Rutas Científicas: I.C.P.

imagen

O Instituto de Catálise é Petroleoquímica é un centro de investigación adicado ao estudio dos procesos catalíticos industriais. Os catalizadores son substancias que aumentan a velocidade das reacccións químicas, o que ten un gran interese xa que o seu estudio pode supor un aforro económico neste tipo de procesos. Ademais a petroleoquímica é a ciencia que se encarga de coñecer os diferentes tipos de materias primas que se poden obter do petróleo.

Ao chegar ao I.C.P ( Instituto de Catálise e Petroleoquímica) proxectaron unha presentación sobre o que significaba a catálise e as súas implicacións, ademais de aclararnos o ámbito da petroleoquímica. Despois desta pequena introdución, pasamos ás diferentes zonas de traballo e investigación. Nelas fixeron unha presentación de cada equipo integrante, en cada un dos proxectos en que traballan a diario. Logo de darnos unhas ideas do que é realmente a catálise e a petroleoquímica, en tres diferentes charlas, fixéronnos uns agasallos e volvemos á residencia.

No seguinte video podedes coñecer un proceso de catálise:


Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

13 Responses to Rutas Científicas: I.C.P.

  1. rodrigo.aso.1a di:

    BUffffffff. Por fin o vídeo do tostón de charlaaaa…. Para min foi o peor sitio. Non me gustou nadiña. Creo que foi o día no que tiven máis sono e no cal estaba máis canso.
    Que malos recordos!

  2. lara.aso.1a di:

    Coincido con Rodrigo, a charla foi bastante aburrida aínda que os conceptos que nos proxectaron a través dun powerpoint eran claros, pero moi aburrido.
    Rodrigo, non todo foi malo, déronnos unha camiseta!

  3. victor di:

    Puntualizo: o CPI era o centro onde se realizaban os procesos máis complexos e que requerían unha certa base en química e física para comprendelos. Ademáis a presenación inicial non foi realizada para o nivel de alumnos de bacharelato (creo que aos investigadores deste centro, en xeral, lles costou porse ao nivel dos alumnos). Por último, a hora de visita(despois dunha copiosa comida) e a temperatura dos locais (por erro estaban a 30º)non axudou nada.
    Puxeron vontade pero as circunstancias vencéronos.

  4. josemaria.aso.1a di:

    A min o unico que me gustou no ICP foi unha especie de area que era solida pero que se movia como un liquido

  5. noeliap.aso.1b di:

    Polo visto este centro non tivo moito éxito polo que se pode ler. Pero nunca esta demais e si vos regalaron unha camiseta máis!

  6. ramon.aso.1b di:

    Pois eu non sei como foi a charla porque non fun… nin me deron unha camiseta… pero gustaríame ver a area da que nos fala Jose que polo menos sería divertido.

  7. karina.aso.1a di:

    para min este lugar supuxo un dos máis complexos, a verdade ensinaronnos un montón de cousas e iso non podemos negalo, xa empezando pola charla e o video do comezo, onde como ben di aitor se explicaba como ia eso da petroleoquímica, foi interesante, pero eran tantos conceptos descoñecidos, que andabamos un pouco perdidos, a lo menos eu.

  8. antia.aso.1a di:

    Coincido con Karina, durante a charla empregaron gran cantidade de tecnicismos que para nos todavía non tiñan moito sentido polo que gran maioría da xente optou por botar unha sonada… incluso se veu a un profesor pechalos ollos durante un anaco…

  9. victor di:

    A famosa area estaba formada con nanopartículas; esa esra a razón pola que ao moverse semellaba a un líquido.

  10. nuria.aso.1a di:

    Comparto opinión con Antía e Karina, xa que foi unha das viitas que menos me gustou, ainda que tamén hai que dicir que si nos ensinaron moitas cousas pero que nos non entendiamos porque empregaban vocábulos que non entendiamos.

  11. melania.aso.1a di:

    Eu coincido con Jose Mª, o sólido que semellaba líquido era moi interesante. Igual que os meus compañeiros, creo que a charla foi un desatino porque á maioría cerrábansenos os ollos. A verdade é que foi bastante difícil de entender polas diversas palabras propias do idioma técnico. A min tampouco me gustou a visita.

  12. sara.aso.1a di:

    A min esta visita tampouco me gustou moito, quizais foi a que menos.A charla do principio foi bastante pesada e aburrida, e despois coa calor e que non entendías moito as palabras que dicían aínda che parecía máis pesado.

  13. belen.aso.1a di:

    A min tampouco me gustou nada, a charla foi aburridisima e fixoseme a visita mais pesada de todas.