinavia e Gran Bretaña, que son quentadas pola corrente del Atlántico Norte.

  24. ramon.aso.1b di:

    Que se derrita o xeo de Groenlandia non beneficia a Europa en nada xa que diminue o sal que se concentra na auga do mar, desfacendo miles de traballos de persoas que viven por e para el. Aparte como di Jose podería provocar, o desxeo, un cambio de correntes en todo o mundo e provocaría tamén un cambio de clima que se notaría demasiado xa que sería moi forte e brusco.

  25. sara.aso.1a di:

    É certo co cambio climático, Esapaña será un dos lugares máis afectados, ademais ese futuro cambio de correntes mariñas provocadas polos desxeos serán moi perxudiciais para todo o mundo e moitas persoas quedarán sen traballo xa que hoxe en día moitas familias seguen vivindo do mar.

  26. yolanda.aso.1b di:

    O cambio climantico e un tema moi serio que nos pode traer consecuencias para todas as persoas e mesmo para os animais. Porque moitos animais como no caso dos osos polares se va ver afectados polo cambio climantico, porque ao deselarse os polos estos animai poi poderian pr chegar a desaparecer e como os osos polares moitas especies que se atopan en situacions iguais ou semellantes ca dos osos polares. Moitos animais poderian chegar a ser animais que en poucos anos se encontren en perigo de estinción. E este problema podemolo solucionar entre todos.

  27. lara.aso.1a di:

    O cambio climático é a maior ameaza medioambiental á que temos que enfrontarnos.
    Precísanse cambios nos modelos enerxéticos para poder substituír as enerxías sucias por outras sostibles. Cada vez investíganse máis formas de substituír ao petróleo, pero aínda non temos nada tan eficiente. Diminuíndo a porcentaxe de emisións de CO2, pescúdase retardar as subidas de temperatura e axudar na medida do posible a frear isto.

  28. antia.aso.1a di:

    Como di Lara o cambio climático é unha gran amenaza. Tamén é certo que se están a investigar novos modelos enerxéticos para subir o pretróleo, pero eu penso que a razón pola cal se están tomando todas estas molestias e cada día aparece un novo método de aforro enerxético non é polo medo ó cambio climático senón pola subida dos prezos da enerxía que procede do petróleo. Ainda que da igual á razón pola que que se tomou esta iniciativa a cousa é que se amodere o ritmo deste cambio climático.

  29. karina.aso.1a di:

    Eu tamén opino que o cambio climático e un tema serio que non hai que tomalo de calquera maneira, e o igual que Antía opino que máis que medo o cambio climántico, e a subida de prezos, o que máis se teme.