Anaconda mariña

Este novo invento xa leva un tempo en probas, trátase dun elemento que aproveita a enerxía das ondas para crear electriciade. De momento non se atopa en funcionamento, pero está previsto que nos próximos meses xa estea preparado para probalo no mar.

Credes que é un bo medio para extraer enerxía? Terá futuro en España e no resto de mundo? Como afetaría ao medio ambiente?

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Novas tecnoloxías, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Anaconda mariña

  1. maria.aso.1b di:

    Paréceme moi ben que se trate de buscar novas formas de extraer enerxía, aínda que tamén haique saber utilizar as que xa hai, como por exemplo a enerxía que se recolle nos parques eólicos.

  2. ramon.aso.1b di:

    Si nos proporciona enerxía e dun xeito limpo e respetuoso co medio ambiente pois está moi ben non? O que si podería afectar é ao litoral xa que coma o Pelamis, se ponhen preto da costa, coma por exemplo en Portugal que se utiliza este método. E si a “anaconda” ten máis vantaxes que o Pelamis que xa está en uso, pois adiante!

  3. alexandre.aso.1b di:

    A verdade que si nos proporciona enerxía estaría ben probalo.Según lin esta feita principalmente de goma ainda que ten algunhas pezas que habería que manter, tamén lin que 50 anacondas poden aportar enerxía a 50.000 fogares, a verdade que a proporción é asombrosa.

  4. lara.aso.1a di:

    Este conversor de enerxía é moito máis sinxelo en deseño que os utilizados ata agora, sinxelo á hora de fabricalo e sinxelo no seu mantemento.
    O coste sería de 0.12E kwh, un precio competetitivo fronte ás outras enerxías maremotrices.

  5. antia.aso.1a di:

    Sinceiramente increible, parece de broma que un”tubo de goma” como é a “Anaconda mariña” poida proporcionar tanta enerxía. Aproveitar a enerxía maremotríz é un gran idea e o ser renovable pareceme ainda mellor e se ademias incluimos a porcentaxe que se aforra de CO2 e a cantidade de enerxía que produce… é brillante.

  6. noeliap.aso.1b di:

    Pois eu opino igual que Ramón xa que aparentemente é unha enerxía limpa e non vexo problema para que sexa un bo medio de extracción. En cando a un bo futuro en España eu creo que non o tería facil.

  7. uxia.aso.1b di:

    A veradade é que a idea de extraer enerxía dun tubo de goma paréceme incríble! Na miña opinión este método é magnífico pois é barato e polo que ve, si funciona, pode ser moi eficiente e ademais non contamina. Creo que a “anaconda mariña” terá futuro.

  8. victor di:

    E como produce enerxía un tubo de goma?

  9. borja.aso.1a di:

    As crestas das ondas viaxan polo tubo de goma ata alcanzar unha turbina que xera electricidade.
    A verdade é que pareceme unha moi boa idea pois calculase que 50 Anacondas de tamaño real proporcionarían electricidade a 50.000 fogares.

  10. uxia.aso.1b di:

    Prodúcea grazas á enerxía undimotriz, é dicir, a enerxía producida polo movemento das ondas. O principio do funcionamento baséase na forza que as ondas fan sobre o exterior do tubo, o que a súa vez provoca unha onda que fai que se desprace a auga (que contén no interior) ata ó final da “anaconda”, onde atravesa unha válvula de alta presión que aumenta a súa potencia para posteriormente facer xirar unha turbina eléctrica convencional. A auga volve despois á parte dianteira do tubo mediante unha serie de válvulas unidireccionais.

  11. andrea.aso.1a di:

    a verdade é que si este invento se leva a cabo e resulta ser exitoso sería un bo recurso para aproveitar a enerxía do mar e grazas a súa simplicidade e baixos costos , podería convertirse na forma ideal de obter electricidade.

  12. pablo.aso.1b di:

    Como ben di Uxía, este é un aparello catalogado na enerxía undimotriz, que a diferenza doutros do seu tipo este é moi sinxelo de instalar e manter, aparte de que permite seguir producindo enerxía en condicións metereoloxicas adversas coma un gran temporal. En España, Iberdrola traballa sobre este tema en Santoña (Cantabria) onde se están probando unha serie de boias que soben e baixan coas olas, e enrollan e desenrollan un cable ligado a un xerador eléctrico.
    Sobre este tipo de enerxía, fai máis de 15 anos o Consello Mundial de Enerxía dixo que o potencial das olas duplicaba o consumo eléctrico mundial e que sitúa 100 emprazamentos ideais para a súa instalación.

  13. victor di:

    Se recordades, cando falábamos da instalación de xeradores eólicos no mar, coméntabase que existía un mapa do litoral peninsular onde se catalogaba a costa en función das súas cualidades para este tipo de instalacións. E diciamos que nas Rías Baixas non se instalarían.
    Para este tipo de artefactos mariños, enténdese que, de cara ao futuro, tamén se debe facerse unha ordenación da costa para a súa posible instalación.
    Foi o encarecemento do precio do petróleo o que está a impulsar a investigación en fontes de enerxía renovables. Tentade buscar máis información sobre a enerxía maremotriz e describide outros tipos de artefactos utilizados para obter a enerxía do mar.

  14. maria.aso.1b di:

    En Rennes en Francia instalouse unha central eléctrica maremotriz coa que se consigueu unha redución de kwh.Os problemas medioambientales foron bastante graves, como estancamento do río, cambios da salinidade no estuario nas suas proximidades e cambio do ecosistema antes e despois das instalacións.

