Antimateria:existe realmente?

imagen

A antimateria é unha fonte de enerxía moi poderosa, pois libera enerxía dunha eficacia do 100%. Non xera contaminación nin radiación (unha gota podería proporcionar enerxía eléctrica a toda Nova York durante un día), pero a antimateria é moi inestable. Estalla cando entra en contacto con calquera cousa, mesmo co aire. Un só gramo de antimateria contén a enerxía dunha bomba nuclear de vinte quilotóns.  A antimateria é idéntica á materia, salvo polo feito de que está composta de partículas cuxa carga eléctrica é oposta á que se encontra na materia normal. Se a  materia  entrara en contacto coa antimateria produciríase un efecto de aniquilación ou, o que é o mesmo, a transformación da materia en enerxía.

Ten dúas utilidades, a primeira é que pode funcionar como combustible e a outra, desgraciadamente a máis perigosa, sería a de armamento, é dicir, o proceso de aniquilación materia-antimateria podería ser empregado como o armamento destructivo máis potente. Un gramo de antimateria ó unirse cun gramo de materia produciría unha enerxía capaz de lanzar 1 millón de toneladas de materia a casi 20.000 metros de altura.


¿Será a antimateria a solución aos problemas enerxéticos mundiais ou utilizarase para crear a arma máis mortífera da historia? ¿Credes que isto non é máis que ciencia ficción ou que ten base científica real?

Esta entrada foi publicada en Física de partículas, Novas tecnoloxías, Universo e etiquetada , . Garda o enlace permanente.