    Outros proxectos similares, como o dunha central moito maior prevista en Francia na zona do Mont Saint Michel, ou na Bahía de Fundy en Canadá, donde se dan ata 10 metros de diferencia de marea, ou o estuario do río Severn, no Reino Unido, entre Gales e Inglaterra, non chegaron a executarse polo riesgo dun forte impacto medioambiental.
    En canto os artefactos atopin estes:
    Columna Oscilante de Auga, Tapchan, WaveRoller, Salter Duck, Wave Dragon, Archimedes Wave Swing, Mighty Whale & Jamstec, PowerBuoy…entre outros.

  15. sergioa.aso.1a di:

    Tamén se pode aprobeitar a enerxía da subida e baixada das mareas. Como foi o muíño da seca. Aquí podría ser rentable. O malo é que necesitan unha especie de “encoro” para poder funcionar e iso requeriría moito terreo. Eu creo que é a máis rentable para aprobeitar a enerxía do mar en Galicia.

  16. josemaria.aso.1a di:

    En Rance (Francía) construiuse un dique que cerra un estuario e nese dique estan as turbinas hidraulicas que aproveita as mareas cando sube e cando baixa para producir enerxía electrica.

    Os inconvinte que lle vexo e que altera o ecosistema

  17. pablo.aso.1b di:

    Evidentemente ten as súas consecuencias, xa que por exemplo a situación de plantas de enerxía maremotriz no litoral podería actuar como protección da costa e cambiar o patrón dos sedimentos, ou inclusive estas poderían atraer diversas plantas e animais mariños.

    Aparte do mapa de catalogación das zonas mariñas para a instalación deste tipo de artefactos, estes precisan dunha zona que teña unha diferencia de altura entre as mareas de 5 metros.

  18. andrea.aso.1a di:

    Todo ten a súa parte positiva e negativa e neste caso en concreto penso que pesa máis o positivo a parte de que é capaz de producir unha gran cantidade de electricidade,a largo plazo supoñerá un aforro no costo para solucionar os desastres medioambientales causados polas fontes sucias de enerxía.

  19. isaac di:

    Estou de acordo con Pablo e Jose en que a utilización de enerxía mareomotriz para a produción de electricidade conlevaría unha alteración moi importante do medio, pero o aproveitamento da enerxía das ondas, a enerxía undimotriz, si que lle vexo moitas posibilidades. O artefacto que aqui nos presenta Sara paréceme moi imaxinativo, pero hai outros sistemas para o aproveitamento desta enerxía, todos eles en distintas etapas da fase experimental, polo que aínda pode mellorarse moito na súa eficacia. A ver se topades información sobre estes dispositivos.

  20. rodrigo.aso.1a di:

    Outra forma de obter enerxía é a mistura dun forma determinada de auga doce e salgada.
    Segundo un experimento podemos obter enerxía no lugar de desenbocadura dos ríos ó mar (mistura de auga doce con salgada).

    A forma de obter enerxía era empregando un bidón con dúas cámaras interiores separadas por unha membrana semipermeable. Esta membrana deixaba pasar a auga dulce na salgada producindo así un aumento de presión. Debido a este aumento de presión conseguíase mover unha turbina que ao xirar producía enerxía, un gigavatio. Creando así electricidade para 650 mil fogares.

    Este experimento foi patentado por un investigador americano, Sidney Loeb, que o nomeou como “presión retardada por ósmosis”. fai xa uns 20 anos, pero deixouse esta idea no olvido xa que se pensaba que non tiña resultado. Ata que no ano 1997 outros investigadores probáronno coa desembocadura da auga doce do río Rin e a auga salgado do Mar do Norte.

  21. rodrigo.aso.1a di:

    Teño unha dúbida: estarían de acordo os pescadores e persoas que viven do mar na colocación destes aparellos?

  22. victor di:

    Rodrigo, no comentario nº 13, fago referencia a que se estes sistemas se instalaran en gran número habería que facer mapas mariños sobre a idoneidade dos diferentes lugares para que non haxa choques de intereses entre diferentes sectores que utilicen o medio mariño.

  23. carolina.aso.1b di:

    pois a verdade e que esta moi ben este invento ara aproveitar a forza das augas mariñas paraobter enerxia,e aforrar, ainda que estes aparatos supoñen unha gran inversion de diñeiro.

  24. josemaria.aso.1a di:

    Un dos casos que mais polemicos sobre enerxía maremotriz e o que se plantexa construir no estuario do Rio Severn (Reino Unido)

    As posibilidades van dende unha megapresa de 18 km hasta presas mais pequenas que non obstruan o cauce do rio

    O problema e que podría desaparecer o habitat de 69.000 aves e a ruta migratoria de peixes e angulas que se reproducen neste rio.

    Visto as cuestions ecoloxicas eu penso que esta claro que non se deberia facer , pero a Union Europa marcou un compromiso por partes dos paises menbros de acadar o 40% de enerxía renovable no 2020

    Con esta proxecto acadarian un 10% da enerxia renovable pero a que prezo?

  25. melania.aso.1a di:

    Sería unha boa opción para obter enerxía, outra fonte de enerxía renovable.
    Todos estes tipos de enerxías son caras nun primeiro momento pero a longo prazo amortízanse todos os gastos, incluso poderíamos obter rentabilidade.
    Eu creo que aquí en Galicia, poderíamos aproveitar as correntes que se produzan para o aproveitamento de enerxía.

  26. karina.aso.1a di:

    Parece un bo medio para extraer enerxía, creo que non ten nada de perjudicial ,e aquí en Galicia que hai sitios e sitios onde aproveitar as correntes, parece unha idea xenial, haber se as poñen en práctica porque sería un gran avance.